martes, 31 de mayo de 2011

12 anos dentro de nada...

En pouco máis de un mes cumprimos 12 anos... 
así que xa é hora de empezar a preparar algo, non?


sábado, 28 de mayo de 2011

"The Revolution will not be Televised"

Aquí tedes o temazo "The Revolution will not be Televised", na súa versión definitiva de 1971, coa letra, e unha pequena entrevista con Gil Scott-Heron a comezos dos 90 contándonos un pouco máis deste himno...


The Revolution Will Not Be Televised
You will not be able to stay home, brother. 
You will not be able to plug in, turn on and cop out. 
You will not be able to lose yourself on skag and skip, 
Skip out for beer during commercials, 
Because the revolution will not be televised. 
 The revolution will not be televised. 
The revolution will not be brought to you by Xerox 
In 4 parts without commercial interruptions. 
The revolution will not show you pictures of Nixon 
blowing a bugle and leading a charge by John Mitchell, 
General Abrams and Spiro Agnew to eat 
hog maws confiscated from a Harlem sanctuary.
The revolution will not be televised. 
 The revolution will not be brought to you 
by the Schaefer Award Theatre and will not star Natalie Woods 
and Steve McQueen or Bullwinkle and Julia. 
The revolution will not give your mouth sex appeal. 
The revolution will not get rid of the nubs. 
The revolution will not make you look five pounds thinner, 
because the revolution will not be televised, Brother. 
There will be no pictures of you and Willie May 
pushing that shopping cart down the block on the dead run, 
or trying to slide that color television into a stolen ambulance. 
NBC will not be able predict the winner at 8:32 or report from 29 districts. 
The revolution will not be televised. 
There will be no pictures of pigs shooting down brothers in the instant replay. 
There will be no pictures of pigs shooting down brothers in the instant replay.
There will be no pictures of Whitney Young being run 
out of Harlem on a rail with a brand new process. 
There will be no slow motion or still life of 
Roy Wilkens strolling through Watts in a Red, 
Black and Green liberation jumpsuit that he had been saving 
For just the proper occasion. Green Acres, The Beverly Hillbillies, 
and Hooterville Junction will no longer be so damned relevant, 
and women will not care if Dick finally gets down 
with Jane on Search for Tomorrow because Black people 
will be in the street looking for a brighter day. 
The revolution will not be televised. 
There will be no highlights on the eleven o'clock news 
and no pictures of hairy armed women liberationists
 and Jackie Onassis blowing her nose. 
The theme song will not be written by Jim Webb, 
Francis Scott Key, nor sung by Glen Campbell, Tom Jones, 
Johnny Cash, Englebert Humperdink, or the Rare Earth. 
The revolution will not be televised. 
 The revolution will not be right back after a message 
bbout a white tornado, white lightning, or white people. 
You will not have to worry about a dove in your bedroom, 
a tiger in your tank, or the giant in your toilet bowl. 
The revolution will not go better with Coke. 
The revolution will not fight the germs that may cause bad breath. 
The revolution will put you in the driver's seat. 
 The revolution will not be televised, 
will not be televised, will not be televised, will not be televised. 
The revolution will be no re-run brothers; 
The revolution will be live.




Gil Scott-Heron

Gil Scott-Heron
(1949-2011)


Onte deixounos un deses músicos malditos, un dos grandes, que ata o de agora nunca foi suficientemente recoñecido. Un dos maiores axitadores de conciencias afroamericanas, renovador do soul, pioneiro no spoken word e un dos pais do rap. Gil Scott-Heron está rodeado dunha historia delirante, o seu pai (xamaicano) foi o primeiro xogador negro en fichar polo Celtic de Glasgow, nos seus anos coma estudante adicouse á literatura, publicando dúas novelas ainda moi novo, e tras colaborar co pianista Brian Jackson decide entregarse por completo á música. A súa carreira non puido comezar mellor. O seu álbum de debut "A New Black Poet - Small Talk at 125th and Lenox" (Flying Dutchman/RCA, 1970) foi un éxito rotundo, pero resultou ser só un aviso, para "Pieces of a Man" (Flying Dutchman/RCA, 1970), que contiña algúns dos temas 

máis aclamados como 'Lady day & John Coltrane', un homenaxe a Billie Holiday e Coltrane, ou os desgarradores lamentos de un yonky en 'Home is where the hatred is', pero todos estes hits solapados pola demoledora 'The Revolution will not be Televised', todo un himno para o Black Panther Party, que xa era unha revisión da primeira toma do seu álbum de debut, que chama ó levantamento e á participación activa dos afroamericanos na loita polos seus dereitos civís, non o poderán ver pola tv, igual que hoxe.
Esta é a primeira versión, de 1970:


Ademáis do mensaxe, a rítimica dos bongos e a cadencia do poeta Scott recitando convertiron este tema no punto de partida de todo o rap que veu despois, sobre todo dende a seguinte versión de 1971, con banda completa e cunha sección rítmica que quedou para a historia, algo que sen embargo eses bastardos hiphoperos nunca agradeceron. Continuou a súa carreira un tanto irregular ata o seu superéxito 'The Bottle' (do seu álbum "Secrets" de 1978, moito máis pop). A súa carreira foi decaendo, ata o punto que rematou por ser aclamado no Reino Unido i Europa (donde din que só ían a velo a xuventude branca) mentres nos USA foi prácticamente esquecido coma unha das grandes figuras que foi. En 2010 publicou un novo álbum tras 16 anos "I'm New Here". Morreu onte (27 de maio de 2011) no viaxe de volta de Europa ós USA. Levaba 20 anos enfermo de sida.

Grande Scott-Heron!!!!

jueves, 26 de mayo de 2011

"Huey - Black Panthers" de Agnès Varda.

Este é un dos mellores documentais sobre os Black Panthers, polo seu realismo e a súa inmediatez. Tivo que ser unha francesa, a directora Agnès Varda (considerada pioneira do cine feminista e incluso avoa da nouvelle vague) quen se comprometera co movemento ante a falla de interés (a causa das posibles represalias) de outros profesionais en USA. Non é o primeiro documental sobre os Black Panthers, pero sí o máis célebre pola súa veracidade e inmediatez cos feitos: comeza xusto trala detención de Huey Newton, un dos fundadores do Black Panthers Party polo suposto asasinato dun policía, que era unha falsa acusación, o filme documenta toda a campaña de protestas reclamando a súa liberación e os enfrontamentos coa policia... Free Huey!


*Tedes o video completo e sen cortes en Ubu Web, donde por suposto tamén o podedes descargar directamente.


"Huey - Black Panthers"
1968: Agnès Varda (Fra USA/Black Panthers)
documental.



1969: Year of the Panther



descarga "The Charles Bronson's Revenge Vol.2"

E aquí tedes un pouco da sesión do pasado venres 20 de maio, a segunda das entregas das series The Charles Bronson's Revenge de Munstapha, con moita máis basura subversiva...

Munstaphà "A Vinganza de Charles Bronson - Vol.2"
[sesión Rif-Rock 20-05-2011]


descarga Revenge Vol.2


miércoles, 25 de mayo de 2011

Black Lips "Arabia Mountain"

Volven os Black Lips e xa van polo séptimo (se incluímos o directo "Los Valientes del Mundo Nuevo"), e seguen en Vice Records, e aínda así seguen pasando de todo... do seu último disco "200 Million Thousand" dixeron eles mesmos que era malo, creo que simplemente para vender que este ía ser mellor... é certo que lle faltaba algún temazo deses para recordar, e desta vez sí que teñen un par deles, polo demáis pasan de todo i entregan 16 temas neste "Arabia Mountain", e iso é o mellor que poden facer. O disco aínda sairá na primeira semana de xuño, pero xa nos adiantaron singles, o primeiro 'Go Out and Get it' é seguramente o pero tema do álbum, e do video nin vos vou contar, o segundo xa é moito mellor 'Modern Art', e dende aquí todo mellora, aínda que menos lo-fi, e un pouco máis limpos, aínda que iso xa o dixemos tamén do anterior, e do anterior... a ver si vos seguen a gustar...

BLACK LIPS "Arabia Mountain"
(Vice Records, 2011)


faite con el en Indiecaciones:



martes, 24 de mayo de 2011

Archie Shepp en LdN.

Hoxe en Libro de Notas, unha nova entrega da columna De Ventrílocuos Impostores. Esta vez adicado a Archie Shepp un dos maís controvertidos músicos de jazz de tódo-los tempos, un dos máis heterodoxos e sen dúbida o máis comprometido socialmente co seu pobo...



Dia 24, resacón electoral, y todo un papelón para buscar una cierta actualidad que nos vincule a la realidad de estos días extraños, o logre evadirnos por completo. Nada mejor que una inocente búsqueda de ’24 de mayo’ en google para encontrarse con un fantástico titular: 24 de mayo de 1937, nace Vernon “Archie” Shepp. Y listo.

Así que este mes toca Archie Shepp, uno de los más  heterodoxos jazzman de todos los tiempos en lo musical, y sin duda el más comprometido en lo político e social. Cuando una vez le preguntaron por su música, se limitó a contestar estamos trabajando en buscar una nueva definición... Su historia y su obra se alejan tanto de todo lo que habitualmente relacionamos con el jazz, que le convierte en uno de esos fenómenos que tanto gustan al ventrílocuo. A sus 74 años continúa sorprendiendo con el compromiso de su discurso y de su versatilidad a la hora de encarar cualquier tipo de crossover jazzistico, abanderado eterno del freejazz, y posiblemente el mejor saxo tenor da historia, aunque desde ya muchos años con mucha menos actividad. Para acercarse a Shepp, ya podéis olvidaros del concepto de freejazz como música abstracta o incomprensible para profanos, y mucho menos que su propia historia sea la de los clásicos jazzmen afroamericanos. No podemos destripar su ilimitada discografía, pero sí presentaros un puñado de discos muy sorprendentes, y unas cuantas pinceladas sobre su vida.

Archie Shepp nació en Florida pero muy joven se mudó a Philadelphia, allí estudió piano, clarinete e saxo, además de licenciarse en literatura dramática. Sus inicios en la música fueron muy titubeantes, simpre puestos en una balanza que enfrentaba la música con el teatro. En 1960 forma parte de diversas bandas de rock y rhythm'n'blues, que resultaron un fracaso total, se inclina nuevamente por el teatro y viaja a New York con un contrato en una pequeña compañía, pero tras conseguir tocar junto con Bill Dixon en una jam session, retoma la música y forma en 1963 The New York Comtemporary Five. Casi de inmediato consiguen una gira por Europa, y en tan solo un año graban cuatro álbumes, pero se disuelven por non conseguir contratos en los USA. Shepp regresa a New York, donde consigue un contrato como músico de estudio para Impulse! Records, del ilustre John Coltrane, con quien aparece en las sesiones de "New Thing at Newport", "A Love Supreme" y "Ascenssion". Tras conocer su trabajo de cerca Coltrane apuesta por Shepp y se encarga de la grabación y producción de su álbum de debut "Four for Trane", cuatro temas de Coltrane interpretadas por Shepp.

Como todos los temas de su álbum de debut eran composiciones de Coltrane, mejor lo introducimos colaborando directamente con su maestro, aquí tenéis al saxo de Shepp en el 'Acknowledgement' de Coltrane en las sesiones para "A Love Supreme" de 1964:


Comenzaba así su carrera como auténtica estrella y con el padrino perfecto. Pero sin embargo, no actuó como la mayoría de músicos bohemios y a finales de los 60 consigue la hibilitación como profesor en la Universidad de Buffalo (NY), y luego en la mítica U-Mass (la University of Massachussets Amherst, donde permaneció hasta su jubilación en 2002). Además, cuando su actividad se vuelve más prolífica continúa grabando habitualmente en Francia... todo un inconformista que ya desde su segundo álbum quiso trascender los standards más clásicos del jazz moderno para acercarse al soul, al funk y al rhythm'n'blues como vía mucho más directa con la que trasmitir su mensaje al pueblo afroamericano. Álbumes como "Fire Music" de 1965, "The Magic of Ju-Ju" (1967), "For Losers" de 1971, e los tremendos "Attica Blues" e "The Cry of my People" ambos de 1972, son seguramente las más duras denuncias contra a represión hacia los afroamericanos, y los mejores alegatos musicales por la igualdad de derechos en un momento clave. En la segunda mitad de la década de 1970 vuelve musicalmente a la tradición, pero conservando su peculiar intensidad y su particular sonido. 

Desde su jubilación, como docente y como frontman, continúa como instrumentista acompañante de sus colegas, y con nuevos talentos a quién produce desde su sello Archieball Records. Todo un personaje atípico en el sacrosanto universo del jazz, que supo trascenderlo mientras se mantenía como una de sus figuras más respetadas. Aquí van cinco álbumes que no os deberíais perder:

En 1965 comienza a alejarse musicalmente de Coltrane, e inicia su período más reivindicativo social e políticamente. "Fire Music" está compuesto  tras el asesinato de Malcolm X, y dedicado por completo al mensaje del líder pan-africanista:


Tras grabar 7 discos en año y medio, Shepp se lanza ál vacío en 1967 abrazando la magia negra. Un disco que se entrega aparentemente al caos, pero que resulta hipnótico y nos traslada a ritmos más puros de otras latitudes. Además nos regala una de las portadas más fantásticas de la historia a cargo de Robert e Barbara Flynn:


Saltamos nuevamente un par de años y un montón de discos que componen una de sus etapas más luminosas y positivas, con álbumes como el brillante “Kwanza” (1969) y entramos de lleno en la década de 1970. "For Losers" es un mensaje de esperanza y unidad... unas sensaciones que resultan evidentes en 'Stick 'em up' ou en 'Abstract', pero que con la misma velociadad se convierte en otra cosa cuando llega al final del álbum con 'Un Croque Monsieur'...


El año 1972  es seguramente su gran año, será además su último con Impulse! Records, pero publicará los que seguramente sean sus discos más comprometidos. A coimienzos de año el furioso "Attica Blues" y en septiembre el desgarrador "The Cry of my People".

“Attica Blues” está inspirado por el motín de la prisión de Attica (NY) de finales de 1971, que comezó con una oleada de motines carcelarios iniciados en la prisión de San Quintín  (California) donde fue tiroteado el lider de los Black Panthers George Jackson, pero que en el caso de Attica terminó por convertirse en una de las mayores vergüenzas de la política interior estadounidense, una masacre de presos e rehenes, y finalmente en una victoria moral de los Black Panthers. Shepp escribió este furioso álbum en memoria de los presos de Attica e del propio G. Jackson, no todo iba a ser jazz, si no probad esto...


Por último “The Cry of My People” está considerado por muchos como su obra más equilibrada, para algunos incluso su obra maestra, pero este punto ya es mucho más controvertido, y quizás algunos se dejen llevan por carácter más religioso de su mensaje. Esta vez Shepp se acompaña de coros gospel (con la dircción del famoso Joe Lee Wilson), y distintas formaciones para sus ocho cortes: dos orquestas de cámara, un sexteto, un quinteto y una big bang al estilo popular, que acaban por hacer un repaso de tódo-los géneros afro americanos hasta la época, incluido el retorno a las raíces de ‘Africa Drum Suite’ o el swing de corte latino en ‘A Prayer’. Yo me quedo con el anterior aunque los académicos prefieren este.


Desde aquí, y “The Cry of my People” ya lo presagiaba, se produce un retorno a la tradición, aunque hablando de jazz eso siempre nos lleva a poco tiempo atrás, pero es cierto que tanto en los escenarios como en los estudios de grabación Shepp dio un paso atrás y cedió para siempre el protagonismo a otros acompañantes, provocando una cierta desidia a la hora de acercarse a sus obras de los últimos 40 años y relegándolo a un segundo lugar en la historia de la música para el cual la figura de Shepp es demasiado grande. Pero es que los creadores de mitos y la memoria de nuestro tiempo aborrecen a los tipos que siguen cumpliendo años.

Discografía completa de Archie Shepp en JazzDisco.

Mon Falcón
Ver artigo orixinal en LdN con enlaces, discografía, comentarios, etc...
[Publicado en Libro de Notas o 24-05-2011]

lunes, 23 de mayo de 2011

descarga "Psychedelic Munstapha Vol.5"

Aquí tedes unha selección da sesión do venres 13...

Psychedelic Munstaphà "Vol.5"
(sesión Rif-Rock 13-maio2011)


Psychedelic Munstapha: descarga o Vol.5!!!



jueves, 19 de mayo de 2011

"Candy" a BSO de Dave Grusin.

Na entrada anterior xa quedou máis que presentado o filme "Candy" e tamén a súa banda sonora. As composicións e dirección do gran Dave Grusin, que nunca será suficientemente recoñecido a pesar de ter un Oscar e 12 Grammys, coa colaboración dos The Byrds e incluir temas de Steppenwolf. Ó marxe de tóda-las súas composicións e arranxos, Grusin marcou a comezos dos 60 unha forma de compoñer para bandas sonoras, xa arrastrado dos seus primeiros traballos, como en "Kaleidoscope" (1964) sobre todo nesta "Candy" aínda que non é o seu mellor traballo, sí que é o máis arriscado, o máis underground, e o que marcará non só a súa carreira, senón a todo un xénero a unha xeración. Con eses cambios imposibles nun mesmo corte con marchas militares, tonadas medievais, guitarras clásicas españolas, e e furioso garage psycodélico cargado de fuzz, para rematar cunha atmósfera de sitar e campaniñas. Poucos tiveron tan pouca vergoña na hora de compoñer deste xeito chegando a obviar o jazz como base creativa (alomenos tan aparentemente). Se deixamos a Morricone e Mancini ó marxe, fixémonos en dúas famosas peliculas do seguinte ano, Easy Rider e Psych-Out, e sobre todo nas súas bandas sonoras, moitos máis populares ca esta (compostas por Roger McGuinn e Ronald Stein respectivamente) pero que sen embargo son deudoras do traballo de Grusin para Candy, sobre todo no primeiro caso que é o máis chamativo: Roger McGuinn era o vocalista dos Byrds, e por suposto traballou codo con codo con Dave Grusin na gravación da bso de Candy, logo tentou facelo el só coa bso de Easy Rider... pero xa non vale a pena comentalo. Entre as obras máis aclamadas de Grusin figuran O Graduado, os Fabulosos Baker Boys, Havana,  a desternillante Un Cadaver a los Postres (Murder by Death), Os Goonies, A Tapadeira ou Mulholland Falls, e Un lugar llamado milagro (pola que levou o seu único Oscar en 1988) ademáis das series de tv Colombo ou o Axente da CIPOL (un día haberá que adicarlle un artigo a Napoleón Solo e Illya Kuryakin), pero todos estes traballos máis esquecidos coma o que hoxe nos ocupa foron reuperados para o gran público polo compositor e dj irlandés David Holmes, en moitas das súas bandas sonoras (como nas da saga de Ocean's Eleven) ou nos seus traballos de remezclas e recuperadas en versión orixinal nas diversas coleccións que produce. Pero aquí vos deixo co álbum orixinal que Dave Grusin compuxo para ese disparate que foi Candy. Pura liserxia!


DAVE GRUSIN (con The Byrds e Steppenwolf) "Candy OST"
(ABC Recs, 1968)




faite coa bso de Candy no blog Sharing Needles:
http://i-alone-sharingneedles.blogspot.com/2010/11/candy-1968-movie-soundtrack.html


*Aviso para os que pretendades ver a peli Candy completa, este video que inclúe os temas 'Ascension to Virginity' (o mellor do álbum) e 'Marlon and his sacred Bird' (que abre a bso, pero pecha a película) contén a escena final do filme. Supoño que a poderedes ver igual despois por que só con isto non vos enterades de nada, pero si acaso...



Candy (1968)


En medio desta semana adicada á cultura de clubes dos 60, atopeime coa BSO de Candy, unha peli tan fantástica, coma descoñecida nesta esquina do mundo. Por iso, decidimos compartir a peli con todos, e adicarlle unha nova entrega de MONDO RifPOP.

Cartel orixinal de Candy en 1968.
Candy, o filme de 1968, é unha superproducción saturada de LSD se mire por donde se mire. Un rotundo éxito comercial nos USA no seu momento, e a día de hoxe unha peza de culto de primeira orde... e sen embargo, nesta esquina europea pouco ou nada se sabe dela, nen distribución, nin a día de hoxe que eu saiba, nin reedición en dvd en españa, nin nada, e iso que é unha coproducción entre os USA, Francia e Italia, que conta cun reparto de estrelas nada habitual para un disparate deste calibre e que xa lle gustaría a moitas pelis serias... Ademáis da xoven protagonista Ewa Aulin, ahí estaban Charles Aznavour, o gran Marlon Brando nun papel nada habitual, Richard Burton, James Coburn,  Walter Mathau, John Huston ou Ringo Starr. Todo un luxo, e aquí coma se nada.
A peli está dirixida por Christian Marquand, un actor francés (por certo fillo de español), que ademáis tivo a osadía de dirixir dúas películas. En realidade é un deses tipos inquietos que lle daba a todo, foi guionista, actor en máis de 60 filmes (traballando con Chabrol, con Coppola en Apocalypse Now, un secundario dos de toda a vida, vamos...) e ata se atreveu a dirixir dúas pelis, a primeira foi Poker de Sangre en 1963, e no 68 repetiu disparate pero con moito máis presuposto con esta Candy. 

O filme está inspirado na novela do mesmo nome escrita polo xenial novelista beat Terry Southern en 1958 (que aquí firma co seu pseudónimo Maxwell Kenton) en colaboración con Mason Hoffenberg, que en realidade é unha renovación da novela de Voltaire "Cándido". Voltaire asímesmo asinara a obra como Monsieur le docteur Ralph e realmente nunca recoñeceu a súa autoría, pero non hai lugara dúbida que é unha sátira que realizou sobre a filosofía de Leibniz e a súa teima en cambiar o mundo...


Dende aquí pouco que ver con Voltaire, a novela Candy é un deses fenómenos descontrolados da literatura beat, no que se suceden un disparate tras doutro, dende o seu plantexamento inicial ata todo o desenrolo posterior. Tentando converter unha viaxe (outro deses trips alegóricos tan recurrentes na época) nun disparate de sexo, drogas e rock'n'roll. A novela busca a provocación ata resultar case pornográfica, no filme, evidentemente non era posible, pero tentaron que fose máis subida de tono que o habitual da súa época... a proba de que tampouco foi para tanto é que a día de hoxe os puritanos de youtube a toleran por completo. 


Ewa Aulin & Ringo Starr.
Pero vaiamos ó filme, pódovolo contar porque así vouvos aforrando algún susto e algún desaxuste dos de ter que volver atrás. Isto vai dunha aparente xove estudiante de instituto, Candy Cristian, interpretada pola xoven modelo sueca Ewa Aulin, que tras evita-la violación do seu poeta estrela que intervén no instituto coma se fose unha estrela do rock'n'roll, fuxe a casa e remata por deitarse cun dos xardineiros mexicanos que traballan na súa casa, nunha delirante escena mentres o poeta MacPhisto (que é Richard Burton) segue coa súa festa ó seu lado ata que chega toda a familia á casa. Ese seminarista mexicano metido a xardineiro é Ringo Starr na que é a súa primeira intervención no cine sen o acompañamento dos Beatles. 
O pai de Candy decide enviala a un internado a NY, para o cal viaxará cos seus tíos, nunha auténtica trip-movie na que se atopará cos persoaxes máis extravagantes, e que por suposto sucumbirán ós seus encantos... cepíllase a todo o que se lle pon diante. Pero é que en realidade Candy é un ser extraterrestre, e por suposto insaciable. Seminaristas, militares, malabaristas deformes, depravados intelectuais, confusión entre xemelgos, estudantes inocentes, participará nunha peli porno no underground neoiorquino, e rematará por cepillarse a todo un templo budista para rematar nunha orxia de hippies na que o tempo de amosa circular e tódo-los personaxes volven á escena... 
Marlon Brando como Gurú Grindl.
Entre outras moitas cousas, este filme é impagable só por ver a dous grandes actores en papeis absolutamente lonxanos ós seus perfís habituais, coma o implacable James Coburn facendo de ciruxano maníaco, e a Marlon Brando coma o Gurú Grindl, non se sabe moi ben se hindú, ou budista, ou somentes un aproveitado con moita cara. 

A súa viaxe consta de sete etapas, nas que logra fuxir do acoso do escritor borracho, dos mexicanos que perseguen á súa familia, da forzas aéreas (Walter Mathau é o xeneral), do terrible hospital e todo o seu persoal de chalados, e da súa familia... chega a NY i enrólase na gravación dunha peli porno que está a rodar nun restaurante italiano, todo se desmadra ata que chega a policía, logo Candy converterase na mascota-esclava dun xorobado ilusionista de circo, pero esa relación rematará cunha tolemia de festa de travestis, Candy fuxe e remata na luxosa carabana do Gurú Grindl, donde reproducen o Kamasutra enteiro e incluso lle engaden capítulos extra, mentres peregrinan cara o gran templo... e o final xa non vo-lo vou desvelar.

Candy e o Gurú Grindl comezando o ritual
Candy é cine POP en esta puro, excesivamente lisérxica, pero tamén hai que saber o que un vai a contemplar. É unha auténtica sucesión de disparates, un homenaxe ó absurdo e unha sátira de todo tipo de vínculos emocionais, sexan familiares, amorosos ou espirituais. Todo o que Candy toca se convirte en sexo, se admira a un escritor, este abusa dela, no refuxio da súa familia tamén aparece ó sexo incestuoso, e na relixión máis do mesmo. O mundo enteiro quere follar con Candy, i ela o sabe, ata o punto de dubidar se Candy é certamente unha víctima ou non...

Polo demáis a peli cecais pasou máis a historia pola súa banda sonora. Esto sí que é unha auténtica xoia de máximo calibre. Está composta e dirixida por Dave Grusin, un dos grandes compositores de bandas sonoras da historia do cine (O Graduado, Tootsie, Os Faulosos Baker Boys, Havana ou Mulholland Falls) e de series de tv (El Agente de CIPOL ou Colombo), e ademáis interpretada por Steppenwolf e The Byrds. Todo un luxo, que vos deixarei na seguinte entrada.

Botádelle un ollo a esta obra producto do LSD, que seguro que moitos de vós non a coñecedes. Aquí a tedes, en versión orixinal en 12 cortes:


Candy.
Fra-Ita-USA 1968. dir: Christian Marquand
guión de Buck Henry sobre novela "Candy" de Terry Southern.
reparto: Ewa Aulin, Charles Aznavour, Marlon Brando, Richard Burton, James Coburn, Walter Mathau, John Huston, Ringo Starr...


Xa me contaredes que vos pareceu...

Alis no Tetuán

Esta noite no Tetuán:
ALIS
presentando en acústico o seu novo álbum "Material de Disección"
[Xoves 19 maio, 22:00h. - entrada 6€]

miércoles, 18 de mayo de 2011

Esta noite... Afrobeat & Voodoo Rhythm!

Esta noite, no Soul&Sombra de Santiago de Compostela...
Afrobeat & Voodoo Rhythm con Munstaphà

O FdN 2011 x Kurco.

[Aquí vai outra entrada re-subida da semana pasada cando se caeu todo o servicio de blogger]

Esta é a crónica de Kurco sobre o Festival do Norte 2011.
directamente da súa nota en facebook


“Quién te lo iba a decir…” que despois de 10 anos que acabarías sendo unha das referencias nacionais no circuito festivaleiro. Un gran mérito, tendo en conta varios aspectos: a situación xeográfica que vai da man das inclemencias do tempo. Xa o di o nome: Festival do Norte. E no norte, por estas datas, nunca sabes como che vai vir. O ano pasado ben. Este ano mal e o que ven, xa se verá. O outro aspecto importante a ter en conta é que é un dos primeiros que se celebran. A vantaxe é que por ser o primeiro colles á xente con gañas de festa. A desvantaxe é que outros empecen a facer festivais nas mesmas datas. Coma o SOS de Murcia, que este ano restou xente que viña do interior. Pero é a lei da oferta e da demanda.

De tódolos xeitos, hai que decir que en liñas xerais a cousa saiu ben. En parte gracias á previsión da organización, que en 10 anos levas moitas ostias e dalgunha aprendes. Acerto ó poñer mega carpa para o escenario principal. Sacrificas aforo, pero sabes que os chaparróns non mollarán á xente (das piscinas de interior falaremos outro día). Acerto tamén habilitar parte do recinto interior de Fexdega para meter os postos de comida con sillas e mesas. Espero que este detalle se repita en sucesivas ocasións.
Con respecto ó cartel, notei divisións de opinións. Que hai moita xente de fóra. Que non coñezo a case ninguén, por fin se internacionaliza un pouco, mola ver grupos que tocaron en megafestivais no FdN… En fin, xa sabedes como vai isto, aínda que si é certo que este ano a aposta foi arriscada. Arriscada no sentido de que non se aseguraba un cheo ata a bandeira como en anos anteriores con grupos nacionais en pleno éxtase de popularidade ou con grupos consagrados na escena indie nacional. Este ano foi máis internacional. Grupos consolidados como !!!, lendas vivas coma Peter Hook ou The Vaselines e todo isto mesturado con grupos emerxentes da escea nacional comaTriángulo de Amor BizarroDelafé ou Nadadora.
A proposta do venres empezaba cedo co punk noise de Srasrsra, que apestaba a bizarrismo por canto sitio había, unha boa maneira de espabilar á xente que ía chegando. De seguido McEnroe e o seu pop lánguido que pouco pegaba co trallazo que soltaran anteriormente os coruñeses, aínda que servía de bo preámbulo para a chegada de Nadadora e a súa actuación bastante planetera. O que viña despois, máis que digno de mencionar musicalmente, é digno de mencionar pola resposta do público á actuación de Joe Crepúsculo e as gañas de festa do que se pasa por alí. Unha cabra pegando saltos polo escenario estaría moi ben de decorado e ninguén se extrañaría. Un tío que di que “Joy Division é unha chorrada” non merece (polo menos pola miña parte) maior atención.
No escenario grande a seguinte actuación tampouco será digna de mención, xa que o tontipop deEllos non engancha. En fin, ten que haber de todo. Menos mal que Chapel Club puxo un toque de distinción. Unha boa nova. Un gran descubrimento. Sons oitenteros sen cair en tópicos con toque guitarreiro. Sorpresa grata.
De seguido, Delafé y las Flores Azules intentaban encher o oco que deixaron os mencionados grupos en auxe. E abofé que estiveron á altura das expectativas. Que non sexan do meu agrado non quere decir que non vira a conexión entre o grupo e o público. Alguén tiña que facelo e tocoulle a eles. Á espera de ver a !!!, apareceron no escenario May 68, co seu pop electrónico. Non inventan nada, pero amenizaron o momento.
Cerrando o día, Nic Offer e os seus aparecen no escenario co seuelectro-punk-dance-funk-moveyoubodybaby para acabar de reventar pernas e o que faga falla. !!! (Chk Chk Chk) deron un recital de baile como nunca se vira no FdN, con Nic Offer como mestre de ceremonias, que non parou nin un intre de executar movementos insinuantes ó ritmo dos hits do grupo. Todo un luxo ter ós de NY aquí e que en 6 anos non cambiaron a súa proposta dance. Outro acerto.

Abrigo posto, calzado para a auga (que non sirveu de moito, a miña gorxa da fe) e un pouco de modorra pola que estaba caíndo. As previsións non fallaron e alí estaba a choiva. Moita, por certo, pero como comentaba antes, acerto da organización ó poner a megacarpa. Se a noite anterior foi un alivio para o fresco da noite, o sábado convertiuse no seguro de vida do FdN. Aínda que con lagoas (e nunca mellor dito), xa que a chuvia pasaba por debaixo das paredes da carpa creando un megacharco no medio do público. Como decía Isabel de TAB, había 2 continentes.
No escenario NovacaixagaliciaMirrors aproveitaban a situación de choiva e cunha carpa chea ata a bandeira despregaron a súa proposta electrónica e audiovisual máis preto de Kraftwerk que do pop británico. Interesante grupo que por outra parte resultaba certamente empalagoso e repetitivo hacia os momentos finais.
As inclemencias non só afectaban a Vilagarcía, ó parecer o avión que traía a Sexy Sadie sufriu un retraso o cal fixo que os mallorquíns non tiveran o tempo necesario para celebrar a reunificación. Aínda así, actuación digna cunha mirada atrás para dar paso ó futuro, Triángulo de Amor Bizarro, afectados polo retraso dos anteriores acurtando a súa actuación co conseguinte cabreo de máis de un (e de unha, Isabel). Tempo suficiente para despregar o muro sónico que os caracteriza, aínda que cabe destacar que coa incorporación do novo guitarrista o seu son é máis limpo, cousa de agradecer tocando nunha carpa que non beneficiou ós guitarrazos de Rodrigo. Final anticipado cun atronador acople en modo de protesta. Xa o dixen cando tocaron a primeira vez no FdN, estes chavales apuntan alto.
Tras ver ó futuro nacional, tocaba cita ca historia. Por partida doble. Primeiro cos escoceses The Vaselines e despois con Peter Hook.
Os primeiros xiraban cun novo disco que repasaron e ademáis deleitaron ó público cos seus temas míticos. Non sei ó resto, pero para min foi unha satisfación grande ver que este tipo de grupos que influiron en infinidades de bandas. Outro luxo e outro acerto. E a xente agredece este tipo de detalles. Pero para detalles, a segunda cita da historia. Oín falar pestes da posta en escea de Peter Hook, que non era capaz de acabar os concertos, que non tiña sentido remover cousas do pasado, etc… Peter Hook, exbaixista de Joy Division e New Order está de xira interpretando o Unknown Pleasures. A verdade é que tiña os meus reparos en esta proposta. Non porque non o vexa factible, se non pola reacción dun público ante un disco dunha atmósfera oscura e non precisamente alegre. Isto non vai funcionar, pensaba eu. Pero para a miña sorpresa, a proposta era a interpretación do mencionado disco nunha clave máis guitarreira e dixerible. Recoñezo que esperaba que fose máis fiel á versión do disco, pero o enfoque que lle deron non me decepcionou (aínda que para gustos, sabores, xa que moitos levaron a decepción da noite). Como remate final, Isolation, a primitiva Warsaw e a archiconocida Love Will Tear Us Apart, que puxo en pé ó público pedindo outro bis. Nota negativa da actuación de Peter Hook: o baixo non é atrezzo. Entendo que son moitos anos, pero para tocar un par de acordes en Shadowplay é mellor que non fagas nada e te dediques a cantar, que para posar, xa había moita modernita co guapo subido pola carpa adiante.
E co subidón de Love Will Tear… London Guns rematerían a noite mesturando sons con percusións.

E así remata outro FdN, 10º aniversario,  pasado por auga, con gratas sorpresas (coma sempre), con grupos que olvidar (coma sempre, por desgracia) pero cunha boa sensación de que este tinglado vai a máis co paso dos anos.

Vémonos para o ano?.


martes, 17 de mayo de 2011

Lois Pereiro

Lois Pereiro 
(1958-1996)


biografía extraída da web Mundo Lois:
Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid para continuar os seus estudos e alí fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996) —libro en que se inclúe o ensaio “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”, que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.

De regreso ao país, Pereiro figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións en que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello,Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostimento da revista Luzes de Galiza, onde viron a luz —para alén do ensaio xa citado— os oito primeiros capítulos da súa novela inconclusa Náufragos do paradiso.
En vida Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía de amor e enfermidade (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura. Enfermo de SIDA, Lois Pereiro faleceu na Coruña o 24 de maio de 1996 a causa do envelenamento por aceite de colza desnaturalizado, o mesmo día que se coñeceu a sentencia do caso.

Por suposto vos recomendo achegarvos á web Mundo Lois, e sobre todo que vaiades ve-lo espectáculo creado por Antón Reixa se tedes ocasión, mañan mesmo no Salón Teatro de Santiago. Na web tedes tóda-las datas e toda a información. Aquí tedes un minimo avance do show no que a escenografía audiovisual corre a cargo de Manu Paz. Non vo-lo perdades...


E dous videos máis, en primeiro lugar, a Xurxo Souto entonando un dos premonitorios poemas de despedida de Lois Pereiro:


E esta é 'Narcisismo' de Radio Océano con letra de Lois Pereiro.


Feliz día das letras a todos!!!


lunes, 16 de mayo de 2011

Keith Kessel "Don't Crowd Me"

[entrada re-subida, era do pasado xoves 12, de cando se caeu blogger]

Seguimos introducindo a sesión de mañan con máis fenómenos efímeros. The Impulses era unha banda de Seattle, formada en 1964, coma case todas sen saír do circuito de clubes locais, no que chegaron a ter un éxito bastante considerable, as composicións do seu lider Keith Kessel así coma os arranxos das versións que facían apuntaban a algo grande. En 1966 The Impulses conseguiron un contrato para lanza-lo seu primeiro single, un 7'' que debería levar na cara a, o seu éxito 'Don't Crowd Me', e na b 'Morning Sunshine'. Durante a gravación apareceron problemas entre a disqueira e o estudio, a gravación aplazouse, e o seu debut tivo que retrasarse, ó ano seguinte a banda disolveuse e nada máis se volveu saber do Impulses. Pero Keith Kessler seiguiu co seu empeño de grava-los seus temas, e así en 1968 conseguiu un acordo con Mike Wing para que pagase a debeda co estudio para libera-lo seu tema, e financiase a edición. E así foi, "Don't Crowd Me" foi publicado en 1968 por Keith Kessel (xa sin The Impulses), e converteuse nun éxito tremendo, ademáis do ben que quedaba na historia iso de ser unha banda fantasma. O tema responde á perfección cos parámetros do proto-punk do noroeste dos USA daquela época pero cunha rítmica beat moi pouco habitual. A letra, en contra das corporacións, dos gobernos, da guerra do vietnam e das masas que se deixan ir... Kessel sacouse a espiña, pero apesar do éxito abandonou a música. Don't Crowd Me!!!

A montaxe do video con Harvey Keitel é bastante apropiada...


Fin da Liga de Bocazas 2010-11


Última xornada do Supermánager 2010-2011, e record absoluto da tempada na nosa liga privada de Bocazas dos Rif. Nada se podía facer xa prácticamente para asaltar o primeiro posto da clasificación xeral, que dende case o principio era de Magic P (noraboa ó campión) pero aínda había moitos postos por decidir, tanto na xeral coma nos distintos apartados, e así foi. Así que agora ahí van tódo-los apartados. A próxima tempada máis, e se en setembro permiten facer ligas privadas no supermanager do Eurobasket, pois tamén...

Xornada 34. Top 5:
1º san fransisco: 241,60 [RECORD!!!!]
2º monhes: 229,20 

3º C.B. Chacarita: 228,80
4º magic p: 227,00
5º cambaditos: 212,20

Liga de Bocazas dos Venres no Rif. Clasificación final:
1º magic p: 5.348,60
2º Xuventude Tragove: 5.170,40
3º san fransisco: 5.157,40
4º Atutichurrasco: 5.130,80
5º Muñequita Linda: 4.951,80
6º Casquetes polares: 4.796,60
7º Katiuskas: 4.726,40
8º monhes: 4.723,80
9º C.B. Chacarita: 4.713,20
10º chejar e encher: 4.701,40
11º cambadinhos: 4.484,00
12º La Serna 90: 4.475,00
13º esquivabalas team: 4.423,40
14º Mamados United: 4.376,40
15º Smashing patakas: 4.331,20
16º moules team: 4.330,20
17º Larpeiros: 4.292,60
18º defense: 4.078,00
19º a ramallosa: 3.995,00
20º C.B. San Tomé do Mar: 3.496,40
21º Aivaio2: 3.415,80
22º xeitosos: 3.233,80
23º Dende Rusia con amor: 2.971,60
24º O QUE HAI E MOITO VIVIDOR.....!: 2.847,80
25º juventu divino tesoro: 2.732,00


domingo, 15 de mayo de 2011

sábado, 14 de mayo de 2011

8º Premio Ramón Cabanillas

Este sábado a partires das 21 horas vai ter lugar a entrega do VIII Premio Ramón Cabanillas que outorga a asociación de libreiros. Será no Auditorio da Xuventude e haberá poesía (recitarán Ramón Nogueira e Xose María Vila Ribadomar) e música (Aloia Ínsua e Manuel Antonio García Castro co saxo, Nacho González Castro coa zanfona e o acordeón, Miguel Costas ao piano e a actuación de Xoán Silva, Blas e Xaquín Xesteira).
Falarán Francisco Fernández Rei (académico) e Saúl Otero (pintor e mestre).
Organizan as librarías Ramón Cabanillas e Contos. Colaboran Unha Grande Chea, o grupo Xironsa e o Concello de Cambados.

[roubado de Cambados.tk]