martes, 22 de julio de 2008

mondo rifpop: RUSS MEYER (vixens & pussycats)


Russ Meyer é un deses iconos do cine de culto. Aínda que pasou á historia coma autor soez, da risa fácil, das bromas de mal gusto, e de presentar as mulleres coas tetas máis grandes do celuloide, as súas pelis van moito máis alá. Retratos das deformidades humanas, das obsesións masculinas da América máis profunda, de mulleres insaciables, e da violencia femenina máis gratuíta como contrapunto a tanto machismo, na que a miudo os homes terminan por ser bonecos á mercede dos seus apetitos sexuais ou das súas ansias de vinganza contra o mundo.

Russ Meyer naceu en 1922, en Oakland, na baía de San Francisco, e xa na adolescencia comezou a filmar curtas caseiras nas que os escotes predominaban no metraxe da cinta. Nos anos 40 foi fotógrafo da revista Playboy e dende entón non fixo máis que casarse con exuberantes estrelas da publicación. A segunda delas foi Eve Turner, rubia prototipo de Playboy, que se convirteu na súa musa e colaboradora. Nacía o Sexploitation. O seu primeiro filme foi “The Inmortal Mr. Teas” (1959) e logo “Eve and the Handyman” (1961) na que a exuberante Eve Turner era protagonista e coproductora. Nas seguintes cintas da década dos 60, aumentaba a súa fama, así como o peito das protagonistas e secundarias, sempre comedias eróticas que convertían ás suas protagonistas en mitos sexuales: “Erotica” (1961), “Wild gals of the naked west” (1962), “Heavenly bodies” (1963), “Lorna” (1964), “Fanny Hill” (1964), o gran clásico “Faster Pussycat! Kill! Kill!” (1965), “Motor Psycho” (1965), “Mudhoney” (1965), “Common Law Cabin” (1967), “Good Morning…and Goodbye!” (1967), “Finders Keepers, Lovers Weepers!” (1968) e “Vixen!” (1968).


O éxito desta última posibilitou que o contratara a 20th Century Fox, xa divorciado da súa segunda muller, pero continuando con ela o seu treballo ($$$) donde comezou facendo “Cherry, Harry & Rachel” (1970), con Linda Ashton e Larissa Ely, e “Más allá del valle de las muñecas” (1970), pura comedia sexploitation con Dolly Read, Cynthia Myers y Marcia McBroom. Logo casouse con Edy Williams, que protagonizou a súa seguinte película “The Seven Minutes” (1972), que tentaba ser unha aproximación ó cine serie. Por suposto foi un fracaso. Nen sabía facelo, nen o público quería que o fixese... a Fox cancelou o seu contrato, e Meyer iniciou un novo período de esplendor (por chamalo dalgunha maneira):

“Blacksnake!” (1973) era unha peli de terror erótico, con Anouska Hempel como rubia cañón, “Supervixens” (1975) con Shari Eubank, a delirante “Up” (1976) que se subtitulou “Megavixens” pola apariencia evidente de continuación de ‘Vixens’, que presentaba a Kitten Natividad, para logo darlle máis peso na seguinte volta de torca “Beneath the Valley of the Ultra-Vixens” (1979), donde todo era xa demasiado previsible e as gracias de 15 anos atrás xa non funcionaban como tal, somentes destacaba coma sempre polas protagonistas femininas.

Esa foi a súa última película como director, aínda que no 2001 editouse un documental propio “Pandora’s Peaks” sobre unha bailarina de strip-tease que xa vos imaxinaredes como podía ser...

Russ Meyer morreu o 18 de Setembro do 2004, convertido en gurú do cine erótico, pero pouco a pouco comezan a popularizarse os seus filmes máis bizarros dos 60, como “Mudhoney” ou “Faster Pussycat”, que últimamente están a ser fusiladas en videoclips ou gags de numerosas películas.

Faster Pussycat... Kill!!, Kill!!:

Mudhoney:

Beyond the Valley of the Ultra-Vixens:

No hay comentarios: