jueves, 26 de noviembre de 2009

O Clásico da semana: Bohemian Vendetta.

Hoxe no clásico da semana tráiovos un álbum bastante extrano. Eu hai pouco tempo que me fixen con el, e antes non os coñecía de nada. En todos lados se lle cita na mesma onda do Electric Prunes, The Chocolate Watchband ou Strawberry AlarmClock, pero é moito máis escuro que todo iso. Mantén estructuras de garage, un vox que enche todo o álbum e un tempo pausado que desquicia... pero cunhas guitarras tan ácidas que poucas veces escoitaredes algo así. Ten temas tremendo coma "(She always gives me) Pleasure", "Paradox City", "Images", ou "Deaf, Dumb & Blind"... ademáis de versións coma "House of the Rising Sun" ou a tremenda versión do "Satisfaction" dos Rolling Stones. Esta edición ademáis inclúe os dous temas do seu seguinte single 'Enough' de 1968.
A ver que vos parece...

BOHEMIAN VENDETTA
"Bohemian Vendetta"
(Mainstream/United Artists, 1968)


[tedes o link no primeiro comentario da entrada, ou nesta portada]


No hay comentarios: