A comezos de mes, estreouse no IndieLisboa Film Festival o documental sobre os míticos The WITCH, acrónimo de We Intend To Cause Havoc, unha banda de Zambia de rock psycodélico dos 70s que foi a cabeza do Zamrock, e que por suposto asombrou ao mundo "occidental" cando os seus traballos foron recuperados polo selo xermano Shadocks hai uns dez anos, cando menos a toda a nosa xeración. Unha banda realmente sorprendente.
O documental trata básicamente a vida e obra do seu líder Emmanuel "Jagari" Chanda e da súa lenda, figura respetadísima no seu país, e no renacemendo desa banda co gaio das reedicións na década pasada. Ademáis dos protagonistas interveñen Jacco Gardner, Nic Mauskoviç, Patrick Mwondela, JJ Whitefield e Stefan Lilov entre outros. Dirixido por Gio Arlotta e coa produción de Clam Jam Productions e Pantheon Pictures.
Unha vez estreado esperamos poder velo nalgún festival da terra canto antes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario