Como esta semana aínda non vos recomendamos ningún álbum, aquí tedes unha recomendación dunha novidade ben apropiada para un domingo coma este. O novo dos Yo La Tengo, un álbum acústico ben lixeiro, case todo cheo de versións, que ven a conmemorar o 25 aniversario daquel "Fakebook" de 1990 no que incluían versións de tódo-los paus imaxinables. Agora chegan con este "Stuff Like that There" son 14 temas en pequeno formato acústico, nas que inclúen dous novos temas 'Rickety' e 'Awhileaway', se versionan a sí mesmos ('All your secrets' do "Popular Songs", 'The Ballad of Red Buckets' do "Electr-o-pura", e 'Deeper into Movies' do "I Can Hear the Heart Beating as one") e logo nove versións de bandas e artistas tan dispares coma Hank Williams, The Loving Spoonful, The Cure, e ata a última de Sun Ra.
YO LA TENGO "Stuff Like that There"
(Matador Records, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario