viernes, 10 de julio de 2020

Liz Phair "Historias de Terror"

A semana pasada sai o libro "Historias de Terror", as memorias de Liz Phair. Unha artista que me tivo cautivado durante unha boa tempada da miña adolescencia, e da que logo perdín a pista por completo.
Vai a ser unha das miñas lecturas deste verán seguro...


Así o presentan na web da Editorial Contra:
Cuando Liz Phair irrumpió en la escena musical independiente a principios de los noventa con su controvertido doble álbum Exile in Guyville —su particular respuesta, tema a tema, al célebre Exile on Main St. de los Rolling Stones—, su sinceridad descarnada, sexualidad sin tapujos y talento como escritora de canciones lo convirtieron en un disco fundamental del rock alternativo y en manifiesto generacional. Siguiendo la estela de otros iconos del rock como Patti Smith o Kim Gordon, Phair compone una original autobiografía a partir de diecisiete momentos clave de su vida a modo de cuentos morales que transpiran miedo, dolor, rabia, humor, sentimiento de culpa o patetismo a partes iguales. Sin hacer concesiones y dejando de lado la habitual autocomplacencia de las estrellas del rock, Phair hurga en las cicatrices que ha dejado una vida consagrada a la creación para concluir que son las traiciones —padecidas o infligidas— las que nos conforman como seres humanos.


jueves, 9 de julio de 2020

King Gizzard and The Lizard Wizard: "RATTY", o making of do "Infest the Rat's Nest"

En agosto do ano pasado, os australianos King Gizzard and The Lizard Wizard publicaban o que ata o de agora é o seu último álbum de estudio, o "Infest the Rats' Nest" (Flightless, 2019). Tras anos endurecendo o seu son, este álbum chegaba ao trash e ao doom.
O álbum interésame pouco, pero hai varias semanas que lanzaron o documental RATTY. The Making of King Gizzard's "Infest the Rats' Nest", no que amosan o proceso de producion do disco e cómo as composicións foron crecendo en varias jam sessions en medio das viaxes da banda, case en xira continua. Unha peza audiovisual moito máis interesante que o propio álbum.


O documental foi dirixido realizado John Angus Stewart coa produción de PHC Films, e inicialmente foi lanzado baixo demanda na súa canle de vimeo. Os beneficios destináronse a organizacións benéficas de apoio ás comunidades aboríxes australianas.
Dende esta semana xa está dispoñible de balde na rede.



miércoles, 8 de julio de 2020

"Fun House" The Stooges

The Stooges publicaban o "Fun House" un 7 de xullo de 1970, era o seu segundo álbum, que non ten ningún dos seus grandes hits, pero é a súa obra mestra fundamental. Un imprescindible das nosas vidas que cumpre 50 anos. 

THE STOOGES "Fun House"
(Elektra, 1970)



martes, 7 de julio de 2020

The Muddy Beers, no 2013

Imos con algo de revival...
Sabedes que no mes de xullo sempre preparabamos unha pequena programación especial para celebrar o aniversario do local, así que esta tempada temos moitos concertos para lembrar.
Desta vez imos ao 6 de xullo do 2013, no programa do 14º Aniversario do Rif-Rock ahí se plantaron os Muddy Beers no seu único concerto. Un breve proxecto que serviu de ponte entre Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e o que logo se foi configurando na formación de Dead Wood entre os múltiples proxectos dos irmáns Lorre e compañía. 
Sete anos atrás, foi unha das noites máis calorosas que lembramos das nosas vidas, e ben que sudaron estes catro fenómenos.
>> resumo do concerto aquí.


sábado, 20 de junio de 2020

Thee Blind Crows "I don´t care about your name"

Máis novas dos Thee Blind Crows.
En xaneiro chegaron os temas cos que de paso presentaban a súa nova formación ("Muy oscuro / Cuarto do pánico"), e en febreiro lanzaron outros dous ("Hold it on / Out of Control"), e esta semana foi o turno do clip dun novo tema: 'I don´t care about your name'. 
Ahí o tedes pura enerxía:


viernes, 19 de junio de 2020

Record Store Day 2020: RSD Drops!

No mes de abril debía celebrarse o Record Store Day. Debido ao confinamento adiouse para este 20 de xuño, pero ante as medidas de distanciamento social e limitación de aforos, tomáronse novas solucións.
A proposta será moi diferente este ano. Finalmente non haberá RSD tal e coma o coñecíamos, agora reconvertido no RSD Drops 2020, con tres datas no horizonte: 29 de agosto, 26 de setembro e 24 de outubro. As datas correspóndense cos novos prazos de lanzamento das edicións especiais realizadas para a ocasión, e tamén para dar un pouco de aire ao sector tras meses de parón, aínda que moitos selos manteñen a data deste sábado para lanzar moitas das edicións que xa estaban listas. 
Podedes ver o comunicado oficial na web do Record Store Day Spain aquí
E xa que temos máis tempo que outros anos, mellor que lle metades un bo repaso á lista de lanzamentos especiais para cada unha das datas previstas.
Salvemos as tendas de discos!!

jueves, 18 de junio de 2020

Melvins & Mudhoney "White Lazy Boy" EP

Imos con novos lanzamentos. Hoxe traémosvos a colaboración entre os Melvins e Mudhoney, neste pequeno EP que leva por título "White Lazy Boy". 
Non se trata dun split, senón da unión das bandas, e con moitas novas. Pola banda dos Melvins temos a Buzz Osborne e o baterista Dale Crover, aos que se lle uneu recentemente Steven McDonald ao baixo, sí o de Redd Kross; e pola parte dos Mudhoney participan Mark Arm e Steve Turner, dando forma a un quinteto de primeira liña.
"White Lazy Boy" son catro temas, dous novos compostos para a ocasión -'Walking Crazy' e 'Ten Minute Visitation'- ademáis de dúas versións: o 'My War' dos Black Flag, e 'Drive Back' de Neil Young.
Xa veremos se o proxecto ten novas entregas.

MELVINS / MUDHONEY "White Lazy Boy"
(Amphetamine Reptile Records, 2020)



miércoles, 17 de junio de 2020

Jarv Is 'Save the whale'

Jarvis Cocker está de volta.
O seu novo proxecto chámase sinxelamente Jarv Is, e leva meses promocionando material do seu álbum, que tivo que ser retrasado dende comezos de ano coma outros moitos.
Esta semana lanzou o clip de 'Save the Whale', como adianto do álbum "Beyond the Pale", e a súa data de saída, o 17 de xullo. Ganazas de escoitar máis!


martes, 16 de junio de 2020

The Manueles "The Manueles"

Máis novidades que chegan dende Ulomanía Coop.
Aquí está o lp de debut de The Manueles (ULO-010). 
The Manueles son un trío de surf formado polo amigo Virxilio da Silva, Chus Pazos e Juansi Santomé.
O álbum foi gravado, mesturado e masterizado por Jorge Explosión nos estudos Circo Perrotti de Xixón, e os deseños van a cargo de Irene Doce e Vixilio da Silva.
"The Manueles" está dispoñible en formato Lp 12'', nunha edición limitada de 300 copias numeradas a man, coa participación de Fonosaurios, Sweet Grooves Records e Ulomanía Coop.
Un auténtico cañonazo de surf. Apurade que voan...


THE MANUELES "The Manueles"
(Ulomanía Coop. / Fonosaurios / Sweet Grooves, 2020)



viernes, 12 de junio de 2020

Isi Vaamonde "ON"

ULO-013.
Xa tedes dispoñible o single "ON" de Isi Vaamonde no seu bandcamp, para escoitar, compartir e mercar, tanto en edición dixital e vinilo de 7''.
ON está editado por Fonosaurios e Ulomanía Coop.




jueves, 11 de junio de 2020

Pearl Jam, video de 'Jeremy'



'Jeremy' foi un dos grandes hits inlcuídos no álbum de debut de Pearl Jam.
Daquel "Ten" de 1991 saíron catro singles inesquecibles, un deles foi 'Jeremy', lanzado en setembro de 1992, seguramente o que tivo máis éxito, tanto o single en vinilo como as súas numerosas reedicións en cd ou maxi, e o seu videoclip.
Daquela difundiuse unha versión censurada, aínda que hai tempo que circula pola rede a versión íntegra.
Nestes días foi a propia banda a que promocionou a peza sen censura e restaurada, para conmemorar o Gun Violence Awareness Day, que conciencia sobre o perigo das armas de fogo en USA.



miércoles, 10 de junio de 2020

"Novo Feixismo Libertario" Lamprea Explosiva, Giusseppe e Bloque

A nova proposta do colectivo Caracol Negro é esta colleita de temas de tres bandas da casa. "Novo feixismo libertario" recolle dous temas dos Lamprea Explosiva, e a modo de split comparten con Giusseppe e Bloque. 
Xa sabedes, punk e faino ti mesmo.
Dende o 31 de maio xa o tedes dispoñible no bandcamp, xunto co clip de 'Flores', e próximamente sairá en vinilo 7''. Atentos!!

>> Novo Feixismo Libertario no bandcamp de Caracol Negro.


martes, 9 de junio de 2020

Corentena, a Expo

Volvemos á actividade tras varias semanas de descanso.
E comezamos cunha recomendación local, a expo Corentena.
Está pensada coma un reencontro dos artistas que residen na vila, mostrando a súa visión persoal desta situación.
No Pazo de Torrado de Cambados, ata o 5 de xullo.




domingo, 24 de mayo de 2020

Los Wavy Gravies en directo... Aloha from Simes!

Co mono que temos de concertos nestes meses, seguro que estades a aproveitar moitas das posibilidades que se nos están a ofrecer en streaming.
Para esta tarde promoñémosvos un planazo: Aloha from Simes!, con Los Wavy Gravies, en directo dende o seu local de ensaio, presentándonos en exclusiva o seu novo álbum "Rufus is back in Town".
Domingo 24 de maio 21:00h. en directo dende o facebook de Los Wavy Gravies.




sábado, 23 de mayo de 2020

Futuro Terror 'Komsomol'

Onte chegou outro adianto do novo álbum de Futuro Terror. 
O mes pasado lanzaban os temas 'Territorio Devastado' e 'Mañana', ao mesmo tempo que anunciaban o lanzamento do álbum "Sangre" e o seu retorno ao selo Humo Internacional (antes Discos Humeantes).
Este novo tema leva por título 'Komsomol', pola organización xuvenil do PCUS.
Lanzamento de "Sangre" previsto para o 22 de xuño. Reservas aquí.


viernes, 22 de mayo de 2020

"Unknown Pleasures: Reimagined" a serie completa


Máis de Joy Division. 
En xuño do 2019 cumpríanse 40 anos do seu primeiro lp, o alucinante "Unknown Pleasures". Un dos principais proxectos desta conmemoración foi o Unknown Pleasures: Reimagined, un proxecto audiovisual que reinterpreta en clave de videoclip cada un dos temas que compoñían o álbum. 10 temas, 10 videoclips, e 10 creadores con diferentes estilos e linguaxes creativas, todos representativos da nosa época. A serie completa conta coa producción executiva de Warren Jackson. 
Os lanzamentos comezaron en maio do ano pasado e aquí fumos compartindo cada unha das pezas que ían saíndo. Tras un parón, a pasada semana chegou a última entrega, antes de que todo se solape coas efemérides que se sucederan nestes meses con todo o relacionado coa banda.
Aquí tedes a serie completa:

- 'I Remember Nothing', por Helgi & Hörður.
- 'Insight', dirixido por Makoto Nagahisa.
- 'Day of the Lords', de Feargal Ward e Adrian Duncan.
- 'Interzone', por James Dimmock.
- 'Candidate', según Amos Poe.
- 'Shadowplay', por Vincent Moon.
- 'Disorder', segun Sean Evans.
- 'She's Lost Control', de Lorraine Nicholson.
- 'New Dawn Fades', de Warren Jackson e Orian Williams.
- 'Wilderness', de Lynne Ramsay.  

miércoles, 20 de mayo de 2020

Moving Through the Silence, homenaxe a Ian Curtis

O pasado 18 de maio cumpríanse 40 anos da morte de Ian Curtis, acelerando o fin dos Joy Division. En medio das efemérides contínuas das catro décadas de todo o material que lanzaron na súa efémera carreira, este ano houbo que improvisar concertos dun xeito diferente.
Un dos máis destacados foi o Moving Through the Silence. Celebrate the Life And Legacy of Ian Curtis, un programa en streaming organizado por Headstock Festival. Contaba cos propios Bernard Summer e Peter Hook como mestres de cerimonias e con diferentes convidados, entre os que estaban Brandon Flowers dos Killers, ou os Elbow, que versionaban temas de Joy Division entre charlas cos dous fundadores da banda. 
Aínda o tedes dispoñible en LiveMusicK (só tedes que rexistrarvos para velo).
Unha das sorpresas, foi a aparición de Mark Lanegan, acompañado pola banda Cold Cave, interpretando 'Isolation'.



martes, 19 de mayo de 2020

King Khan "No. 4 Blue Film Woman Soundtrack"

Comezamos semana con algo novo é certamente sorprendente.
King Khan ven de lanzar un 7'' con catro temas que son a banda sonora dun filme restaurado de finais dos 60s.
Trátase de Blue Film Woman, un filme de sexploitation xaponés, dirixido por Kan Mukai en 1969. Puro underground da época. Agora a compañía xermana Rapid Eye Movies ven de relanzala, e contaron con King Khan para crear dous novos temas cos que sustituir a unhas pezas de soul incluídas na versión orixinal sen licencia. O resultado son pezas de blues psychodélico, con bongos, sitares... e a orixinalidade habitual de King Khan.
Polo de agora tedes dous temas dispoñibles ('Sexploration in pink' e 'For your Pleasure') no bandcamp de King Khan, no que ademáis atoparedes un clip a medio camiño entre curta e teaser de 8 minutos co primeiro dos temas.
Por certo, tedes o trailer de Blue Film Woman aquí.

KING KHAN "No. 4 Blue Film Woman Soundtrack"
(Khanibalism / Rapid Eye Movies, 2020)



domingo, 17 de mayo de 2020

Día das Letras 2020

Bó día das Letras Galegas a todos!!
Este ano adicado a Carvalho Calero. Unha ocasión moi diferente ao que estamos acostumados, pero que non deixaremos de celebrar.



sábado, 16 de mayo de 2020

viernes, 15 de mayo de 2020

Los Wavy Gravies "Rufus is Back in Town"

A comezos de marzo en El Sótano de Radio 3 presentaron en primicia o tema 'Dirty Rufus' como adianto do novo lp de Los Wavy Gravies, e por fin aquí temos o seu novo lp e"Rufus is Back in Town" da man de Family Spree Recordings. 
Hoxe mesmo lanzaron todo: amosáronnos os deseños da cuberta, a cargo do amigo Rubén Suárez; o clip do tema 'Dirty Rufus' realizado por Juan Juste; e  por último tamén o álbum completo!
Xa o tedes dispoñible no seu bandcamp, para escoitar e mercar dende xa!
Nuns días volo destriparemos enteiro.

>> "Rufus is back in Town" no bandcamp de Family Spree Recs.



miércoles, 13 de mayo de 2020

Kraftwerk, Soester Konzert 1970

Coa morte de Florian Schneider a semana pasada estivemos repasando moito material dos míticos Kraftwerk, sobre todo dos seus inicios. 
Así que hoxe recomendamosvos o seu concerto en Soest en novembro de 1970, durante a xira de presentación do seu primeiro álbum. 
Por aquel entón presentábanse en formato trio, con florian Schneider, Klaus Dinger e Ralf Hütter.
Ata o de agora está considerado coma o primeiro dos seus concertos en terse rexistrado en video. Podedes atopar varias versións pola rede deste concerto, pero hai un par de anos o programa Rockpalast da canle xermana WDR ofreceuno con mellor calidade que as copias anteriores, e dende 2018 está dispoñible na súa canle de youtube.


martes, 12 de mayo de 2020

Playa Desmayo "Atardicidio"

Aquí traemos de novo o "Atardicidio" de Playa Desmayo.
O seu ep de debut, un 7'' con 5 temas que son un auténtico trallazo de garage-punk-surf. Trátase da referencia ULO-011 de Ulomanía Coop., editado xunto con Pafff... Bum Discos e Sweet Grooves Records, nunha tirada limitada a 300 copias.
Mentres van retomando a distribución das copias físicas, dende esta semana xa o tedes dispoñible no bandcamp da banda, e con premio.
Tanto se vos facedes coa edición dixital coma en 7'', teredes de agasallo o tema 'Máquina del Tiempo', gravada na mesma sesión da que saíron os temas de "Atardicidio" pero foi unha das que se quedou fora.
Agora só falta poder telos de novo en directo presentando esta xoia.


PLAYA DESMAYO "Atardicidio"
(Ulomanía Coop. / Pafff... Bum Discos / Sweet Grooves Records, 2020)



viernes, 8 de mayo de 2020

Ty Segall "Segall Smeagol"

Novo lanzamento de Ty Segall.
Trátase dun EP a modo de tributo a Harry Nilsson, con seis versións de temas do álbum "Nilsson Schmilsson" de 1971, un clasicazo de folk e pop barroco, que Seagall transforma en clave lo-fi.
Dende o mes pasado tedes dispoñible este "Segall Smeagol", e con descarga de balde, no seu bandcamp.
E se vos parece pouco, ou queredes máis, repasade tamén o "Pig Man Lives Vol. 1" de novembro pasado, con 47 cortes de demos correspondentes aos álbumes entre 2012 e 2018.


martes, 5 de mayo de 2020

Rockdelux 394: o número de despedida

Onte espertamos coa nova de que desaparece a Rockdelux.
Foron máis de 35 anos continuados nos quioscos, gracias á que descubrimos bandas incríbles, igual que libros, cine, comics e case calquer outra cousa... os cds que durante moitísimos anos acompañaban cada revista, os especiais, ou sobre todo aquela época na que tamén publicaban o Dancedelux, e sobre todo os 25 números da revista trimestral Factory que era a que realmente me tiña enganchado de adolescente... e pouco a pouco foime levando á RDL.
Hai moitos anos que mudaron a súa liña editorial, e xa só me facía con números soltos por algún contido especial, pero aínda conservo centos de exemplares da revista. Sen dúbida foi unha publicación coa que moitos crecimos, e a súa desaparición é unha nova terrible para a difusión cultural.
Para a súa despedida lanzan un número especial, o 394, coas recomendacións de 55 colaboradores, que abarcan todo tipo artefactos culturais. 
Sen dúbida hai que facerse con ela.
Aquí tedes a súa nota de despedida.
Ata sempre RDL!, e grazas!


lunes, 4 de mayo de 2020

jueves, 30 de abril de 2020

Pharoah Sanders "Live in Paris 1975"

Día Internacional do Jazz, así que imos con algo do xénero.
A recomendación de hoxe é dun dos grandes do jazz espiritual. Pharoah Sanders. A historia de Sanders é unha desas de loita contra os elementos, ata convertirse nun dos máis grandes, evolucionando dende o bebop cara o free jazz e o modal, e incorporando a rítmica africana nas súas composicións. Sen dúbida considerado un dos saxofonistas máis grandes da historia.
Nos seus primeiros anos chegou a grabar con Sun Ra, pero a comezos dos 60s pasou á primeira liña da man de John Coltrane, e trala súa morte continuou como pilar fundamental da banda de Alice Coltrane.
Dende ahí evolucionou ao jazz espiritual, plasmado en álbumes coma "Tauhid" ou "Karma" lanzados con Impulse! en 1967 e 69 respectivamente. Precisamente 'The Creator Has A Master Plan', a base do álbum "Karma", é unha das pezas centrais deste "Live in Paris 1975" que hoxe vos recomendamos, pero sen a parte vogal.

O álbum foi gravado polo Pharoah Sanders Quartet o 17 de novembro de 1975 no Grand Aditorium de Paris, sede do Studio 104 da Maison da Radio pública. A formación estaba composta por Sanders ao saxo, Danny Mixon piano e órgano, no contrabaixista Calvin Hill, e o baterista Greg Bandy. 
O repertorio daquela note repasaba algunhas das coposicións máis exitosas dos seus primeiros álbumes coma frontman: dúas partes de 'Love is Here', 'Farrell Tune', 'The Creator...', a suave 'IWant to talk about you', e o apoteósico final de 'Love is Everywhere' incorporando as voces cerimoniais, e rematando cun fantástico solo de Sanders.
Un concerto icónico, moitas veces mencionado, pero que nunca ata o de agora vira a luz coa suficiente calidade. Dende marzo xa o tedes dispoñible no selo Transversales Disques.

PHAROAH SANDERS "Live in Paris 1975 (Lost ORTF Recordings)"
(Transversales Disques, 2020)



martes, 28 de abril de 2020

Wild Honey Records "The Benefit of things to come"

Outra compilación con fins solidarios.
Neste caso chega do selo italiano Wild Honey Records: "The Benefit of Things to Come", e os seus ingresos destinaránse ao hospital de Bergamo.
Unha colección de bandas con Peawees ou The Midnight Kings, xunto con clasicazos coma Radio Birdman ou The Rubinoos. E a portada, recreando a mítica cuberta dos Refused.

>> Bandcamp de Wild Honey Records.



lunes, 27 de abril de 2020

The Groupies "Primitive"

Comezamos semana con lanzamentos.
Isto non é nada novo, pero case coma se o fora.
The Groupies foi unha banda seminal de garage 60s de New York, habitual nas mellores coleccións do xénero, pero tan efímeros que apenas tiveron pegada nin tempo para demostra-lo seu potencial. Dende os 80s convertíronse en banda de culto da man dos Cramps, que incluíron o seu mitico 'Primitive' no "Psychedelic Jungle" de 1981, e así chegou ata a nosa xeración.

Na súa formación básica eran Norman 'Cooker' Desrosiers, vocalista e armónica, Pete Hendleman na guitarra, Gordon McLaren ao baixo e Bobby Cortez na batería. O seu son foi moi característico, semellante aos primeiros Electric Prunes ou The Seeds.
The Groupies foron tan efémeros que só publicaron un single, "Primitive / Hog (I'm A Hog For You Baby)" con ATCO en 1966, con bastante éxito, triunfando nos clubes de NYC e probando fortuna en Los Angeles, pero a súa historia rematou ahí.
As súas gravacións foron escasas, pero deixaron máis do que puideron amosar ao mundo. No 2005, Sundazed recuperou dous temas máis das súas gravacións "Down In The Bottom / You Changed Again", coa versión de Willie Dixon, publicado nun 7''. 
Agora o selo BeatRocket (filial de Sundazed) recupera tódalas súas gravacións neste "Primitive". Por suposto os catro temas xa publicados, e unha boa colección de blues alucinado e garage psicodélico. Máis aló das coñecidas, recomendámosvos 'You'll be mine' ou a divertida 'You Can't Judge a Book By the Cover'. Inclúen entre os 13 cortes, o audio da presentación dun concerto que lles fixo Kim Fowley previo a 'Little Baby', e entre máis versións tamén atoparedes 'Gloria' dos Them.
Unha auténtica marabilla que recuperen esto.

THE GROUPIES "Primitive"
(BeatRocket, 2020)



domingo, 26 de abril de 2020

"QUARANTUNES: Songs From Self​-​Isolation" de Burger Records


Máis compilacións para estes tempos estraños.
Desta vez dun dos nosos selos de referencia. Dende Burger Records veñen de lanzar unha colección de 8 volumes co título de QUARANTUNES: Songs From Self​-​Isolation, e inclúe máis de 150 bandas e 8 horas de música dos artistas da compañía. 


Moitos temas foron gravados durante estas semanas de confinamento, e outros foron selecionados polas súas letras sobre o illamento, o fogar, etc... pero nada de baixón, isto ven de Burger Records. De mostra a enérxica 'I Wanna Stay Home With U' dos Table Scraps, pero tamén atoparedes a The Zeros, os Streetwalkin' Cheetahs, Die Group, The Sufis, ExBats ou The Fadeaways.
Inicialmente lanzáronse 7 volumes con 20 temas cada un, ao que logo se engadíu un volume máis de apéndice con outros 19 cortes. Os ingresos irán destinamos ás propias bandas durante este tempo de parón da actividade.

>>> Todo dispoñible no bandcamp de Burger Records.




viernes, 24 de abril de 2020

Fugazi "Repeater"

Esta semana cumpríronse 30 anos do lanzamento do "Repeater" de Fugazi. 
Xa sabedes que este é un dos álbumes da miña vida, se non o que máis... 
Como xa temos escrito demasiado sobre el, hoxe só podemos decirvos que o escoitaremos unhas cantas veces máis.
Un imprescincible.


 

jueves, 23 de abril de 2020

Día do Libro

Feliz día do Libro!! 
Calquera outro ano estaríamos decíndovos que saírades a mercar e agasallar libros. Este ano é distinto aínda que algo se pode facer, pero esperamos que aproveitedes o confinamento para devorar ducias de libros. 

foto: Meetmindful.

martes, 21 de abril de 2020

Malaraio "Demo"

A comezos de semana, os composteláns Malraio compartiron o seu novo.
Leva por título "Demo", e foi gravado nos estudios Potemkin de Santiago por Jacobo Iglesias e Dani Blanco, coa produción de Fon Botana, e as mesturas pasando por diferentes mans. Xa avisaran que todo o proceso presentara moitos maís problemas dos previstos, asi que alegrámonos de poder escoitalo rematado ao fin.
Son 8 temas que continúan a vía do seu anterior EP "Prótese", post-hardcore e melodías pop (pop pantanoso, din eles), e cunha instrumentación que gaña intensidade coa minutaxe de cada tema. As letras, por suposto, para escoitar varias veces e pensar un rato. 
Por escoller dous temas, diríamosvos 'Ninja' e 'Obsolescencia', pero temos moito tempo por diante para darlle máis voltas. 
Esperamos volver a velos en directo tan pronto coma sexa posible.

>> "Demo" no bandcamp de Malraio.

MALRAIO "Demo"
(Autoeditado, 2020)



domingo, 19 de abril de 2020

A estrea dos Dead Wood [Revival]

Imos facer un pouco de revival.
Poñemos o retrovisor cinco anos atrás, para recuperar o show de estrea dos Dead Wood. Foi o 11 de abril do 2015. Un orgullo de que escolleran ó Rif-Rock para a súa posta de largo.


Aquela primeira formación en directo era un trío formado polo Sheriff Lorre e Rufus el Guarro (a.k.a. Mr Bam Bam daquela), e Breo Gun, que un par de anos máis tarde deixou o proxecto por motivos profesionais.
Podedes recuparar o resumo daquela noite aquí, e todo o material dos Dead Wood nesta etiqueta.
Volveron periódicamente ao local, e pouco a pouco foron ampliando a formación, creceron no o seu repertorio, e lanzaron o seu debut en vinilo con Ulomanía Coop.("Spirit Away b/s CBA Blues"). E a día de hoxe ahí siguen coma unha das formacións máis orixinais da comarca. Nunca lles perdades a pista!

Aquí tedes o concerto completo daquela noite:



Matado por la Muerte Vol.3

Máis recopilatorios, pero este xa non é novo.
Hoxe recomendámosvos o terceiro volume do mellor recopilatorio actual de punk e hardcore en castelán. Trátase de Matado por la Muerte, cada volume faise esperar, pero cada vez que saen son un pepinazo. Os anteriores sairon no 2008 e 2014, e en outubro do 2019 lanzaron esta terceira entrega, con 21 temas de 18 bandas punk.
A edición física correu a cargo de Beat Generation, Discos Banana, Jgc Producciones e Un minuto de gloria.

VA "Matado por la Muerte Vol.3"
(Beat Generation / Discos Banana / Jgc Producciones / Un minuto de gloria, 2020)



sábado, 18 de abril de 2020

"33 Folc Songs the Beat a Pandemic" de Folc Records

Máis iniciativas para recadar fondos que destinar ao sector sanitario. 
Dende Folc Records fixeron esta enorme compilación de temas do seu extenso catálogo, recuperando temas de vellas edicións e tamén con temas inéditos. Atoporedes bandas de cabeceira, dende os Mudhoney, Coyote Men, Powersolo, Hipbone Slim, MFC Chicken ou King Salami, clásicos estatais coma Deltonos ou Señor No, e tamén bandas galegas do selo coma Familia Caamagno, Thee Blind Crows ou Terbutalina. Kick Out the Virus!!
Todo por só 7€, e con sorteos de discos entre os participantes.
>> Dipoñible no bandcamp de Folc Records.

VA "33 Folc Songs to Beat a Pandemiac"
(Folc Records, 2020)




viernes, 17 de abril de 2020

Futuro Terror `Territorio Devastado / Mañana'

Os alicantinos Futuro Terror están a preparar o seu retrono.
Esta mañan compartiron dous novos temas do seu próximo álbum, "Sangre", que saldrá con Humo, cando sexa posible, como tantos outros.
Aquí tedes 'Territorio Devastado' e 'Mañana' para ir facéndonos as ganas...



jueves, 16 de abril de 2020

The Dream Syndicate "The Universe Inside"

O venres pasado lanzouse o novo traballo dos Dream Syndicate, que despois dos adiantos que levaban lanzados xa apuntaba a que iamos a tolear con el.
"The Universe Inside" é unha volta de torca máis á nova liña da banda dende a súa reunión no 2013, na que se manteñen Steve Wynn e o baterista Dennis Duck dende a súa fundación e o baixista habitual Mark Walton dende a época anterior. Ademáis contan nestes últimos tempos coas guitarras de Jason Victor  e coa incorporación de Chris Cacavas nos teclados para este álbum. Ademáis suman nesta ocasión as colaboracións de Stephen McCarthy en multitude de cordas (sitar, steel), Marcus Tenney nos ventos (saxo e trompeta), e Johnny Hott coa percusión extra.
The Dream Syndicate foron un dos referentes daquel Paisley Underground californiano de metade dos 80s, que Wynn retomou máis de 25 anos despois coma se nada tivera pasado, con "How Did I Find Myself Here?" do 2017, "How We Found Ourselves ... Everywhere!" do 2018 no que adiantaban parte deste xiro á psicodelia, e "These Times" do 2019, todo con ANTI-.

THE DREAM SYNDICATE "The Universe Inside"
(ANTI-, 2020)


"The Unvierse Inside" xa é outra cousa, son cinco temas psicodélicos, poñendo ao seu servizo o rock, post-todo, e incluso arranxos de jazz, con sons e instrumentación de inspiración orientalista, recuperando as propostas máis ácidas de finais dos 60s.
En realidade, gravouse durante as sesións de "These Times", coma unha jam de 80 minutos, pero á que logo foron dando forma e unha identidade propia.
Abre coa descomunal 'The Regulator', que xa empregaron como presentación do álbum, unha peza de 20 minutos a modo de suite que dalgún modo xa desvela como seguirá o resto do álbum. En 'The Longing' retoman moitos dos elementos tradicionais da banda, pero para empregalos como contraste fronte ao ruidismo. 'Apropos of nothing' é segurament a peza máis psicodélica, acid rock con toques orientais e un increscendo que non acaba de estoupar, para conectar con 'Dusting off the Rust' un instrumental con ritmo máis frenético e maquinista. Para rematar, a fermosa 'The slowest rendition', síntese da psicodelia e o jazz cos Dream Syndicate dos 80s. 

A inspiración de Wynn segue a dar resultados fantásticos, nesta ocasión completando un xiro brutal iniciado coa recuperación da banda, e que veremos cara onde segue. Un discazo que vos sorprenderá, do mellor que levamos escoitado no que vai de ano con diferencia.


martes, 14 de abril de 2020

The Chats "High Risk Behaviour"

Máis recomendacións para o confinamento.
Hoxe achegámonos aos australianos The Chats.
"High Risk Behaviour" é o seu debut en lp , logo dun bo puñado de singles e eps nos últimos anos en diferentes formatos.
Son 14 temas que apenas chegan aos 28 minutos, que son todo un sopapo de aire fresco que tanta falta fai de cando en vez, e non te despistes por que se non podes perderte algún dos teus temas favoritos. Garage punk sen concecións á pausa, con influencia do hardcore californiano dos 80s: velocidade, diversión e todo actitude.
Quedámonos cos xiros de 'The Clap', 'Identity Theft' que a recuperan do single do ano pasado, 'Dine N Dash' ou 'Ross River' que son auténticos pepinazos, ou a enérxica 'Heatstroke'. Para o final nos deixan os temas máis elaborados, tanto por estrutura coma por duración: 'Do What I want' e 'Better than you'.
Todo un discazo de punk. Non o deixedes pasar.

>> High Risk Behaviour no bandcamp.

THE CHATS "High Risk Behaviour"
(Bargain Bin Records, 2020)