viernes, 30 de noviembre de 2012

esta noite... reunión de bigotes Movember!


Movember RifRocKerZ pola rede

Xa non queda case nada para rematar o Movember 2012, xa sabedes que esta mesma noite faremos a nosa  particular reunión de bigotudos no Rif-Rock, co colectivo Siña MonCha no control absoluto da cabina...

E así o contaron outros blogs amigos:
Dende Cambados(TK) publicaban Venres 30 no Rif-rock: Reunión de Bigotudos, e que dende aquí teño que reclamar a estas alturas a inclusión de CTK coma co-organizadores do evento, igual que coma sempre ocorre coa xa tradicional Festa do Bigote do Rif-Rock,

En Tras la Trastienda (o blog de ATDP): Una cuestión de Bigotes, Movember 2012, donde nos recomenda as accións Movember de Vigo e Cambados deste fin de semana. E tamén de donde collimos a foto da esquerda. (dando pistas...).

jueves, 29 de noviembre de 2012

Movember


Mickey Baker "In the 50's: Hit, Git & Split"

Xa que vexo que Mickey Baker é aínda menos coñecido do que eu pensaba vouvos recomendar este recopilatorio que prublicou Rev-Ola no 2008, e que reúne 31 temas entre 1952 e 1956, todos eles nos que Baker era acompañante de bandas ou músico de estudio, aídna que tamén hai algunha peza do dúo que formou xunto con Sylvia Robinson, Mickey & Sylvia, coma o famoso 'Love is Strange'. Paréceme a mellor compilación para achegarse a súa música, pero sobre todo poderedes comproba-la versatilidade de Baker tocando de todo!!!
Case tódo-los enlaces que atopo ós seus discos están cortados, así que seguide buscando...

MICKEY BAKER "In the 50's: Hit, git & Split"
(Rev-Ola, 2008)


E para que vos fagades un pouco máis de idea, ahí tedes a Mickey Baker en tres momentos distintos, nos 50, nos 60 e nos 70:


miércoles, 28 de noviembre de 2012

Mickey Baker

Mickey 'Guitar' Baker
(1925 - 2012)


Onte mesmo faleceu Mickey Baker, un dos grades guitarristas da historia, que era apodado directamente coma The Guitar, polo seu incrible dominio e polo seu particular estilo de tocar, único afrontando calqueira estilo jazz, rhythm'n'blues, rock'n'roll... Dende moi novo tentou facerse músico de jazz, e cando rematou por centrarse na guitarra conta a lenda que o seu empeño foi taca-la guitarra como Charlie Parker tocaba o saxofón. Ademáis de tódo-los seus discos e centos de colaboracións como acompañante é autor de un dos máis populares métodos para guitarra de jazz. Igual a partir de agora deixa de ser un descoñecido...


lunes, 26 de noviembre de 2012

descarga Black Grooves!! (23nov2012)

Ahí vai unha hora da sesión do pasado venres, Guy Morris, Chico Hamilton, Curtis Mayfield, Mick Murray, Graham Central Station, Betty Davis ou Soul Brothers Six entre outros moitos, e por suposto con temas de Isaac Hayes para Truck Turner e o seu pimpmobil!!!

Psych.M "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! (NSFSeries Vol.11)"
(sesión Rif-Rock 23 novembro 2012)


domingo, 25 de noviembre de 2012

Radioactive Toy


Se onte falábamos do retorno inminente dos Airas, hoxe presentámovos a nova banda do noso amigo David Falcón, chámanse Radioactive Toy, con base en Santiago e que esta mesma semana nos presentaron as demos dos seus primeiros tema Grey Lullaby. e Have I Changed? Teñen moi boa pinta, nós seguirémolos con atención...



Podedes seguilos no seu facebook e no seu blog Radioactive Toy.



sábado, 24 de noviembre de 2012

AIRAS, adianto do novo disco


AIRAS volven!!! Sen dúbida unha boa nova para todos. 
E despois de moitas voltas ó seu novo traballo, xa teñen case todo listo para o lanzamento. Leva por título "A lóxica dos Brutos" e como adianto estréanse en facebook coa súa páxina, na que nos ofrecen un tema en primicia, e coa que nos irán amosando o material grafico para ilustrar a edición, que escolleremos entre os seguidores. 

Este é o primeiro tema que nos presentan, Xerundio:


jueves, 22 de noviembre de 2012

Isaac Hayes "Truck Turner soundtrack"

Como adianto á sesión de mañán aquí tedes a bso do filme que inspira o cartel. Truck Turner, dirixida por Jonathan Kaplan en 1974, noutro deses grandes logros do blaxploitation, e protagonizada polo propio Isaac Hayes nunha das súas primeiras peliculas como actor. Por suposto encárgase tamén da banda sonora, que coma en case tódo-lo casos do xénero supera con creces a calidade do filme, e aínda que está considerada como un dos grandes álbumes do blaxploitation, sempre se lle considera á sombra da de Shaft que el mesmo compuxo en 1971, pero para o meu gusto, esta é moito mellor...

ISAAC HAYES "Truck Turner. Soundtrack"
(Enterprise / Stax, 1974)


facédevos coa bso de Truck Turner neste super post con máis de 20 álbumes de Isaac Hayes no blog Milk Crate Breaks.



Ven 30: Movember no Rif-Rock

O próximo venres (30 Nov.) reunión de bigotes Movember no Rif-Rock!!


miércoles, 21 de noviembre de 2012

novos traballos de Billy Childish

Xa sabíamos da capacidade de traballo do polifacético Billy Childish, pero que eu saiba nunca ata o de agora publicara tanto material novo de golpe. Childish que xa publicara a comezos de ano un traballo conxunto co seu vello amigo Sexton Ming, remata o ano con The Spartan Dreggs e presenta dunha atacada tres novos lps: "Tablets of Linear B", "Dreggradation", "Coastal Command", ademáis dun 7'' de adianto "We Spartan Dreggs (be Fine)", que continúan aquel "Forensic R&B" do ano pasado. Impresionante amigos!!

WILD BILLY CHILDISH & THE SPARTAN DREGGS
"Tablets of Linear B", "Dreggradation", "Coastal Command", "We Spartan Dreggs"
(Damaged Goods Records, 2012)


Podedes consegui-los catro novos traballos de Wild Billy Childish & The Spartan Dreggs no blog NosotrosSomosLosMuertos3:
Coastal Command aqui
Dreggradation aqui
Tablets of Linear B aqui
We Spartan Dreggs (be Fine) aqui



Muerte por Cowbell, proximamente... (outra vez)


martes, 20 de noviembre de 2012

Muerte por Cowbell, proximamente...

Volta ó traballo dos Muerte por Cowbell, moi pronto en concerto no Rif-Rock, para o seu particular homenaxe a Frank Zappa...



lunes, 19 de noviembre de 2012

John Waters "Mis Modelos de Conducta"

Sorpresa!!! Publícase en España o último libro de John Waters ("Role Models" publicado no 2010), cando sempre pensamos que estas cousas levan moito máis tempo, ou que nunca chegan a traducirse, aquí está o volumen en castelán de Caja Negra Editora, traducido como "Mis Modelos de Conducta", no que o rei do cinema trash e un dos maiores expoñentes da cultura basura do século XX repasa todas esas malas influencias que o convertiron no que foi...

John Waters "Mis Modelso de Conducta"
(Caja Negra, 2012)


Así no-lo presentan na web de Caja Negra Editora:

John Waters justifica holgadamente la dignidad con la que William Burroughs lo invistiera al designarlo “Pontífice del trash”. Mis modelos de conducta es un tributo a las “malas influencias” con las que fermentó su talento creativo: un catálogo de anormales, un panteón de desviados cuyas patologías inspiran las dulces maravillas de la perversión que integran vida y obra del “sultán de la sordidez”, tal y como al propio Waters le gusta denominarse.
Los perfiles biográficos de musas anónimas como Lady Zorro, stripper lesbiana de Baltimore; Bobby García, “el Buñuel de las Mamadas”, pornógrafo amateur pionero de los videos con Marines del ejército norteamericano; y Leslie Van Houten, miembro del clan de las “chicas Manson” involucrada en los asesinatos de Sharon Tate y los La Bianca, conviven aquí con el retrato de los aliados pecaminosos que Waters encontró en las escrituras de Tennesse Williams y Denton Welch, en estrellas como Little Richard y artistas como Cy Twombly. Con un tono confesional e hilarante, los textos aquí reunidos son mucho más que el resultado de una vida al servicio del escándalo y la exposición de un canon de la desviación: en ellos Waters examina las anomalías de sus modelos de un modo reflexivo e indulgente que funciona también como terapia de autosuperación para la conjura de sus propios demonios personales.



X.M. Pereiro "Prestige. Tal como foi, tal como fomos"

O pasado xoves 15 presentouse o novo traballo de Xosé Manuel Pereiro: "Prestige, Tal como foi, tal como fomos", publicada por 2.0 Editora no que é o segundo volume da nova colección Xornalistas. Pereiro relata con moito humor os feitos da catástrofe a partires do primeiro aviso de emerxencia emitido polo buque, desde a traxicomedia da xestión do desastre, ata os delirios de grandeza das solucións políticas ante a inminente catástrofe, así como de tóda-las súas consecuencias nos ámbitos máis diversos, ou de como dez anos despois só unhas poucas cousas mudaron. Como avance aquí podedes botarlle un ollo ó pdf do primeiro capítulo: Fisterra, temos un problema

Xosé Manuel Pereiro "Prestige. Tal como foi, tal como fomos"
(2.0 Editora, 2012)


Así no-lo presentan na web de 2.0 Editora:

Este libro é un retrato do desastre, da galería de personaxes e protagonistas da traxedia, e de como nos comportamos como sociedade diante do desastre. Mudaron algo as cousas dez anos despois? Xulguen vostedes.
En novembro de 2002 a sociedade galega sofre unha devastadora catástrofe que provoca, en palabras do autor, un “cambio de mentalidade, un trastorno social transitorio” dos galegos. A ausencia de Estado diante do afundimento do Prestige cóbrese cunha marea branca de voluntarios que limparon as costas galegas de chapapote e de indolencia política.
Prestige, tal como foi, tal como fomos, segundo título da colección xornalistas, narra a crónica dese desastre, do que aconteceu desde a traxicomedia da xestión do desastre, ata os delirios de grandeza das solucións políticas ante a inminente catástrofe.
En palabras do autor:
"Este é o país que hai. O Prestige foi unha traxedia, pero deunos unha das poucas oportunidades que aproveitamos para demostrar que podemos ter dignidade. Que se queremos, ou se cadra, podemos ser algo máis e mellor do que somos.
A meirande marea negra da historia de Galicia provocou un cambio de mentalidade. Un trastorno social transitorio. Se non foi a máis debeuse a que a clase política que debería facelo seu, non o fixo. As forzas de esquerda por falta de ambición, exceso de conservadorismo ou medo a perder o posto. As de dereitas, polo mesmo, e porque as faccións máis reaccionarias se deron conta de que este anaco de mundo quería coller o temón para mudar un chisco o rumbo, e actuou en consecuencia.
Por esa razón neste libro non descubro as claves de nada, e o editor mentirá se pon iso na contraportada, porque do Prestige todo se sabe, ou sábese o que se pode saber, e o que queda é que se determinen as responsabilidades, na medida en que un xuízo as pode determinar, que neste caso é case nada. O que si intento é facer un retrato daqueles días. Eses retallos da vida que pasan en 20 segundos, pero en longo, e por escrito, que é do que máis ou menos sei.”
Prestige. Tal como foi, tal como fomos é o relato daqueles días, da galería de personaxes e protagonistas da traxedia, e de como nos comportamos como sociedade diante do desastre. Mudaron algo as cousas 10 anos despois? Xulguen vostedes. Mais o que si quedou claro é o desexo doutra Galicia posible. A sociedade simplemente agarda que os representantes políticos sintonicen a súa frecuencia. En Prestige. Tal como foi, tal como fomos, Xosé Manuel Pereiro retrata o acontecido des que o Prestige entrou nas nosas vidas ata que emporcou as nosas costas, nunha emocionante reportaxe na que o lector recoñecerá o seu habitual humor e enxeño. Unha mirada indispensable para entender por que a sociedade galega segue a berrarlle ao mundo “Nunca Máis!”.

Presentación de "Suprema Injusticia", de Mª Garzón


Nova tomada de Cambados (tk):

María Garzón vén este xoves 22 de Novembro a Cambados a presentar o seu libro, Suprema Injusticia, no cal fai unha análise dos acontecementos que levaron a que o seu pai, o coñecido Baltasar Garzón, fora inhabilitado como xuíz. E faino empregando tamén moitas anécdotas e describindo desde a súa situación como viviu o proceso protagonizado polo ex maxistrado; “esta é a miña verdade”, di María, “débollo ao meu pai e a todo o que el fixo por nós. Xa está ben de estar calados e aguantar como fixemos até o de agora”. Baltasar Garzón segue na actualidade loitando na súa defensa en organismos internacionais e tamén segue comprometido coa Xustiza e cos Dereitos Humanos a través da fundación á que lle dá nome. Exerce tamén a defensa como avogado de Julian Assange, o creador de Wikileaks que permanece refuxiado na embaixada de Ecuador en Londres.
O acto deste xoves terá lugar ás 20 horas no Auditorio municipal, e contará coa presenza da autora do libro. Acompañarana os profesores Manuel Núñez e Carmen Durán, de Cambados, así como o da Universidade de Vigo, Ángel Rodríguez Gallardo. Proxectarase un pequeno vídeo que pon de relevo a relación de Garzón con Galicia (lembremos que foi o impulsor da Operación Nécora nos noventa). Organizan as librarías Cabanillas e Contos.

viernes, 16 de noviembre de 2012

Sab.17: Kurco SoundSystem


The Black Tibetans "The Black Tibetans"

A recomendación desta semana non ten nada de especial, aínda que entra fácil polos ollos só coa portada... pero é unha dos álbumes que me chegaron polo aniversario. Nada de especial, pero o mellor de todo é que é desos discos que te engancha de principio a fin sen razón algunha, por que ás veces estamos tan empeñados na busca do excepcional que nos esquecemos da marabillosa normalidade, que tamén pode ser. The Black Tibetans son unha banda de Los Angeles, e este é o seu primeiro lp para DicE Records do ano pasado, rock'n'roll californiano de toda a vida, donde perden o rumbo de se queren ser máis garage, punk ou powerpop, ou calqueira outra cousa que nunca chegan a ser... pero en medio desa indefinición non se complican a vida e os temas funcionan un tras doutro ata o final... para seguirlles a pista!!.

THE BLACK TIBETANS "The Black Tibetans"
(DicE Recs, 2011)


facédevos con el en NosotrosSomosLosMuertos3.


jueves, 15 de noviembre de 2012

martes, 13 de noviembre de 2012

14 Nov


Vibracións Prohibidas no CGAC

Recomendación das boas que non deberiades deixar pasar, ademáis de que tedes case catro meses para pasarvos... unha exposición no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo de Compostela) con portadas da música pop censuradas durante o franquismo: "Vibracións Prohibidas". 
Só co exemplo de Birkin & Gainsbourg co que no-lo ilustran na web xa é máis que sinxelo de comprender non?


Vibracións Prohibidas - CGAC, do 16 de novembro ó 10 de marzo.

Igual que o cine ou a prensa, a música pop e a rock tampouco non deron escapado da acción da censura. Pero, a diferenza destes, a represión intensificouse xusto cando a ditadura estaba a iniciar unha tímida apertura. O franquismo foi consciente do papel que a música xogara nas revoltas internacionais dos sesenta e tentou limitar o seu alcance nunha España cada vez máis desenvolvida e cosmopolita. A censura obrigou a producir novas portadas —convertidas hoxe en prezadas pezas de coleccionista— para refacer as máis escandalosas ou eliminar referencias incómodas nos textos das cancións. Vibracións prohibidas revisa os mecanismos de control aplicados durante a ditadura e a súa incidencia no mundo do pop e do rock, a través das portadas de discos da época e dos partes dos censores.


10 anos...


lunes, 12 de noviembre de 2012

Ven 23... Black Grooves!!

A próxima semana chegará unha nova entrega das series Black Grooves!!, será o Venres 23 de novembro
No cartel Isaac Hayes como Truck Turner no filme de Jonathan Kaplan de 1974.


jueves, 8 de noviembre de 2012

Movember no Rif-Rock

Nos próximos días darémosvos información máis detallada do que faremos, tra-la reunión de sabios desta fin de semana (e xa vos dixemos que non será unha Festa do Bigote coma a do verán eh??), pero ide apuntando data na vosa a axenda: Venres 30 de novembro, Movember no Rif-Rock!!


importante!!!! normas Movember

estas son as normas Movember!!!

The Attention! "Gettin' All"

E despois das recomendacións de álbumes das últimas semanas centradas no universo do GZCanibal, xa tocaba compartir algunha novidade de máis alá... 
Así que hoxe toca o novo álbum dos austríacos The Attention!, que se cos seus dous anteriores álbumes xa os considerábamos coma unha das mellores bandas de garage/r'n'b europeo, con este novo traballo "Gettin' All" poñen o listón moi alto, pero moito eh? rhythm'n'blues de alto voltaxe, un auténtico bombazo!!

THE ATTENTION! "Gettin' All"
(Screaming Apple, 2012)


faite con Gettin'All en NosotrosSomosLosMuertos3.


miércoles, 7 de noviembre de 2012

Chris Masuak na Sala Moon

Recomendación das importantes que non deberiades deixar pasar. Este xoves na Sala Moon de Santiago poderemos ver a dos grandes, o australiano Chris Masuak, guitarrista dos Radio Birdman, ademáis de outros moitos proxectos coma New Christs, The Hitmen ou os Screaming Tribesmen, que nesta ocasión terá como banda de soporte a Los Eternos, e os sempre solventes Samesugas como anfitrións da velada, por só 10€. 
Se tedes oportunidade eu de vós non o perdería!!!


martes, 6 de noviembre de 2012

descarga Monkey Sessión (31 out)

Aquí tedes unha selección bastante macarra da sesión do pasado mércores 31 de outubro, compilando ós temas máis suxos, crudos e cavernícolas dos 60 (e algún dos 50) que soaron esa noite: The Novas, Jett Powers, The Frantics, The  Jesters, The Groupies ou Hasil Hadkins entre outros moitos...

Psychedelic Munstapha "Monkey Session"
(Sesión Rif-Rock 31 outubro 2012)


lunes, 5 de noviembre de 2012

Metralletas Lecheras "Et Les Filles De La Réalité"

Aquí temos catro novos temas dos Metralletas Lecheras, que por fin ven a luz tras un ano dende que foran gravados. Son tres temas propios 'La Realidad', 'Fraga se murió' e 'La Réalité', e 'Mutenroi' que é unha adaptación do Mongoloid dos Devo. Aproveitade mentres estén dispoñibles no seu bandcamp.

METRALLETAS LECHERAS "Et Les Filles De La Réalité"
(Metralletas Lecheras, 2012)



domingo, 4 de noviembre de 2012

La 4 Pared 'Bienvenidos a la Noche'

Aquí tedes o novo videoclip de La 4 Pared, recén presentado esta noite, co tema 'Bienvenidos a la Noche', que pertence ó seu último traballo "L4P2012 Cuatro". 
O clip é obra do propio Gus Fernández homenxeando ás míticas ilustracións animadas que realizaba Terry Gilliam para os Monty Python, ahí o tedes:


viernes, 2 de noviembre de 2012

Camarada Nimoy EP

E outro ep da terra que hai tempo que queríamos compartir é o debut dos vigueses Camarada Nimoy, pero que tiña perdido por ahí, e buscando ós Familia Caamagno polo blog do Toxo Rabudo pois tamén apareceron por alí...
Así que aquí o tedes, no seu bandcamp, e no netlabel O Toxo Rabudo
Eles mesmos preséntanse así:

Camarada Nimoy non son unha banda de surf nin de swing nin de jazz. Pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Dr. Spock en Star Trek.
Camarada Nimoy é a reunión de catro músicos cun obxectivo: levantar unha proposta propia que se alimenta da música lounge pero tamén do surf terror. Nalgun momento, Mancini; a seguir, Man or Astroman?. Sen poñer cotos ás posibilidades sonoras, pero coa idea de seren recoñecibles.
O grupo está formado por Pablo Muñiz (Transilvanians, Foggy Mental Breakdown) ao baixo, Gontxu Muiños (Skacha, Keltoi) a guitarra electrica, Diego de Luis (To Nowhere, Foggy Mental Breakdown), batería, e Paulo Pascual (Foggy Mental Breakdown, Trem Fantasma) a guitarra eléctrica e o theremin.
Lanzada por músicos procedentes de grupos máis escorados cara o rock, a proposta de Camarada Nimoy extrae deles outra experiencia. Unha estrutura dos temas tan peculiar como traballada e o uso da electrónica danlle un carácter diferenciado ao son da banda.
Aviso! Camarada Nimoy é un grupo instrumental ao que lle gusta moito o cine. Camarada Nimoy soa a banda sonora e o seu espectáculo medra coas imaxes que o grupo subministra ao público.

CAMARADA NIMOY "Camarada Nimoy EP"
(Camarada Nimoy / O Toxo Rabudo, 2012)


Familia Caamagno EP

Dende a Galiza máis profunda e remota chega a Familia Caamagno disposta a manter e perpetuar as súas raíces italoamericanas. Mesturando o garaxe, o blues, a empanada de pulpo, os spaguetti bolognesa, a proba dos rixóns, o rhythm and blues, o punk, o sexo nas obras, a hixiene persoal e a extorsión con swing, pretenden facer bailar a todos os que se acheguen ás súas galas. Aínda que non queiran.

Así se presentan os Familia Caamagno, podedes visita-lo seu bandcamp ou tamén facervos co ep no netlabel O Toxo Rabudo.

FAMILIA CAAMAGNO "Familia Caamagno EP"
(Familia Caamagno / O Toxo Rabudo, 2012)




Sáb.17nov: Kurco SoundSystem


Ven.9nov: sesión "Shakin' 60s"

jueves, 1 de noviembre de 2012

Novembro bigotudo...

Este días veríades nos xornais ou a tv o comezo dunha nova campaña da plataforma Movember. O certo que aínda non temos nada concretado, pero a noite pasada decidimos unirnos modestamente á iniciativa, así que a cousa é moi fácil, comezar o mes ben afeitados e ir deixando medrar o bigote durante todo novembro, e o venres 30 lóxicamente teremos que facer algo non???? ben pois niso estamos, aínda que xa vos digo que non será como a Festa do Bigote que facemos cada mes de agosto, isto é outra historia... 
Vós polo momento o único que tedes que facer é ir deixando medrar un bonito mostacho durante todo o mes, e nos próximos días xa vos iremos informando, no blog, no facebook ou a través de H.Fari que foi nomeado comisario do evento... por un novembro de bigotudos, por unha boa causa!!!



cousas raras da rede...

Esta xa é unha entrada de autobombo, pero tamén de agradecemento. Despois de tres meses reventando as estadísticas de visitas do que debería ser normal para o blog dun local de copas dunha vila pequena, por suposto supoñemos que a inmensa maioría son visitas que rematan no noso blog por erro, ou redirixidos por outros motivos, senón non se entende pasar das habituais 4000 - 6000 visitas mensuais á escalada dos últimos tres meses con 20 mil, 50 mil e os 68 mil do mes de outubro... en calqueira caso sabemos que todo iso non sirve para nada, pero é un bo momento para amosa-lo noso agradecemento ós que realmente se pasan polo blog, ós que nos seguen, comentan e difunden,  e ós que colaboran e fan que realmente sexa unha extensión máis do Rif-Rock, gracias!!!