lunes, 30 de septiembre de 2013

Melvins "Everybody loves Sausages"

Discazo de versións dos Melvins!! Xa saiu en maio, pero non nos enteramos ata a semana pasada buscando o seu novo single "Gaylord"... inclúe varias pezas que xa publicaran en 7'' e splits compartidos, pero "Everybody loves Sausages" son 13 temas de tódo-los xéneros, dende The Kinks e The Fugs, The Jam, Queen, The Scientists, Roxy Music, Throbbing Gristle, ou Divine!! impresionante!!

MELVINS "Everybody loves Sausages"
(Ipecac, 2013)


escóitao en NewAlbumReleases.


jueves, 26 de septiembre de 2013

comeza o Outono Codax Festival

Este fin de semana comeza en Santiago a terceira edición do Outono... este sábado (28 de setembro) na Sala Capitol primeira entrega con Barbara Lynn, Blackberry'N Mr Boo-Hoo e The Limboos. Apurade que quedades sen entradas!!

20 anos de "In Utero"

Para viciosos completistas, que sabemos que sodes moitos... xa está dispoñible a edición especial do 20 aniversario do "In Utero" de Nirvana, libro 3cs + dvd...



miércoles, 25 de septiembre de 2013

Os Acústicos no Pombal na prensa

Estamos moi satisfeitos coa repercusión da campaña para o Club Xuventude Baloncesto coa que nos involucramos. Por exemplo así contan na prensa desta primeira entrega dos Acústicos no Pombal, neste caso nos deportes de Arousa de La Voz de Galicia:

La campaña de socios del Xuven, en clave de sol.

La guitarra se escribe en clave de sol afirman algunos de los que dicen entender de estas cosas. Y extendiendo el argumento, podríamos concluir que la campaña de socios del Conservas de Cambados Xuventude se escribe también en clave de sol. En este apartado de la organización del club, el conjunto amarillo derrocha imaginación y cada semana llega una sorpresa.

The Muddy Beers
La última novedad apareció a media mañana de ayer en las redes sociales. El Facebook del Xuven colgaba un videoclip grabado en el pabellón de O Pombal. Hasta ahí, todo más o menos normal. Es decir, la música y el baloncesto son dos actividades intrínsicamente ligadas y que se suelen complementar durante los partidos. Pero había una sorpresa. O varias. La primera es que lo de ayer es el anuncio de una serie. Es decir, no se va a limitar a un grupo. Y ahora viene lo mejor. Los músicos son exjugadores del club. Para abrir boca, The Muddy Beers haciendo una versión de un clásico de Merle Haggard. Donde el cantante de country tenía a California, es decir en su mente, los arousanos tienen a Cambados y de ahí salió ese grandioso I´ve got Cambados on my mind.

Hermanos
The Muddy Beers es un trío. Lo forman los hermanos Jorge y Martín López y Choche. Los dos primeros son de Portonovo, exjugadores (fue el presi Jorge Castiñeiras su entrenador en las categorías inferiores) y seguidores habituales del Xuven, según reconocía ayer Jorge. Él es quien lleva la voz cantante del grupo, nunca mejor dicho, y quien explica cómo se gestó todo. «En realidad, nosotros íbamos a actuar en la presentación del club pero por motivos laborales no pudimos y fue a ellos a los que se les ocurrió la idea», explica. Cuando habla de ellos, Jorge probablemente se refiera a Jacobo Aragunde, que es el directivo del Xuven que anda detrás de todo esto. Él, con la inestimable colaboración de Javi y Mon Falcón (del Rif-Rock) se lanzó a la aventura de grabar ese primer acústico en O Pombal. La iniciativa, pese a tener solo unas horas de vida, ha sido un completo éxito y el propio Aragunde decía que ya le habían llamado para preguntar si el asunto se iba a ampliar hasta programar algún concierto. «Como mucho alguna actuación en los descansos», adelantaba.

Carlos y Yeyo Abal
Ya está en marcha el segundo capítulo de Acústicos no Pombal. Los protagonistas serán otros dos hermanos: Carlos y Yeyo Abal. Del primero no hay duda sobre sus capacidades musicales pero más interés hay en comprobar el resultado que dará Yeyo, también exjugador del Xuven. Todo se enmarca en una campaña de promoción espectacular que comenzó con la decisión de la directiva de hacer las presentaciones de los jugadores en lugares emblemáticos de Cambados.

Antonio Garrido
La Voz de Galicia (deportes / arousa)
25 setembro 2013

martes, 24 de septiembre de 2013

Acústicos no Pombal: THE MUDDY BEERS

Aquí tedes a primeira entrega dos Acústicos no Pombal que vos anunciábamos a semana pasada. 

Trátase dunha nova campaña do Club Xuventude Baloncesto na súa nova andaina na LEB Plata 2013-14 en colaboración co Rif-Rock dunha idea orixinal de Xaco Aragunde, na que participan bandas ou músicos que tiveran formado parte do clube. A nós pareceunos unha xenialidade dende o primeiro momento, e esperamos que o resultado tamén vos guste a todos. 

Esta primeira entrega está protagonizada por unha das nosas banda favoritas do momento, THE MUDDY BEERS, e o tema 'Cambados on my Mind' que foi o que inspirou esta iniciativa durante un concerto no aniversario do Rif-Rock.
Si vos gusta, compartídeo!! e por suposto, atentos ás próximas entregas...



lunes, 23 de septiembre de 2013

Acusticos no Pombal... mañán a primeira entrega!!

Mañán subiremos a primeira entrega dos Acústicos no Pombal, unha nova campaña do Xuven en colaboración co Rif-Rock!! atentos...


sábado, 21 de septiembre de 2013

reedicións dos Union Carbide Productions


Recén reeditados os catro álbumes dos Union Carbide Productions!! edicións limitadas a 500 vinilos cada un, apurade que voan... 

A banda sueca publicou In the Air Tonight en 1987, Financially Dissatisfied, Philosophically Trying de 1989, From Influence to Ignorance de 1991 e o Swing de 1992... logo todo rematou para volver comezar con The Soundtrack of Our Lives (por se algún anda perdido).
Durante anos buscando estes discos (o único realmente dispoñible nos últimos anos era Remastared to be Recycled do 2005 no que regrababan os seus mellores temas). Agora Radium reedita os álbumes orixinais. Os que nos faltaban a nós xa veñen en camiño!, sen dúbida das mellores compras da nosa vida...



viernes, 20 de septiembre de 2013

[Revival Rif-Rock] Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, a 1ª vez na prensa...

Despois de todo o vran xa tocaba recuperar algun deses incunables do Revival Rif-Rock. Buscando no arquivo atopamos esta entrevista na prensa. É de hai xusto seis anos, cando aínda comezaban os que despois foron a nosa banda favorita sen lugar a dúbidas. 
O Faro de Vigo entrevistaba ó Sheriff Lorre como anuncio do primeiro concerto de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre no Rif-Rock, dentro do programa do noso 8º Aniversario.
Foi o 31 de agosto do 2007 (o concerto era ó día seguinte), e así comezou a fantástica aventura dunha banda que marcou por varios anos as noites máis salvaxes do Rif-Rock... pero esa historia xa a sabedes.

Para ver o recorte ben ampliado e ler a entrevista picade aqu'i.


jueves, 19 de septiembre de 2013

o próximo venres... Black Grooves!

O próximo venres (27 de setembro) nova entrega da serie Black Grooves!!


Rock around the Design, a expo do Outono Codax Festival

Mañán inaugúrase en Compostela a exposición do Outono Códax Festival: 
Rock around the design, o rock ao compás do deseño galego
Do 20 de setembro ó 27 de outubro!!

Rock Around the Design é a exposición da obra de oito artistas gráficos galegos a redor do mundo da cartelería musical. 

Os oito artistas galegos que participan na mostra son os encargados de transmitir o valor da arte gráfica a través das súas obras, expostas en oito emblemáticos locais de Compostela. Oito espazos diferentes que achegan un maior atractivo ás pezas: tradición, peculiaridade e beleza.


OS ARTISTAS_
RUBÉN SUÁREZ en RIANDE
XOSÉ LOIS GARCÍA en FARMACIA BESCANSA
ANDRÉS MAGÁN en BAR NEGREIRA
RAÚL BERMÚDEZ en CONFECCIONES Y TEJIDOS CELSA
ROBERTO ARGÜELLES en SOBRERERÍA IGLESIAS
SANTIAGO PAREDES en DROGUERÍA MAYO
ANTÓN QUINTÁNS en MERCERÍA ALGUI
DIEGO DE LA IGLESIA en CEPEDA

CATRINETA ("O CONCERTO DA TÚA VIDA")_
Na antiga tenda de Ultramarinos Recouso ("A tenda de Baldomero" ou "Tenda de Aurelia") actualmente reside Catrineta: Conserveira de Compostela, tenda especializada en conserva galega. Este local abranguerá a exposición conxunta O CONCERTO DA TÚA VIDA onde os oito artistas galegos proporán uns carteis imaxinarios do que sería un Outono ideal e imaxinario co mellores concertos da súa vida.

EXPOSICIÓN_
A exposición ROCK AROUND THE DESIGN. O rock ao compás do deseño galego reflicte a relación que existe entre deseño e música e destaca o valor da arte gráfica que a rodea. As portadas de discos, as entradas e, en especial, os carteis de concertos son pequenas obras de arte que achegan un valor engadido á música.

Os carteis decoran o escenario urbano, converté09ndose, así, en patrimonio público. En palabras de Blaise Cendrars "le espectacle est dans la rue". Pero a súa vida é fugaz. No momento en que ten lugar o espectáculo que anuncian remata a súa curta vida, excepto aqueles aos que se lles dá unha segunda oportunidade, algo que acontece cando alguén os recolle, os colecciona, os recompila ou os exhibe. Entón xa non son carteis, son algo máis que unha mensaxe atada a un momento. Son obras de arte.

OUTONO CÓDAX FESTIVAL_
Esta exposición é deseñada dentro do marco dos tres días de concertos que abrangue o Outono Códax Festival onde participarán bandas coma BARBARA LYNN, BLACKBERRY´N MR BOO-HOO, OSAKA MONOURAIL, LEFTIES SOUL CONNECTION, THE CHIFFONS... 

ROCK&PORTE_
Podes conseguir a túa entrada para os concertos do festival grazas a este "Rock&Porte". Facendo unha consumición ou compra en 10 dos establecementos colaboradores. Solicita o "Rock&Porte" en calquera destes establecementos e sela cada unha das compras nos mesmos.


Toda a información en_

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Sebadoh "Defend Yourself"

E hoxe tamén vos recomendamos o novo álbum dunha das nosas bandas de referencia, que nos enviou Comomepos, por que estamos certamente superados con tanto lanzamento últimamente....
Sebadoh volven con "Defend Yourself" a continuación do ep do ano pasado, e que ven sendo o primeiro álbum que pubican no que vai de século, o anterior foi "The Sebadoh" en 1999, e 14 anos despois Barlow e Loewenstein xa non son os mesmos pero parece que lle puxeron bastante empeño... recén saído esta semana, nas primeiras escoitas deixa con ganas de algo máis, pero a min dame con que con cada volta que lle demos nos parecerá cada vez mellor...

SEBADOH "Defend Yourself"
(Domino Records, 2013)
escoita Defend Yourself en NewAlbumReleases.


Trampoline "Motivations"

Onte fumos á presentación en Compostela do lp de debut dos vigueses Trampoline, o recén saído "Motivations" editado por eles mesmos... ahí fun con escasas referencias, pero coa insistencia de numerosas recomendacións, e ben que pagou a pena, folk norteamricano de factura moi pop, e impecables no directo!! Presentaron os temas do seu álbum (igual xa vos sona 'All you need') e uns cantos máis para futuras entregas. Se podedes velos non vo-los perdades!!


martes, 17 de septiembre de 2013

"Mudhoney, The Sound and the Fury from Seattle" de Keith Cameron

Ademáis das continuas reedicións de material case perdido de Mudhoney, a comezos de mes publicouse este libro "Mudhoney, The Sound and the Fury from Seattle" do omnipresente xornalista musical Keith Cameron. Xa veremos canto tarda en chegar unha edición traducida deste volume que se vende como a biografía definitiva da banda. Mentres sigan en activo non poderá ser definitiva, pero o que si está claro é que Arm e Turner aproveitan para saldar unhas cantas contas pendentes...

Keith Cameron "Mudhoney, The Sound and the Fury from Seattle
(Omnibus Press, 2013)


lunes, 16 de septiembre de 2013

Freakemacine 2013

recomendación nesta semana para os que estedes pola Coruña...


The Muddy Beers co Xuven...

O pasado venres estivemos grabando a primeira dunha pequena serie de concertos das nosas bandas habituais apoiando ó Xuven Conservas de Cambados na súa nova aventura en LEB prata... formacións con membros que pertenceron durante anos á disciplina do clube, case sempre coma xogadores. Unha iniciativa de Xaco que leva por nome Acústicos no Pombal, e á que o Rif-Rock se prestou sen pensalo dúas veces. 
Esta primeira entrega estivo protagonizada por The Muddy Beers, próximamente veredes o resultado, a ver que vos parece...



viernes, 13 de septiembre de 2013

Sáb 14: festa presentación do Xuven

Este sábado (14 de setembro) comeza a pretemporada do Xuven Conservas de Cambados de cara á nova aventura en LEB Prata. Pola tarde no pabillón do Pombal encontro amigable contra o Dragon Force Oporto (dende as 18:00h.). 

E pola noite festa de presentación da nova plantilla na Praza de Alfredo Brañas, dende as 22:30h. e coa actuación dos Radioactive Toy en concerto e despois os djs de ConexionDance.
Non vo-lo perdades!! ademáis coa presentación do carnet de socios do clube desta nova tempada descontos nas copas de tódo-los locais da praza!! 

E aquí vos deixo co primeiro video da campaña de aboados para esta tempada 2013-2014, realizada por Chourizo Films:


jueves, 12 de septiembre de 2013

Cheater Slicks "Reality is a Grape"

E aínda máis novidades discográficas... dende 2007 sen novos traballos dos Cheater Slicks, e por fin temos aquí este "Reality is a Grape"!!.
Cheater Slicks son unha das nosas bandas favoritas, unha desas  formacións incomprendidas polo público e maltratados pola industria pero que son unha referencia indiscutible no underground das últimas décadas e uns dos máis envexados pola súa absoluta independencia de calqueira tipo de presións. Trash, suciedade e coma sempre melodías incribles e sen deixar títere con cabeza. Dende a bestial 'Love ordeal' ata a fermosa (por decir algo) 'Hold on your soul'. Esto xa saiu a finais do ano pasado, pero ata agora que nos puidemos facer con el, e comprobar que seguen a ser os putos amos!!!


CHEATER SLICKS "Reality is a Grape"
(Columbus Discount Recordings, 2012)

escóitao en NewAlbumReleases.


Man or Astro-Man? "Defcon 5-4-3-2-1"

Outros que volven moitos anos despois son Man or Astro-Man? un dos mitos da nosa adolescencia... con esa historia de que a súa nave espacial se estampou en Alabama e decidiron montar unha banda de surf para infiltrarse entre os terrícolas. Despois das breves Anolog Series dos últimos anos e coa volta da formación de extraterrestres orixinal, chega este "Defcon 5-4-3-2-1" coa producción de Steve Albini, así que iso xa é unha garantía. 

Case nin o escoitamos, pero hai anos Man or Astro-Man? foron a bso das noites máis surrealistas que teñamos vivido, así que só por iso vai a recomendación. Algúns xa sabedes porqué...

MAN OR ATRO-MAN? "Defcon 5-4-3-2-1"
(Communicating Vessels/Chunklet, 2013)



miércoles, 11 de septiembre de 2013

Unicornibot "Mambotron"

Xa está aquí o novo álbum dos Unicornibot!! "Mambotron" é a súa terceira entrega e sae hoxe mesmo! Math Rock dende Pontevedra e unha das propostas máis excitantes da actualidade!!
Nós xa reservamos o noso vinilo, pero mentres xa o tedes dispoñible no seu bandcamp (dotheunicornibot) para escoitar e descargar de balde, aproveitade mentres dure...
Ademáis este venres 13 será a presentación oficial do álbum en directo na Zona C de Compostela, recomendado!!

UNICORNIBOT "Mambotron"
(Matapadre, 2013)



martes, 10 de septiembre de 2013

Primavera Sound Touring Party

Na segunda metade do novembro chega unha nova iniciativa da xente do Primavera Sound, un festival itinerante con 14 bandas que pasarán por 12 cidades, é o Primavera Sound Touring Party 2013,. A Sala Capitol de Santiago acollerá unha das súas etapas os días 23 e 24 de novembro, cos directos de Extraperlo, Paus, Svuper, The Free Fall Band, Antònia Font, Forguson, L'Hereu Escampa e ZA!. Lástima que non se pase Lee Renaldo...
Toda a info, entradas, etc na web PrimaveraSoundTouringParty.


lunes, 9 de septiembre de 2013

14º Aniversario, repásao todo!!

O pasado xoves subimos á rede o recopilatorio do 14º Aniversario do Rif-Rock para todos aqueles que vos quedáchedes sen un exemplar orixinal... e con iso xa está todo o material subido do Aniversario do 2013.
Ademáis do recopilatorio podedes revisa-los concertos de xullo con The Muddy Beers e Los Diablitos.
- descarga o recopilatorio do 14º Aniversario do Rif-Rock.
- concerto de The Muddy Beers do 6 de xullo
- concerto de Los Diablitos do 13 de xullo

Podedes repasa-lo todo na etiqueta 14º Aniversario!! 
e xa sabedes, o próximo ano máis...


Outono Codax Festival 2013

Xa queda menos para a 3ª edición Outono Capitol Rock Festival (este ano Outono Códax Festival polo patrocinio principal) que organizan un ano máis a xente de A Reixa na Sala Capitol de Compostela, e no que o Rif-Rock leva colaborando dende o seu inicio. As datas serán o 28 de setembro, e o 19 e 26 de outubro. 

Dende o pasado fin de semana xa tedes no Rif-Rock (o único punto fora de Compostela) toda a info, os folletos da exposión Rock around the design e os rock&portes para que consigades entradas gratis...


domingo, 8 de septiembre de 2013

descarga tRash Tra$h trAsH #6

Aquí tedes unha hora mesturada da sesión do venres...

Psych.Munstaphà "tRash Tra$h trAsH #6"
(sesión Rif-Rock 6 setembro 2013)
faite con trash#6 aquí.



jueves, 5 de septiembre de 2013

descarga o recopilatorio 14º Aniversario Rif-Rock!!

Aquí tedes a sesión máis agardada de cada ano...
14º Aniversario do Rif-Rock!!


descarga o recopilatorio do 14º Aniversario do Rif-Rock aquí!!
*[o rar inclue a sesión nunha pista de 46 mins a 320 Kbps + galleta e portada]



miércoles, 4 de septiembre de 2013

uns outtakes dos Radioactive Toy

Aquí tedes un par de temas dos Radioactive Toy do seu concerto no Rif-Rock do pasado 8 de xuño, uns outtakes xa case en plan jam sessión con Alberto Chaves á batería: Foxy Lady de Hendrix e un fragmento de algo así como un instrumental do Dani California dos Chili Peppers...


máis de Arctic Monkeys

O próximo luns sae a venda o novo álbum dos Arctic Monkeys "AM" cunha das portadas máis horribles que temos visto. Xa podedes atopar o álbum completo por bastantes sitios... pero xa me diredes que vós parece. 
Moitos dos temas teñen algo que me gusta, os dous singles anteriores de presentación o tiñan (R U Mine, Do I Wanna Know?) e con estre último Why'd You Only Call Me When You're High? o mesmo, pero repiten coa producción de Josh Homme, e este tipo nos últimos anos, todo o que toca o convirte nun tostón insoportable... e así resulta o disco.





martes, 3 de septiembre de 2013

Curtinaitis "Curtinaitis LP"

Por fin nos chega o debut en largo dos composteláns Curtinaitis. Un lp homónimo de oito temas de rock enérxico de factura moi hardcore pero cheo de matices psych e funk. A edición vai a cargo de Lixo Urbano. Nós xa temos o noso exemplar vinilo + cd, pero se non tedes unha tenda a mán, encargádeo directamente no seu bandcamp no que tamén podedes escoitar/descargar cinco dos temas.


Supermanager Eurobasket 2013

Xa quedan menos de 24h. para que comecemos unha nova edición express do supermanager de cada verán, Eurobasket 2013, breve e estresante coma sempre. A tódo-los habituais seguide o grupo do facebook, a nosa liga privada é "Bocazas de Verano RIF" e se algún se quere apuntar q avise por privado. Isto empeza mañán!!, prazo 14:15h. Sorte Bocazas!!


lunes, 2 de septiembre de 2013

The Dirtbombs "Ooey Gooey Chewy Ka-blooey!"

Mais novidades... novo traballo de Mick Collins con The Dirtbombs logo do paréntese de retorno con The Gories. Collins levaba anos avisando con grabar un álbum en plan bubblegum... e aquí está., chámase "Ooey Gooey Chewy Ka-blooey!" pero ó contrario dos seus outros discos de mitómano non inclúe ningunha versión, son dez temas feitos coa súa particular formación de dous baixos e dúas baterías dando forma a temas de bubblegum, power pop e ata melodías de inspiración Beach Boys dende as suas posibilidades de garage blues. Impresionante coma sempre, e por si o dubidabades, en vinilo rosa!!

THE DIRTBOMBS "Ooey Gooey Chewy Ka-blooey!"
(In the Red, 2013)


Xa o podedes escoitar en NewAlbumReleases.