viernes, 24 de mayo de 2019

The Soul Motivators "Mindblastin" EP

E imos con algo de música negra para adiantar a sesión de mañán.
A finais de marzo, os canadenses The Soul Motivators lanzaron un novo EP con 5 temas. É o primeiro lanzamento que non sexa un 7'' dende o seu fantástico debut en lp "Free to Believe" no 2015, coa consistente mestura de breakbeats, grooves psydocélicos e funk decididamente 70s.
Aínda que a banda destaca pola súa vertente instrumental, o principal cambio chega na súa vocalista, Lydia Persaud foi substituída pola potente voz de Shahi Teruko, explosiva en 'Mindblastin' e 'All the way to the Bank', e máis pop no medio soul de 'Miss those day'. Por suposto incluén un instrumental marca da casa, 'Black Rhino', e tamén recuperan a versión vocal do tema 'Tell Me' que lanzaron o ano pasado en 7'' xunto con Rickey Calloway [ver entrada].
O peor é que se queda demasiado curto, quedamos con ganas de máis.

THE SOUL MOTIVATORS "Mindblastin" EP
(The Soul Motivators, 2019)



No hay comentarios: