Hoxe toca recomendarvos un álbum xa de cara a fin de semana.
A comezos de semana saía o novo traballo do mítico Barrence Whitfield con The Savages, para celebra-los seus 60 anos nun estado de forma envexable, como ven amosando dende o seu retorno como frontman no 2010.
Este "Under the Savage Sky" é unha continuación da liña do anterior "Dig thy Savage Soul" do 2013, un álbum de blues enérxico, garage, r'n'b e toques de soul, pero xa menos que noutras ocasións.
Levábamos meses agardando por el dende que comezou coa promoción e por fin o temos nas nosas máns. Case 40 minutos de pura enerxía, dende os pelotazos iniciais de 'I'm a full Grown Man', 'The Claw' ou 'Rock and Roll Baby', un par de guiños ós Sonics tras compartir xira con eles, e os pelos de punta para rematar con 'Full Moon in the Daylight Sky'.
Outro discazo que nos deixa Mr.Whitfield para a colección. Fantástico!
BARRENCE WHITFIELD & THE SAVAGES "Under the Savage Sky"
(Bloodshot Records, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario