martes, 10 de noviembre de 2009

The Fleshtones: "Take a Good Look"

E mañán nos imos unha boa tropa a ver o concerto dos FLESHTONES, pouco hai que dicir destes veteranos da festa, quenes xa os temos visto en directo, só esperamos que os teloneiros, os británicos The Fabulous Penetrators estén á altura... teñen moi boa pinta, pero con ese nome... a ver se non van face-lo ridículo...
O concerto é mañán dende as 21:30h. na Sala NASA de Santiago

Aquí vos deixo o seu último álbum, do ano pasado
(a min regaloumo daquela Javieriño Cafelito, menudo crack!!!)

THE FLESHTONES
"Take a Good Look!"
(Yep Roc, 2008)


descargádeo no blog Jamin78:

Dos Fabulous Penetrators non atopei nada para deixarvos,
así que xa me recomendaredes algo...

No hay comentarios: