lunes, 31 de agosto de 2015

Relatos Pulp de Ed Wood

Coa volta á normalidade no blog vai tocando recomendar libros e publicacións que fumos xuntando nos últimos meses, pero antes, unha novidade que se presentou esta mesma semana. 
Trátase dunha recopilación de relatos do director Ed Wood Jr. publicados en revistas de xénero pulp e girly na década de 1970 como pequena fonte de ingresos para seguir producindo películas. 
Despois da avalancha de exposición dos seus traballos dende mediados dos anos 90s pola súa nominación como peor director da historia, recuperando os seus filmes, e sacando a luz traballos inéditos (como a novela "Killer in Drag", recuperada en 1999), agora Caja Negra Editora traenos en castelán "La Sangre se esparce rápidamente". É unha colección de 32 relatos lixeiros compilados por Bob Blackburnque foi publicada orixinalmente a finais do ano pasado por OR Books ("Blood Splatters Quickly. The collected stories"), e entre os que se atopaban tódo-los xérenos do seu espectro, fantásticos, de terror, bélicos, western de aventuras e por suposto eróticos, que foi o que rematou facendo coa súa carreira. 
A ver quen o consegue primeiro!!

Ed Wood "La Sangre se esparce Rápidamente. Relatos Pulp"
(Caja Negra Editora, 2015)


Así o presentan na web de Caja Negra:

Cuando Ed Wood recibió la extravagante condecoración de “Peor director de cine de todos los tiempos” poco después de su muerte, la imagen que el público tenía de su obra empezó a cambiar. Cada vez con mayor frecuencia, los cines artísticos comenzaron a proyectar las pocas copias de sus films que se podían encontrar, y la cantidad de devotos de su obra aumentó de forma considerable. Con la película que Tim Burton y Johnny Depp le dedicaron en 1994, Ed Wood se transformó definitivamente en un director de culto y en una figura eminente del cine norteamericano de clase B. Pero mientras estuvo con vida, el acceso al nirvana de la fama estuvo poblado de decepciones que lo arrojaron a lo más bajo del sueño hollywoodense. Si bien son célebres sus fracasos de taquilla y los sucesivos rechazos de críticos y productores, lo que no todos saben es que Wood inició una carrera de escritor para pagar el alquiler y comprar el alcohol necesario para olvidar por un rato sus problemas.

Concebidos con desparpajo pulp y en estado de dudosa sobriedad, la mayoría de estos relatos fueron publicados originalmente entre las fotos de mujeres semidesnudas y en variadas situaciones sexuales softcore que poblaban las revistas eróticas de los Estados Unidos a principios de los setenta. Estas divertidas historias de vaqueras lesbianas, de travestis que presiden tribus indígenas enclavadas en lo más profundo de la selva, de matrimonios que acuden a rituales de nigromancia para superar disfunciones sexuales y de pilotos de guerra obsesionados con el whisky luego de descargar proyectiles sobre sus objetivos, despliegan el amplio catálogo de manías sexuales y excentricidades que transformaron a Ed Wood en un ícono de la cultura bizarra. Con estos textos, reunidos por primera vez en un volumen a más de cuarenta años de su publicación, los feligreses que fundaron la Iglesia de Ed Wood en 1996 podrán renovar los argumentos con los que el credo del woodismo promueve la salvación de la espiritualidad de la cultura pop.


máis asaltos á cabina...

O venres pasado sufrimos outro asalto espontáneo á nosa cabina. 
Arturo encargouse na útlima hora da noite da música no Rif-Rock, un clasicazo. 
Próximamente con data oficial...


domingo, 30 de agosto de 2015

Torneo 3x3 Esperanza Salnés. Falta unha semana!

Falta unha semana para o Torneo de Basket 3x3 Esperanza Salnés.
Para toda a info seguide a páxina de facebook 3x3 Esperanza Salnés.
Apuntádevos no formulario de inscripción online aquí.
Nos esperedes ata o último momento para inscribir os vosos equipos!!


viernes, 28 de agosto de 2015

Barrence Whitfield & The Savages "Under the Savage Sky"

Hoxe toca recomendarvos un álbum xa de cara a fin de semana.
A comezos de semana saía o novo traballo do mítico Barrence Whitfield con The Savages, para celebra-los seus 60 anos nun estado de forma envexable, como ven amosando dende o seu retorno como frontman no 2010. 
Este "Under the Savage Sky" é unha continuación da liña do anterior "Dig thy Savage Soul" do 2013, un álbum de blues enérxico, garage, r'n'b e toques de soul, pero xa menos que noutras ocasións. 
Levábamos meses agardando por el dende que comezou coa promoción e por fin o temos nas nosas máns. Case 40 minutos de pura enerxía, dende os pelotazos iniciais de 'I'm a full Grown Man', 'The Claw' ou 'Rock and Roll Baby', un par de guiños ós Sonics tras compartir xira con eles, e os pelos de punta para rematar con 'Full Moon in the Daylight Sky'. 
Outro discazo que nos deixa Mr.Whitfield para a colección. Fantástico!


BARRENCE WHITFIELD & THE SAVAGES "Under the Savage Sky"
(Bloodshot Records, 2015)




jueves, 27 de agosto de 2015

19 set: DEAD WOOD en directo!

Xa vos avisamos que setembro viña ben cargado, así que adiantámosvos outra data máis que deberiades ir reservando nas vosas axendas.
O Sábado 19 teremos en directo ós DEAD WOOD!! O noso trío favorito, con novos temas, vellas historias, aventuras fantásticas, o show de Mr. BamBam, e o mellor espectáculo que poidades ver na actualidade. Non vo-los perdades!!


12 set: The Even Flow Experience en directo!!

Xa temos lista toda a programación de setembro 2015 no Rif-Rock, a próxima semana vos ensinaremos toda-las datas, pero hoxe imos a adiantarvos dúas citas importantes que deberiades ir reservando...
De primeiro apuntade o sábado 12. Volve a música en directo despois do verán con THE EVEN FLOW EXPERIENCE, e despois do concerto, sesión de Kurco SoundSystem. Unha noite ben completa. Non vo-lo perdades!


*O cartel é unha desfeita sobre un dos míticos deseños que fixo Matt Goldman para os directos dos Jane's Addiction, e así xa imos dando pistas dunha pequena homenaxe polos 25 anos do "Ritual de lo Habitual".


WOS INC 2015

Hoxe mesmo, dende Work On Sunday, presentaron o cartel definitivo dunha nova edición do festival WOS INC 2015. Do 11 ó 13 de setembro en diversos espacios de Santiago de Compostela. 
Toda a info na súa web: wosinc.workonsunday.es


miércoles, 26 de agosto de 2015

Camarada Nimoy "Alucinacións Acústicas"

A comezos de xullo veu a luz o segundo álbum dos Camarada Nimoy, e con tanta historia na que estivemos metidos nin tempo tivemos de prestarlle atención ata agora, pero era desas cousas que tiñamos pendentes, e aquí vai directamente ás nosas recomendacións. 
"Alucinacións Acústicas" son 12 novos temas compostos pola banda, na súa liña habitual de surf, jazz e swing espacial, todo instrumental agás o tema 'A luz teme o silencio' con texto de Silvia Penas, e cantado pola propia escritora.
Podedes escoitalo completo no seu bandcamp, e ide apurando os vosos pedidos que voan (precioso vinilo laranxa), pero sobre todo non vos perdades á banda en directo, puro espectáculo!.

CAMARADA NIMOY "Alucinacións Acústicas"
(Camarada Nimoy autoed., 2015)



martes, 25 de agosto de 2015

Jane's Addiction "Ritual de lo Habitual"

Señores y Señoras, nosotros tenemos máis influensia en sus hijos, que tu tiene. Así arrancaba aquel inesquecible 'Stop!' que abría o "Ritual de lo Habitual" dos Jane's Addiction
A semana pasada cumpríanse 25 anos do lanzamento do álbum, o de maior éxito da súa carreira e un dos máis importantes do seu momento. Foi o seu terceiro álbum (segundo de estudio), e último da súa primeira etapa, antes das rupturas, cambios de formación, idas e voltas. Jane's Addiction foron dos maiores expoñentes da alternative nation que o propio Farrell acuñou, e impulsores do festival Lollapalooza. "Ritual de lo Habitual" foi unha auténtica explosión de ritmo que poñía un dos cumios a todo o movimento alternativo nos USA dos 80s xusto antes da chegada masiva do grunge. A súa mestura de funk, pop e metal foi imprescindible para moito do que chegou despois, e un retrato xeracional do momento, dende a entrega absoluta ó carpe diem máis edonista da primeira parte, na que nada é imposible, a unha segunda parte do álbum que xa remite a asuntos moito máis escuros. 
Non teño moi claro que este aniversario esté a recibi-la atención que merece pola súa relevancia no seu momento e a súa influencia posterior, pero a proba da súa importancia é que co paso de tantos anos, temas coma 'Stop!' ou 'Been Caught Stealing' son das que seguirán para sempre nas nosas cabezas.

JANE'S ADDICTION "Ritual de lo Habitual"
(Warner, 1990)



lunes, 24 de agosto de 2015

nova tempada RifRocKerZ en setembro


Xa está rematando o verán, e imos volvendo á normalidade pouco a pouco. 
Así que van sendo horas de comezar a preparar a nova tempada do Rif-Rock, programar máis actividades, as sesións cos habituais da nosa cabina, e aos que cada tempada se engade máis personal. Xa temos tamén pechadas as primeiras entregas de música en directo, e coma sempre caerán unhas cantas frikalladas, desas irrepetibles que se presentan de vez en cando... 
Todo e máis a partir de setembro!! atentos á programación. PARTIALLNITE!!!

domingo, 23 de agosto de 2015

Torneo 3x3 Esperanza Salnés. Faltan 2 semanas!

Faltan 15 días para o Torneo de Basket 3x3 Esperanza Salnés.
Para toda a info seguide a páxina de facebook 3x3 Esperanza Salnés.
Xa tedes dispoñible o formulario de inscripción online aquí.
Nos esperedes ata o último momento para inscribir os vosos equipos!!


viernes, 21 de agosto de 2015

Mujeres "Marathon"

E outro álbum para a fin de semana.
Por fin nos fixemos co novo álbum de Mujeres. Alá polo mes de abril xa vos recomendamos o seu 7'' "Aquello Ojos" con catro temas en castelán cando estiveron de xira por estas terras, logo chegou o single "Lose Control', e ata agora que non nos fixemos co álbum completo: "Marathon", que inclúe algún dos temas dos 7'' anteriores ('Vivir sin ti' do primeiro e a propia 'Lose Control' que abre o álbum), pero que recuperan a liña de garage lo-fi dos traballos anteriores. Podedes meterlle unha escoita completa no seu bandcamp, pero xa vos aviso que só co comezo con 'Lose Control', 'Feels Dead' e 'On & On', quedares enganchados para darlle moitas voltas a este Marathon. Discazo!!

MUJERES "Marathon"
(Canada/62TvRecs, 2015)



The Underground Youth "An Introduction"

Este semana tivemos un pouco abandoado o blog, que hai que descansar mentres preparamos a volta á programación para setembro, pero non iamos chegar ó fin de semana sen recomendarvos un par de álbumes.

De primeiro The Underground Youth. Durante este vrán nos preguntaron varias veces por esta banda mentres soaban nas nosas sesións, así que para comezar lixeiros vos recomendamos un dos seus eps de hai un par de anos: "An Introduction EP", que recollía 6 temas de traballos anteriores como lanzamento cara o exterior das illas británicas. The Underground Youth son unha banda de Manchester que levan lanzando traballos dende o 2009. Dende entón cinco lps e unha ducia de Eps e 7'', tedes unha boa mostra no seu bandcamp, pero ahí non están todos. Eu levo meses enganchado ó seu son, cun pe nos Brian Jonestown Massacre e outro en propostas máis abrasivas que nunca chegan a estoupar, pero sempre intensos e hedonistas, e unha estética moi The Smiths.
Mentres xa nos avisan da inminente saída do seu novo lp "Haunted", pero comezade por este EP e xa veredes como vos entrará a necesidade de estoitar máis...

THE UNDERGROUND YOUTH "An Introduction EP"
(Flower Power Recs., 2011)



martes, 18 de agosto de 2015

[Revival Rif-Rock] Billy & The Crockets!!

Hoxe toca un pouco de revival. Xa pasaron cinco anos e nunca repetiron aquel show. Eran os Billy & The Crockets, outra banda máis do universo paralelo de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre coa que se telonearon a sí mesmos no concerto que nos ofreceron polo noso XIº Aniversario!, iso sí, todos cambiando de instrumento, e sen uniformes. 
Só foron 6 temas para quentar motores da festa que nos ofreceron despois. 
A continuación tedes o concerto completo, pero se seguides a etiqueta neste blog ata atoparedes o enlace para descarga-lo audio daquel show!
Era o 3 de xullo do 2010... menudos cracks!


viernes, 14 de agosto de 2015

Pavement "Secret History Vol.1"

Xa en modo fin de semana, toca recomendar algunha novidade máis.
Esta semana lanzouse un dos álbumes que agardábamos con maior impaciencia. O primeiro da serie de recopilatorios de Pavement, unha da bandas máis influíntes dos 90s e unha das nosas grandes debilidades.
Os californianos foron unha das bandas máis descaradas, divertidas e independentes da súa década, e aínda que con cada lp se facían maiores, máis ambiciosos e sofisticados, deixáronnos 5 álbumes impecables que seguirán por sempre no máis alto, aínda que a súa despedida estaba cantada e non foi a que merecía o seu percorrido, e as carreiras dos seus membros tra-la disolución tampouco tivo nada destacable.
Pero ademáis deixaron unha morea de singles e eps e unha chea de material que descartaron sen publicar, aínda que moito foi incluído nas reedicións dos seus álbumes segundo se cumpría o vixésimo aniversario de cada un deles.
Reuníronse no 2010, cun recopilatorio baixo o brazo, pero é agora cando Matador Records retoma a idea de recuperar todo ese material por separado e con entidade propia. Así que pouca cousa nova, pero tratándose dos Pavement sempre hai que prestarlle moita atención.

Este "Secret History, Vol.1" inclúe o material recollido durante a época do seu primeiro álbum "Slanted & Enchanted" de 1992, temas descartados, mesturas diferentes, os Eps e caras b dos singles da época, as súas dúas primeiras Peel Sessións na BBC e pezas recollidas na súa primeira xira europea. Moitos destes temas xa foran publicados na reedición do álbum "Slanted & Enchanted: Luxe & Reduxe" do 2002 en dobre cd, pero presentados así, organizados por épocas, e moitos deles por primeira vez en vinilo. Esto último, como todo o paquete, xa é puro marketing, porque peca de demasiado directo: dos 30 temas da edición son 9 temas de estudio, 13 en directo, máis 8 das Peel Sessións, aínda que iso xa é doutro calibre. Pero nós deixarémonos levar e desfrutaremos destas edicións coma se todo fose novo, e agardando que chegue o seguinte volume xa!!

PAVEMENT "The Secret History, Vol.1"
(Matador Records, 2015)



jueves, 13 de agosto de 2015

Luis Rei no Despregable#23 (xuño 2010)

Onte mesmo Cambados(tk) recuperaba a entrevista que o propio Óscar fixera a Luis Rei no 2010 para a Embaxada Prusiana e que publicaramos no Despregable#23, o último exemplar da publicación que veu a luz en formato físico en xuño do 2010.
A entrevista centrábase na figura de Ramón Cabanillas, co gaio da excelente biografía publicada por Luis meses atrás sobre o poeta tras moitos anos de investigación. 

O final da entrada tedes a imaxe do artigo orixinal publicado no Despregable#23 en xuño de 2010, pero reproducimos aquí o texto íntegro da entrevista tal e como a publicaba CTK na súa web meses despois:

[entrevista realizada en Abril de 2010]
Luis Rei
Autor de Ramón Cabanillas. Crónica de Desterros e Saudades.
Unha entrevista de Óscar Pardo Planas.

Luis Rei (O Grove, 1960) é sobradamente coñecido en Cambados porque é o bibliotecario da nosa vila desde antes de que algúns teñamos memoria. Ademais, é técnico de Cultura do Concello, tarefa na que a súa man se percibe, entre outras cousas, nas programacións de calidade de teatro que se achegan ao Concello.

Durante os últimos vinte anos dedicou o seu tempo a investigar a figura do “poeta da Raza” e finalmente o ano pasado, no Ano Cabanillas 2009, veu a luz a súa biografía titulada Ramón Cabanillas: Crónica de desterros e saudades. Nela, o autor vainos achegando cronoloxicamente á vida do vate, aos seus problemas e ás súas alegrías, permitindólle ao lector enteder o cando e como da súa produción literaria.

Seiscentas páxinas cargadas de información solidamente documentada na correspondencia do poeta, en artigos xornalísticos, publicacións… que fan seguramente da obra, a primeira biografía de Cabanillas, a mellor publicación sobre o escritor cambadés.

O crítico literario Ramón Nicolás definiu este volume como  “unha das achegas ensaístico-biográficas máis salientables do ano”.


A BIOGRAFÍA

A primeira impresión que un ten cando remata de ler o teu libro é a dun traballo impresionante … como te decides a escribir esta biografía, porque deduzo que non sería de súpeto…?

LR_Non, funme metendo pouco a pouco, primeiro por cousas do traballo, utilizando o material de Cabanillas que xa había na biblioteca, despois reunindo documentos novos que ían aparecendo e finalmente dedicando moito tempo á investigación. Cando considerei que dispoñía de información relevante empecei a publicar artigos e finalmente, bastante anos despois, metinme a redactar este libro, traballo que aínda me levou outro par de aniños.

O propio Ramón afirma nunha carta a Carvalho Calero que as súas  notas biográficas non teñen importancia. Despois de todos os anos de estudo levarslle a contraria a Cabanillas, nonsi?

LR_Cabanillas é un autor demasiado importante na historia da literatura galega como para facer caso do seu consello de non prestarlle atención á súa biografía. Foi protagonista e testemuña dun tempo excepcional, sen el non se comprende cabalmente a literatura galega da primeira metade do século XX.

Todo o mundo parece coincidir no momento en louvar a poesía de Cabanillas: que ofrece o traballo de don Ramón?

LR_Cando Cabanillas eclosionou como poeta galego en Cuba, alá por 1913, a nosa poesía vivía unha crise funesta. Desaparecidos Rosalía e Curros e apartado do mundo literario Eduardo Pondal non había perspectiva de continuídade e moito menos de renovación. Desde este punto de vista Cabanillas non apareceu só como un novo poeta de calidade, tamén foi visto por boa parte da crítica como o poeta “arelado”, como ben dixo Ramiro Fonte: “o poeta necesario”.

Cuberta do libro Ramón Cabanillas, crónica de
desterros e saudades
(ed. Galaxia 2009)
“Oxalá algún día apareza a conrrepondencia que recibía”

A imaxe do Cabanillas que mellor coñecemos é a dun velliño baixo un pucho… pero é esta imaxe a máis caracteristica para describilo?

LR_Posibelmente non. Esa  imaxe que está en todos os libros de texto é o retrato dun Cabanillas certo, pero só dun tempo de vellice. O poeta foi, en palabras de Vicente Risco, “un dandy perdido en la bohemia”, un home de moito mundo e de moita historia. Oitenta e tres ano de vivir, como el dixo, “sen apouso nin repouso” dan para moitas imaxes: vestiu fraque en ocasións solemnes, usou chapeus de todo tipo e gostou máis da  “pajarita” que da gravata.

Desterros e saudades: Cuba, Mondariz, Madrid…cal consideras que foi o desterro máis importante para a súa vida e obra?

LR_Aclarando que ningún xuiz dictou nunca, que saibamos, unha orde de desterro contra Cabanillas o certo é que el viviu “no desterro” case toda a vida. Seguramente o alonxamento máis influínte na súa obra fose o “desterro” cubano porque alí naceu para a poesía galega. Se cadra , porén, no seu vivir foron máis importantes algunhas das as etapas pasadas en Madrid: para alí “fuxiu” cando perdeu o cargo de secretario no concello de Mós e alí botou tamén anos de soedade e penurias durante a II República. Pero opino que Cabanillas viviu “no desterro” sempre, porque foi un xeito de vida que el escolleu.

Botándolle imaxinación (moita), poñamos  que tiveras oportunidade de ter unha conversa co vate de Cambados…sobre que cres que xiraría a charla? Se che permitisen facerlle unha pregunta sobre algún aspecto da súa vida que non coñeces/comprendes, cal elixirías?

LR_Hai moitísimas cousas que non sei de Cabanillas e que me gustaría coñecer e tampouco teño a imaxinación que me pides, pero o que máis me gustaría sería que non fose certo o de que el rompía as cartas que recibía e que aparecese un día unha arca vella con toda esa correspondencia. A xente gardaba as cartas que lle mandaba Cabanillas e teño lido centos delas, pero case non lin cartas remesadas para el. Sabemos moito do que os seus amigos publicaban en prensa sobre el pero moi pouco do que lle decían cando se dirixían a el persoalmente.

Na biografía o intento de Cabanillas por publicar as Obras Completas é unha constante, cales eran os atrancos?

LR_A realidade dunha lingua minorizada. A xente era maioritariamente analfabeta en calquera lingua e case absolutamente analfabeta en lingua galega. Publicar libros en galego foi moito tempo un acto de puro idealismo e, sobre todo un negocio ruínoso. Se publicar libriños de poesía era complicado imaxina unha “obra completa”.

CABANILLAS E A POLÍTICA

“Cabanillas foi un demócrata anticaciquil e galeguista”

Tras unha lectura ideóloxica da súa vida vemos que o poeta é favorecido por gobernos dereitisitas pero que parece non renunciar nunca ao galeguismo…foi Cabanillas un malabarista no plano político?

LR_Eu penso que non. Foi un poeta revolucionario nos días do agrarismo e o máis importante escritor das nacionalistas Irmandades da Fala e sempre foi consecuente con eso, sempre foi un demócrata anticaciquil e un galeguista sen tacha. Por outra banda non creo que fose especialmente favorecido nunca. O goberno dereitista de Lerroux durante a segunda república deulle un carguiño non político no Instituto de España que axudou ao poeta a saír da miseria na que se atopaba, non o fixeron ministro nin gobernador. A ditadura de Franco deixouno vivir e aí remata o favor. Nada de malabarismos.

Amigo do líder agrarista Basilio Álvarez e “irmán” dos galeguistas, tentou acercar ambos movementos…por que non foi posíbel?

LR_Houbo moitos acercamentos e distanciamentos entre Basilio Álvarez e as Irmandades da Fala pero nunca chegaron a xuntarse. Seguramente a historia do galeguismo e mesmo a de Galiza tería sido outra se iso tivese acontecido. Pero Cabanillas non era máis que un poeta, el non podía propiciar ese encontro co único instrumento dos seus afectos persoais.

Declarándose republicano…que fallou para que Cabanillas se sentise decepcionado co novo rexime democrático?

LR_No libro digo que Cabanillas sentiu como unha afrenta a retidada dunha pensión vitalicia que as Deputacións lle outorgaran cando fora elixido como membro da Real Academia Española e estou seguro de que eso influíu moito no seu ánimo, pero as súas disidencias co réxime foron máis amplas: non concordaba co carácter laico da constitución, estaba en desacordo coa alianza do galeguismoi  coa forzas de esquerda, detestaba a “reutilización” republicana de vellas de redes caciquís, etc, pero, repito, como di o refrán: cada un fala da feira segundo lle vai nela… e a Cabanillas na II República foille mal.

CABANILLAS E CAMBADOS

“Cabanillas amou profundamente a Cambados”

Como é a relación Cambados-Cabanillas? Porque por un lado, o autor adícalle poemas e gostaba de voltar á vila natal, pero por outro afirmaba ás veces sentirse “horrorizado” por el…

LR_Cabanillas amou profundamente Cambados, eso mírase en moitos poemas e non admite duda. Pero tamén foi un home crítico coa súa vila. Quen lea os seus artigos e poemas nos xornais El Umia e El cometa descubrirá a un Cabanillas humorista (dos bós) a conta das cousas de Cambados. Despois de marchar para Cuba xa só voltou a Cambados a pasar pequenas estadías: o seu era un amor “a distancia”.

Como valoras o pasado Ano Cabanillas 2009? Que destacarías del?

LR_En Cambados e mesmo no Salnés foi un grande éxito porque foi un ano cargado de actos e de publicacións. Creo que tanto o Concello como diversas entidades culturais, singularemente Candea, fixeron un esforzo verdadeiramente memorábel. En Galiza tamén tivo importante repercusión, pero non sei se tivo a que merecía.
Eu destacaría a normalidade e naturalidade con que se chegou a utilizar pola xente do común e polos medios de comunicación a expresión “Ano Cabanillas”: introducir a presenza dun poeta e da súa poesía na cotidianeidade da vida dunha vila enteira paréceme difícil e, mesmo, sorprendente. Sen embargo en Cambados pasou.

Cres que a Fundación Cabanillas será algún día realidade? de que depende?

LR_Penso que todo o que é unha necesidade acaba sendo unha realidade e fai falla unha entidade (posibelmente unha fundación) que se encargue de poñer en valor cada día a obra de Cabanillas. Tamén sei que esa fundación non será unha realidade se as institucións, e polo tanto os representantes políticos, non fan un esforzo por entenderse. Eu acredito na democracia e na sensatez dos representantes eleitos e por eso penso que ao final haberá unha Fundación Ramón Cabanillas.

O ano que vén cúmprense 50 anos da morte doutro artista cambadés ilustre, Francisco Asorey…cal foi a relación entre ambos?

LR_Asorey e Cabanillas foron moi amigos. Cabanillas organizou, en 1922, a primeira homenaxe que Cambados tributou ao escultor e Asorey preparou, cando a vida de Cabanillas se apaga, o deseño do monumento que constituía a homenaxe derradeira de Cambados ao poeta.

Tras publicar este volume adicado a Ramón Cabanillas…en que se centran agora as túas inquedanzas como investigador?

LR_Ando mirando algunhas cousiñas sobre a historia do 25 de xullo para un par de artigos que teño comprometidos pero non teño ningún proxecto importante diante. Xa miraremos o que vai saíndo.


Entrevista realizada por Óscar Pardo Planas para o número 23 do fanzine Despregable da Embaixada Prusiana en Abril de 2010 e publicado en Xuño de 2010.

O artigo tal e como foi publicado no Despregable#23 da Embaixada Prusiana. Xuño 2010.

*Unha vez máis, grazas por todo Luis!



Telephones Rouges "Helio/Desiderio"

Máis material á venta no Rif-Rock!!
A primeira referencia do novo selo Pantera e Iribarne Producións, o 7'' dos Telephones Rouges "Helio/Desiderio", que xa vos presentamos a semana pasada.


Esta primeira referencia do selo, ten como protagonistas á banda do Grove Telephones Rouges. Trátase dun 7'' con 'Helio' na cara A, e 'Desiderio' na cara B. 
'Helio' seguro que ben coñecida por case todos, un temazo que xa incluíran no seu 10" do 2011 "Radiocontrol EP" (Mama Vynila Records), co que ademáis fixeron un dos mellores video-clips dos últimos anos, e 'Desiderio' outro clásico dos directos da banda que nunca antes fora publicada en formato físico. 
Unha tirada limitada, todo feito a man, e por suposto numeradas, e que ademáis preséntase en dúas edicións distintas, as 100 primeiras unidades en vinilo amarelo, e as 150 restantes en vinilo negro, con diferentes portadas e inserto coas letras dos temas sobre un debuxo inédito de Roberto Argüelles.


Para estes casos, xa sabedes que sempre tiramos de contactos, e os amigos de Pantera e Iribarne nos fixeron chegar unha pequena remesa da edición para que ningún asiduo ó Rif-Rock se quedara sen o seu exemplar, así que xa tedes esta primeira referencia do selo á venta no Rif-Rock. As copias con vinilo negro a só 5€ e as copias das 100 primeiras unidades con vinilo amarelo a 7€. Uns precios de escándalo!! Veña que voan e logo vos arrepentiredes de non ter esta xoia na vosa colección.

*E ademáis non vos perdades a presentacion oficial do selo, este venres, no San Roqueiro 2015, en Portonovo, no Parque do Espiñeiro co directo de Metralletas Lecheras, Terbutalina e Nave Nodriza.

San Roqueiro 2015

Unha recomendación para a noite do venres: o San Roqueiro de Portonovo, no parque do Espiñeiro con Terbutalina, Metralletas Lecheras e Nave Nodriza en directo. 
E ademáis a presentación mundial do selo Pantera e Iribarne Producións
Vaise a montar unha boa seguro...

miércoles, 12 de agosto de 2015

Archie & The Bunkers "Trade Winds Demo EP"

De vez en cando sae xente tan precoz facendo música impactante, que co tempo xa cheira a hype enlatado antes de darlle a segunda volta, pero neste caso a cousa pinta un pouco diferente. 
Archie and The Bunkers son un dúo de Cleveland, son dous irmáns adolescentes de só 17 e 14 anos, e toman o seu nome do persoaxe da vella serie All in the Family. Comezaron no 2013 a gravar e produci-los seus propios temas no sótano da súa casa, e de ahí saíron os seus dous EPs: "Comrade X" no 2013 e "Trade Winds" a finais do 2014. Etiquetaselles como garage-HiFi-organ-punk, xa que órgano e batería son suficientes para todo o seu desplegue de sonidos, e as súas influencias van dende o jazz de Jimmy Smith, Richard 'Groove' Holmes, ou o acidjazz de James Taylor, e por suposto The Prisoners, ata o punk máis abrasivo dos Stooges, Dead Boys ou The Screamers, conseguindo un peculiar son de garage básico e primitivo, pero tan intenso que non botaredes nada en falta.
Coa súa fichaxe polo selo londinense Dirty Water Records, relanzouse o seu último traballo caseiro como "Trade Winds Demo EP" con nove temas, mentres agardamos polo inminente lanzamento do seu primeiro LP o próximo mes.
A min téñenme alucinado.

ARCHIE & THE BUNKERS "Trade Winds Demo EP"
(Dirty Water Records, 2015)



martes, 11 de agosto de 2015

3x3 Esperanza Salnés

Aquí tedes o cartel do Torneo 3x3 Esperanza Salnés.
Para máis info seguide a páxina de facebook 3x3 Esperanza Salnés.
Xa tedes dispoñible o formulario de inscripción online aquí.
A información se actualiza cada pouco tempo, e os colaboradores non deixan de sumar. Seguide atentos!!


máis vinilos dos Foxy Freire.

Os Foxy Freire nos deixaron outra pequena remesa de vinilos do seu álbum de debut "Mongoose Tree". Dispoñibles outra vez dende este venres, veña que voan...


lunes, 10 de agosto de 2015

Luis Rei

Estiven moitos anos rompéndolle a cabeza, e outros tantos dándolle as grazas por outras moitas cousas. Marchou un dos máis grandes, ata sempre Luis!!


Viñetas desde o Atlántico 2015

Comeza a semana do cómic e BD na Coruña: Viñetas desde o Atlántico.
toda a info e axenda en: www.vinetasdesdeoatlantico.com


domingo, 9 de agosto de 2015

Yo La Tengo "Stuff Like that There"

Como esta semana aínda non vos recomendamos ningún álbum, aquí tedes unha recomendación dunha novidade ben apropiada para un domingo coma este. O novo dos Yo La Tengo, un álbum acústico ben lixeiro, case todo cheo de versións, que ven a conmemorar o 25 aniversario daquel "Fakebook" de 1990 no que incluían versións de tódo-los paus imaxinables. Agora chegan con este "Stuff Like that There" son 14 temas en pequeno formato acústico, nas que inclúen dous novos temas 'Rickety' e 'Awhileaway', se versionan a sí mesmos ('All your secrets' do "Popular Songs", 'The Ballad of Red Buckets' do "Electr-o-pura", e 'Deeper into Movies' do "I Can Hear the Heart Beating as one") e logo nove versións de bandas e artistas tan dispares coma Hank Williams, The Loving Spoonful, The Cure, e ata a última de Sun Ra.

YO LA TENGO "Stuff Like that There"
(Matador Records, 2015)



viernes, 7 de agosto de 2015

Pantera e Iribarne Producións



A semana pasada xa vos deixamos unha pista neste blog, pero chegou o momento de contarvos polo miúdo o que vai a ser unha das iniciativas máis interesantes en moito tempo: Pantera e Iribarne Producións!

Trátase dun selo discográfico que ven a poñer en valor o underground galego e o D.I.Y., tanto de bandas actuais coma do pasado máis inmediato, lanzando temas que quedaron inéditos, ou que por diferentes cuestións non recibiron a merecida atención no seu momento. 

Os cabezas pensantes de Pantera e Iribarne Producións 
posando para reportaxe de Loreto Silvoso publicada o 
sábado pasado  no suplemento YES de La Voz de Galicia.
A intención de Pantera e Iribarne Producións é publicar dúas ou tres referencias cada ano, sempre en vinilo de 7'', singles ou EPs, en tiradas limitadas, nunca máis de 300 exemplares, todos feitos a man (sempre DIY!), e por suposto todas numeradas. 

As 100 primeiras unidades de cada edición levarán sempre unha característica especial, vinilo de cor distinta, fotos inéditas da banda, diferente portada, etc. De seguro que se convertirán nunhas auténticas xoias de coleccionista.

Para contactar con eles:
pantereaeiribarne@gmail.com.

E todo arranca a próxima semana. Non vos perdades a súa festa de presentación oficial. Será o próximo venres 14 de agosto en Portonovo (Sanxenxo) no San Roqueiro 2015, no Parque do Espiñeiro dende as 22:00h. con Terbutalina, Metralletas Lecheras e Nave Nodriza en directo. Planazo!!


Se a idea de partida é fantástica, o seu comezo é espectacular. 
A súa primeira referencia ten como protagonistas a banda do Grove Telephones Rouges! Trátase dun 7'' con 'Helio' na cara A, e 'Desiderio' na cara B. 'Helio' seguro que ben coñecida por case todos, un temazo, co que ademáis fixeron un dos mellores video-clips dos últimos anos (ver video clip de Helio aquí), e 'Desiderio' outro clásico da banda que nunca antes fora publicada en formato físico.
Como para estes casos sabedes que sempre tiramos de contactos, os amigos de PeI nos fixeron chegar unha pequena remesa da edición, así que dende hoxe mesmo atoparedes esta primeira referencia á venta no Rif-Rock. As copias con vinilo negro a só 5€ e as copias das 100 primeiras unidades con vinilo amarelo a 7€. 
Uns precios de escándalo!!

A primeira referencia de Pantera e Iribarne Produccións, o 7'' dos TELEPHONES ROUGES (Helio/Desiderio) con dúas edicións, as 100 primeiras unidades en vinilo amarelo, as 150 restantes en vinilo negro, con diferentes portadas e inserto coas letras dos temas sobre debuxo de Roberto Argüelles.

Unha aventura que nos parece xenial e que todos deberiades apoiar, asistindo ás súas festas de presentación, e por suposto mercando tóda-las súas referencias, porque delo depende a súa continuidade, e sobre todo porque logo seguro que vos arrepentides!! Ademáis Pantera e Iribarne Producións veñen a facer unha labor que nos parece imprescindible nestes tempos nos que a inmediatez da rede reduce todo a un consumo urxente, e alguén tiña que prestar a atención necesaria, e poñer todo ese mimo nestas cousas que agora poden parecer pequenas, pero que serán parte da nosa historia. Moita sorte amigos, e gracias pola iniciativa. Pola nosa banda teredes todo o noso apoio!!.


Por se nos quedou algo atrás, aquí vos deixamos íntegro o seu comunicado promocional:

Pantera e Iribarne Producións nace con la intención de prestar apoyo y dar mayor relevancia a una parte de la escena musical gallega actual, centrándose únicamente en la edición de discos de 7 pulgadas, singles y EPs. En nuestro sello tendrán cabida grupos que encajen en nuestra propuesta estética que basicamente está centrada en la escena punk, entendiéndose el punk, no sólo en términos musicales, sino mas en la actitud D.I.Y. y underground de muchas bandas actuales o del pasado más reciente.

Aunque comenzamos con una banda inactiva, que no muerta, los TELEPHONES ROUGES, y  probablemente le siga otra en similar situación, como ya dijimos, nuestra propuesta editora intentará centrarse en la actualidad musical gallega, tomando el concepto de actualidad con bastante relatividad, pues algunos de los músicos en los que estamos interesados mudan de nombre y proyecto musical con mucha rapidez, e incluso mantienen varios a un mismo tiempo, con lo cual algunas músicas creadas relativamente cerca en el tiempo no serían ya actuales pues el proyecto en el que engloban ya no está funcionando.
Nuestra idea de actualidad es bastante más amplio, con lo cual que nadie se sorprenda si ve editadas en nuestros discos músicas que ya estaban disponibles antes para su descarga digital o englobadas en discos grandes, eso si, siempre irán acompañadas de grabaciones inéditas en formato físico y que merecen estar disponibles.

De nuestras referencias se prensarán no más de 300 ejemplares, aunque sólo saldrán a la venta 250 numeradas a mano, las 50 restantes se usarán como promoción y para entregar al grupo, de las que se pongan a la venta las 100 primeras llevarán siempre alguna característica que las diferencia del resto, vinilo de color, fotos inéditas de la banda, etc. Sólo se podrán adquirir por correo a través de pantereaeiribarne@gmail.com, o en las fiestas de presentación que haremos con la aparición de cada nueva referencia.
Aunque intentaremos mantener el sello a flote el mayor tiempo posible y sacar 2/3 referencias anuales, como éste es un sello sin ánimo de lucro, todo esto estará condicionado por nuestra escasa capacidad económica, que suplimos con entusiasmo y trabajo, y de que encontremos músicos que nos motiven a seguir.


Presentamos aquí, además del sello, nuestra primera referencia que protagonizan los TELEPHONES ROUGES, con "HELIO" en la cara A, canción que ya apareció en su primer disco en vinilo, el 10" "RADIOCONTROL", editado por Mamavinila en 2011, pero que consideramos merecía disco propio pues es una de las mejores canciones gallegas, y cantada en gallego, de los últimos 20 años. La cara B la ocupa "DESIDERIO", uno de los grandes clásicos de la banda, con el que cerraron su concierto de despedida (???) en la sala "Twist & Shout" de O Grove el 27 de Diciembre de 2013, y que hasta el momento permanecía inédita en formato físico.

Saldrán a la venta 250 copias numeradas a mano, las 100 primeras en vinilo amarillo y con diferente portada, las otras 150 serán en vinilo negro y con otro diseño de portada. Todas llevarán un inserto de diferentes colores con las letras de las canciones, en esta ocasión sobre un dibujo inédito de Roberto Argüelles.

La presentación del sello, y ésta nuestra primera referencia estará englobada dentro del festival San Roqueiro 2015 que se celebra en Portonovo (Sanxenxo - Pontevedra), el 14 de Agosto de 2015 (www.porenarte.com). Los discos sólo se podrán adquirir por correo en panteraeiribarne@gmail.com, o el día del festival.

Cartel do San Roqueiro 2015. o Venres 14 de Agosto, en Portonovo.


jueves, 6 de agosto de 2015

3x3 Esperanza Salnés


Volven os campionatos de Basket 3x3 a Cambados. Logo dos organizados pola Embaixada Prusiana e Anidega no paseo marítimo, e os do CB Santomé a cuberto, este ano teremos un novo campionato, promovido pola xente do CB Santomé xunto con outros moitos colaboradores. Ademáis de practicar o noso deporte favorito, o obxectivo principal é outro moito máis importante, a recadación será totalmente a beneficio da Asociación Esperanza Salnés.

Apuntade a data: Sábado 5 de setembro.
Para máis info seguide a páxina de facebook 3x3 Esperanza Salnés.
Xa tedes dispoñible o formulario de inscripción online aquí.
A información se actualiza cada pouco tempo. Seguide atentos!!


James en Cambados

Aquí tedes máis de 20 minutos do concerto dos James do venres pasado na praza de Fefiñáns. O máis completo dos que atopamos pola rede, o video é de JustMusico. 
Sen dúbida unha noite para o recordo.


miércoles, 5 de agosto de 2015

7ª FESTA DO BIGOTE. O Resume!

Xa pasou a 7ª FESTA DO BIGOTE!!

E tras un par de días para recuperarnos de toda a semana de Albariño, aquí vai un pequeno resume do Bigote deste ano:

Que festaza!!! moitas gracias a todos por participar un ano máis. Coma sempre, moitos incluso sen saber de que iba todo esto ata que entrou e se topou co que había dentro... e o que había dentro era o show de Edu de PC Barbería, barbeando en directo con todo o kit profesional. Impresionante! Menudo crack!! Eso sí que é un padriño para unha festa!!

Pero unha vez máis o domingo do Albariño foi demasiado longo para pechar a semana de festas e este ano houbo aínda máis baixas entre os aspirantes do habitual. Moita pintura de última hora e ata case ningún disfraz, pouco máis e algún dos premios queda vacante nesta edición.

Mención especial para Xaco Aragunde, que este ano estreouse coma presentador da cerimonia, e por suposto a Edu Charlín de PC Barbería, pola súa implicación durante toda a noite, e por aportar aínda vales de afeitado gratis na barbería e un lote de productos para os premios. Esto é un padriño e o resto son hostias!! E claro, a todos por vir a rematar esta dura semana de Albariño con tanto humor e tantas gañas de pasalo ben!! O próximo ano máis...

E por último noraboa ós premiados, este foi o palmarés deste ano:

Bigote Absoluto: Hadrián Fariña, pentacampión (5 de 7 edicións).

Bigote Falso: María Sobrino.

Mellor Disfraz: Alberto Dominguez


E lembrade... xa falta menos para a 8ª edición...

Aquí tedes un video con parte do show de Edu de PC Barbería e a entrega de premios completa:



Os tres premiados e o padriño:


Alberto Dominguez, mellor disfraz.


María Sobrino, mellor bigote falso.


Hadrián Fariña, pentacampión!!


O Show de Edu de PC Babería, barbeando ao vivo!!


Esperamos que todos o pasárades tan ben coma nós!!
O próximo ano máis!!