A semana pasada, na web Condenado Fanzine, recuperaban unha serie de entregas do mítico programa Metrópolis de RTVE.
Era o ano 1986, e facían revisión de 10 anos do fenómeno punk. Está dividido en tres capítulos de máis dunha hora de duración. A primeira sobre a explosión punk en Gran Bretaña, a segunda continuaba nas illas británicas e saltaba aos USA, e a terceira nas vías posteriores co revival mod, o ska, o post punk e a new wave.
Máis que interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario