Onte cumprironse 30 anos do lanzamento do primeiro álbum dos Stone Roses. Xa vo-lo recomendamos noutras ocasións, pero nunca nos cansaremos deste disco. Un dos mellores álbumes de tódolos tempos, e un dos máis influintes da historia recente.
Os seus primeiros singles coa producción do mítico Martin Hannett foron éxitos inmediatos, pero o seu debut en longo fíxose esperar. Non chegou ata 1989, e sempre se considera que a música dos 90s comezou con eles. A mestura das melodias sixties coa música de baile, o hedonismo puro, e unha imaxe potente que convidaba á festa eterna fixeron o resto. Aproveitaron o momento coma ninguén e se prodigaron pouco discográficamente: dous únicos lps de estudio e con suficiente distancia no tempo para que repousaran ben, e case 20 singles lanzados no período orixinal (no 2016 lanzaron dous novos temas).

O seu debut no 89 foi un dos más agardados da súa época, e seguramente o que mellor leva o paso do tempo de toda esa xeración británica.
Neste "The Stone Roses" incluíron unha colección de temas brillante: 'I Wanna be Adore', 'She bangs the drum', 'Made of Stone', 'This is the One' ou 'I'm the Resurrection', e aínda deixaron fora deste debut algunhas das súas mellores pezas gravadas nas mesmas sesións, coma 'Fools Gold' ou 'Elephant Stone'.
Un imprescindible que cumpre 30 anos e segue a mellorar co tempo.
THE STONE ROSES "The Stone Roses"
(Silverstone Records, 1989)
No hay comentarios:
Publicar un comentario