Esta semana cumpríronse 40 anos do lanzamento do "Never Mind the Bollocks" dos Sex Pistols!!
Máis alá do contexto, e do que supuxo este álbum tanto musical coma culturalmente, unha das grandes anécdotas do seu lanzamento foi o caos das diversas edicións dende o primeiro momento. O tema 'Submission' fora descartado nun inicio, pero a última hora os Pistols insistiron para que se incluíra. O disco xa estaba feito, saída da fábrica, empaquetado e listo para sair o mercado, así o 28 de outubro do 77 lanzouse o lp con 11 temas, ao que a compañía Virgin decidiu engadir un poster da banda e un 7'' con unha soa cara co tema 'Submission'. En novembro do mesmo ano xa estaba lista a segunda edición do álbum, ahí si, cos 12 temas tal e como o coñecemos. O problema é que ao multliplicarse as edicións por todo o planeta, algunhas están feitas sobre os deseños da primeira edición, sen 'Submission' nos créditos nin na contraportada pero sí no álbum, mentres que noutras aparece nos deseños e non está no disco. Cousas do descontrol da industria.
Co aniversario do álbum, non podían deixar pasar a oportunidade de lanzar unha nova reedición expandida ata o infinito. Esta nova edición conta con catro discos, no primeiro o álbum de toda a vida, con doce temas, claro. O máis interesante está no segundo disco, no que se inclúen rarezas de estudio, as demos orixinais mesturadas por Dave Goodman e Chris Thomas, e descartes do momento, pero que logo apareceron en compilacións posteriores. Diferentes mesturas e son moito máis cru, para coleccionistas. O resto, máis do de sempre, outro disco con directos de Noruega e Suecia a finais do 77, e un dvd con clips, concertos e entrevistas en tv.
40 anazos desta locura que nos acompañará para sempre.
SEX PISTOLS "Never Mind the Bollocks"
(Virgin, 1977)
No hay comentarios:
Publicar un comentario