miércoles, 12 de agosto de 2015

Archie & The Bunkers "Trade Winds Demo EP"

De vez en cando sae xente tan precoz facendo música impactante, que co tempo xa cheira a hype enlatado antes de darlle a segunda volta, pero neste caso a cousa pinta un pouco diferente. 
Archie and The Bunkers son un dúo de Cleveland, son dous irmáns adolescentes de só 17 e 14 anos, e toman o seu nome do persoaxe da vella serie All in the Family. Comezaron no 2013 a gravar e produci-los seus propios temas no sótano da súa casa, e de ahí saíron os seus dous EPs: "Comrade X" no 2013 e "Trade Winds" a finais do 2014. Etiquetaselles como garage-HiFi-organ-punk, xa que órgano e batería son suficientes para todo o seu desplegue de sonidos, e as súas influencias van dende o jazz de Jimmy Smith, Richard 'Groove' Holmes, ou o acidjazz de James Taylor, e por suposto The Prisoners, ata o punk máis abrasivo dos Stooges, Dead Boys ou The Screamers, conseguindo un peculiar son de garage básico e primitivo, pero tan intenso que non botaredes nada en falta.
Coa súa fichaxe polo selo londinense Dirty Water Records, relanzouse o seu último traballo caseiro como "Trade Winds Demo EP" con nove temas, mentres agardamos polo inminente lanzamento do seu primeiro LP o próximo mes.
A min téñenme alucinado.

ARCHIE & THE BUNKERS "Trade Winds Demo EP"
(Dirty Water Records, 2015)



1 comentario:

Archie dijo...

Thanks for sharing! We plan on being in Spain next summer.