miércoles, 1 de mayo de 2019

Sons of Kemet "Burn"

E imos con outra recomendación de jazz, que coa de onte quedámonos con gañas de máis. Outra das formacións que máis estamos a escoitar nos últimos tempos son os londinenses Sons of Kemet, un dos moitos proxectos liderados polo saxofonista Shabaka Hutchings, un dos tipos cos propostas máis interesantes da actualidade, e colaborador en moitas das sesións de Makaya McCraven que vos recomendamos onte. 
En Sons of Kemet mestura diferentes paus do jazz con rock e música tradicional caribeña e africana. Están considerados como unha das propostas máis orixinais da escea post jazz londinense, cun son moi particular pola súa peculiar formación. Os seus integrantes son o propio Shabaka Hutchings, Tom Skinner na tuba, e dous bateristas, Theon Cross e Eddie Hick, unha auténtica tolemia rítmica.
O éxito da figura de Hutchings como saxofonista, e a fama dos seus intensos directos os levaron a lanzar o seu último traballo "Your Queen is a Reptile" do 2018 co mítico selo Impulse!.
Pero hoxe imos a recomendarvos o seu primeiro lanzamento, "Burn" do 2013, no que aparecían as fantásticas 'The Godfather', 'Beware', ou as enérxicas 'And will surely burn' e 'Inner Babylon'. Debaixo tedes un par delas en directo no Vortex Jazz Club de Londres no 2014.

SONS OF KEMET "Burn"
(Naim Jazz, 2013)



No hay comentarios: