miércoles, 30 de septiembre de 2015

King Gizzard & The Lizard Wizard "Quarters!"

Imos con un par de álbumes antes da fin de semana. 
Un que soará seguro é o último traballo dos australianos King Gizzard & The Lizard Wizard. Acostumados a que fagan o que lles peta, seguramente estades máis familiarizados cos seus traballos de garage psychodélico descontrolado, aínda que nos moitos lanzamentos da súa breve carreira tocan tódo-los paus, dende jazz, kraut, space-rock, lo-fi, de todo en seis álbumes nos últimos tres anos. A súa última entrega é un disco moi repousado, chámase "Quarters!" e son catro temas de exactamente 10 minutos e 10 segundos cada un, maxia pura, de temas alucinados de inspiración totalmente hippy. Os catro temas son 'The River', 'Infinite Rise', 'God is in the Rhythm', 'Lonely Steel Sheet Flyer', e en medio caben dende a influencia do jazz de Dave Brubeck, estructuras progresivas dos 70s con gatos, galos e monos de fondo, melodias sacadas directamente dos Beatles sen ningún complexo, e a psychodelia máis densa para rematar. Todo cunhas historias absurdas que mellor non intentedes seguir.
Unha marabilla certamente interesante, que funciona ó nivel que queiras, relaxante se queres non facerlle moito caso, e moi interesante para prestarlle atención durante horas. E o mellor é que xa teñen listo o seguinte "Paper Maché Dream Balloon" con saída para mediados de novembro, e se seguen co seu ritmo, non terá nada que ver con esto. Seguro que Comomepos da boa conta del este sábado.

King Gizzard & The Lizard Wizard "Quarters!"
(Castle Face/Heavenly, 2015)



No hay comentarios: