viernes, 27 de noviembre de 2009

RifRocKerZ. DjSet!!! Descarga última Sesión.

Descargade unha selección da última sesión dos
RIFROCKERZ.djSet
do pasado Sábado 21 de Nov.
Seleccionada por Munstapha.


descárgao aquí.
[ou pica na portada]

jueves, 26 de noviembre de 2009

Despregable#22

Dende este fin de semana xa podedes ir atopando nos sitios de costume o
Despregable nº 22


Entrevistamos a Luis Barrerio, un artista de Meaño que presentou a súa obra Aus Schmalegg no pasado Proxecta de Vilagarcía.

O noso poeta de referencia, Juan Carballo preséntanos o seu poemalibro “A Casa do Poeta” que ademáis dos seus versos, conta como é habitual coas ilustracións de Nuria Díaz, nun paso máis do seu macroproxecto músico-poético no que tamén se acompaña de Moncho Núñez en directo. (“A Casa do Poeta” está editado en colaboración coa Embaixada Prusiana, e que podedes conseguir con este mesmo exemplar).

Dende Cataluña chega ás nosas páxinas Llibert Fortuni, unha das figuras máis relevantes dos jazz estatal, que nos atendeu para falar dos seus novedosos proxectos, dende o Electric Quintet ata dirixir Big Bands, e por suposto o seu novo traballo: Triphasic.

Ana de Rada, a nosa corresponsal londinense falounos do graffiti nesa cidade a través dun espacio no que está permitido utilizar os sprays sen represalias.

No apartado de R.F. temos a visita de Emerson Díaz, fotógrafo guatemalteco que actualmente vive en Vilagarcía e que compartiu con nós as súas impresións desta parte do mundo.

O colectivo gráfico RuAn leva o blog http://cgruan.blogspot.com/ e unha intensa actividade artística. Preséntanos "Levado de Ñapa" no apartado de banda deseñada do Despregable.

O artigo “Moonshine & Sunshine” de Eduardo Fernández achéganos á vida e obra do grandísimo Hank Williams, unha desas figuras tan enormes (e prematuras) coma insuficientemente recoñecidas.

Tamén vos ofrecemos varias entregas das ‘Crónicas Despregables’, ademáis de tóda-las seccións habituais, o boletín do SPJ; unha nova entrega de La Cara B que nos destripa a saga de filmes de Terminator, así como a nova entrega de Tarantino Malditos Bastardos. E por suposto para poñer o punto e final as nosas recomendacións de Ruídos Vs Melodías.




O Clásico da semana: Bohemian Vendetta.

Hoxe no clásico da semana tráiovos un álbum bastante extrano. Eu hai pouco tempo que me fixen con el, e antes non os coñecía de nada. En todos lados se lle cita na mesma onda do Electric Prunes, The Chocolate Watchband ou Strawberry AlarmClock, pero é moito máis escuro que todo iso. Mantén estructuras de garage, un vox que enche todo o álbum e un tempo pausado que desquicia... pero cunhas guitarras tan ácidas que poucas veces escoitaredes algo así. Ten temas tremendo coma "(She always gives me) Pleasure", "Paradox City", "Images", ou "Deaf, Dumb & Blind"... ademáis de versións coma "House of the Rising Sun" ou a tremenda versión do "Satisfaction" dos Rolling Stones. Esta edición ademáis inclúe os dous temas do seu seguinte single 'Enough' de 1968.
A ver que vos parece...

BOHEMIAN VENDETTA
"Bohemian Vendetta"
(Mainstream/United Artists, 1968)


[tedes o link no primeiro comentario da entrada, ou nesta portada]


miércoles, 25 de noviembre de 2009

O álbum da semana "Tell 'Em What Your Name Is" de Black Joe Lewis & The Honey Bears.

O discazo da semana. O novo álbum de Black Joe Lewis.
Coma sempre Funk, soul & Rhythm'n'blues a toda hostia!!!

BLACK JOE LEWIS
& The HONEY BEARS
"Tell 'Em What Your Name Is".
(Lost Highway, 2009)


Descargádeo no blog Lo de Pituco:




martes, 24 de noviembre de 2009

The Stone Roses videos

Hoxe en LdN... The Stone Roses

Hoxe en Libro de Notas, unha nova entrega da columna 'De Ventrílocuos Impostores', celebrando o 20 aniversario do lanzamento do álbum de debut dos Stone Roses, agora en novembro polo single "Fools Gold"... Un álbum de 1989 que no seu momento xa foi calificado como o mellor da década dos 90... e así segue a ser.



Noviembre de 1969, o del 79 o del 89… un mes que en todas las décadas produce cambios significativos en la historia, y la música como vía de expresión incluso a veces se adelanta a la masa social y a su propio tiempo. Hoy hablaremos de una banda que creó el mejor álbum de la década de los 90, aún en 1989. Son The Stone Roses, así que nos vamos a Manchester. [...] Inmediatamente The Stone Roses se convirtieron en cabeza de cartel de los mejores festivales, fueron agasajados por la crítica en todos los certámenes de premios posibles, y ‘Fools Gold’ se convirtió en el mejor single de 1989. Además muchos medios proclamaron este disco como el mejor de la década de los 90, que aún no había comenzado.


e lembra visitar a diario os contidos de

lunes, 23 de noviembre de 2009

viernes, 20 de noviembre de 2009

Mañán Sábado: RifRocKerZ.DjSet!!!

E mañán Sábado 21 unha nova sesión colectiva dos
RifRocKerZ.DjSet!!!
con X-RifMaster, Kurco SoundSystem e Munstapha.
E seguro que algún espontáneo máis...


Non vo-lo perdades, PARTIALLNITE!!!

Resultados da enquisa do Ano Cabanillas en CTK

En Cambados.tk xa teñen os resultados da enquisa sobre o ano Cabanillas 2009.
Xa a tedes toda ben destripada nesta entrada con tódo-los gráficos e demáis.



jueves, 19 de noviembre de 2009

O Clásico da semana: "Down by the Jetty" dos Dr.Feelgood

O clásico desta semana é un dos mellores álbumes de debut das últimas décadas. Os Dr.Feelgood de Wilko Johnson e Lee Brilleaux que se formaran en 1971, debutaron en largo con este "Down by the Jetty" en 1975, un álbum gravado en mono (eles non eran coma os demáis) e que en medio da tolemia de rock progresivo e sinfónico que asolaba a Inglaterra da época, conseguiron que moita xente volvera a vista cara o blues e r'n'b dos anos 50 e comezos dos 60.
DR. FEELGOOD
"Down by the Jetty"
(United Artists, 1975)
Descargadeo no blog Casa Abierta:

UGCh organiza a 'II Xuntanza de Canles Galegas de Youtube" este sábado 21.

Cartel e Programación para este sábado 21 nov:


McKuin en concerto

Venres 20 ás 12 da noite Discoteca Zao
MCKUIN
en concerto

miércoles, 18 de noviembre de 2009

"CITY SLANG!!!" dos Sonic's Rendezvous Band.

City Slang! dos SONIC'S RENDEZVOUS BAND, en directo en 1978:

Lástima de video, podía haber algún mellor, aquí tedes o audio bastante mellor...

E aquí vai unha versión en directo do mesmo tema dos Hellacopters, de 1998 en Cleveland co mesmo Scott Morgan sobre ó escenario, adicado á Manu Valle (alias Johnny C.) que te recuperes pronto jefe!!!

Lady Dottie & The Diamonds!

E hoxe nos vamos de concerto, Lady Dottie & The Diamonds para celebra-lo 4º aniversario da tende A Reixa...


Así que aquí vos deixo o seu álbum:

LADY DOTTIE & THE DIAMONDS
"Lady Dottie & The Diamonds"
(Hi-Speed Soul, 2008)


descargádeo no blog Wateke Salvaje!:


Este Sábado 21: RifRocKerZ.DjSet!!!

O álbum da semana "Wild Girl Walk" das Micragirls

Dende Finlandia chéganos o novo álbum das Micragirls, acabo de velo agora e non me puiden resistir a compartilo con vós... A historia destas rapazas xa vola contei noutra entrada deste mesmo blog cando vos recomendaba o seu primeiro álbum, e agora, con temas moito máis enrevesados a base de guitarra, batería e hammond. Basta escoitar cañonazos coma "Gotta Go", "Electric Chair Twist" ou "Out of Tune" para comprender con esta segunda entrega que non eran unha broma...

THE MICRAGIRLS
"Wild Girl Walk"
(Bone Voyage Recordings, 2009)


descargádeo no blog El Rincón de Kik:

lunes, 16 de noviembre de 2009

Soul & Sombra Café Bar.

Novo local moi recomendable en Santiago, o Soul & Sombra abreu o pasado sábado 14 as súas portas para ofrecernos o mellor soul, funk e jazz.

Soul & Sombra Café Bar
Frei Rosendo Salvado, 30.
Santiago de Compostela.

Visitade o seu Blog:


jueves, 12 de noviembre de 2009

O Clásico da semana: "In-A-Gadda-da-Vida" dos Iron Butterfly.

Esta semana, o Clásico da Semana contén un dos maiores éxitos da historia, o cumio do rock ácido e un dos temas máis grandes que xamais se escribiron... Sen máis...

IRON BUTTERFLY
"In-a-Gadda-da-Vida"
(Atlantic-ATCO, 1968)


descargádeo no blog The Figaro:


In a Gadda da Vida

In-a-gadda-da-vida, honey,
Don't you know that I love you?
In-a-gadda-da-vida, baby,
Don't you know that I'll always be true?

Oh won't you come with me
and take my hand?
Oh won't you come with me
and walk this land?

Please take my hand!!!

LOS HIJOS BASTARDOS DE PETER LORRE en concerto

Este Sábado 14, novo concerto de
LOS HIJOS BASTARDOS
DE PETER LORRE
no Galician Bizarre Bar de OGrobe



miércoles, 11 de noviembre de 2009

Entrevista de CambadosWeb a Isi Vaamonde.

O pasado domingo, Cambados Web publicaba na súa sección "El artículo de la Semana" unha entrevista con Isi Vaamonde.
Aquí a tedes:


O álbum da Semana "For All I Care" de The Bad Plus

Esta semana imos poñer algo un pouco máis raro, ou se queredes algo máis sofisticado, alomenos na forma. The Bad Plus son unha banda de piano - contrabaixo - batería formada en 1998, e que dende o ano 2000 levan sacando álbum por ano. A súa proposta é formalmente de jazz contemporáneo, pero con estructuras básicas de hardcore, e moitos contidos pop, normalmente repleto de versións case imposibles. Este último álbum de 2008 recolle 12 versións que van dende os Bee Gees, Nirvana, The Flaming Lips, Pink Floyd ou Yes, e desta vez co acompañamento da vocalista Wendy Lewis. A ver que vos parece...

THE BAD PLUS
"For All I Care"
(Heads Up, 2008)


descargádeo no blog Nocná Hubda:
[tedes varios enlaces de descarga nos comentarios da entrada]

ahí van unhas cantas versións que seguro que lle gustarán a Kurco, aínda que de estudio son moito máis elaboradas...

martes, 10 de noviembre de 2009

The Fabulous Penetrators

THE FLESHTONES


The Fleshtones: "Take a Good Look"

E mañán nos imos unha boa tropa a ver o concerto dos FLESHTONES, pouco hai que dicir destes veteranos da festa, quenes xa os temos visto en directo, só esperamos que os teloneiros, os británicos The Fabulous Penetrators estén á altura... teñen moi boa pinta, pero con ese nome... a ver se non van face-lo ridículo...
O concerto é mañán dende as 21:30h. na Sala NASA de Santiago

Aquí vos deixo o seu último álbum, do ano pasado
(a min regaloumo daquela Javieriño Cafelito, menudo crack!!!)

THE FLESHTONES
"Take a Good Look!"
(Yep Roc, 2008)


descargádeo no blog Jamin78:

Dos Fabulous Penetrators non atopei nada para deixarvos,
así que xa me recomendaredes algo...

Enquisa en CTK sobre o Ano Cabanillas.

Na Web Cambados.TK Oscar está a promover unha enquisa sobre o Ano Cabanillas 2009, así a persenta, participade!!!


Durante os últimos días anuncíabase neste espazo a publicación dun balance persoal do Ano Cabanillas 2009 para moi pronto.

Pois ben, antes diso estaría mellor coñecer a túa opinión sobre o que foi este Ano Cabanillas, tanto desde o punto de vista das actividades como da organización. Trátase de tan só 10 preguntas que poderás respostar moi axiña. Nos vindeiros días serán publicadas as respostas detalladas nesta mesma páxina.

ABRE A ENQUISA ANO CABANILLAS 2009


lunes, 9 de noviembre de 2009

1959: Ramón Cabanillas

Hoxe é o día polo que se conmemoran os 50 anos do pasamento do Ramón Cabanillas
Dia do enterro de D. Ramón (foto recollida do libro de Maribel Iglesias "Ramón Cabanillas Enriquez Biografia en imaxes)_ foto tomada do blog de Unha Grande Chea.