Imos con un pouco de blues, co último traballo de Boo Boo Davis.
Un supervinte da época dourada do blues. Davis é do mesmo delta do Mississippi, e por suposto leva tocando dende neno, participou nas bandas familiares, primeiro como Lard Can Band e logo directamente como The Davis Brothers Blues Band, pasando sucesivamente pola batería, guitarra, voces...
Xa nos anos 2000 comezou a súa carreira en solitario, e dende o 2001 leva publicados case unha decena de álbumes. Este último "Oldskool" recén saído a comezos de mes é un álbum grabado en directo no estudio, a unha soa toma en formato trio con Boo Boo Davis na voz e armónica, John Gerritse na batería e Ene Mittendorp coa guitarra. Con toda a crudeza dos seus directos, como ten que ser. O título xa o dí todo. Discazo!
BOO BOO DAVIS "Oldskool"
(Black and Tan Records, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario