jueves, 13 de agosto de 2015

Telephones Rouges "Helio/Desiderio"

Máis material á venta no Rif-Rock!!
A primeira referencia do novo selo Pantera e Iribarne Producións, o 7'' dos Telephones Rouges "Helio/Desiderio", que xa vos presentamos a semana pasada.


Esta primeira referencia do selo, ten como protagonistas á banda do Grove Telephones Rouges. Trátase dun 7'' con 'Helio' na cara A, e 'Desiderio' na cara B. 
'Helio' seguro que ben coñecida por case todos, un temazo que xa incluíran no seu 10" do 2011 "Radiocontrol EP" (Mama Vynila Records), co que ademáis fixeron un dos mellores video-clips dos últimos anos, e 'Desiderio' outro clásico dos directos da banda que nunca antes fora publicada en formato físico. 
Unha tirada limitada, todo feito a man, e por suposto numeradas, e que ademáis preséntase en dúas edicións distintas, as 100 primeiras unidades en vinilo amarelo, e as 150 restantes en vinilo negro, con diferentes portadas e inserto coas letras dos temas sobre un debuxo inédito de Roberto Argüelles.


Para estes casos, xa sabedes que sempre tiramos de contactos, e os amigos de Pantera e Iribarne nos fixeron chegar unha pequena remesa da edición para que ningún asiduo ó Rif-Rock se quedara sen o seu exemplar, así que xa tedes esta primeira referencia do selo á venta no Rif-Rock. As copias con vinilo negro a só 5€ e as copias das 100 primeiras unidades con vinilo amarelo a 7€. Uns precios de escándalo!! Veña que voan e logo vos arrepentiredes de non ter esta xoia na vosa colección.

*E ademáis non vos perdades a presentacion oficial do selo, este venres, no San Roqueiro 2015, en Portonovo, no Parque do Espiñeiro co directo de Metralletas Lecheras, Terbutalina e Nave Nodriza.

No hay comentarios: