Nos últimos anos ven sendo habitual a colaboración de Anton Newcombe cos Limiñans, tanto en tarefas de produción coma na aportación de guitarras, voces e incluso composición. Tamén da actriz Emmanuelle Seigner, coas voces en 'Shadow People'. Todos coincidiron nos últimos traballos dos Limiñanas, no EP "Istanbul Is Sleepy" do 2017, e no seu último álbum "Shadow People" do ano pasado.
Agora esa colaboración toma forma de banda: L'Épée.
Polo momento temos de adianto o tema 'Dreams', un dos que se inclúen no seu debut, que será un ep de tres temas nun 12''. Un sonido fantástico marca da casa con melodías ye-yé que son unha auténtica delicia.... a ver se pronto temos máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario