Os King Gizzard seguen co seu ritmo frenético de puclicacións. Para este 2017 prometeron cinco novos álbumes. Aquí sempre vo-los recomendamos todos, aínda que algún sexa un pouco máis duro de escoitar. De feito o anterior "Sketches from Brunswick East" (terceiro desta serie) que din, está inspirado no "Sketches from Spain" de Miles Davis, aínda non tivemos ocasión de comentalo no blog. Pois case sen tempo para asimilalo xa está aqui a cuarta entrega deste ano, e podemos decir que, definitivamente, tolearon estes australianos.
"Polygondwanaland" sae mañan, totalmente gratis na súa web, para que todo o mundo faga con el o que queira, dispoñible en formato mp3 ou wav e, isto é o mellor, comparten tamén os masters para facer tiradas tanto en cd coma en vinilo e difundilas ao mundo. E iso sí, se o pasas a cassette somentes piden creatividade... son uns putos cracks!! Por eso sempre están entre os mellores.
Dispoñible na súa web e no seu bandcamp dende o 17 nov ás 9 AM hora australiana, así que a primeiras horas desta madrugada xa podedes facervos con el e ir buscando fábrica de vinilos para planchar copias para tódo-los colegas.
KING GIZZARD & THE LIZARD WIZARD "Polygondwanaland"
(Flightless Records, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario