miércoles, 18 de octubre de 2017

TIM HOLEHOUSE, o concerto

O sábado pasado, por fin tivemos a Tim Holehouse no Rif-Rock. Levábamos tempo con gañas de traelo, e ao fin tivemos a oportunidade de repetir cos de Ulomanía Coop. Gracias a Bosco dos Family Folks e ao Sheriff Lorre por facelo posible.
Concerto intenso e divertido como poucos que teñamos feito no local, pouco público, pero con moitas gañas de pasalo ben dende o primeiro momento.
Tim ofreceunos hora e vinte cos seus temas en acústico, adiantounos algún do seu próximo álbum, e ofreceunos unha chea historias super tolas con anécdotas das súas xiras polo mundo adiante. Por suposto, para rematar o seu hit 'Long Road to Nowhere'. Un tipo xenial, esperamos telo de volta na súa próxima visita. 

Aquí tedes o concerto completo, para que o desfrutedes outra vez. Moi escuro, pero é o que hai, alomenos escoitase bastante ben.



martes, 17 de octubre de 2017

Tim Holehouse 'Long Road to Nowhere'

Así remataba Tim Holehouse o seu show o sábado pasado. Co seu hit 'Long Road to Nowhere', xa un clásico das nosas vidas. Mañan o concerto completo.


Tim Holehouse en Disco Grande de Radio3

A pasada semana Tim Holehouse estivo con Julio Ruíz, en Disco Grande de Radio3, presentando un tema de adianto do seu novo álbum, e falando das súas xiras interminables. Foi o 10 de outubro, xusto antes do seu paso por Galicia o fin de semana (Vigo, e Cambados no Rif-Rock) en medio do seu tour europeo.

A metade do programa está adicada a Holehouse, dende o minuto 32:30.
Además da entrevista, sonan 'The incident' e 'Body Found' do seu último álbum con The Tourette Boys, e ademáis interpreta en directo 'Prince of the palace' (tributo a Bonnie Prince Billy) e 'Sleep'.
Enlace ao programa Disco Grande do 10 de outubro.
Audio completo descargable directamente aquí.


lunes, 16 de octubre de 2017

Tim Holehouse

Fantástico show que nos ofreceu Tim Holehouse o sábado!! intenso e divertido coma poucos, un luxo telo con nós, un tipo xenial. Thanks Tim, see you soon!! 
E logo a sesión de Jaleo, que acabou compartindo a cabina con Matador Cardalda. Con compis así da gusto!! Gracias a todos. 
**Cambadsooouuu**
Nuns días o concerto completo.





Jaleo & Matador

Logo do show de Tim Holehouse, era o turno de Jaleo na cabina. 
Rematou a noite compartindo a sesión co amigo Matador Cardalda. Cracks!!!


viernes, 13 de octubre de 2017

Sáb.14: TIM HOLEHOUSE & Dj Jaleo!

Planazo para este sábado, un concerto que non vos deberiades perder.

Rif-Rock & Ulomanía presentan:
TIM HOLEHOUSE en directo!!
Sábado 14 de outubro no Rif Rock.
+ Sesión JALEO!!
23:30h. Entrada Libre.

info:
Tim Holehouse comezou tocando en bandas de hardcore e punk de Portsmouth (UK), ata que no 2005 arranca a súa carreira como solista, co lanzamento do seu primeiro álbum Dende entón toma unha dirección cara o blues, o folk e os sons máis primitivos, pero sen abandoar a actitude punk dos seus inicios. Dende entón vive case nunha xira permanente, e polo medio con tempo para lanzar máis de 20 referencias publicadas, entre álbumes, EPs e singles. Os máis recentes son "Hail" (dixital e cassette) e "Kill", un álbum compartido cos xermanos The Tourette Boys, os dous lanzados o pasado agosto.
O ano pasado estivo en Cambados da man dos de Ulomanía Coop. no que foi o seu único concerto en España de toda a tempada. Teremos a oportunidade de velo de novo o próximo sábado 14 no Rif-Rock, dende as 23:30h, e con entrada de balde. 
E para rematar a noite seguirá dende a cabina dj JALEO, que xa hai moito tempo que non nos visita, e seguro que virá con ganas...

http://timholehouse.com/
https://timholehouse.bandcamp.com/


Tim Holehouse no 2016...

Bó momento para lembrar a anterior visita de Tim Holehouse a Cambados.
Foi o 15 de maio do 2016 no Continental, e aquela foi a primeira actividade organizada por Ulomanía Coop. Un día realmente especial.
Se queredes repasalo, aquí tedes o concerto completo:


jueves, 12 de octubre de 2017

Wild Billy Childish And CTMF "Brand New Cage"

Xa había tempo que non vos recomendabamos novos lanzamentos do noso gurú Billy Childish. É difícil seguirlle pista con tanto 7'' e tantas banda paralelas... pero sempre o tentamos.
A semana pasada lanzou novo álbum xunto cos CTMF, e leva por título "Brand New Cage". Son 12 novos temas do seu son máis caracterísitico e acompañado por Wolf Howard na percusión e Julie 'Juju' Hamper ao baixo, e alternando tamén guitarras e voces con Childish. Unha tras outra marca da casa: 'Brand New Cage', a enorme 'You Destabilise Me', 'Are you better than me?', a contida 'Under the blue Montana skies', e a directa 'The Punk is in me (and it had come out)', e os temas nos que Juju Hamper leva a voz cantante 'It's All gone wrong' e 'Bullet Proof'. Ademáis inclúe os dous temas do 7'' de adianto, con 'I've got a conflicted man' e 'In a Parallel World'.
Recomendadísimo, coma sempre


Wild Billy Childish And CTMF "Brand New Cage"
(Damage Goods Records, 2017)



Vibravoid 'Om Gang Ganpataye Namah'


Adianto do novo álbum dos xermanos Vibravoid. Aínda teremos que agardar ata o 17 de novembro para o lanzamento de "Mushroom Mantras" , pero xa nos avanzan o tema 'Om Gang Ganpataye Namah' que abrirá o álbum. Do mellor da psychodelia europea dos últimos anos.


miércoles, 11 de octubre de 2017

Family Folks 'Sea of Whiskey'

A semana pasada, os Family Folks lanzaron novo video clip. O tema escollido é 'Sea os Whiskey', do seu último álbum "All the Lost Causes". 
Foi grabado durante os concertos do ciclo Agosto na Ría navegando pola ría de Vigo. Todo recollido e realizado por Miguel Álvarez.



martes, 10 de octubre de 2017

Novas no Outono Códax Festival 2017

Novidades na 7ª edición do Outono Códax Festival.
A direccion do festival compostelano comunicou hai uns días que tódo-los concertos se trasladarán á Sala Capitol, incluídos os shows dos venres que estaban programados en Riquela, e que seguirán sendo de entrada libre. 

Aquí tedes o programa completo:
26 Out: PP Arnold + Cachas & Cousings 
27 Out: LAR & Freire
3 Nov: Hendrik Röver, Óscar Avendaño & Juanjo Zamorano
4 Nov: Hillbilly Moon Explosion + Daddy Long Legs + Mad Martin Trio
17 Nov: Johnny B. Bad
18 Nov: The Suffers + Sugar Daddie & The Ceral Killers

Entradas e abonos en ticketea.


lunes, 9 de octubre de 2017

27 Out: Black Grooves!


Tim Holehouse, últimas edicións

Aquí vos deixamos enlaces coas últimas referencias discográficas de Tim Holehouse, de finais do ano pasado e as máis recentes lanzadas o pasado mes de agosto. Pero seguro que trae outros singles en vinilo con vello material.


Comezamos recomendando o seu divertido "Influence", de comezos do ano pasado, no que alterna versións de bandas coma Hüsker Dü, Black Flag, Smog ou Nirvana levados ao seu terreo, con temas tradicionais do folk anglosaxón. 


O Split album de Holehouse xunto con Vincent Slegers amosanos a súa faceta máis directa. Unha cara para cada artista, con 5 temas cada un. 
Gravado a pelo, guitarra e mínima percusión, reflexo da súa proposta en directo, e recuperando vellos temas coma 'Long Road to Nowhere' con banjo, aquela de Living on a bus... Lanzado a finais de novembro do 2016, e dispoñible en cd e dixital. 


Un dos últimos lanzamentos é "Hail". Un un álbum atmosférico, de temas longos e densos, empregando moitos trebellos e máis centrado nas texturas que nas cancións. Dispoñible en cassette e formato dixital. Escoitade Hail en bandcamp.

En agosto deste mesmo ano tamén lanzou o lp "Kill", asinado por Tim Holehouse e os xermanos The Tourette Boys, cos que volvía ao formato de banda, e recuperando outros sons totalmente distintos, con longos desenrolos e unha proposta post-harcore e post-rock. Un discazo que vos recomendamos, aínda que nada ten que ver cos seus shows en directo como solista. 



sábado, 7 de octubre de 2017

Sáb.14: TIM HOLEHOUSE + Jaleo

Rif-Rock & Ulomanía presentan:
TIM HOLEHOUSE en directo!!
Sábado 14 de outubro no Rif Rock.
+ Sesión JALEO!!
23:30h. Entrada Libre.

Tim Holehouse comezou tocando en bandas de hardcore e punk de Portsmouth (UK), ata que no 2005 arranca a súa carreira como solista, co lanzamento do seu primeiro álbum Dende entón toma unha dirección cara o blues, o folk e os sons máis primitivos, pero sen abandoar a actitude punk dos seus inicios. Dende entón vive case nunha xira permanente, e polo medio con tempo para lanzar máis de 20 referencias publicadas, entre álbumes, EPs e singles. Os máis recentes son "Hail" (dixital e cassette) e "Kill", un álbum compartido cos xermanos The Tourette Boys, os dous lanzados o pasado agosto.
O ano pasado estivo en Cambados da man dos de Ulomanía Coop. no que foi o seu único concerto en España de toda a tempada. Teremos a oportunidade de velo de novo o próximo sábado 14 no Rif-Rock, dende as 23:30h, e con entrada de balde. 
E para rematar a noite seguirá dende a cabina dj JALEO, que xa hai moito tempo que non nos visita, e seguro que virá con ganas...

http://timholehouse.com/
https://timholehouse.bandcamp.com/


viernes, 6 de octubre de 2017

Super Bock edición especial

Acaba de chegarnos unha tirada limitada da edición especial de Super Bock que conmemora os 90 anos da marca. Seguro que non pasan desta noite...


Kings of the Beach "SAFA"

Logo de varios retrasos, xa temos a nova referencia de Ulomanía Coop.
Aquí están os vigueses KINGS OF THE BEACH por primeira vez en vinilo!!
"SAFA" é un 7'' con catro trallazos a 33rpm: 
Nasty Beach / Estella / Sunset / Jumanji
Dispoñible dende xa para recoller reservas, comezar a distribución e por suposto en tódo-los seus concertos!!
250 copias numeradas, apurade que voan...




jueves, 5 de octubre de 2017

Chain and The Gang "Experimental Music"

Nova entrega de Ian Svenonius, que desta vez está de volta co seu proxecto Chain and the Gang. "Experimental Music" é o sexto álbum de estudio da banda con dez novos temas marca da casa. Se nón é o máis subversivo de todos, que é difícil, si é o máis irónico e sarcástico, comezando polo título, pero sobre todo polas letras de tódo-los temas, cheos de dobres sentidos e o seu habitual discurso de política sobrenatural. Por que Roma non se queimou en un día...
Recomendadísimo coma sempre, por algo é un dos que saen máis habitualmente neste blog.

CHAIN AND THE GANG "Experimental Music"
(Radical Elite Records, 2017)




miércoles, 4 de octubre de 2017

The Surfing Magazines

Con tantas semana sen recomendarvos álbumes estásenos a acumular a lista de recomendacións pendentes.
A comezos de mes lanzouse o debut da banda The Surfing Magazines, con membros dos Wave Pictures e Slow Club. A primeira referencia xa vos sirve de pista, aínda que non é exactamente o mesmo. Neste proxecto tentan amosar a súa vertente máis garagera e por suposto surf. Os temas oscilan entre os que semellan unha continuación do pop de baixa fidelidade dos Wave Pictures que tanto nos gusta, e pezas nas que tiran por sons máis primitivos, entre os que sempre nos levan a Link Wray ou Bo Diddley. 'Sawdust in my eyes', 'Pepping Dom', 'Summer', 'One of these days', 'Goose Feathed Bed', ou 'A Fran Escaped' para comprender a mestura de todo isto. Pero sobre todo 'New Day' que lanzaron coma segundo single a comezos do verán. Recomendados!!

THE SURFING MAGAZINES "The Surfing Magazines"
(Moshi Moshi Music, 2017)



Kitty, Daisy & Lewis 'Down On My Knees'



martes, 3 de octubre de 2017

Tom Petty

Tom Petty
(1950 - 2017)



Kings of the Beach "Safa"

Esta semana xa estará dispoñible o novo lanzamento de Ulomanía Coop.
O 7'' dos vigueses KINGS OF THE BEACH. Catro trallazos de garage, punk, e power pop pasados de voltas. Atentos!!


lunes, 2 de octubre de 2017

Sáb.14: TIM HOLEHOUSE + Jaleo!

Temos planazo para o sábado 14 de outubro!!
O británico TIM HOLEHOUSE en directo, coa súa descarga de dirty-blues-punk. Esta de volta por estas terras e non podíamos perde-la ocasión de traelo polo Rif-Rock
E despois continuaremos a noite con Dj JALEO na cabina, que xa hai tempo que nos ten abandonados...
Apuntade sábado 14 de outubro, dende as 23:30h.
Outra movida de Ulomanía Coop, gracias ao Sheriff Lorre e os Family Folks!!


jueves, 28 de septiembre de 2017

Hüsker Dü "Savage Young Dü"

Hai varias semanas que non vos recomendamos ningún álbum, así que imos con algo realmente grande para compensar.
O selo Numero Group lanza este fantástico "Savage Young Dü", unha caixa que recopila os primeiros anos dos míticos Hüsker Dü. Unha colección seleccionada por Greg Norton, e que se presenta en formato 3 cds máis libro, ou 4 LPs con libro en gran formato (polo momento está entre 40 e 85$). En total 69 temas remasterizados dende as cintas analóxicas orixinais, e das que 47 son totalmente inéditas do período 1979-1983, a maioría recollidas nas sesións do "Land Speed Record", "In a Free Land" e "Everything Falls Apart". 
A saída oficial a comezos de novembro, pero xa está dispoñible a reserva nos dous formatos. Ademáis para as reservas inclúe un 7'' con temas extra das sesións do "Metal Circus" de 1983, que leva por título "Extra Circus".
Unha mágoa que coincidira no tempo co falecemento de Grant Hart, pero así aínda se fai máis imprescindible todavía.
Web de NumeroGroup.

HÜSKER DÜ "Savage Young Dü"
(Numero Group, 2017)




miércoles, 27 de septiembre de 2017

Reinhard Kleist "Nick Cave: Mercy on me"

Hoxe recomendámosvos a nova novela gráfica de Reinhard Kleist, que xa publicou outros volumes sobre Johnny Cash ou Fidel Castro. O protagonista da súa nova entrega é Nick Cave, e está dispoñible dende comezos de mes.
"Nick Cave: Mercy on me" é unha recreación da biografía de Cave, mesturada coas historias narradas nas súas cancións, en más de 300 páxinas e riguroso branco e negro. Dende a súa infancia en Australia, a transgresión dos Birthday Party e o éxito cos Bad Seeds. Furia, euforia, terror e caída, e prometen tamén moito humor, supoñemos que bastante negro...
Polo momento só na súa edición orixinal en alemás e traducido ao inglés.

Reinhard Kleist "Nick Cave: Mercy on me"
(Self Made Hero, 2017)


Podedes atopar máis info e mercalo na web de Nick Cave
Web de Self Made Hero.


martes, 26 de septiembre de 2017

Breakin' Bones: 'Puertohurraco'

Os Breakin' Bones seguen quentando motores para a súa volta aos escenarios.
Mentres agardamos, aproveitan para presentarnos o video clip do maior hit deste verán, 'Puertohurraco', un dos temas incuídos en exclusiva no seu ep "Pura Maldad" editado por Ulomanía Coop. 
O clip está producido e realizado por La Casa Taller & El AlmaZen coa técnica de collagemotion, a modo de documental, sobre un dos episodios más sanguento sda historia da España profunda, puro psychobilly.
A desfrutalo, e compartide!!


miércoles, 20 de septiembre de 2017

Hipbone Slim no Kannion Surf

Máis recomendacións. Esta moito máis cerca e para este mesmo sábado.
O británico Hipbone Slim esta de xira por estas terras co seu proxecto en solitario coma One Man Band. Este sábado poderedes velo no Kannion Surf de Montalvo. 23 setambro, dende as 22:30h. e de balde!!
Iso sí, metédelle unha boa cena marca da casa!!


martes, 19 de septiembre de 2017

The Gories + Kings of the Beach

Os míticos THE GORIES de Mick Collins (con Danny Kroha e Peggy O’Neill) estarán toda a semana de xira por España. Nen unha soa data en Galicia, pero imos a recomendarvos o seu show en Barcelona deste mesmo xoves (21 set.), no que estarán acompañados polos vigueses KINGS OF THE BEACH
Se os tedes a tiro non vo-los podedes perder!!


Trash + Ptooff

O próximo fin de semana:
· Venres 22: Trash!
· Sábado 23: PTOOFF "Boom!!"


lunes, 18 de septiembre de 2017

Kurco SoundSystem

Aquí tedes sobre unha e cuarto que nos deixou Kurco  da súa sesión deste mesmo sábado. Metédelle volumen...

Kurco SoundSystem
(sesión Rif-Rock 16 set.2017)


viernes, 15 de septiembre de 2017

Festa de Pantera e Iribarne + Ulomanía Coop

Recomendación!!
Pantera e Iribarne Producións e Ulomanía Coop. organizan unha festaza conxunta para a presentación dos seus novos lanzamentos.
Os LAMPREA EXPLOSIVA presentando o seu "Brulio" da man de Pantera e Iribarne (PEI 0004) con dúas edicións diferentes que non teñen pérdida, os KINGS OF THE BEACH presentando "Safa", o novo 7'' lanzado por Ulomanía Coop (ULO-003), aínda que teremos que agardar ata finais polos vinilos. 
Ademáis estarán acompañados polos vigueses VIVEN (hc/punk), e os lexendarios SUDOR, que chegan co seu hardcore ruidista dende Toledo.
Será este sábado 16 de setembro no Distrito 09 de Coia, Vigo. Catro bandas en directo dende 21:00h por unha entrada de risa. Iso sí, aforo limitado. 
Vai ser unha festa brutal!!



martes, 12 de septiembre de 2017

Outono Codax Festival 2017


A semana pasada presentouse a 7ª edición do OUTONO CÓDAX FESTIVAL de Santiago, convertido xa nun clásico das nosas axendas.
Nesta edición, co programa distribuído en tres fins de semana ben completos, e de novo repartido entre a Sala Capitol e a Sala Riquela, coa mítica PP Arnold, Daddy Long Legs e The Suffers como principais atractivos, ademáis de outras actividades como a exposición de cada ano e as sesións de picadiscos.

Aquí tedes o programa completo:
26 Out: PP Arnold + Cachas & Cousings 
27 Out: LAR & Freire
3 Nov: Hendrik Röver, Óscar Avendaño & Juanjo Zamorano
4 Nov: Hillbilly Moon Explosion + Daddy Long Legs + Mad Martin Trio
17 Nov: Johnny B. Bad
18 Nov: The Suffers + Sugar Daddie & The Ceral Killers

Tada a info na súa web.
Entradas e abonos en ticketea.


Así o presentan na súa web:

Seis exclusivas citas co mellor do xénero, por segundo ano consecutivo en 2 formatos diferenciados.

O Outono Códax Festival, o festival galego de música negra, regresa a finais de outubro na que será xa a súa VII edición con forzas renovadas e un selecto cartel que se traducen en 6 exclusivas citas (días 26 e 27 de outubro, e 3, 4 e 17 e 18 de novembro) cheas de soul, rock´n roll, blues, swing e boogie.
Un ano máis a emblemática Sala Capitol de Santiago será a sede principal do ciclo que, dada a boa acollida do 2016, por segunda edición consecutiva desdobrarase no tamén compostelán Riquela Club, espazo onde o festival volverá ofrecer ao seu público a posibilidade de gozar do sabor único de actuacións máis de proximidade, tal e como se adoitaba facer nos vellos locais do xénero.
Así pois e en conxunto, o cartel deste Outono Códax 2017 –co patrocinio un ano máis de Martín Códax, e coa colaboración de Pousadas de Compostela, así como a de case un cento de establecementos hostaleiros e comerciais da capital galega– incluirá unha decena de artistas e bandas escollidos entre o máis selecto do actual panorama internacional, estatal e galego do xénero.
Será de feito unha das grandes voces clásicas do soul e unha das figuras máis icónicas da escena británica dos 60, PP Arnold (que ademais virá acompañada da Steve Cradock Band), a que abra esta VII edición do festival, que terá como broche final o directo da que é considerada a banda revelación do soul internacional, The Suffers.
Xunto a eles, actuarán neste Outono Códax 2017 tres das referencias internacionais actuais máis salientables do rock´n roll, o blues e o swing: Hillbilly Moon Explosion (considerados un dos grupos de referencia da escena rocker mundial); Daddy Long Legs (trío neoiorquino recoñecido tamén mundialmente polos seus inconmensurables directos) e Sugar Daddie & The Cereal Killers (big band milanesa que xa se consolidou entre as mellores do xénero). As orixinais apostas de Hendrik Röver-Óscar Avendaño-Juanjo Zamorano (tres dos grandes nomes da escena estatal que se unen no escenario co seu “Non teman aos cantautores”) e Johnn B. Bad (coa súa tan persoal como aplaudida reinterpretación do formato “home orquestra”) redondean un cartel no que a achega galega deste ano, compromiso irrenunciable do festival, correrá a cargo de Cachas&Cousins e a tamén singular e salientable proposta de Xulián Freire e LAR Legido co seu “Folkloor”.

lunes, 11 de septiembre de 2017

Kings of the Beach 'Sunset'

Un tema dos Kings of the Beach o sábado pasado en directo en Cambados, no festival da Cidade Europea do viña. Un video da xente de RockSoulThings.
'Sunset' que estará incluído no 7'' que lanzarán con Ulomanía Coop.


domingo, 10 de septiembre de 2017

sábado, 9 de septiembre de 2017

Esta Noite: Brain Bross!! Ulomanía djSet

ÚLTIMA HORA!!
Para rematar esta noite, logo dun longo día de festival da Cidade Europea do Viño, os de Ulomanía Coop tomarán os mandos da cabina do Rif-Rock. 
Un djset que comezará ao remate dos concertos en Torrado. 
Non vos perdades ao auténtico Brain Bross!! 
Ulomanía SW Coop dejSet starring Marinocha, por suposto!!


viernes, 8 de septiembre de 2017

Festa Cidade Europea do Viño

Este sábado en Cambados, Festa Cidade Europea do Viño.
Dende as 12:30h. no parque de Torrado.
Toda a info, horarios e demáis na súa páxina de facebook.



miércoles, 6 de septiembre de 2017

Holger Czukay

Holger Czukay
(1938 - 2017)


Simon Reynolds "Como un golpe de rayo"

Na última década Simon Reynolds está consolidade coma un dos principais xornalistas musicais, e case seguro o máis prolífico de todos.
A súa última entrega é este "Como un golpe de rayo. El Glam y su legado, de los setenta al siglo XXI", que publicou na súa versión orixinal en outubro do ano pasado como "Shock and Wave" (editorial Faber & Faber, 2016).
Ao longo de 700 páxinas repasa a historia do glam, un fenómeno musical no que a imaxe era fundamental para conectar coas novas xeracións, con esa estética retrofuturista e a provocación por bandeira, a ambigüedade sexual e con novas metáforas sobre as as drogas e o hedonismo. 
Reynolds fai un completo repaso do movimento, dende a perspectiva musical, pero tamén contextualizado cultural e sociolóxicamente, construíndo un relato que xira en torno ás súas principais figuras británicas, Marc Bolan, Roxy Music e David Bowie serán os princiais protagonistas, pero por suposto tamén os New York Dolls, relacionando as consecuencias do movimento con outras moitas manifestacións artísticas dos USA.
Atoparedes un fragmento de adianto na web de rtve (o capítulo 10: Internarse en las sombras: Bowie contra Los Ángeles).

SIMON REYNOLDS "Como un golpe de rayo"
(Caja Negra editora, 2017)


Así o presentan na web de Caja Negra:
Al igual que en su influyente libro sobre postpunk, en Como un golpe de rayo Simon Reynolds hace algo más que recorrer de manera exhaustiva la historia de un género. Al abordar el glam en tanto celebración del artificio y culto a la imagen, revela de qué manera supuso una ruptura con los valores propios de rock hippie de fines de los años sesenta –la autenticidad y el compromiso político– y un primer ensayo del tipo de sensibilidad que más tarde llegaría a ser conocida como posmoderna. Estrellas como David Bowie (cuya trayectoria funciona como columna vertebral del libro), Lou Reed, Alice Cooper, Roxy Music, New York Dolls y T. Rex dejaron en evidencia con su despliegue teatral, su maquillaje andrógino y su vestuario alienígena, que el pop antes que un reflejo de la realidad es una vía de escape a través de la fantasía y el fanatismo. 
Como un golpe de rayo trata acerca del poder de la ficción y de cómo la ingeniería de la excitación, la planificación de la controversia y la manipulación se volvieron parte esencial de la maquinaria del espectáculo. Al mismo tiempo, recupera estas experiencias del pasado en tanto laboratorios de experimentación estilística y sexual, trazando un linaje que hunde sus raíces en el arte del siglo XIX, el camp y el warholismo, y que se proyecta en la obra de figuras como Prince, Madonna, Marilyn Manson, Lady Gaga y Beyoncé

martes, 5 de septiembre de 2017

WOS Festival 2017

Mañán arranca en Santiago o WOS Festival 2017. 
A cuarta edición do festival máis underground e multidisciplinar que poidades imaxinar. Música, cinema, artes escénicas e conferencias arredor da cultura en diferentes espacios da cidade do 6 ao 10 de setembro.
Toda a info e programa na súa web.


Programación Setembro2017

Aquí vaia programación para este mes de setembro:

· Sábado 16 set: KURCO SoundSystem
· Venres 22 set: Trash!
· Sábado 23 set: PTOOFF "Boom!"
· Venres 29 set: Black Grooves!


23 set: PTOOFF!!

Máis datas para setembro:
O Sábado 23: PTOOFF!! bombardeando dende a cabina


viernes, 1 de septiembre de 2017

16 set: Kurco SoundSystem

Imos adiantando datas de setembro.
O Sábado 16 teremos de volta a Kurco na cabina.


9 set: Festa Cidade Europea do Viño

Xa falta menos, a principal proposta musical da programación do concello de Cambados como Cidade Europea do Viño é o festival que se celebrará a próxima semana. Con bandas coma os locales Ghesgha, Disco Las Palmeras, Cápsula (farán unha homenaxe a David Bowie), Niña Coyote eta Chico Tornado ou Belako, e os enormes Kings of the Beach!! 
O 9 de setembro no Parque de Torrado. Falta unha semana.
Toda a info actualizada na súa páxina de facebook.
*actualizado: entrada libre!!.


jueves, 31 de agosto de 2017

Poison Ivy "Peter Gunn Twist EP"

Novo lanzamento do universo The Cramps que chega dende o selo Trash Wax. Trátase dun 7'' que recolle tres temas gravados por Poison Ivy en momentos moi diferentes. Non pensedes que é material novo ou inédito.
Na cara A 'Peter Gunn Locomotion', instrumental xunto con Kid Congo e Art Fein, un tema que aparecía nun recopilatorio de homenaxe as bandas sonoras de Henri Mancini ("Shots in the Dark", Donna Records, 1996). Na cara B dous temas acompañando a Wanda Jackson no seu álbum de 2003 "Heart Trouble". En primeiro lugar 'Funnel of Love' con Poison Ivy nas guitarras e coros, e 'Riot in Cell Block#9' asinada como Wanda Jackson & The Cramps, que só aparecía na edición en cd daquel álbum. Nada novo, pero sempre interesante.
Edición de 300 copias polo momento en vinilo negro, pero xa anuncian seguinte tirada en plástico vermello. Para completistas.

POISON IVY "Peter Gunn Twist EP"
(Trash Wax, 2017, 2017)