miércoles, 30 de septiembre de 2015

The Courettes "Here are The Courettes"

Outro álbum que vos recomendamos hoxe.
Unha das novas sensacións do garaxe danés, aínda que a cousa ten trampa: The Courettes un dúo moi potente formado polo baterista Martin Couri, e a brasileira Flávia Couri (a que fora cantante e baixista dos Autoramas!!) ás voces e guitarra. Así que a cousa xa vos pode ir soando... Melodías impecables, desbordadas de fuzz e unha rítmica beat moi contundente, por suposto moito máis 60s que en toda a súa carreira anterior. Son 8 temas producidos por Kim Kix dos Powersolo, e lanzado nun 10'' polo selo xermano Sounds of Subterrania. Un cañonazo tras doutro. e que corto se fai!!

THE COURETTES "Here are The Courettes"
(Sounds of Subterrania, 2015)



King Gizzard & The Lizard Wizard "Quarters!"

Imos con un par de álbumes antes da fin de semana. 
Un que soará seguro é o último traballo dos australianos King Gizzard & The Lizard Wizard. Acostumados a que fagan o que lles peta, seguramente estades máis familiarizados cos seus traballos de garage psychodélico descontrolado, aínda que nos moitos lanzamentos da súa breve carreira tocan tódo-los paus, dende jazz, kraut, space-rock, lo-fi, de todo en seis álbumes nos últimos tres anos. A súa última entrega é un disco moi repousado, chámase "Quarters!" e son catro temas de exactamente 10 minutos e 10 segundos cada un, maxia pura, de temas alucinados de inspiración totalmente hippy. Os catro temas son 'The River', 'Infinite Rise', 'God is in the Rhythm', 'Lonely Steel Sheet Flyer', e en medio caben dende a influencia do jazz de Dave Brubeck, estructuras progresivas dos 70s con gatos, galos e monos de fondo, melodias sacadas directamente dos Beatles sen ningún complexo, e a psychodelia máis densa para rematar. Todo cunhas historias absurdas que mellor non intentedes seguir.
Unha marabilla certamente interesante, que funciona ó nivel que queiras, relaxante se queres non facerlle moito caso, e moi interesante para prestarlle atención durante horas. E o mellor é que xa teñen listo o seguinte "Paper Maché Dream Balloon" con saída para mediados de novembro, e se seguen co seu ritmo, non terá nada que ver con esto. Seguro que Comomepos da boa conta del este sábado.

King Gizzard & The Lizard Wizard "Quarters!"
(Castle Face/Heavenly, 2015)



Última noite do Outono Códax 2015

Este sábado, remata a 5ª edición do Outono Códax Festival 2015
Nesta última noite, no escenario de Capitol: Naomi Shelton & The Gospel Queens, Juan Zelada Band, e The Souljacket.
Toda a info na web do Outono.


descarga Black Grooves!!

Aqui tedes unha selección da sesión do venres das Black Grooves!! 
Pouco máis de unha hora con moito rhythm'n'blues, un pouco de soul, e blues algo máis psychodelico polo medio. Metédelle volume!!

Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
(sesión Rif-Rock 25 set.2015)



martes, 29 de septiembre de 2015

Estrea de "Roger Waters: The Wall"

Hoxe estréase en todo o mundo a última ocurrencia de Roger Waters para seguir exprimindo o muro. "Roger Waters: The Wall" é a película a modo de documental da seu último espectáculo The Wall Live, que mantivo en xira continua entre o 2010 e o 2013. 
O filme sigue a Waters a través dos 56 concertos da xira, con imaxes inéditas dos shows e do propio Waters na carreteira. Está codirixida entre o propio Roger Waters e Sean Evans, e xa foi mostrada no Festival de Toronto do ano pasado, pero a data escollida para a estrea mundial é hoxe 29 de setembro de 2015, pero só será proxectada un día. Así que os incondicionais xa tedes plan para hoxe, senón a agardar pola edición.







[Revival Rif-Rock] Hendrix Experience 2010


O pasado 18 de setembro se cumprían 45 anos do pasamento de Jimi Hendrix. Como cada ano fixemos unha pequena homenaxe en forma de sesión no venres máis próximo á data oficial, cos seus temas máis habituais, directos, covers bootlegs e rarezas. Pero no 2010 fixemos algo moito máis especial coincidindo tamén coa data exacta da efeméride.


Foi o sábado 18 de setembro do 2010, aquela noite cumpríanse 40 anos sen Jimi Hendrix, e  para esa data anunciábamos o habitual homenaxe, cun poster cuadrado tamaño vinilo en papel fotográfico do que fixemos basantes copias para repartir entre o personal como recordo, pero uns días antes tamén fumos filtrando a posibilidade de algo así como un Live Experience con hora de inicio. Por suposto se trataba dun concerto sorpresa. 

Na formación da RifRocKerZ Experience estaban tres dos máis habituais da casa: Kevi Aragunde (guitarra e voz), Karlos Abal na guitarra, e Piti na batería, ós que se sumaron os aínda moi novos David Falcón con outra guitarra máis, e Rubén Iglesias ó baixo. O cinco deron boa conta dos seus temas favoritos da época da Hendrix Experience, un show espectacular, e sen dúbida algunha, foi unha das noites máis especiais do local.

Este foi o track-list do concerto:
- Hey Joe
- Fire
- Highway Chile
- Foxy Lady
- Purple Haze
- Don't Live Today
- Third Stone from the Sun
- Manic Depression
- Crosstown Traffic
- Wait until Tomorrow
- Voodoo Child
- Spanish Castle Magic
- Stone Free
- Little Wing (instr)
*en negrita as que están subidas no youtube.

Aquí tedes 7 temas daquela noite en lista de reproducción:


jueves, 24 de septiembre de 2015

Slim Harpo


James Moore 'Slim Harpo' naceu en 1924 en Louisiana, no West Baton Rouge, e morreu a comezos de 1970. Na súa breve e irregular carreira deixou un puñado de temas inesquecibles que o fixeron eterno, ademáis das súas letras tamén por asentar definitivamente os cánones do swamp blues

Orfo dende moi neno, comezou a tocar a guitarra e a harmónica dende mozo, pola rúa e varios locais obreiros, ata que chamou a atención de Lightnin' Slim que o contrataba habitualmente como músico de acompañamento. De este xeito comezou a facerse popular co nome de Harmonica Slim, nome co que aparece nas primeiras gravacións discográficas de Lightnin' Slim para Excello Records. Pero nese momento o productor JD Miller recibe reclamacións de outro harmonicista que publicaba como Harmonica Slim, de xeito que toma o modo coloquial do instrumento (harp) e muda o seu nome polo definitivo Slim Harpo.
A mediados da década dos 50s comeza a súa carreira en solitario, e comeza a gravar os seus primeiros singles tamén coa producción de JD Miller para Excello Records. Nacía unha das maiores lendas do pantano.

En 1957 publica o seu primeiro single, con 'I'm a King Bee' na cara A, e 'I Got Love If You Want It' na B, cun éxito razonable en Louisiana para a época coa súa rítmica peculiar.


O seu seguinte éxito chegou en 1961 co single 'Rainin' In My Heart' un tema moito máis doce que os seus traballos anteriores, que pouco tiña que ver co blues do pantano anterior, pero desta vez logrou trascender en ventas o ámbito rexional e colocou o seu tema nas listas estadounidendses de r'n'b.


A medida que os seus temas se facían máis populares, o seu éxito foise ampliando. Coa explosión das bandas británicas, dende 1964 comezaron a poñer a vista nos clásicos do r'n'b norteamericano, e tódo-los grandes comezaron a publicar versións do Slim Harpo: os Rolling Stones, The Pretty Things, The Kinks, The Yardbirds ou Pink Floyd. Comezaron a chegar os royalties ó bolsillo de Slim Harpo, e por fin puido adicarse á música a tempo completo, ata entón nunca deixara de compaxina-la música con outros traballos.

Pero o seu maior éxito aínda estaría por chegar. Foi no 1966, cando publicou o single 'Baby, Scratch my Back', que levaba 'I'm Gonna Miss You (Like The Devil)' na cara b. Desta vez colocouse directamente no número 1 das listas de r'n'b e blues, e no top 40 das listas de ventas.


Despois do enorme éxito de 'Scratch my Back', rompeu a súa relación co productor JD Miller, aínda que continuou publicando con Excello Records.
Nas súas últimas xiras contratou ó seu vello amigo Lightnin' Slim como guitarrista, e outra das anécdotas habituais que se contan da súa obra é que a súa muller Lovelle Moore é a coautora de moitos dos seus temas pero nunca foi recoñecida nos créditos. A comezos de 1970 morreu dun ataque cardíaco semanas antes de comezar a súa primeira xira europea, tiña só 46 anos, e a súa lenda non fixo máis que crecer. Polo camiño moitos temas que coñeceredes seguramente a través das versións de outros, que podedes atopar por centos como 'Mohair Sam' ou sobre todo a mitica 'Shake your Hips', pero por suposto mellor que vos fagades con algunha das compilacións que recollen case todo a súa obra. 
Slim Harpo, unha das maiores figuras do swamp blues.



Boo Boo Davis "Oldskool"

Imos con un pouco de blues, co último traballo de Boo Boo Davis.
Un supervinte da época dourada do blues. Davis é do mesmo delta do Mississippi, e por suposto leva tocando dende neno, participou nas bandas familiares, primeiro como Lard Can Band e logo directamente como The Davis Brothers Blues Band, pasando sucesivamente pola batería, guitarra, voces... 
Xa nos anos 2000 comezou a súa carreira en solitario, e dende o 2001 leva publicados case unha decena de álbumes. Este último "Oldskool" recén saído a comezos de mes é un álbum grabado en directo no estudio, a unha soa toma en formato trio con Boo Boo Davis na voz e armónica, John Gerritse na batería e Ene Mittendorp coa guitarra. Con toda a crudeza dos seus directos, como ten que ser. O título xa o dí todo. Discazo!

BOO BOO DAVIS "Oldskool"
(Black and Tan Records, 2015)



2ª entrega do Outono Códax 2015


miércoles, 23 de septiembre de 2015

Tess Parks and Anton Newcombe "I Declare Nothing"

A comezos de ano, cando vos presentamos o último traballo dos Brian Jonestown Massacre ("Musique de film imaginé"), aproveitamos para recomendarvos o 10'' de adianto do que era un novo proxecto de Anton Newcombe, xunto con Tess Parks. A comezos do verán lanzouse o álbum, pero non foi ata hai un par de semanas que puidemos facernos con el.
Leva por título "I declare nothing" e sona de auténtica marabilla, con ese son característico da psychodelia acústica dos BJM, un pouco menos densa e máis melódica desta vez coa voz de Tess Parks. Só nos falta o xenio da pandereta dos BJM!!. 
Boa proba da acollida que está a recibir é que xa levan lanzado uns cantos 7'' e video clips, do propio 'Cocaine Cat' de presentación', logo foron 'Friendless' e 'German Tangerine', e nesta mesma semana 'Voyage de L'âme'. 
Precioso. Non me canso de darlle voltas!!

Tess Parks And Anton Newcombe "I Declare Nothing"
(A Recordings, 2015)



The Bevis Frond "Hit Squad"

Os que me coñecedes, sabedes da miña debilidade por Nick Saloman e The Bevis Frond. E do mesmo tamaño que a miña obsesión pola súa música, é o gafe que teño para velo en directo algún día. A pasada fin de semana estivo no Xiria Pop de Carballo, e eu sen enterarme a tempo. Outra oportunidade perdida, a ver se algún día arranxamos esto.
Así que aproveitamos para recomendarvos un dos seus grandes álbumes. Podería caer o fantástico "It Just Is" do 93, "Vavona Burr" do 99, ou o "What did for the Dinosaurs" do 2002, ou calquera dos se traballos anteriores con longas tormentas psicodélicas, ou directamente o seus últimos traballos que xa vos recomendamos neste blog noutras ocasións. Pero imos con "Hit Squad" do 2004, por moitos motivos o meu disco favorito de Saloman. Seguramente sexa o máis completo dos seus traballos, pero ahí poderíamos discutir durante horas. Calqueira dos seus traballos condensa o mellor de toda a música que máis me gusta co seu peculiar sonido, e esa voz desganada por momentos, e furiosa cando precisa. Nesta ocasión xuntando temas inesquecibles coma 'Dragons', 'Hit Squad', 'I Feel Bad about You', 'It's a Gut Thing', ou os longos desenrolos tan diferentes da preciosa 'Through the Hedge' ou 'Fast Falls the Eventide' como jam final de rigor de cada álbum. Na nosa lista de repaso daquel ano estaba entre os mellores, e máis de dez anos despois o sigo a considerar coma un dos mellores álbumes do que vai de século. Un imprescindible!.

THE BEVIS FROND "Hit Squad"
(Woronzow, 2004)



17 Out: ISI VAAMONDE + RUBEN IGLESIAS en directo

Aínda estamos rematando a programación de outrubro, pero xa vos podemos ir adiantando unha data importante do próximo mes. 
Cinco anos despois volve ISI VAAMONDE en directo ó Rif-Rock, desta vez acompañado por Rubén Iglesias. Será o sábado 17 de outubro. 
Non vo-lo perdades!.


martes, 22 de septiembre de 2015

Dead Wood. Concerto 19 set.


O sábado pasado seguimos coa música en directo, e foi o turno de outra das bandas da casa: DEAD WOOD, que chegaron para presentarnos os seus novos temas.

Dúas horas de show, co Sheriff Lorre, Breo Gun (Mr. Pistolas) co seu xoguete novo, e o espectáculo de Mr Bam Bam! Moitos dos seus clásicos recentes versionando vellas cancións eternas dos dous lados do atlántico e tódo-los novos temas que van incorporando ó seu propio repertorio, que se multiplican en cada visita.

Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar esta festaza, e sobre todo a estes pedazo de artistas polo seu compromiso co local. Seguide atentos, e non vos perdades as súas próximas visitas!!.

Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reprodución:




Dead Wood (concerto pt.1)


Dead Wood (concerto pt.2)


Dead Wood (concerto pt.3)


Dead Wood (concerto pt.4)


domingo, 20 de septiembre de 2015

Dead Wood!!

Que grandes Dead Wood! enorme o seu show do sábado, e cada vez gañando máis peso os seus propios temas. En poucos meses un repertorio tremendo!!.
A ver quen ten unha banda residente coma esta!! Breo, Jorge e Martín, gracias cracks! e gracias a todos por vir, en un par de meses máis...


viernes, 18 de septiembre de 2015

sábado: DEAD WOOD en concerto

Mañán seguimos coa música en directo. 
Sábado (19 de setembro) volven DEAD WOOD ó Rif-Rock!! 
O noso trío favorito, con novos temas, vellas historias, aventuras fantásticas de pantasmas, foraxidos e maldicións, e por suposto o show de cada día de Mr. BamBam, acompañando dende a percusión ás guitarras do Sheriff Lorre e Breo Gun.
O mellor espectáculo en pequeno formato que poidades ver na actualidade. 
Non vo-los perdades!!


esta noite... Hendrix45!


jueves, 17 de septiembre de 2015

The Jimi Hendrix Experience "Are You Experienced?"

Mañán adicaremos a maior parte da noite a poñer temas de Hendrix, clasicazos, rarezas, directos, covers... de todo, pero tamén era obrigado recomendarvos un álbum máis esta semana. Así que caímos na conta de que con tanto dosificar, aínda quedan uns cantos dos seus álbumes fora deste blog. Así que hoxe imos con un imprescindible que todos deberiades ter nas vosas coleccións, o debut do power trío máis importante de tódo-los tempos: The Jimi Hendrix Experience
Hendrix mudouse a Londres a finais de 1966, logo de abandonar a formación de Curtis Knight & The Squires, e do fallido intento de lanzarse como Jimmy James nos USA. Chegou a Londres da man de Chas Chandler, e inmediatamente se formou a Jimi Hendrix Experience, xunto con Mitch Mitchell e Noel Redding. O seu éxito foi inmediato. Tras lanzar tres singles entre finais do 66 ("Hey Joe/Stone Free") e comezos do 67 ("Purple Haze/51st Anniversary" en marzo, e "The Wind Cries Mary/Highway Chile" xa en maio como presentación do álbum) lanzan o seu álbum de debut "Are You Experienced?", 12 temas que  pasaron á historia da música, unha tras doutra se suceden Foxy Lady, Manic Depression, Red House, Can You See Me, Love Or Confusion, I Don't Live Today, May This Be Love, Fire, Third Stone From The Sun, Remember, Are You Experienced? e remata con Hey Joe, sinxelamente un dos álbumes máis grandes de tódo-los tempos. Todo un éxito de ventas, só superado no seu momento polo Sgt.Peppers dos Beatles, e innovador na mestura de r'n'b, blues e rock psychodélico, pero tamén polas técnicas de gravación, cheo de feedback e overdub. Aquí vos deixamos a portada a edición dos USA, que sempre me pareceu moito máis bonita que a británica. 
Este xa non é imprescindible, é obrigatorio!

THE JIMI HENDRIX EXPERIENCE "Are you Experienced?"
(Track Records/Polydor, 1967)



descarga sesión de Kurco

Máis material so sábado pasado. Ademáis do directo de The Even Flow Experience, tamén vos deixamos no blog unha selección da sesión de Kurco SoundSystem que nos deixou despois do concerto. Aquí tedes 20 temas, desta vez sen mesturar, un revival dos 90 en toda regra. Metédelle volume...

KURCO SoundSystem "Even Flow"
(sesión Rif-Rock 12 set.2015)



Diola "Eh!"

A finais do ano pasado os pontevedreses Unicornibot poñían unha pausa indefinida á súa actividade, pero pouco despois, tres dos seus membros poñían en marcha un novo enxendro: Diola.

Na web de Metamovida se presentan así: 
Diola nacen de las cenizas de los difuntos Unicornibot una buena mañana de enero de 2015 en Pontevedra. Diola no es un fin sino un medio, y no es un grupo sino un laboratorio. Es guitarra, bajo, batería, cajas de ritmos, sintetizadores, programaciones y voces, fluyendo a través de tres intérpretes un poco tocados y bastante traviesos.

Así que aquí temos "Eh!", catro temas cos que nos presentan o seu novo proxecto: 'Uno', 'Semáforo Fantasma', 'A-6' e 'Pletórico', máis mathrock, synth, o post-core do son Dischord e a rítmica de Tony Allen, e ademáis, desta vez con letras. Xa nos tarda velos en directo. Mentres podedes descarga-la súa primeira demo no seu bandcamp.

DIOLA "Eh!"
(demo, 2015)



primeira noite do Outono Códax Festival 2015

Este sábado, primeira entrega desta edición do Outono Códax Festival 2015. 
No escenario de Capitol: Transilvanians, David Hooper e Mike Sánchez!
Toda a info na web do Outono.

miércoles, 16 de septiembre de 2015

The Even Flow Experience (concerto 12 set.)

Co inicio de setembro arrancamos unha nova tempada no Rif-Rock despois do verán, e tiñamos que comezar con música en directo, e coma o ano pasado, escollimos a todo un clasicazo da casa.

THE EVEN FLOW EXPERIENCE volvían ó Rif-Rock, unha vez que retomaron a actividade o ano pasado despois de cinco anos de parón. A liña do seu repertoria xa a coñecedes, pero coma sempre con moitos temas novos. 
Foron máis de dúas horas de show, Victor e Manolo man a man nos ofreceron máis de 20 temas, con covers de Pearl Jam, Foo Fightes, Muse, Incubus, Soundgarden ou Alice in Chains, pero sobre todo nos quedamos alucinados con esa versión tremenda do 'Stop!' dos Jane's Addiction para homenaxealos no 25 aniversario do "Ritual...", un puta animalada!!! 

E coma sempre quedamos con gañas de máis, e eles tamén... así que en nada xa estamos preparando a seguinte!! Non vo-lo perdades!

Xa tedes todo o concerto do sábado subido nas anteriores entradas (pt 1 - pt 2 - pt 3 - pt 4) ou todo seguido en lista de reprodución:



The Even Flow Experience (concerto pt.1)


The Even Flow Experience (concerto pt.2)


The Even Flow Experience (concerto pt.3)


The Even Flow Experience (concerto pt.4)


martes, 15 de septiembre de 2015

Moon Duo 'Fadeaway'

Ademáis de anuncia-lo seu concerto en Santiago, Moon Duo lanzaron onte o video clip do tema 'Fadeaway', que pertence ao seu álbum "Shadow of the Sun" de comezos de ano, pero que só se incluía na edición en LP. E ademáis para os que non sexan de vinilos, tamén a lanzaron en descarga de balde dende o seu soundcloud
Así que aproveitade.



Moon Duo en Santiago

Notición que coñecimos onte!! 
Moon Duo estarán na Sala Capitol de Santiago o próximo domingo 11 de outubro. 
E como teloneiros Diola, banda saída das cinzas dos Unicornibot.
O concerto inclúese nas colaboracións entre os festivais WOSINC e Cortocircuíto, e hoxe mesmo se poñen as entrada á venda. Recomendadísimo!!

exposición "Signs of the 70's"

Esta semana comeza o Outono Códax Festival.
Para a primeira noite de concertos teredes que esperar ata o sábado, pero hoxe mesmo comezan as actividades na sala Numax coa inauguración da exposición de fotografía Signs of the Seventies de Lawrence Impey.
Do 15 de setembro ata o 10 de outubro.



colaboradores do Outono Códax Festival

Esta semana comeza a 5ª edición do Outono Códax Festival
E o Rif-Rock segue colaborando dende o primeiro ano. Apurade a merca-los abonos para as tres noites de concertos, ou completade os rock'n'portes para conseguir entradas de balde. Non olvides pedi-lo selo no local!


lunes, 14 de septiembre de 2015

Sáb.19: DEAD WOOD en directo!

Esta semana seguimos coa música en directo. 
Este sábado (19 set.) volven DEAD WOOD!! O noso trío favorito, con novos temas, vellas historias, aventuras fantásticas de pantasmas, foraxidos e maldicións, e por suposto o show de cada día de Mr. BamBam. O mellor espectáculo en pequeno formato que poidades ver na actualidade. Non vo-los perdades!!


Ven.18: Hendrix45!

Este venres, como cada setembro, outra sesión adicada á Hendrix.


domingo, 13 de septiembre de 2015

The Even Flow Experience!

Tremendos onte The Even Flow Experience! dúas horas de show e sempre quedamos con gañas de máis... Gracias Victor e Manolo. Menudos cracks!! E gracias a todos por vir. O arranque perfecto para esta nova tempada do Rif-Rock. 
Nos próximos días xa subiremos o concerto completo. 
E atentos ó seu próximo directo...


viernes, 11 de septiembre de 2015

este sábado: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo + KURCO SoundSystem

Mañán comezamos coa programación de setembro, e ademáis arrancamos con gañas. Para inaugura-la tempada volvemos con música en directo.
Este sábado (12 de setembro) teremos a THE EVEN FLOW EXPERIENCE, marabilla de concerto para arrancar despois do verán, Karallada e Manolo en acústico man a man co seu repaso polos anos 90s. 
E despois do concerto, seguimos con sesión de Kurco SoundSystem na cabina ata o peche. Todo dende as 23:45h. Unha noite ben completa. Non vo-lo perdades!


programación setembro2015

Esta semana arrancamos coa programación de Setembro2015, recukperando a actividade despois do verán. Aquí tedes o programa completo:

· Sábado 12: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo (23:45h.)
                   +sesión KURCO SoundSystem
· Venres 18: Hendrix45
· Sábado 19: DEAD WOOD en directo (dende as 23:45h.)
· Venres 25: Fuck'U whiteys... Black Grooves!

Non vo-lo perdades!


jueves, 10 de septiembre de 2015

The Soul Motivators "Free to Believe"

E outro álbum máis esta semana. Agora imos con algo de funk actual, que logo vos queixades de que cae todo de golpe a final de ano. 
Levo un par de semanas alucinado co disco de debut dos canadienses The Soul Motivators, das moitas bandas do xénero que están a saír agora de Toronto. Teñen dous eps anteriores, o primeiro do 2013 que podedes atopar facilmente ("Dirt on the Floor EP"), e o titulado directamente "The Soul Motivators EP" que incluía a fantástica 'Gravy Train', pero sobre todo recoméndovos que vos fagades directamente con este "Free to Believe".
Funk, soul, acid jazz e beat psychodélico, cunha rítmica espectacular, as melodías dos metales que o enchen todo, e unha guitarra por momentos contundente, ademáis da espectacular voz de Lydia Persaud. Doce temas de puro ritmo, dende a inicial 'Free to believe', 'Hang on in there' ou ata o final con 'Walk away', con algo de pausa soul en 'Still Waiting', e os toques afrobeat de 'Working it Out'. 
Apuntádeo ben, un discazo tremendo!!!

THE SOUL MOTIVATORS "Free to Believe"
(Do Right Music/Kudos, 2015)



Thee Headcoats "W.O.A.H. Bo in thee Garage"

Antes da fin de semana, un par de recomendacións de álbumes que xa toca.
De primeiro esta xoia coa que nos fixemos esta semana para seguir completando a nosa colección do universo Billy Childish
Podía ser calquera das súas outras moitas bandas, pero sí amigos, imos con Thee Headcoats!! Seguramente un dos power tríos máis fructíferos e divertidos da historia: Billy Childish na voz e guitarras, e enorme Bruce Brand na batería, e Johnny Johnson ao baixo. En dez anos publicaron máis de vinte álbumes, e se non me fallan as contas, este era o seu sexto álbum de estudio: "W.O.A.H. Bo in thee Garage" un tributo do mestre Childish ao mestre Bo Diddley. O rhythm'n'blues de chicago reconvertido en suxo garage de baixa fidelidade, auténtico trash punk, puro stuckismo de Childish e compañía. Ahí tedes 'Road Runner', 'Diddy Wah Diddy', 'Who do you love' ou 'Keep your big Mouth Shut'. O ano pasado foi reeditado unha vez máis en vinilo por Get Hip, así que podedes atopa-lo fácilmente. Xa nos queda un menos de Billy Childish para completar a colección.

THEE HEADCOATS "W.O.A.H. Bo in thee Garage"
(Hangman Records, 1991 - reeds. Get Hip)



miércoles, 9 de septiembre de 2015

[Revival Rif-Rock] Partículas Inestables


Se hai un par de semanas adicábamos unha entrega do Revival Rif-Rock ó concerto dos Billy & The Crockets no noso XIº Aniversario, non podíamos deixar atrás o show que nos ofreceron naquel mesmo programa de aniversario Partículas Inestables, o enxendro que argallara Isidro 'Incomodo' para a ocasión xunto con Alipio e Piti, e que nos voltaría visitar tamén un ano despois. Guitarra, baixo, batería electrónica, teclados e theremin, ademáis das pompas de xabrón que invadiron o local toda a noite.
No repertorio un bó puñado de temas propios, de Incomodo ou de Love as Mental Disorder, e por suposto moitas versións divertidas, punk, blues e dub. Foi o 24 de xullo do 2010. Sigo a lembralo coma un dos concertos máis chulos que tivemos nunca!! 
Aquí tedes o concerto completo



Neil Young "Special Deluxe. Mi vida al volante"

Nestes días sae á luz unha nova entrega das memorias de Neil Young. Leva por título "Special Deluxe. Mi Vida al Volante", e son a continuación de "El Sueño de un Hippie" (Malpaso, 2014) do que só en castelán chegaron a lanzarse tres edicións. 
Nesta ocasión os coches da súa vída funcionan como fío conductor que marcan as diferentes épocas nas que se suceden as historias que escolleu para esta entrega, dende a súa vida privada, seu compromiso social e medioambiental, inquietudes, obsesións e malos hábitos, ademáis de moitas anécdotas, tanto de xiras coma no estudio, incluíndo o asunto das sesións de gravación do "Toast", xunto cos Crazy Horse, e que nunca viron a luz.
A partir do próximo luns en Malpaso Editorial.

NEIL YOUNG "Super Deluxe. Mi vida al volante"
(Malpaso Eds., 2015)




WOSINC2015

Esta semana celébrase unha nova edición do WOS Inc. en Santiago, do venres 11 ó domingo 13 en diversos espacios de Compostela. Non vos perdades a Michael Rother!!
Toda a info na súa web: wosinc.workonsunday.es



martes, 8 de septiembre de 2015

RifRocKerZ partiallnite!!


Esta semana comezamos unha nova tempada, coa programación de setembro que chega ben cargada, dúas noites con música en directo, e sesións, e xa con moito adiantado para outrubro. RifRocKerZ Partiallnite!!

lunes, 7 de septiembre de 2015

DEAD WOOD en setembro


Sáb.12: THE EVEN FLOW EXPERIENCE en directo + sesión Kurco SoundSystem

Este sábado comezamos coa programación de setembro, e ademáis arrancamos con gañas. Para inaugura-la tempada volvemos con música en directo.
Este sábado (12 de setembro) teremos a THE EVEN FLOW EXPERIENCE, marabilla de concerto para arrancar despois do verán, Karallada e Manolo en acústico man a man co seu repaso polos anos 90s. 
E despois do concerto, seguimos con sesión de Kurco SoundSystem na cabina ata o peche. Todo dende as 23:45h. Unha noite ben completa. Non vo-lo perdades!

*O cartel é unha desfeita sobre un dos míticos deseños que fixo Matt Goldman para os directos dos Jane's Addiction, e así xa imos dando pistas dunha pequena homenaxe polos 25 anos do "Ritual de lo Habitual".


domingo, 6 de septiembre de 2015

tarde de 3x3 Esperanza Salnés

Unha tarde fantástica de basket! Gracias á organización pola iniciativa. 
Un pracer colaborar e coma sempre participar. O próximo ano máis.


viernes, 4 de septiembre de 2015

3x3 Esperanza Salnés

Mañán sábado Torneo de Basket 3x3 Esperanza Salnés.
Para toda a info seguide a páxina de facebook 3x3 Esperanza Salnés.
Apuntádevos no formulario de inscripción online aquí.
Nos esperedes ata o último momento para inscribir os vosos equipos!!
E se non podes xogar, achégate a ve-lo espectáculo e colaborar.


Lemmy & Phil


Motörhead "Bad Magic"

E antes da fin de semana, imos con outra recomendación, desta vez con un pouco de tralla, que xa tocaba.
Volve Lemmy Kilmister con novo álbum de Motörhead para conmemorar o 40 aniversario da banda. Eu son desos que pensan que con escoitar os seus cinco primeiros discos xa temos todo o seu repertorio, xiros e tics máis que rillados, de feito teño que confesar que o último disco de Motörhead ao que lle prestei atención foi ó "Bastards" cando chegou a miña casa alá por comezos dos anos 90s, pero eso non quita que por suposto estivera coma o máis incondicional no seu concerto do Sar de Santiago no 2002, e que a noticia de cada novo álbum me alegre por saber que sigue en plena forma (últimamente un pouco menos).
Este novo traballo chámase "Bad Magic" e polo menos encántame confirmar que segue a piñón fixo, e cos títulos dos temas que ata semella que xa os escoitaches centos de veces: 'Victory of Die', 'Evil Eye', 'Tell Who to kill'... ata o final con esa versión do 'Sympathy for the Devil' dos Stones, e a dúbida de si o 'Thunder and Lightining' é unha versión de Thin Lizzy, ou unha homenaxe.  
Puro Lemmy!! por moitos anos máis. Inconfundible. 

MOTÖRHEAD "Bad Magic"
(UDR, 2015)



jueves, 3 de septiembre de 2015

Holly Golightly "Slowtown Now!"

Se estades metidos no universo de Billy Childish estaredes máis que familiarizados con Holly Golightly (sí, sempre hai que engadir que se chama igual que o persoaxe de Audrey Hepburn en Breakfast in Tiffany's, pero é o seu nome real), compoñente das Delmonas, e Thee Headcoatees, e cunha chea de colaboracións co propio Childish, os White Stripes, ou The Greenhornes, leva dende mediados dos 90 lanzando os seus propios traballos, como solista primeiro, e xunto con The Brokeoffs despois na súa estapa nos USA. En total máis de 40 álbumes publicados, dende o garage-punk-yeyé dos inicios ata ese extraño country-pop dos seus últimos proxectos. 
Agora retoma o seu proxecto en solitario, máis dunha década despois (o seu último traballo en solitario fora aquel "Slow but Surely" do 2004), co que fai o seu 14º álbum. Chámase "Slowtown Now!" e conta con Matt Radford ó contrabaixo, Ed Deegan e Bradley Burgess nas guitarras, e por suposto con Bruce Brand na batería. Son 12 temas dese blues-pop característico, moi naïf, a ratos con toques ye-yé, garage ou folk americano. Lento pero delicioso, para escoitar unha e outra vez sen parar.

HOLLY GOLIGHTLY "Slowtown Now!"
(Damaged Goods, 2015)



Vintage Trouble "1 Hopeful Rd."

Fíxose agardar, pero por fin chegou o segundo lp dos Vintage Trouble, e editado nin máis nin menos que por Blue Note. Chámase "1 Hopeful Rd." e saiu a mediados do mes pasado. Son 12 temas de rhythm'n'blues, rock e soul, aínda que bastante descompensado desta vez con máis soul e blues de medios tempos. Pero con uns cantos pelotazos desos que non esqueceredes nunha tempada, como a inicial 'Run like the River', 'Strike your Like' xunto con Kamilah Marshall, ou 'Another Baby'. 
Para darlle moitas voltas con calma. 

VINTAGE TROUBLE "1 Hopeful Rd."
(Blue Note/Universal, 2015)