jueves, 9 de noviembre de 2017

The Limiñanas "Istanbul is Sleepy EP"

Imos cun par de recomendacións antes da fin de semana.
De primeiro o novo Ep dos Limiñanas, unhas das nosas debilidades dos últimos anos. Con esa mestura de psychodelia, yeyé e puro naïf, os de Perpignan volven en pequeno formato con bastantes cambios logo de varias colaboracións con Pascal Comelade. "Istanbul Is Sleepy" é un ep de catro temas que sae a próxima semana, e sirve de adianto do seu novo LP para o que teremos que agardar a comezos do ano próximo. Continúan as colaboracións, de auténtico luxo, e iso nótase nos temas. Comeza coa propia 'Istanbul is Sleepy', coa colaboración de Anton Newcombe dos Brian Jonestown Massacre, que pon a voz e as guitarras, e iso ten que notarse: garage psychodélico e ritmo motorik con texturas moi densas, e din que inspirado nos The Cult do período Rain (do álbum "Love" de 1985), e presentado cun videoclip estupendo dirixido por Jean Luc Moly. Nas seguintes se nota a forte influencia dos BJM, 'Nuit Fantome' co positivismo habitual do seu repertorio, e 'Shadow People' coa colaboriación vocal da actriz Emmanuelle Seigner. De despedida 'Angels and Devils', cover do tema dos Echo & The Bunnymen, que nos devolve a esas texturas máis habituais dos Limiñanas, pero con máis melodías e aínda máis pop. Cambios sutís que poden adiantar algo mói grande para o próximo álbum. Mentres tanto, este ep é unha marabilla.

THE LIMIÑANAS "Istanbul Is Sleepy"
(Because Music, 2017)



No hay comentarios: