Esta semana imos poñer algo un pouco máis raro, ou se queredes algo máis sofisticado, alomenos na forma. The Bad Plus son unha banda de piano - contrabaixo - batería formada en 1998, e que dende o ano 2000 levan sacando álbum por ano. A súa proposta é formalmente de jazz contemporáneo, pero con estructuras básicas de hardcore, e moitos contidos pop, normalmente repleto de versións case imposibles. Este último álbum de 2008 recolle 12 versións que van dende os Bee Gees, Nirvana, The Flaming Lips, Pink Floyd ou Yes, e desta vez co acompañamento da vocalista Wendy Lewis. A ver que vos parece...
THE BAD PLUS
"For All I Care"
(Heads Up, 2008)
[tedes varios enlaces de descarga nos comentarios da entrada]
ahí van unhas cantas versións que seguro que lle gustarán a Kurco, aínda que de estudio son moito máis elaboradas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario