Señores y Señoras, nosotros tenemos máis influensia en sus hijos, que tu tiene. Así arrancaba aquel inesquecible 'Stop!' que abría o "Ritual de lo Habitual" dos Jane's Addiction.
A semana pasada cumpríanse 25 anos do lanzamento do álbum, o de maior éxito da súa carreira e un dos máis importantes do seu momento. Foi o seu terceiro álbum (segundo de estudio), e último da súa primeira etapa, antes das rupturas, cambios de formación, idas e voltas. Jane's Addiction foron dos maiores expoñentes da alternative nation que o propio Farrell acuñou, e impulsores do festival Lollapalooza. "Ritual de lo Habitual" foi unha auténtica explosión de ritmo que poñía un dos cumios a todo o movimento alternativo nos USA dos 80s xusto antes da chegada masiva do grunge. A súa mestura de funk, pop e metal foi imprescindible para moito do que chegou despois, e un retrato xeracional do momento, dende a entrega absoluta ó carpe diem máis edonista da primeira parte, na que nada é imposible, a unha segunda parte do álbum que xa remite a asuntos moito máis escuros.
Non teño moi claro que este aniversario esté a recibi-la atención que merece pola súa relevancia no seu momento e a súa influencia posterior, pero a proba da súa importancia é que co paso de tantos anos, temas coma 'Stop!' ou 'Been Caught Stealing' son das que seguirán para sempre nas nosas cabezas.
JANE'S ADDICTION "Ritual de lo Habitual"
(Warner, 1990)
No hay comentarios:
Publicar un comentario