miércoles, 31 de agosto de 2011

Comezamos Supermanager Eurobasket

Bueno bocazas, hoxe empezamos unha nova tunda estresante de supermánager... quedan unhas poucas hora para inscribir equipos, o prazo péchase ás 14:00h. para a primeira xornada, despois pódese entrar, pero facendo novos equipos, e polo tanto comezando con 0 puntos. 


Polo demáis, aproveito para avisar de que neste blog só pondremos puntuacións e clasificacións o final de cada fase, que senón sería moito lio estar actualizando tódo-los días...
Hala, sorte!!!

martes, 30 de agosto de 2011

Ulan Bator Trio "Stereo Hi-Fi"

E para rematar (polo momento) con Fela Borbone, imos cun dos seus traballos máis inspirados, o "Stereo Hi-Fi" dos Ulan Bator Trio. Royal Canin, Ulan Bator Trio ou Los Borbones sempre foi o mesmo, con diferente nome segundo o momento. A banda máis do it yourself do planeta , empregando sempre instrumentos construídos por eles mesmos con todo o que atopaban na basura e tocando donde podían, tamén na rúa, por que en moitos bares non lles deixaban. Cecáis na época de Ulan Bator Trio tiveron o seu mellor momento, baixo este nome publicaron dous 7'' e un lp. Este é o primeiro deles, de 1996 "Stereo Hi-fi" que nin está en stereo e o da alta fidelidade queda moi, pero que moi lonxe... na cara-A a extraña historia (recente lenda urbana para que non saiades de festa polas noites) de 'Riñón', e 'Morriña Mongola', unha especie de resposta asturiana ó 'Miña terra galega' de Siniestro Total (pero nada que ver con Lynyrd Skynyrd). Na cara-B 'Sistema Solar' e 'Zombi', imáxinádevos os temas con subtítulos como me cago en el e por el culo me dió un... tráxicas historias, e para rematar coa confesión de 'No sabemos tocar' solo sabemos mear... Logo chegarían o sete pulgadas "Bailando el Caga-Traga" no 97 e por fin o lp "Vinilisimo" en 1998 (si o atopades por algures avisade!!!). 
E si queredes escoita-lo que fai agora Fela Borbone, ide o seu myspace: Felón y su Mierdofón, no que está volcado co seu proxecto como solista.

ULAN BATOR TRIO "Stereo Hi-Fi"
(Alehop discos, 1996)


faite con él no blog Música Inclasificable:


"Rocanrrol por el puto morro" (fanzine de Fela Borbone)

Seguimos co universo de Fela Borbone e compañía, aquí téde-lo mítico fanzine "Rocanrrol por el puto morro", co que poderedes construir a vosa propia guitarra eléctrica, amplis e micros con case todo o que poderedes atopar na casa... ou senón seguro que na da vosa avoa...

O primeiro número o podedes atopar enteiro no blog do mesmo nome, cunha única entrada: http://rocanrolporelputomorro.blogspot.com/.


E tamén o terceiro volume (seguro que si buscades pola rede atoparedes tamén o segundo) como o presenta nunha edición económica (antes costaba 200 pesetas!) e máis breve, pero igual de instructiva, con este número poderedes construir unha nova guitarra electrica, pedal wah-wah e ata un contrabaixo para hillbillys... un incunable da inxeñería española de vanguardia...

Na web PapelContinuo.net podedes atopar estes dous números completos subidos no seu flickr: 

Los Borbones "Sé Mongol y no mires con quién"

Unha das cousas boas que ten a lamentable programación televisiva de tódo-los vráns é que repiten e repiten a maioría dos programas que normalmente botan a horas inhóspitas (cada un ten as súas) durante todo o ano, e concentrado en mes e medio... 

Nestes días voltaron repetir un programa Nube de Tags de La 2 (creo que de finais do ano pasado) no que sae o enorme Fela Borbone, mostrando a súa casa-taller, e o seu último invento como solista, tra-la desaparición de Los Bor-bones e Ulan Bator Trio, o 'Mierdofón', co que seguirá sendo por moitos anos (por se alguén o dudaba) o rei do underground das españas, ou como rezaba o lema da súa familia: Los Borbones, Los Reyes de la Basura. Igual moitos non o coñeciades de antes, pero era o propietario de Confecciones Drácula, e organizador do festival Funtastic Dracula Carnival (en Valencia primeiro e Benidorm despois) do que gracias a Los Hijos Bastardos de Peter Lorre sempre tiñamos os carteles, flyers e programas no local... seguro que iso xa vos sona máis...

Se xa coñecíades ó señor Borbone seguro que vos soubo a pouco, e se queredes saber máis da súa historia aquí tedes o tremendo documental do 2006 "Sé Mongol y no Mires con quién" dirixido por Pilar Velázquez y Anaiss Bartual, xa cousa seria, que foi premiado na cuarta edición do festival Beefeater In-Edit (Barcelona International Music Documentary Film Festival) un repaso en 45 minutos pola increíble historia destes asturianos afincados en Valencia... non vo-lo deberiades perder!!! (e nas próximas entradas, máis universo Borbone!)



"Sé Mongol y no mires con quién. Los Borbones, el documental"
2006: Pilar Velázquez y Anaiss Bartual
documental


Ah! e xa se me olvidaba, aquí tedes a Fela Borbone en TVE2 ensinándono-la súa casa e presentándonos o Mierdofón...


lunes, 29 de agosto de 2011

Archie Bronson Outfit "Fur"

Hai un par de meses compartíamos neste blog o último traballo dos Archie Bronson Outfit ("Coconut" do 2010), e xa comentabamos como seguían tentando endereza-lo rumbo despois de unha tempada bastante perdidos. Hoxe déuseme por voltar o seu fantástico debut, "Fur" do 2004 (xa o incluíramos nos mellores albumes do ano naquel incunable que foi o Despregable nº#0") e tras moito tempo sen escoitalo, aínda sona moito mellor. Pop escuro, ruidoso e suxo, rock cavernoso, un pouco de psychodelia de recheo, blues espacial, garage espeso e un pouco de kraut... reinterpretando as teorías do rock primitivo de Captain Beefheart no seculo XXI, sen máis complicacións aparentemente. Aínda que os singles foron 'Islands' e 'Kagaroo Heart', a min sempre me tiraron máis os seus machacóns 'Butterflies' e 'Here he comes' ou as arritmias de 'The Wheel Rolls on'. Un debut que seguramente nunca poderán superar...

ARCHIE BRONSON OUTFIT "Fur"
(Domino Recs, 2004)


faite con el en Aves Cantamañanas:


viernes, 26 de agosto de 2011

Telephones Rouges "Radio Control EP"

Xa había tempo que tiña pendiente compartir este "Radio Control" dos Telephones Rouges. A maioría xa os coñeceredes, pero por si acaso... son de Ogrobe, i este é o seu terceiro traballo (despois de "Liberté, la nuit" en For Noise's Sake no 2008 e "Telephones Rouges" autoeditado no 2008), e desta vez xa con máis recursos, grabado nos estudios Abrigueiro con Arturo Vaquero a finais do ano pasado, pero mantendo o seu do it yourself 100%. Por fin foi editado este ano, nun vinilo 10'' polo selo barcelonés Mama Vinyla Records. "Radio Control" son cinco temas, que como ben os describe en LaFonoteca.netsu concepción del ruido es anárquica, no tiene ningún sentido ni ninguna forma preconcebida, aunque en sus desarrollos podamos apreciar retazos noise, garage, kraut o punk... o que eu engadiría moito Sonic Youth e Big Black, pero con moito máis descaro ca eles. E hai xa un par de meses que teñen o video clip de "Helio" o temazo que abre o disco, dirixido por Javi Camino (director e guionista de Maldito Bastardo -ver Despregable nº20- e de outros clips recentes coma o de 'Nuestra fé en el veneno' dos Franc3s).
Eu merqueino esta semana por 8€ de nada, e alomenos en Santiago o atoparedes en tóda-las tendas, así que non o deixedes pasar. Senón por suposto tamén podedes descargalo freeeeee no seu bandcamp... 

TELEPHONES ROUGES "Radio Control EP"
(TR, 2010 / Mama Vinyla Records, 2011)




jueves, 25 de agosto de 2011

descarga "NiggerSoulFunk Vol.3 (fUCK'U Whiteys!)"

Aquí tedes un pouco da sesión do pasado Venres 19, con 15 temas negros, negros, negros... Ahí están Melvin Van Pebble, Archie Shepp, Curtis Mayfield, Syl Johnson, os Last Poets, Black Ivory e Ike Turner entre outros...

PSYCH.MUNSTAPHÀ "NiggerSoulFunk Vol.3: fUCK'U Whiteys!"
(sesión Rif-Rock 19 agosto 2011)


descarga fUCK'U Whiteys!!

'Del Apropiacionismo Ye-yé' en LdN.

Hoxe (a estas horas xa por onte) en Libro de Notas unha nova entrega da columna De Ventrílocuos Impostores, e terceira entrega consecutiva adicada ó apropiacionismo, desta vez cun breve repaso polas versións máis significativas do ye-yé made in Francia, Italia e España... a ver se polo menos botades unhas risas...


3ª entrega veraniega dedicada a versiones, y esta vez, con un poco de ye-yé.
El fenómeno ye-yé surge en Francia a finales de los años 50, la economía se recurpera de la 2ªGM y hay una nueva generación de jóvenes que non quieren ser como sus padres. Uno de los principales factores de la rebeldía era la nueva música, los éxitos del rock’n’roll primero, y del soul después llegados de los USA, y del folk, el rhythm’n’blues, y el beat de UK eran los referentes a copiar, y al igual que en el mundo anglosajón, la industria discográfica creció a base de copiar y versionar canciones de éxito con buenos músicos de estudio poniendo a una nueva cara con buena voz y listo, si funcionaba, otra oportunidad, y sino siguiente... En Francia se siguió este patrón al dedillo, pero casi siempre traduciendo las letras a su idioma, y mayoritariamente escogiendo a chicas como reclamo. De esta manera la habitual interjección ‘yeah’ anglosajona, se tradujo en los coros con continuos ‘ye-ye-ye...’ y así comenzó a conocerse como música ye-yé. Y de ahí derivó a Italia y España, y Alemania y Paises Bajos en menor medida. Todos con sus peculiaridades. Así que hoy haremos un breve repaso por tres de estos escenarios, a través de algunas de las mejores versiones hechas en los movimientos ye-yé de Francia, las dos grandes estrellas de Italia y terminaremos en España con un clásico del quiero y no puedo, que en este caso fue puedo pero no me dejan...

La difusión del ye-yé en Francia tuvo un medio excepcional, el programa de radio Salut Les Copains, que comenzó a emitirse en 1959 de forma ininterrumpida hasta el 69, presentando cada semana a nuevos valores. De allí salieron Sylvie Vartan, Françoise Hardy, Chantal Goya, Clothilde, Jane Birkin o Anna Karina. Al programa se unió una magazine mensual, dedicado a la música, moda, y todo lo más moderno posible, y así surgiría lo de las chichas ye-yé que iba mucho más allá de las cantantes.

Todo se versionaba, y normalmente con gran éxito y buenos resultados, para ello se contrataba a buenos arreglistas y solventes músicos de estudio, aquí un par de ejemplos, como esta versión de Eillen sobre el éxito de Nancy Sinatra, (el audio original francés aquí, el insertado en su versión en alemán):


Por supuesto, todos los éxitos de los Rolling Stones eran traducidos al instante, en algunas ocasiones como esta de Marie Laforet, sin nada que ver con el original: 

  

También otras mucho más melódicas, como esta versión del ‘Will you still love me tomorrow’ de Carole King (1960) interpretada por Jocelyne:


No siempre fueron versiones de éxitos extranjeros, uno de los mayores éxitos de la popular Anna Karina ('Roller Girl') llevaba por base el ‘Psyché Rock’ de Pierre Henry, en la primera versión pop de la electroacústica, y auténtica reivindicación de las vanguardias patrias. Del mismo modo que aquellas chicas no siempre eran una cara bonita con buena voz, algunas eran excelentes compositoras y músicos, como mejor ejemplo Jacqueline Taïeb con su ‘7 heures du matin’, una composición propia con numerosos guiños reconocibles y con una fuerza muy poco habitual en el género:


Pero tampoco fueron siempre chicas, a comienzos de los 60 eran la mayoría, pero con el éxito, todo se fue desdibujando, muchos jóvenes quisieron ser chicos ye-yé, algunos como Jacques Dutronc o Serge Gaingsbourg estaban tan sobrados de talento que apenas tuvieron que recurrir a la versiones, el resto querían seguir su estela y se atrevieron con subgéneros más diversos y muchos más ricos que sus compañeras de generación:

Desde el garage de Ronnie Bird en ‘Chante’, que versionaba la estupenda ‘I can only give you anything de los Them (del 66 todavía con Van Morrison en sus filas):


Sullivan convirtió el ‘(I Can’t Get No) Satifaction’ de los Rolling Stones en una ambigua pieza de psychodelia orientalista (‘Hashish Faction’) que no termina de dejar muy claro si está en contra de las drogas, o todo lo contrario:


Y uno de los más pesados, pero al que hai que reconocer que en medio de tanto drama y tanta tragedia melódica se atrevió con temas increíbles fue Claude François, el que más me gusta es ‘Un homme libre’ que capta a la perfección  el espíritu del original ‘I’m Alive’ de Don Fardon:


También es muy popular su versión del ‘If I hada a hammer’ (‘Si j’Avais un Marteau’), pero que se queda en nada si cambiamos de país...

Saltamos a Italia, allí el fenómeno ye-yé se inició también a finales de los 50, con menos repercusión inicial y con la impresionante Brunetta (e I suoi Balubas) como diva, las dos mayores exponentes italianas fueron Rita Pavone y Caterina Caselli, ambas cambiaron pronto el chip hacia lo casposo, pero en pocos años tuvieron tiempo para convertirse para siempre en las chicas ye-yé italianas.
Caselli fue la gran estrella pop italiana de los años 60, apodada el Casco d’Oro, siempre fue mucho más proclive a hacer versiones de éxitos anglosajones, desde los Rolling Stones, convirtiendo el ‘Paint it, Black’ en un soso 'Tutto Nero' por exigencias del guión, o el ‘I’m a Believer’ de los Monkees convertido en el ‘Sono bugiarda’ mucho más gracioso y uno de sus mayores éxitos, en 1967:


Habitualmente incluía versiones de los Beatles y bandas muy melódicas en su repertorio televisivo, por eso vamos a destacar también este ‘Baby please dont go’ (un clasico del blues de los años 30 recuperado en los 60 por Them) como rareza:


Y en frente, Rita Pavone, Pel di Carota que en mi opinión tenía muchas más cualidades artísticas, tanto por su poderosa voz, como su facilidad expresiva, pero optó por la tradición melódica italiana, y dejó lo de la modernidad para contadas ocasiones. La mayoría de sus versiones eran nuevas interpretaciones de otros artistas italianos, por eso destacamos la ya mencionada de ‘If I had a Hammer’, convertida en esta insuperable ‘Datemi un martello’, desde luego la única versión en que de verdad te crees que quiere uno para usarlo...


Y saltamos nuevamente de pais a través de Rita Pavone (que igual que Caselli se versionearon a si mismas en español, con muy poco éxito), uno de sus primeros éxitos fue 'La partita di pallone'  de 1963, que ya ese mismo año fue versionada en España por una de las primeras chicas ye-yé en alcanzar realmente la fama, era Gelu con su 'El partido de Futbol'  del 63:



El fenómeno triunfó en España, pero siendo otra cosa. Aunque en realidad el ye-yé, era algo concreto, que a través del éxito fue creciendo y cambiando, como hemos visto ejemplos en Francia, en España fue desde el principio muchas más cosas, tantas que casi todo era ye-yé, o mejor dicho el ye-yé no era realmente nada. Para el público y los medios oficiales, llegó a asímilarse ye-yé con todo lo moderno, todo lo que venía del exterior (una década después de la autarquía todavía se recelaba en muchos sectores de todo lo foráneo, menos de las suecas, claro). Todo lo distinto a lo tradicional se consideró ye-yé, todo aquello que no fuesen sinfonías, boleros, jotas, flamenco y muiñeiras era ye-yé, cuando nos lo explica el tío José Luis López Vázquez nos queda mucho más claro:


Así entre el ye-yé español de los 60 encontramos todo: psycodelia, garage, soul o rhythm’n’blues, hasta el salto en los 70 hacia las formaciones de rock progresivo, cuando a los rockeros se le comenzó a identificar directamente como melenudos, todo era ye-yé. En este caso prescindimos de los chicos, porque hai fenómenos de todo tipo, pero realmente en España no hubo muchos chicos auténticamente ye-yés. Y Chicas? mencionábamos a Gelu como una de las pioneras, sobra decir que hubo unas cuantas más, aunque no todas grabaron en estudio, pero en cualquier caso todas ellas fueron eclipsadas en la memoria colectiva por Conchita Velasco, con su ‘Chica Ye-yé’ de 1965, uno de los mayores éxitos de la historia musical española, tema generacional, icono cultural y demás, la lógica indicaría que este tema abriría las puertas a más chicas ye-yé, que las discográficas se lanzasen a por nuevas estrellas, pero sin embargo no fue así, no más chicas ye-yé, Desde entonces en España solo habría una chica ye-yé y ninguna más. Así de ridículo y así de real. Como en muchos otros ámbitos culturales, pero sobre todo en la música, todo lo que no podía ser asimilado por ese nuevo folklore aperturista y artificial del ‘tipical spanish’ era ignorado, y borrado de lo memoria colectiva (y así hasta no hace mucho tiempo, muy poco diría yo... pero ese ya es otro asunto para filosofar sobre los documentales de música española de tve y dejar salir la furia de la vergüenza que dan...).

Una de esas chicas eclipsadas fue Sonia, precoz estrella infantil, que desde muy joven fue prototipo de chica ye-yé, en sus eps versionaba temas de Cliff Richard & The Shadows, el ‘If I had a hammer’ de Pete Seeger, convertida en ‘Si tuviera un martillo’ totalmente en la onda de la misma Rita Pavone de quién también versionó otros de sus éxitos, pero que en este caso podréis entender perfectamente lo del ye-ye-ye... fue su mayor éxito comercial:


También hizo versiones de bandas británicas como Manfred Mann y su poco afortunada 'Do Wah Diddy Diddy', abandonó su carrera en 1966 por la escasa atención que recibía de su discográfica y la nula promoción de sus discos. Pero con el paso de los años siempre será recordada por su fantástica versión del ‘Get off my Cloud’ de los Rolling Stones, ‘Aquí en mi nube’:


Y por último saltamos hacia finales de la década para encontrarnos con Shelly y La Nueva Generación, una auténtica anomalía en cuanto al fenómeno ye-yé, y dentro de la propia música española. En primer lugar por que no era una chica contratada para cantar lo que le pusieran delante, sino que La Nueva Generación era una grupo de verdad, que componía sus propias canciones y que además tenía a una chica como cantante (Shelly era hija de españoles emigrados en Venezuela) de lo cual apenas hay casos, y sobre todo por que en apenas un año de existencia publicaron tres eps, con sus propios temas, totalmente freakbeat, algo que en España solo a unas pocas bandas les permitían sus discográficas (como Los Kifers, Los Gatos Negros o Los Salvajes en contadas ocasiones), participaron en películas, y completaron una gira americana. Y de repente desaparecieron como si jamás hubiesen existido. Quizás sea uno de esos caso en que eran demasiado avanzados para su momento, si escucháis 'I’m Just a Fool' o 'I’m a Poor Girl' veréis que esto ya no es la España cañí de Gelu, ni de Conchita Velasco, y es que Shelly no era exactamente el prototipo de chica ye-yé, sino que iba un poco más allá, nada de poses ingenuas, una voz tremenda y unos movimentos antes nunca vistos. Se supone que la separación vino por sus pocas ventas y la incomprensión de su propuesta. Su último single de 1969, fue ‘Vestido Azul’ una versión del tema ‘Vesti Azul’ compuesto por Nonato Buzar para Wilson Simonal, pero que no deja rastro alguno del tropicalismo brasileiro y lo convierten en puro freakbeat  y pop psicodélico:


Para que luego España se queje, de que aquí no había... de que no dejaban... y de lo que se olvida por el camino que? Como decía Reixa: <<Haiche moito ye-yé>>.

Mon Falcón
Ver artigo orixinal en LdN con enlaces, discografía, comentarios, etc...
[Publicado en Libro de Notas o 24-08-2011]


miércoles, 24 de agosto de 2011

O complot da Festa do Bigote.

Seguro que moitos xa escoitachedes algo desta historia, pero seguro que só a medias, e a maioría nada de nada. O 7 de agosto (domingo do Albariño) celebramos a 3ª Festa do Bigote do Rif-Rock, concurso de mostachos e celebración bizarra donde as haxa...  Todo iso xa o sabedes, e seguro que moitos de vós tamén coñecedes a verdadeira identidade do noso superheroe favorito, Super R (R de RifRocKerZ), un superhome que vive 365 días ó ano por e para a festa do bigote... o bó e o malo que ten esta festa é que se celebra xusto no último día das festas, que podes andar por ahí coma un indio todo o día sen que ninguén te chame a atención, pero temén corres o risco que non chegar en condicións óptimas a Festa do Bigote. Moitos dos favoritos nas apostas deste ano (visto o albariño de barbudos que estabamos a ter) non chegaron vivos ó domingo pola noite. Pero ese non foi o caso de Super R, chegou ó concurso, despois de todo un día metido no seu papel, facendo publicidade da festa, obrigando a xente a quedarse, e presumindo por adiantado de que este ano sería o gran triunfador... 


documento provisional de Impugnación do concurso
da 3ª Festa do Bigote, preparado en caso de resultar
gañador Super R. (fai click para ampliar)
Tanto presumiu de gañador por adiantado que outros aspirantes xa pola tarde prepararon un texto legal de inpugnación do concurso, deixándose levar polo entusiasmo de Super R e considerando a posibilidade dun novo tongo do xurado. Os firmantes apuntaban que Super R non lucía propiamente un bigote ou mostacho, e polo tanto non podería participar en ningunha das categorías premiadas nesta edición, e con moi bó criterio, que para eso teñen estudios xurídicos. 
Tedes o documento á vosa esquerda, picade para ampliar.

Pero todo iso xa non fixo falta. Super R chegou á Festa do Bigote... pero chegou tarde. Cando a votación do xurado estaba feita e todo o peixe vendido. Chegou para contempla-la entrega de premios... e ver un ano máis como se lle escapaba a gloria bigotuda por moi pouco, por un erro de cálculo (horario e alcohólico). Pero a historia non quedou ahí... tivo moito máis na re-Festa, na que nos intentou convencer de que era el o auténtico vencedor moral desta edición, insluso analizou o concurso no que non estivo, e prometeu voltar polo entroido... Aquí tedes o que podemos ensinar desa re-festa con Super R...




E ademáis, como vos prometera, aquí tedes o berro de guerra de Super R, convertido en politonos para móbil!!! En tres formatos, mp3 a 128 e 320, e tamén en audio AAC (m4a) para os máis sofisticados...


Descarga politonos R de RifRocKerZ!, pon a Super R no teu móbil!

E o ano que ven máis, xa queda menos para a 4ª Festa do Bigote...



martes, 23 de agosto de 2011

Presentación do DoloRock'11

Este sábado celébrase en Mosteiro (Meis) unha nova edición do DoloRock (DK'11, agora convertido en Dolorock Rias Baixas), creo que van sete ou oito edicións. Este ano con Lory Meyers, Fuel Fandango, Idealipsticks e Maryland. 
Tedes toda a info na súa web (http://www.dolorock.es/).

Pero antes, para o xoves 25, programan unha Festa de Presentación do Festival, en Cambados, co directo de Xoel López en acústico. 
Será as 22:00h. no Salón de Peña, con entrada gratuíta.

The Fleshtones "Brooklyn Sound Solution"

Novo disco dos Fleshtones, e xa van máis de 20 en 30 anos, e coma sempre, discazo!!! Desta vez acompáñaos Lenny Kaye (ex-guitarrista de Patti Smith) que ademáis de grabar guitarras tamén aporta o tema final da primeira cara ('Lost on Xandu'). "Brooklyn Sound Solution" inclúe máis instrumentais do normal, fantásticos! enter eles un ácido 'Day Tripper' versionando os Beatles, e o single de comezos de anos 'Bite of my Soul' (que acompañaban do 'Remember The Ramones' na cara-b), coma sempre se dí, non é o seu mellor disco, pero seredes incapaces de mante-los pes quietos...

THE FLESHTONES "Brooklyn Sound Solution (with Lenny Kaye)"
(Yep Rock, 2011)


facédevos con Sound Solution!.


lunes, 22 de agosto de 2011

Supermanager Eurobasket

Para os que se comían as uñas todo o verán esperando volver a xogar, e para os que por fin deixaron de ter pesadelos con tanta estatística, xa está aquí unha nova edición do Supermanager, breve, europea i extresante... 


Durante o EuroBasket 2011 de Lituania, e para facer un adestramento intensivo antes da tempada 2011-2012, desta vez 20 xornadas case sen descanso, cambios tódo-los días e pura lotería!! Por suposto xa creamos unha Liga Privada, buscádea por RIF-ROCK: Liga de Bocazas, e a cuchipanda q??? (o contrasinal é o mesmo que o da liga) nun principio está limitada a 25 equipos, con prioridade de entrada (só un equipo por participante) ós da Liga de Bocazas ACB 2010-2011, se vemos que hai que ampliala, xa o falamos entre todos e listo. E outra cousa importante: o que entre despois da primeira xornada ten que crear un equipo novo i empezar de cero, eh? nada de esperar a terceira xornada para tantear como vai, eh espabilados?
E cando remate, temos unha cea pendente eh???

viernes, 19 de agosto de 2011

Hoxe... "fUCK'U Whiteys!!"

Hoxe Venres...

Sun Ra


Sun Ra, filósofo, músico i extraterrestre. Un dos maíores xenios do planeta da música, e por suposto un dos máis excéntricos. Pioneiro na introducción de instrumentos electrónicos no jazz, todo se lle quedou pequeno, coa súa Sun Ra Arkestra superou os límites que ninguén se chegou a contemplar. Ataviado como herdeiro do deus Ra na terra levou o freejazz á súa dimensión espacial, i é que ata a súa morte, sempre dixo que viña de Saturno...


jueves, 18 de agosto de 2011

Archie Bell

Outro dos míticos álbumes da música negra é este "Tighten Up" de Archie Bell & The Drells, en 1968 un afroamericano en Texas achegou o soul ás súas cotas máis pop. Outro álbum que tampouco atopo para deixarvos enlace, proximamente subímo-lo nós e listo...



The Last Poets


Syl Johnson


miércoles, 17 de agosto de 2011

Syl Johnson "Back for a Taste of your Love"

Outro dos que sonará moito o venres é Syl Johnson, máis ocupado normalmente na producción, pero que cos seus álbumes tan repartidos no tempo é un dos nosos imprescindibles. "Back for a Taste of Your Love" de 1973 non é o seu mellor álbum, nin o que máis me gusta a min, e aínda que é un dos seus álbumes máis populares é demasiado suave... pero como ten case tódo-los enlaces dos seus discos cancelados, déixovos este a ver canto dura...


SYL JOHNSON "Back for a Taste of your Love"
(HI Recs, 1973)


faite con el no blog Joe Blow the Sample King:


Ike Turner

Empezamos co repaso a uns cantos protagonistas da sesión deste venres. De primeiro xa que protagoniza o cartel xunto coa elite dos Black Panthers, non podía ser outro que o polémico Ike Turner, en dous momentos moi distintos da súa carreira.




Love as Mental Disorder en "Vhalsan 1.0"

Dende hai un par de semanas, xa está dispoñible en descarga directa, o recopilatorio da axencia Vhalsan, no que aparecen (que é o que nos interesa) LOVE AS MENTAL DISORDER, co seu tema 'Noise Nation', o resto xa é moito máis metalero, e igual a moitos tamén vos gusta... 



Seguide informados no seu facebook ou no myspace
pola datas de concertos, ou novos temas e videos.

lunes, 15 de agosto de 2011

"The Rocklopedia Fakebandica"

Parece que por fin chegará en español un dos máis delirantes compendios da historia do rock'n'roll, e máis alá. The Rocklopedia Fakebandica é un traballo enciclopédico de T. Mike Childs que recopila tóda-las bandas, músicos e artistas falsos e inventados para a ocasión que aparecen en cine e televesión. Nunha exhaustiva labor documental que recolle bandas, membros, temas, compositores, todo contextualizado no seu momento histórico (real e ficticio) e con todo detalle da súa aparición en películas ou series de tv... ahí están por suposto Spinal Tab, The Rutles, Citizen Dick, Black Plague ou os Solfamidas... e centos de frikalladas máis, e o mellor de todo é que hai moitas máis que se nos escapan e logo teremos que buscar...


T. MIKE CHILDS "The Rocklopedia Fakebandica"
(St. Martin's Ed, 2004, 2011)


Anos despois da publcación do libro, xurdiu un proxecto na rede, que leva o mesmo nome que o libro, (a dirección é http://www.fakebands.com/) e que a modo de wikipedia tenta catalogar on-line todas esas bandas, con novas e permanentes liñas de discusión e para poder ter actualizado todo este catálogo con novos enxendros, que xa é máis coñecida como a Wikipedia Fakebandica. Para perderse!!.


domingo, 14 de agosto de 2011

Venres 19: "Fuck'U, Whiteys!!"

Aínda non sabemos de que irá a sesión de hoxe, nin tan sequera se abriremos mañán (luns 15, xa avisaremos) pero xa temos moito adiantado para unha nova sesión de NiggerSoulFunk do próximo Venres 19, moito espíritu Black Panther, e moito Ike Turner (pasamos totalmente de Tina), Sly Stone, Syl Johnson, Archie Shepp, e Pharoah Sanders ata os Last Poets, pasando totalmente dos whiteys... 


Acidjazz, deepfunk, blaxploitation, rhythm'n'blues, soul & dirty grooves 
con Psychedelic Munstaphà, en... "Fuck'U, Whiteys!!"


sábado, 13 de agosto de 2011

QOTSA "X Rated"

Outro dos vinilos que viñeron onte para casa xunto co de Warsaw, foi esta edición limita de do "Rated R" dos Queens of the Stone Age do 2000, máis coñecido fora dos USA ó principio como "Feel Good Hit of the Summer". A edición en vinilo fíxose cunha tirada limitada, idéntica á edición xaponesa, que en lugar de azul era vermello, i en vez de levar a "R" ben grande de aviso ós pais, levaba directamente unha "X", por facer algo así como unha edición porno, coa conseguinte carpeta interior moi ben decorada. Isto é puro marketing e nada máis, pero bueno, parte do circo para vender imaxe de malotes e tal... No contido o único que inclúe é o corte número #12, 'Ode to Clarissa', un dos seus mellores temas que fora deixado para a cara b do single "The Lost Art of Keeping a Secret" na súa versión orixinal de estudio, supoño que porque é demasiado bestia para a liña do disco . Cousas de ir de rebaixas, pero iso sí, xa habia anos que non o escoitaba, i é un discazo!!!!

QUEENS OF THE STONE AGE "X Rated"
(Interscope Recs, 2000, Vynil Ed)


Como no atopo exactamente esta edición para descargar por ningún lado, déixovos o enlace para a edición Deluxe do 2010, no seu 10º aniversario, un álbum doble, que inclué o "Rated R" no primeiro volume, e no segundo comeza co 'Ode to Clarissa' e segue con catro caras b máis e directos de recheo...

Aquí vos deixo o tema 'Ode to Clarissa' na presentación do álbum en directo no ano 2000 no Vintage Vynil:


viernes, 12 de agosto de 2011

Warsaw Was Raw.

Buscando un bó enlace para compartir o álbum de onte de Warsaw, atopeime con estes franceses Warsaw Was Raw, que aínda que poida soar a tributo ós mancunianos, nada ten que ver máis o xogo co palíndromo. Isto é hardcore abrasivo a toda hostia, non chegan a ser Spazz, pero o intentan...

WARSAW WAS RAW "Warsaw Was Raw EP"
(wrswwsrw/Three One G Records, 2008)


faite con el no blog Mierda Seca!:


jueves, 11 de agosto de 2011

Warsaw "Warsaw"

O clásico desta semana non debería precisar de moitas presentacións, pero por se acaso, Warsaw foron os comezos de Joy Division, ou non, os mesmos Joy Division antes do "Unknown Pleasures". Warsaw grabaron un disco en 1978, pero segundo a lenda os membros da banda rexeitaron a súa publicación por estar en desacordo coa posproducción que se fixera sen o seu consentimento, segundo outros xa se chamaban naquel entonces Joy Division, e titularían "Warsaw" o seu primeiro álbum, tal e como se chamaban ó comezo, a min gústame máis a primeira, i en calqueira caso nunca veu a luz por que Ian Curtis e compañía non quixeron... moitos deberían aprender. Logo moitos daqueles 11 temas verían a luz nos dous álbumes dos Joy Division, aquí xa estaban 'Transmission', 'Shadowplay' ou 'Interzone' pero moito máis sinxelos e punk. O resto deses temas se foron incluíndo como sesións de grabación para completar un ou outro recopilatorio da banda, pero non foi ata 1994 que se publicou, pero a medio camiño entre o que a banda e os productores querían, foi no 2007 cando se recuperaron as mesturas que convencía a Curtis e compañia, e publicouse tal e como fora grabado realmente pola banda, incluíndo iso sí os catro temas dos EP "An Ideal for Living", ademáis do tema 'As you said' xa de 1980 e que fora a cara b do single "Komakino", ademáis da demo nunca publicada (en edición oficial) do tema 'Warsaw'... unha auténtica xoia. 
Acabo de poñelo en vinilo, que merquei esta mañan, e soa de vicio!!! 
Non entendo porqué aínda non o tiña na colección!!!

WARSAW "Warsaw (+ bonus tracks)"
(Intermusic/DMM Cutting, 2007. Orix: 1978)


facédevos con el no blog Rarities-Bootlegs-Promos:


miércoles, 10 de agosto de 2011

"Newermind"

Xa hai tempo que quería compartir este álbum, pero ata hoxe que o lembrei. En setembro cúmprense 20 anos do lanzamento de "Nevermind" de Nirvana, a maioría de revistas e mags do mes que ven terán o asunto en portada e algunhas xa o cubriron nos habituais números de verán. Pero a estadounidense Spin acompaña o seu número especial adicado a tal conmemoración cun álbum tributo, no que encargan a trece bandas versionar cada un dos temas do 'Nevermind', o resultado é "Newermind" coa curiosa intervención dos Meat Puppets e The Vaselines, xunto con Midnight Juggernauts, Surfer Blood ou Telekinesis. Eclécticismo total, que tampouco é para botar foguetes, pero seguro que a moitos vos interesa. Podedes descargalo gratuítamente dende a web de Spin, ou dende o seu facebook, só tedes que dar unha dirección de email para que vos envíen o enlace.

V.A. "Newermind (Spin tributes to Nirvana's Nevermind)"
(Spin Magazine, 2011)



The Sonics "8"

Todo volve, os Sonics tamén 40 anos despois, pero o que ninguén se esperaba é que se atreveran a meterse novamente no estudio, facer xiras de auto-homenaxe para satisface-lo ego e enche-la carteira está moi ben, pero xa atreverse con temas novos é demasiado arriscado. The Sonics publicaron "8" no remate da súa xira de ano pasado, e un ano máis tarde chega a estas latitudes europeas. "8" é un EP de oito temas, catro novos grabados no estudio: 'Cheap Shades', 'Bad Attitude', 'Don't Back Down' e 'Vampire Kiss', que están amosan que os vellos están en forma, e veñen con moitas gañas, pero nada teñen que ver cos auténticos Sonics, e catro temas en directo desa xira de 2010. A ver que vos parece...

THE SONICS "8"
(The Sonics Record Co., 2010/11)




Todo o material do 12º Aniversario.

Unha das cousas que nos quedaba pendente e que tiña prometido era facer unha recopilación de todo o material do programa do 12º Aniversario, nunha mesma entrada, por si se vos quedou algo atrás. Así que imos por orde.

Comezamos o 2 de xullo, o mesmo día que cumpríamos 12 anos, cun concerto por todo o alto da RifRocKerZ BluesBand, formada polos habituais Paco Charlín e Piti 'drumz' acompañados nesta ocasión por Karlos Abal. Logo seguiulle a sesión de Bibliotecario Ye-Yé. Podedes ve-la grabación do concerto na nosa canle de youtube, todo seguido en lista de reproducción, e neste blog repartido en tres entradas (1ª parte, 2ª parte e 3ª parte). Ademáis con este concerto inauguramos experimento, convertíndoo a audio para estrenar as Rif-Rock Live Series, que atoparedes para descargar nesta entrada.

O seguinte fin de semana completouse con dúas sesións moi distintas:
O venres 8 de xullo foi o turno de Marinocha, aquí podedes descarga-la selección da súa sesión "Marinocha Über Alles".
O sábado 9 enfrontamos nunha sesión dobre a Cacatone contra Comomepos, aquí téde-las recopilacións que nos deixaron os dous selectores.

Rematamos co programa o Sábado 16. Foi o turno de Partículas Inestables, que nos presentaron en directo o seu show "Partículas Inestables Vs. El Engendro Mecánico", podedes ver na nosa canle de youtube, todo seguido nunha lista de reproducción, e neste blog en tres partes (1ª parte, 2ª parte, e 3ª parte) e ademáis tamén podedes recupera-lo montaxe audiovisual que Incomodo realizou para a ocasión e que lle daba título e servía de guía ó show. Podedes velo en youtube ou en vimeo, e nesta entrada tamén podes descargalo.
Ademáis aquela noite rematou cunha sesión de Kurco SoundSystem, que coma sempre tamén podedes descargar nesta entrada.

E por último, como tódo-los anos o clásico de cada verán, o recopilatorio de turno de cada aniversario do Rif-Rock. Para os que non chegáchedes a ter un orixinal, aquí tedes unha nova oportunidade para descargalo, nesta entrada o cd recopilatorio deste 12º Aniversario Rif-Rock

Así que xa sabedes, se vos perdíchedes algo do noso 12º Aniversario, aquí tedes todo o material, bastante completo non? 

Pois o próximo ano máis! E xa serán 13...