QUE É GALICIA BIZARRA?
Hai algúns anos se querías atopar algún grupo digamos diferente, tiñas que ir á cidade. Era practicamente imposible atopar xente á que lle gustaba o kraut, ou o no wave fóra da cidade, e totalmente lóxico porque nos pobos non había practicamente tendas de discos nin pubs onde se vise ese tipo de música, só había un gran complexo con respecto aos veciños de Vigo ou Coruña.
Pero hoxe en día todo é diferente principalmente por dous factores. O primeiro é a expansión da Internet, que fixo posible ter acceso á mesma información en calquera parte, e o segundo é que moita xente que se foi á cidade volveuse ao pobo despois de darse conta de que non era todo tan ideal como parecía.
A Galicia bizarra é exemplo mais claro do anterior. Non é unha escena como os movementos endogámicos e pechados que impide nas cidades que, salvo honrosas excepcións, as bandas adquiran esa independencia necesaria para adquirir unha personalidade propia, e que fan que acaben todos facéndose a pelota uns a outros. A Galicia bizarra son unha chea de grupos provenientes de diferentes pobos de Galicia e cuxo trazo máis significativo é a orixinalidade. Moitos dos grupos coñecéronse entre si por Internet, outros nos concertos tanto doutros grupos como dos seus, e falaron de música, e do noxo que lles daba a industria musical, e do pouco que lles importaba o éxito comercial, e de facer millóns de proxectos, porque todos os grupos conservan aínda a inocencia e a ilusión.
Por iso cremos que este ano a terceira edición de Sereas e Piratas será tan importante, porque por primeira vez xúntanse moitos destes grupos nunha data que será recordada no tempo (quizais desas ocasións na que todo o mundo dirá que estivo alí) e ademais fano na casa, na praia de Razo, un ambiente natural aínda non explotado do todo. E dicimos por primeira vez porque esperamos que este festival se poida repetir en distintos pobos e con distintos grupos, xa que queremos resaltar que aínda que aquí tocasen as bandas que abaixo presentaremos, poderían facelo tambien outras que queremos resaltar como Los justicieros (Buño/ Malpica), Diadermin (Boiro), The (Muros), e un longo etc que esperamos que o poidan facer en próximas edicións.
E sen mais pasamos a presentarvos brevemente ás bandas:
Schizophrenic Hosewives: Son do Grove e recentemente sacaron o seu primeiro vinilo para a discográfica madrileña Hillsider Strangler. Entre os seus membros hai xente que tocou en The Phantom Keys ou o xa grupo de culto Lentejas Los Miércoles, e entre as súas influencias destacan grupos como Devo. Os seus directos están cheos de enerxía.
Los Santos: O seminario de Sada deulles permiso para tocar ese día. Los Santos son un grupo crave do punk rock galego, e os seus directos onde non faltan espidos e vestimenta feminina, son uns dos máis espectaculares que se poden atopar. Se che molan os ramones non podes deixar de velos.
Jiménez Los Santos: Desde Milladoiro, un dos grandes gurús da música en Galicia, o señor Rafa Anido (Iribarnes, Jiménez Del Oso, Taxi Driver) ponse agora detrás da batería nesta nova e fresca proposta. Tamén hai que destacar a presenza de Cris, compañeira súa en anteriores proxectos e unha das 3 mulleres que tocarán no festival.
Telephones Rouges: Temos que falar de Can ou Suicide para entender o ruidismo deste grupo tamén do Grove. Directos escuros acompañados de videoproxeccións para un grupo que ben podería ser de Berlín. Os teléfonos vermellos son unha das bandas máis novas do cartel. For noise..s sake xa editou un dos seus traballos.
Novedades Carminha: Outros dos máis novos, pero tamén dos máis punkis, salvaxes e politicamente incorrectos. Este verán tocarán bastante por Galicia, pero sen dúbida esta será unha das mellores oportunidades para velos, despois dunha boa churrascada e un bañito na praia. Acaban de editar o seu novo traballo só en cinta.
Franc3s: Un dos grupos de máis éxito actualmente en Galicia. Con maioría de mulleres, quedaron 5ª no proxecto demo 2008 e a crítica española (rockdelux, radio 3) aclamounos como unha das grandes revelacións deste ano. A penas levan un ano e medio tocando e xa foron teloneiros de triangulo de amor bizarro ou tocado en sitios como o M.A.R.C.O. de Vigo ou o Festival do Norte de Vilagarcía. Son de Carballo.
Rasca e pica dj´s: Tamén hai que destacar a presenza nos pratos desta bizarra parella formada por Rocío e Blas(membro fundador de triangulo de amor bizarro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario