viernes, 31 de mayo de 2019

Redd Kross 'Beyond the door'

¿Preparados para novo álbum de Redd Kross?
Sete anos despois presentan novo material. Aquí temos 'Beyond the door', o tema que da título ao seu novo álbum, que sairá con Merge Records a finais de agosto.



jueves, 30 de mayo de 2019

Jeff Walls

Jeff Walls "The Fresh Hammer"
(19?? - 2019)
The Woggles / Guadalcanal Diary

foto de Dena Flows (ver web), Purple Weekend 2016


miércoles, 29 de mayo de 2019

The Loons 'Memories have faces'


Novo material dos californianos The Loons. Polo momento temos que conformarnos só con este 7'' lanzado por Munster Records aproveitando a recente xira que fixeron por España. 
Neste 7'' inclúen a propia 'A Dream In Jade Green' coa que titulan o single, e na cara b 'Don't Make me wait' e 'Memories have faces' co que nos presentan o seu novo clip. Non temos máis info, pero esperemos que sexa o adianto dun novo álbum de Stax e compañía.
Xa dispoñible na web de Munster.


lunes, 27 de mayo de 2019

The WITCH (Zambia): We Intend To Cause Havoc, o documental


A comezos de mes, estreouse no IndieLisboa Film Festival o documental sobre os míticos The WITCH, acrónimo de We Intend To Cause Havoc, unha banda de Zambia de rock psycodélico dos 70s que foi a cabeza do Zamrock, e que por suposto asombrou ao mundo "occidental" cando os seus traballos foron recuperados polo selo xermano Shadocks hai uns dez anos, cando menos a toda a nosa xeración. Unha banda realmente sorprendente.
O documental trata básicamente a vida e obra do seu líder Emmanuel "Jagari" Chanda e da súa lenda, figura respetadísima no seu país, e no renacemendo desa banda co gaio das reedicións na década pasada. Ademáis dos protagonistas interveñen Jacco Gardner, Nic Mauskoviç, Patrick Mwondela, JJ Whitefield e Stefan Lilov entre outros. Dirixido por Gio Arlotta e coa produción de Clam Jam Productions e Pantheon Pictures. 
Unha vez estreado esperamos poder velo nalgún festival da terra canto antes.



viernes, 24 de mayo de 2019

esta note Black Grooves!


The Soul Motivators "Mindblastin" EP

E imos con algo de música negra para adiantar a sesión de mañán.
A finais de marzo, os canadenses The Soul Motivators lanzaron un novo EP con 5 temas. É o primeiro lanzamento que non sexa un 7'' dende o seu fantástico debut en lp "Free to Believe" no 2015, coa consistente mestura de breakbeats, grooves psydocélicos e funk decididamente 70s.
Aínda que a banda destaca pola súa vertente instrumental, o principal cambio chega na súa vocalista, Lydia Persaud foi substituída pola potente voz de Shahi Teruko, explosiva en 'Mindblastin' e 'All the way to the Bank', e máis pop no medio soul de 'Miss those day'. Por suposto incluén un instrumental marca da casa, 'Black Rhino', e tamén recuperan a versión vocal do tema 'Tell Me' que lanzaron o ano pasado en 7'' xunto con Rickey Calloway [ver entrada].
O peor é que se queda demasiado curto, quedamos con ganas de máis.

THE SOUL MOTIVATORS "Mindblastin" EP
(The Soul Motivators, 2019)



jueves, 23 de mayo de 2019

Night Beats "Perform the Sonics Boom"

Unha das sorpresas que nos atopamos a semana pasada foi o último lanzamento dos Night Beats, que logo do seu último álbum a comezos de ano "Myth of a Man", participaron no Record Store Day cun homenaxe aos Sonics.
"Night Beats perform The Sonics Boom" é exactamente iso. O "Boom" dos Sonics de 1966 gravado polos Night Beats do 2019, e supervisado pola produción de Samuel Shea, tentando ademáis de reproducilas nas mesmas condicións da época: equipos, saturación do son, e sobre todo moita enerxía.
Nada novo, pero unha auténtica peza de colección.

NIGHT BEATS "...perform The Sonics Boom"
(Heavenly Recordings, 2019)




miércoles, 22 de mayo de 2019

"10 anos de Punk" Metrólopis, 1986

A semana pasada, na web Condenado Fanzine, recuperaban unha serie de entregas do mítico programa Metrópolis de RTVE.
Era o ano 1986, e facían revisión de 10 anos do fenómeno punk. Está dividido en tres capítulos de máis dunha hora de duración. A primeira sobre a explosión punk en Gran Bretaña, a segunda continuaba nas illas británicas e saltaba aos USA, e a terceira nas vías posteriores co revival mod, o ska, o post punk e a new wave. 
Máis que interesante.
Dispoñibles na web RTVE a la carta: 1ª parte / 2ª parte / 3ª parte.


lunes, 20 de mayo de 2019

Superser "Radiaciones en la Noche"

Aquí tedes a nova referencia de Ulomanía Coop.
ULO-009 é o LP de SUPERSER "Radiaciones en la Noche", un álbum con oito temas de garage psych que é unha auténtica pasada.
Está editado por Ulomanía Coop., Pelgar, Sweet Grooves Records, Discos Positrónicos e Pafff Bum Discos!. 
Grabado nos estudios The Dub Yard coa produción de Javier Vicalo Dub e Manu Selvática,masterizado nos Estudios Circo Perrotti, e todo empaquetado cos deseños de Oskar Benas.
Dende o fin de semana xa o temos dispoñible no local.
Vai a durar moi pouco, estades avisados.



jueves, 16 de mayo de 2019

Bifannah 'Capri'

A semana pasada os Bifannah lanzaron o primeiro adianto do seu novo álbum.
Levará por título "Danças Líquidas" e sairá da man de The John Colby Sect. Para iso teremos que agardar ata setembro, pero mentres tanto aquí nos deixan o tema 'Capri'. Fantástico!!



The Underground Youth "Montage Images Of Lust & Fear"

Hai tempo que non vos recomendamos ningún dos traballos dos Underground Youth, e iso que dende os 2015 levan un ritmo de lanzamentos frenético.
"Montage Images Of Lust & Fear" é o seu novo disco, o décimo xa da súa curta carreira, e posiblemente sexa o mellor de todos.
Á súa dose de psycodelia densa engaden desta vez capas de distorsión e abrasión moito máis decididamente que nos anteriores álbumes centrados nas melodías, con toques case industriais e moitos elementos post-punk. Algo terá que ver nisto a incorporación -semella que temporal- de Kristof Hahn dos Swans.
Son nove temas con máis velocidade, máis rítmica e máis suciedade. E iso encántanos!!. Con que vos poñades con 'Sins', a fantástica 'Last Exit to Nowhere', as evolucións das dúas partes de 'Blind', a dose de experimentación, ou as evolucións acústicas de 'I can't resist' seguro que seguiredes a darlle volta ao disco unha e outra vez. Recomendado.

THE UNDERGROUND YOUTH "Montage Images Of Lust & Fear"
(Fuzz Club Records, 2019)



miércoles, 15 de mayo de 2019

L'Épée 'Dreams'


Nos últimos anos ven sendo habitual a colaboración de Anton Newcombe cos Limiñans, tanto en tarefas de produción coma na aportación de guitarras, voces e incluso composición. Tamén da actriz Emmanuelle Seigner, coas voces en 'Shadow People'. Todos coincidiron nos últimos traballos dos Limiñanas, no EP "Istanbul Is Sleepy" do 2017, e no seu último álbum "Shadow People" do ano pasado.

Agora esa colaboración toma forma de banda: L'Épée.
Polo momento temos de adianto o tema 'Dreams', un dos  que se inclúen no seu debut, que será un ep de tres temas nun 12''. Un sonido fantástico marca da casa con melodías ye-yé que son unha auténtica delicia.... a ver se pronto temos máis.



viernes, 10 de mayo de 2019

Esta noite: Psych M.


Vibravoid 'World of Pain'

Novo single de Vibravoid á vista.
A banda de Düsseldorf anunciou esta semana o lanzamento dun novo single para setembro, 'World of Pain', do que polo momento nos amosan o seu clip.
Esperemos que sexa tamén o adianto de novo álbum, agora que están collendo un ritmo frenético de publicacións.



jueves, 9 de mayo de 2019

Adianto de Superser

Primeiro adianto do lp de Superser!!
Hoxe, nas redes de Tremendo Garaje estreouse o audio de 'Sexo Canibal'. 
O seu LP "Radiaciones en la Noche" estará dispoñible dende a próxima semana da man dos selos Sweet Grooves Records, Pafff Bum! Discos, Pelgar, Discos Positrónicos e Ulomanía Coop. E de paso, xa nos presentan a cuberta do álbum. 
Atentos a este discazo...



Maio2019

Aquí tedes as datas de maio.
Ven.10: Psych M.
Ven.17: Sesión GZ Canibal [Escalenux&Munstaphà]
Sáb.18: PTOOFF!
Ven.24: Black Grooves!



Sáb.18: PTOOFF!

miércoles, 8 de mayo de 2019

Ven.17: GZ Canibal

Máis datas para este mes.
O Venres 17 de maio, outra sesión do GZ Canibal.
Nesta ocasión con Escalenux e Munstaphà aos mandos.


lunes, 6 de mayo de 2019

Sebadoh no Primavera Sound 2008

Mentres agardamos pola saída do novo álbum dos Sebadoh a finais de mes, e pola chegada da súa xira a Galicia (será en La Iguana Club de Vigo, o 16 de outubro), imos a recrearnos con algo de material de hai uns cantos anos.
Aquí tedes o seu concerto completo no Primavera Sound do 2008, retransmitido en directo polo Canal 33 da TV3.
Naquel momento estaban na longa xira de reunión iniciada no 2007 coa formación orixinal: Lou Barlow, Jason Loewenstein e Eric Gaffney.
Por suposto, no set list había temas de tóda-las épocas: 'Sacred Attention', 'Mind Reader', 'Elixir is Zog', 'Beaty of the ride' 'Emma get wild', ou 'Careful' de despedida. 21 temas en 50 minutos. A disfrutar:


domingo, 5 de mayo de 2019

sábado, 4 de mayo de 2019

The Stone Roses, en directo en 1989

Xa que estamos cos 30 anos do primeiro lp dos Stone Roses, aquí vos deixamos dúas pezas en directo da banda daquel mesmo ano.
A primeira co tema 'I Wanna be adore' e 'Sugar Spun Sister' no mítico The Hacienda de Manchester, o 27 de febreiro, antes do lanzamento do disco.
O seguinte foi no Blackpool Empress Ballroom, o 12 agosto do 89.




viernes, 3 de mayo de 2019

The Stone Roses, 30 anos do seu debut

Onte cumprironse 30 anos do lanzamento do primeiro álbum dos Stone Roses. Xa vo-lo recomendamos noutras ocasións, pero nunca nos cansaremos deste disco. Un dos mellores álbumes de tódolos tempos, e un dos máis influintes da historia recente. 
Os seus primeiros singles coa producción do mítico Martin Hannett foron éxitos inmediatos, pero o seu debut en longo fíxose esperar. Non chegou ata 1989, e sempre se considera que a música dos 90s comezou con eles. A mestura das melodias sixties coa música de baile, o hedonismo puro, e unha imaxe potente que convidaba á festa eterna fixeron o resto. Aproveitaron o momento coma ninguén e se prodigaron pouco discográficamente: dous únicos lps de estudio e con suficiente distancia no tempo para que repousaran ben, e case 20 singles lanzados no período orixinal (no 2016 lanzaron dous novos temas). 
O seu debut no 89 foi un dos más agardados da súa época, e seguramente o que mellor leva o paso do tempo de toda esa xeración británica. 
Neste "The Stone Roses" incluíron unha colección de temas brillante: 'I Wanna be Adore', 'She bangs the drum', 'Made of Stone', 'This is the One' ou 'I'm the Resurrection', e aínda deixaron fora deste debut algunhas das súas mellores pezas gravadas nas mesmas sesións, coma 'Fools Gold' ou 'Elephant Stone'.
Un imprescindible que cumpre 30 anos e segue a mellorar co tempo.

THE STONE ROSES "The Stone Roses"
(Silverstone Records, 1989)



jueves, 2 de mayo de 2019

LP de Superser

Os amigos de Superser xa teñen todo listo para lanzamento do seu primeiro lp.
Nuns días teremos máis novas...


Gran Romaría Galician Bizarre

Recomendacion das boas para este sábado.
A Gran Romaría Galician Bizarre no Liceo Mutante de Pontevedra.
Concertos, moitos (confirmados en directo Anti S, Contenedor de Mierda, Rabuda, Sr Anido, Zurraspa, Lamprea Explosiva e Meus), pinchadas, obradoiros intensivos, proxeccións... unha xornada completa chea de actividades.
Liceo Mutante. Sábado 4 de maio, dende as 13:00h.
Toda a info aquí.

Ademáis, no blog do proxecto Galician Bizarre estes días publicaron unha revista de prensa, recopilando moito do material sobre o Galician Bizarre 3 dos últimos meses. Metédelle un repaso neste enlace.


miércoles, 1 de mayo de 2019

Sons of Kemet "Burn"

E imos con outra recomendación de jazz, que coa de onte quedámonos con gañas de máis. Outra das formacións que máis estamos a escoitar nos últimos tempos son os londinenses Sons of Kemet, un dos moitos proxectos liderados polo saxofonista Shabaka Hutchings, un dos tipos cos propostas máis interesantes da actualidade, e colaborador en moitas das sesións de Makaya McCraven que vos recomendamos onte. 
En Sons of Kemet mestura diferentes paus do jazz con rock e música tradicional caribeña e africana. Están considerados como unha das propostas máis orixinais da escea post jazz londinense, cun son moi particular pola súa peculiar formación. Os seus integrantes son o propio Shabaka Hutchings, Tom Skinner na tuba, e dous bateristas, Theon Cross e Eddie Hick, unha auténtica tolemia rítmica.
O éxito da figura de Hutchings como saxofonista, e a fama dos seus intensos directos os levaron a lanzar o seu último traballo "Your Queen is a Reptile" do 2018 co mítico selo Impulse!.
Pero hoxe imos a recomendarvos o seu primeiro lanzamento, "Burn" do 2013, no que aparecían as fantásticas 'The Godfather', 'Beware', ou as enérxicas 'And will surely burn' e 'Inner Babylon'. Debaixo tedes un par delas en directo no Vortex Jazz Club de Londres no 2014.

SONS OF KEMET "Burn"
(Naim Jazz, 2013)



1 de maio