jueves, 3 de septiembre de 2015

Holly Golightly "Slowtown Now!"

Se estades metidos no universo de Billy Childish estaredes máis que familiarizados con Holly Golightly (sí, sempre hai que engadir que se chama igual que o persoaxe de Audrey Hepburn en Breakfast in Tiffany's, pero é o seu nome real), compoñente das Delmonas, e Thee Headcoatees, e cunha chea de colaboracións co propio Childish, os White Stripes, ou The Greenhornes, leva dende mediados dos 90 lanzando os seus propios traballos, como solista primeiro, e xunto con The Brokeoffs despois na súa estapa nos USA. En total máis de 40 álbumes publicados, dende o garage-punk-yeyé dos inicios ata ese extraño country-pop dos seus últimos proxectos. 
Agora retoma o seu proxecto en solitario, máis dunha década despois (o seu último traballo en solitario fora aquel "Slow but Surely" do 2004), co que fai o seu 14º álbum. Chámase "Slowtown Now!" e conta con Matt Radford ó contrabaixo, Ed Deegan e Bradley Burgess nas guitarras, e por suposto con Bruce Brand na batería. Son 12 temas dese blues-pop característico, moi naïf, a ratos con toques ye-yé, garage ou folk americano. Lento pero delicioso, para escoitar unha e outra vez sen parar.

HOLLY GOLIGHTLY "Slowtown Now!"
(Damaged Goods, 2015)



No hay comentarios: