O pasado 18 de maio cumpríanse 40 anos da morte de Ian Curtis, acelerando o fin dos Joy Division. En medio das efemérides contínuas das catro décadas de todo o material que lanzaron na súa efémera carreira, este ano houbo que improvisar concertos dun xeito diferente.
Un dos máis destacados foi o Moving Through the Silence. Celebrate the Life And Legacy of Ian Curtis, un programa en streaming organizado por Headstock Festival. Contaba cos propios Bernard Summer e Peter Hook como mestres de cerimonias e con diferentes convidados, entre os que estaban Brandon Flowers dos Killers, ou os Elbow, que versionaban temas de Joy Division entre charlas cos dous fundadores da banda.
Aínda o tedes dispoñible en LiveMusicK (só tedes que rexistrarvos para velo).
Aínda o tedes dispoñible en LiveMusicK (só tedes que rexistrarvos para velo).
Unha das sorpresas, foi a aparición de Mark Lanegan, acompañado pola banda Cold Cave, interpretando 'Isolation'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario