E máis álbumes de Dwyer e compañía, o máis recente que fai o número 20 do grupo. A semana pasada lanzaron unha nova entrega do seu proxecto paralelo: OCS, marca coa que publican as súas composicións máis freak e folk, e que tiñan aparcado por máis de dez anos tras publicar catro álbumes entre 2003 e 2005. A base do proxecto son John Dwyer e o baterista Patrick Mullins, sempre rodeados de bos colaboradores, desta vez contan con Heather Lockie, e Mikal Cronin a cargo dos arranxos de ventos. Pero o máis salientable desta ocasión é o retorno da británica Brigid Dawson, que abandonara hai anos os Oh Sees, e compón a medias con Dwyer de todo o álbum, e ahí están compartindo portada.
"Memory of a Cut Off Head" son dez cancións de folk psychodélico, con xogos de voces entre Dwyer e Dawson, ventos, e incribles arranxos de cordas. Por recomendarvos algún tema, quédome con 'Cannibal Planet' ou 'On and on Corridor', pero é un álbum para escoitar de corrido varias veces.
Se sodes seguidores dos Oh Sees dos últimos tempos, seguro que esta outra proposta vos sorprende. Recomendado.
Se sodes seguidores dos Oh Sees dos últimos tempos, seguro que esta outra proposta vos sorprende. Recomendado.
OCS (The Oh Sees) "Memory of a Cut Off Head"
(Castle Face Records, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario