Mañán inaugúrase en Compostela a exposición do Outono Códax Festival:
Rock around the design, o rock ao compás do deseño galego.
Do 20 de setembro ó 27 de outubro!!
Rock Around the Design é a exposición da obra de oito artistas gráficos galegos a redor do mundo da cartelería musical.
Os oito artistas galegos que participan na mostra son os encargados de transmitir o valor da arte gráfica a través das súas obras, expostas en oito emblemáticos locais de Compostela. Oito espazos diferentes que achegan un maior atractivo ás pezas: tradición, peculiaridade e beleza.
OS ARTISTAS_
RUBÉN SUÁREZ en RIANDE
XOSÉ LOIS GARCÍA en FARMACIA BESCANSA
ANDRÉS MAGÁN en BAR NEGREIRA
RAÚL BERMÚDEZ en CONFECCIONES Y TEJIDOS CELSA
ROBERTO ARGÜELLES en SOBRERERÍA IGLESIAS
SANTIAGO PAREDES en DROGUERÍA MAYO
ANTÓN QUINTÁNS en MERCERÍA ALGUI
DIEGO DE LA IGLESIA en CEPEDA
CATRINETA ("O CONCERTO DA TÚA VIDA")_
Na antiga tenda de Ultramarinos Recouso ("A tenda de Baldomero" ou "Tenda de Aurelia") actualmente reside Catrineta: Conserveira de Compostela, tenda especializada en conserva galega. Este local abranguerá a exposición conxunta O CONCERTO DA TÚA VIDA onde os oito artistas galegos proporán uns carteis imaxinarios do que sería un Outono ideal e imaxinario co mellores concertos da súa vida.
EXPOSICIÓN_
A exposición ROCK AROUND THE DESIGN. O rock ao compás do deseño galego reflicte a relación que existe entre deseño e música e destaca o valor da arte gráfica que a rodea. As portadas de discos, as entradas e, en especial, os carteis de concertos son pequenas obras de arte que achegan un valor engadido á música.
Os carteis decoran o escenario urbano, converté09ndose, así, en patrimonio público. En palabras de Blaise Cendrars "le espectacle est dans la rue". Pero a súa vida é fugaz. No momento en que ten lugar o espectáculo que anuncian remata a súa curta vida, excepto aqueles aos que se lles dá unha segunda oportunidade, algo que acontece cando alguén os recolle, os colecciona, os recompila ou os exhibe. Entón xa non son carteis, son algo máis que unha mensaxe atada a un momento. Son obras de arte.
Esta exposición é deseñada dentro do marco dos tres días de concertos que abrangue o Outono Códax Festival onde participarán bandas coma BARBARA LYNN, BLACKBERRY´N MR BOO-HOO, OSAKA MONOURAIL, LEFTIES SOUL CONNECTION, THE CHIFFONS...
ROCK&PORTE_
Podes conseguir a túa entrada para os concertos do festival grazas a este "Rock&Porte". Facendo unha consumición ou compra en 10 dos establecementos colaboradores. Solicita o "Rock&Porte" en calquera destes establecementos e sela cada unha das compras nos mesmos.
Toda a información en_
No hay comentarios:
Publicar un comentario