martes, 29 de julio de 2008

Xa está na rúa o Despregable#18 especial verán.



Estes días sairá da imprenta o despregable #18. Moitos traballiños pasamos para sacar este número, que sae, con un mes de 31 días de retraso... "all we need is time".
Neste exemplar atoparedes entrevistas sobre humor gráfico da man de Luis Davila, un buenense que xa leva tempo traballando no Faro de Vigo e que acaba de estar nas xornadas de comic de Cangas. De música temos a The Blows un grupo vigués que está a rachar en todos os festiváis, e o Festival do Norte, a crónica do evento e entrevistas con Bandín (un dos organizadores) e Dj Nano (encargado de pecha-la edición). Na presentación grafitti temos a Mr. Mono para flipa-lo en cores. Chourizo Films a productora cambadesa do cine máis underground da comarca. E Juan Carballo de novo de xira cun novo poemario.

Todo isto, e moito máis en Despregable dende O Salnés para o mundo.
e xa sabedes, toda-las novas en:
http://embaixadaprusiana.blogspot.com/


...e coma sempre, xa sabedes, para socios. cónsules, patrocinadores

e demáis sospeitosos prusianos
este número se acompaña co
JAZZ LIVE VOL.3
no que alumnos de SPJ interpretan xunto con Juanma Barroso, Tom Warburton, Jon Robles e Mikel Andueza temas de Abe Rábade, Nacho Pérez e standards de Thelonious Monk ou John Coltrane entre outros...




miércoles, 23 de julio de 2008

KURCO SOUND SYSTEM. Sábado 26 de Xullo



Este sábado 26 de Xullo
volve, 5 meses despois,
como solista ós mandos:

KURCO
Sound System


a saber que nos ofrece!!!

Sereas e piratas III - Carballo

Ahí vos pego a nota de prensa que nos pasaron Franc3s:


Nesta 3ª edición teremos no escenario da praia a Franc3s, Jimenez Los Santos, Novedades Carminha, Telephones Rouges, Schizophrenic Housewives e Los Santos. Isto é Galicia Bizarra.

QUE É GALICIA BIZARRA?

Hai algúns anos se querías atopar algún grupo digamos diferente, tiñas que ir á cidade. Era practicamente imposible atopar xente á que lle gustaba o kraut, ou o no wave fóra da cidade, e totalmente lóxico porque nos pobos non había practicamente tendas de discos nin pubs onde se vise ese tipo de música, só había un gran complexo con respecto aos veciños de Vigo ou Coruña.
Pero hoxe en día todo é diferente principalmente por dous factores. O primeiro é a expansión da Internet, que fixo posible ter acceso á mesma información en calquera parte, e o segundo é que moita xente que se foi á cidade volveuse ao pobo despois de darse conta de que non era todo tan ideal como parecía.
A Galicia bizarra é exemplo mais claro do anterior. Non é unha escena como os movementos endogámicos e pechados que impide nas cidades que, salvo honrosas excepcións, as bandas adquiran esa independencia necesaria para adquirir unha personalidade propia, e que fan que acaben todos facéndose a pelota uns a outros. A Galicia bizarra son unha chea de grupos provenientes de diferentes pobos de Galicia e cuxo trazo máis significativo é a orixinalidade. Moitos dos grupos coñecéronse entre si por Internet, outros nos concertos tanto doutros grupos como dos seus, e falaron de música, e do noxo que lles daba a industria musical, e do pouco que lles importaba o éxito comercial, e de facer millóns de proxectos, porque todos os grupos conservan aínda a inocencia e a ilusión.
Por iso cremos que este ano a terceira edición de Sereas e Piratas será tan importante, porque por primeira vez xúntanse moitos destes grupos nunha data que será recordada no tempo (quizais desas ocasións na que todo o mundo dirá que estivo alí) e ademais fano na casa, na praia de Razo, un ambiente natural aínda non explotado do todo. E dicimos por primeira vez porque esperamos que este festival se poida repetir en distintos pobos e con distintos grupos, xa que queremos resaltar que aínda que aquí tocasen as bandas que abaixo presentaremos, poderían facelo tambien outras que queremos resaltar como Los justicieros (Buño/ Malpica), Diadermin (Boiro), The (Muros), e un longo etc que esperamos que o poidan facer en próximas edicións.
E sen mais pasamos a presentarvos brevemente ás bandas:

Schizophrenic Hosewives: Son do Grove e recentemente sacaron o seu primeiro vinilo para a discográfica madrileña Hillsider Strangler. Entre os seus membros hai xente que tocou en The Phantom Keys ou o xa grupo de culto Lentejas Los Miércoles, e entre as súas influencias destacan grupos como Devo. Os seus directos están cheos de enerxía.

Los Santos: O seminario de Sada deulles permiso para tocar ese día. Los Santos son un grupo crave do punk rock galego, e os seus directos onde non faltan espidos e vestimenta feminina, son uns dos máis espectaculares que se poden atopar. Se che molan os ramones non podes deixar de velos.

Jiménez Los Santos: Desde Milladoiro, un dos grandes gurús da música en Galicia, o señor Rafa Anido (Iribarnes, Jiménez Del Oso, Taxi Driver) ponse agora detrás da batería nesta nova e fresca proposta. Tamén hai que destacar a presenza de Cris, compañeira súa en anteriores proxectos e unha das 3 mulleres que tocarán no festival.

Telephones Rouges: Temos que falar de Can ou Suicide para entender o ruidismo deste grupo tamén do Grove. Directos escuros acompañados de videoproxeccións para un grupo que ben podería ser de Berlín. Os teléfonos vermellos son unha das bandas máis novas do cartel. For noise..s sake xa editou un dos seus traballos.

Novedades Carminha: Outros dos máis novos, pero tamén dos máis punkis, salvaxes e politicamente incorrectos. Este verán tocarán bastante por Galicia, pero sen dúbida esta será unha das mellores oportunidades para velos, despois dunha boa churrascada e un bañito na praia. Acaban de editar o seu novo traballo só en cinta.

Franc3s: Un dos grupos de máis éxito actualmente en Galicia. Con maioría de mulleres, quedaron 5ª no proxecto demo 2008 e a crítica española (rockdelux, radio 3) aclamounos como unha das grandes revelacións deste ano. A penas levan un ano e medio tocando e xa foron teloneiros de triangulo de amor bizarro ou tocado en sitios como o M.A.R.C.O. de Vigo ou o Festival do Norte de Vilagarcía. Son de Carballo.

Rasca e pica dj´s: Tamén hai que destacar a presenza nos pratos desta bizarra parella formada por Rocío e Blas(membro fundador de triangulo de amor bizarro)

martes, 22 de julio de 2008

o album da semana: Link Wray

Logo das sesións de Michi Calambres, imos reivindicar a un dos auténticos pais de todo isto, nunca suficientemente recoñecido:
LINK WRAY
que cos seus fantásticos The Wraymen fixo posible un novo xeito de comprender o rock'n'roll e o rhythm'n'blues aportándolle un punto de dureza ós acordes da guitarra nunca antes coñecidos:


podedes descargalas sesións 'White Lightning' de 1958
no blog de Ride your Pony:
http://rideyourpony-twighlightzone.blogspot.com/

http://rapidshare.com/files/131582229/li98nk-07.rar

e aquí tedes ó mestre no seu retorno ós escenarios a finais dos 70:

Rumble (na tv en 1978):

Jack the Ripper:

Ace of Spades:

mondo rifpop: RUSS MEYER (vixens & pussycats)


Russ Meyer é un deses iconos do cine de culto. Aínda que pasou á historia coma autor soez, da risa fácil, das bromas de mal gusto, e de presentar as mulleres coas tetas máis grandes do celuloide, as súas pelis van moito máis alá. Retratos das deformidades humanas, das obsesións masculinas da América máis profunda, de mulleres insaciables, e da violencia femenina máis gratuíta como contrapunto a tanto machismo, na que a miudo os homes terminan por ser bonecos á mercede dos seus apetitos sexuais ou das súas ansias de vinganza contra o mundo.

Russ Meyer naceu en 1922, en Oakland, na baía de San Francisco, e xa na adolescencia comezou a filmar curtas caseiras nas que os escotes predominaban no metraxe da cinta. Nos anos 40 foi fotógrafo da revista Playboy e dende entón non fixo máis que casarse con exuberantes estrelas da publicación. A segunda delas foi Eve Turner, rubia prototipo de Playboy, que se convirteu na súa musa e colaboradora. Nacía o Sexploitation. O seu primeiro filme foi “The Inmortal Mr. Teas” (1959) e logo “Eve and the Handyman” (1961) na que a exuberante Eve Turner era protagonista e coproductora. Nas seguintes cintas da década dos 60, aumentaba a súa fama, así como o peito das protagonistas e secundarias, sempre comedias eróticas que convertían ás suas protagonistas en mitos sexuales: “Erotica” (1961), “Wild gals of the naked west” (1962), “Heavenly bodies” (1963), “Lorna” (1964), “Fanny Hill” (1964), o gran clásico “Faster Pussycat! Kill! Kill!” (1965), “Motor Psycho” (1965), “Mudhoney” (1965), “Common Law Cabin” (1967), “Good Morning…and Goodbye!” (1967), “Finders Keepers, Lovers Weepers!” (1968) e “Vixen!” (1968).


O éxito desta última posibilitou que o contratara a 20th Century Fox, xa divorciado da súa segunda muller, pero continuando con ela o seu treballo ($$$) donde comezou facendo “Cherry, Harry & Rachel” (1970), con Linda Ashton e Larissa Ely, e “Más allá del valle de las muñecas” (1970), pura comedia sexploitation con Dolly Read, Cynthia Myers y Marcia McBroom. Logo casouse con Edy Williams, que protagonizou a súa seguinte película “The Seven Minutes” (1972), que tentaba ser unha aproximación ó cine serie. Por suposto foi un fracaso. Nen sabía facelo, nen o público quería que o fixese... a Fox cancelou o seu contrato, e Meyer iniciou un novo período de esplendor (por chamalo dalgunha maneira):

“Blacksnake!” (1973) era unha peli de terror erótico, con Anouska Hempel como rubia cañón, “Supervixens” (1975) con Shari Eubank, a delirante “Up” (1976) que se subtitulou “Megavixens” pola apariencia evidente de continuación de ‘Vixens’, que presentaba a Kitten Natividad, para logo darlle máis peso na seguinte volta de torca “Beneath the Valley of the Ultra-Vixens” (1979), donde todo era xa demasiado previsible e as gracias de 15 anos atrás xa non funcionaban como tal, somentes destacaba coma sempre polas protagonistas femininas.

Esa foi a súa última película como director, aínda que no 2001 editouse un documental propio “Pandora’s Peaks” sobre unha bailarina de strip-tease que xa vos imaxinaredes como podía ser...

Russ Meyer morreu o 18 de Setembro do 2004, convertido en gurú do cine erótico, pero pouco a pouco comezan a popularizarse os seus filmes máis bizarros dos 60, como “Mudhoney” ou “Faster Pussycat”, que últimamente están a ser fusiladas en videoclips ou gags de numerosas películas.

Faster Pussycat... Kill!!, Kill!!:

Mudhoney:

Beyond the Valley of the Ultra-Vixens:

Sesión de Michi Calambres "Rock'n'Roll Cavernícola" do 19 de Xullo



Para os que perdechédes a ocasión a joderse, e para os que estivéchedes alí
(a desfrutaredes máis) aquí tedes unha selección da sesión de

MICHI CALAMBRES
do sábado pasado (19-07-2008)
esencia pura de rock'n'roll cavernícola, rockabilly,
garage e maximun rhythm'n'blues!!!

que o desfrutedes:
http://www.megaupload.com/?d=4H3TK15B

jueves, 17 de julio de 2008

Michi Calambres. Sábado 19 de Xullo



este sábado 19 de Xullo
por primeira vez en Europa
sesión a cargo de
MICHI CALAMBRES!!!
unha noite tola de rock'n'roll
para subversivos, bizarros e cavernícolas
¿estades todos preparados?


martes, 15 de julio de 2008

Descarga da sesión de Blacky Santórum. "Summer Fun"


Aquí tedes coma sempre un regaliño da factoria Kurco SoundSystem
(aka Blacky Santorum), 2 discos que corresponden á sesión
do pasado sábado 12 de Xullo.
descargádeo aquí:
http://www.megaupload.com/?d=OL1MFCHE

miércoles, 9 de julio de 2008

BLACKY SANTÓRUM volve coa calor...



vós veredes que ides facer,
pero eu pasaría de tanto festival, pq
este Sábado 12 de Xullo

volve á cabina do Rif-Rock
o alter-ego máis quente:
BLACKY SANTÓRUM
feat. Kurco SoundSystem
SUMMER FUN!!!

Cultura Quente 2008


The Henry Warnimont. Venres 11 en concerto.



este venres 11 dXullo, en discoteca Zao
re-debut da rebautizada banda cambadesa
THE HENRY WARNIMONT
dende as 23:00h.

sí señores, aquel que mesmo valía para ser o xefe Lasart en Loca Academia de Policia, ou o abó de Punky Brewster...

THE BARRACUDAS - Summer Fun!

En pleno 1978, nun Londres petado de punks, e xa post-punks (case aniquilados os rockers) cando a filosofia individualista, o narcisismo, a angustia vital e a desesperación acadaban as cotas máis altas na sugestión colectiva, comezaron a aparecer bandas que falaban dunha vida mellor, de diversión sen máis, era a segunda era Mod, e neste pseudos-movimento post-revivalista se mesturaron o rhythm’n’blues, o soul e tóda-las características dos modernistas cunha filosofía que fuxía do existencialismo e pregoaba a volta (un revival máis que unir á etiqueta) á musica festiva, recuperando, desta vez sen vergoña o ritmos negroides máis marxinais, procedentes do caribe (ska, calypso, reauge, ragga...) outros daban un gran salto á NYC para compincharse cos emigrantes latinos que xa converteran a salsa en Bógalo... Bandas como The Specials, The Lambrettas ou Madness conseguiron encauzar a furia dos punkis de postal hacia unha festa continua... neste contexto apareceron os raros, que foron máis alá...
unha banda que en esencia se adicaba ó revival garagero, pero á que lle engadiron sen vergoña algunha a música surf, e incluso foron máis alá, optando pola vertente máis popeira da costa oeste... conseguindo unha fórmula única.

Comezaron adicados ó garage-punk máis ortodoxo, reivindicándose como estandartes do revivalismo sixtie, pero só se comezou a falar deles polas versións que facían dos Flamin’ Groovies. Ata que chegou 1981. Os Barracudas publican “Drop Out with The Barracudas” un disco fantástico, fresco aínda hoxe, (iso que nel suplican para que volva 1965!!!) e que inclúe o seu único éxito comercial ‘Summer Fun’... sempre apetece escoitar este tema, pena que no video da actuación non está esa tremenda intro, na que que dous locutores de radio presentan o tema, e un deles, incapaz de pronunciar barracudas, termina por presentar a The Ba-Ba-Rah-Rah-Cu-Cu-Da-Da!!!

Ahí os tedes en directo...

The Barracudas – Summer Fun:

e aquí os descargades en estudio, do blog dos Secretos Mellor Gardados...

http://www.mediafire.com/?vjjm9n2dfn9
http://best-keptsecrets.blogspot.com/2008/06/barracudas-drop-out-1981.html

jueves, 3 de julio de 2008

The Blows na Radio KEXP de Seattle.

O 30 de xuño, os vigueses The Blows foron protagonistas do "Song of the Day" da Radio KEXP de Seattle, co seu tema Two Minutes. Así sairon:

Song of the Day: The Blows - Two Minutes


photo by Juan Ayude

Every Monday through Friday, we deliver a different song as part our Song of the Day podcast subscription. This podcast features exclusive KEXP in-studio performances, unreleased songs, and recordings from independent artists that our DJs think you should hear. Today’s featured selection, chosen by Morning Show host John Richards, is Two Minutes by The Blows from the 2008 album Upskirts on Pupilo Records.

The Blows - Two Minutes ( MP3)

On Upskirts, the debut album from Spain’s The Blows, all existential arguments are avoided in favor of sex and tomfoolery. With song titles like Damn 80s Hooker and Sin City Lies, and lines such as Don’t you know I love your penis. Find me, and satisfy me, the mood is always kept fun and feisty. The quartet relies on fast and shiny Brit-pop guitar lines and electronic-laced post-punk to fuel the fire, drawing comparisons to Glasgow’s commercial success of the same mold, Franz Ferdinand. The Blows will spend practically their entire summer touring their native country, but once they break down those national boundaries, commercial success will surely come their way as well. Spaniards and music-loving tourists should scope out their MySpace page for their complete summer itinerary, and everyone should witness this performance of Two Minutes from February’s Mardi Gras festivities:

O album da semana - The BellRays "Hard Sweet and Sticky"

Novo album dunha das miñas bandas favoritas, e cantas máis veces ós vexo en directo máis me gustan. Este creo que é xa o octavo álbum de estudio, e coma sempre é fantástico, aínda que é un pouco distinto.

Tony Fate, principal cabeza pensante da banda tirou a toalla logo do anterior “Have a Little Faith”, donde xa apuntaban máis soul e menos garage-punk... pois esta vez hai moito soul, pero moito, bastante garage rock e 0% de punk. Evidentemente a descarga de adrenalina e decibelios non é a mesma, pero o álbum ten moito proveito... i é que a presencia de Lisa Kekaula e Bob Venuum (únicos fundadores da banda que se manteñen) seguirá a manter a The BellRays coma unha banda de culto.

+ info:
http://www.thebellrays.com/


Comprobádeo aquí:

http://elbluesbar.blogspot.com/2008/04/bellrays-hard-sweet-sticky-2008.html

http://rapidshare.com/files/105683143/The_BellRays-Hard_Sweet_And_Sticky-2008-BELLRAYS.rar


The BellRays – Voodoo Train:

martes, 1 de julio de 2008

Mañan 2 de Xullo cumprimos 9 anos, Nove!!!!!

Hola amigos, mañán, 2 de Xullo,
o RIF-ROCK cumpre 9 anos de vida...

Un venres 2 de xullo de 1999 abríamos as portas
sen saber moi ben o que
estabamos a facer,
e xa vedes, ata hoxe...


9 anos!!!
e seguiremos.



Tomade unha copiña á nosa saúde,
porque as celebracións oficiais
as deixamos para finais do verán.
Saúde!!!