martes, 2 de agosto de 2011

3ª Festa do Bigote. bases

Amigos RifRocKerZ!!! Xa queda menos para a 
3ª FESTA DO BIGOTE
7 de Agosto, Domingo do Albariño.



E aquí están as normas para a 3ª FESTA DO BIGOTE:


A Festa do Bigote comeza oficialmente despois dos fogos do domingo do Albariño (7 de agosto). Prégase a tódo-los asistentes que aparezan con bigote, auténtico ou non, o que non leve o mostacho posto acudirá únicamente baixo a súa responsabilidade, a organización non se fai responsable do que lle poida pasar na súa cara ou na roupa...

Este ano haberá dúas categorías a concurso: o Mostacho Absoluto, e o Bigote Falso. A entrega de premios se celebrará aproximadamente entre as 2:30 e a 3:00h. da madrugada, (aínda que a festa aínda durará un par de horas máis) tra-la deliberación do xurado, que estará formado polos responsables do Rif-Rock e Cambados(TK). Os aspirantes deberán estar no local para a deliberación e recollida do premio, de non ser así, realizaríase unha nova deliberación.

Categoría do MOSTACHO ABSOLUTO (campión dos mostachos): 
- todo pelo natural do suxeito participante. 
- valorarase tamaño e orixinalidade.

Categoría de BIGOTE FALSO:
- inclúense nesta categoria os mostachos pintados ou postizos.
- 'preferiblemente' na cara.

Nas dúas categorías, os disfraces, pinturas, complementos, e performances e demáis elementos extras non teñen porqué puntuar estrictamente na votación, pero seguro que axudan a suxestionar ó xurado.


Se alguén bota en falta algo importante que faga suxerencias, ben nos comentarios desta entrada ou no evento de facebook, e xa veremos se as atendemos a razón...

* E por suposto: A organización resérvase o dereito de retirar, suspender ou modificar o concurso e modificar o contido das presentes bases en calquera momento no suposto de que aconteza calquera circunstancia imprevista que estea fora do seu control razoable... E tranquilos, que algún melenudo, para revalidar título, como non aparezca rapado vai ter moi difícil o do factor sorpresa...


No hay comentarios: