miércoles, 31 de octubre de 2012

esta noite Monkey Session!

Esta noite por suposto abrimos, con outra Monkey Session dende a cabina, e polo demáis, xa vai disfrazado o mono do cartel...


martes, 30 de octubre de 2012

Soul & Sombra [OFF]

Malas novas co fin de mes. Esta crise de merda lévase por diante moitas cousas que nos gustan, e unha delas (unha máis) é un dos nosos locales favoritos de Santiago. O Soul & Sombra pecha as súas portas esta mesma semana, e convídannos a todos para este mércores pola noite (31 de outubro) para a súa festa de despedida.
Moitas tardes, moitas sesións compartindo música, algúns concertos e sobre todo moitas noites con bos amigos. Unha gran perda... Grazas por todo e ánimo!!!


lunes, 29 de octubre de 2012

II Outono Capitol Rock Festival (videos)

Este fin de semana rematou a segunda edición do Outono Capitol Rock Festival, ademáis de tóda-las crónicas que poidades atopar por ahí, aquí tedes un repaso do que puidemos ver nestas tres entregas desta edición do que xa anda colgado polo youtube, e xa ansiosos polo que veña o próximo ano.

Sábado 29 Setembro 2012
Ray Collins' Hot Club + Jeff Hershey & The Heartbeats + Los Eternos





Sábado 20 Outubro 2012
Bill Kirchen + Los Mambo Jambo + Dr.Gringo





Sábado 27 Outubro 2012
Lala Brooks + The Allnight Workers




Movember, por un novembro bigotudo!!

Aínda faltan case dez meses para a 5ª Festa do Bigote do Rif-Rock (será o domingo 4 de agosto do 2013) pero os RifRocKerZ bigotudos nunca descansan e H.Fari nos envía esta gran iniciativa que descoñecíamos, unídevos á plataforma Movember, por un novembro de bigotudos! e sobre todo por unha boa causa.
Cada año, durante el mes de noviembre, Movember pide a los hombres de todo el mundo que se dejen crecer el bigote con el objetivo de recaudar fondos y aumentar la concienciación sobre la salud del hombre. Los ‘bigotes Movember’ crecieron por primera vez en Australia en 2003 y, desde entonces, Movember y sus mensajes sobre la salud del hombre se han extendido por todo el mundo. Actualmente, Movember lleva a cabo campañas oficiales en Australia, Nueva Zelanda, Reino Unido, Irlanda, EE.UU., Canadá, Sudáfrica, Finlandia, Países Bajos, Dinamarca, Noruega, Bélgica, República Checa, España, Hong Kong, Singapur, Francia, Alemania, Suecia, Suiza y Austria. Además, el apoyo y participación de Mo Bros y Mo Sistas de todo el mundo han jugado un papel fundamental en el crecimiento de Movember. Tras registrarse en movember.com, los hombres comienzan el 1 de noviembre totalmente afeitados, y durante el resto del mes se dedican a dejarse crecer y esculpir sus bigotes. Así, con el apoyo de las Mo Sistas (mujeres que los apoyan), los Mo Bros de Movember contribuyen a recaudar fondos solicitando donaciones por su esfuerzos. Al final del mes, para celebrar los esfuerzos realizados y los resultados conseguidos, los Mo Bros y Mo Sistas organizan 'fiestas Movember', y otorgan los prestigiosos títulos de Miss Movember y Man of Movember.


domingo, 28 de octubre de 2012

Trio Phill Jazz Group gañadores do Xuventude Crea 2012

Este sábado celebrouse no Dado-Dadá de Santiago a final do concurso Novos Creadores Xuventude Crea 2012 na categoría de música, un certame que nos últimos anos ven organizando a Xunta de Galicia. E nesa final estaban os nosos amigos de TRÍO PHILL JAZZ GROUP, do que forma parte o cambadés Rubén Iglesias, xunto con outras cinco formacións. 
Os Trío Phil Jazz Group participaron cos temas 'It's Not a Dream' e ' The Same Direction', que lles levaron a proclamarse vencedores de certame. 
Noraboa artistas!!!
Aquí tédelo video da súa actuación na final do Xuventude Crea 2012:


jueves, 25 de octubre de 2012

Lala Brooks & The Allnight Workers no Outono Capitol Rock Festival

Este sábado para os que estedes por Compostela, non hai mellor recomendación que a última entrega desta edición do OUTONO CAPITOL ROCK FESTIVAL, con Lala Brooks como gran protagonista, e tamén con The Allnight Workers, que acompañarán á cantante no seu show. 
Si tedes ocasión, non vo-lo perdades!!!

miércoles, 24 de octubre de 2012

descarga Blow-Up! Session

Co titúlo da sesión do pasado venres, supoño que sobra calqueira comentario sobre o que hai aquí dentro non? pois iso... a descagala todos!!

Psychedelic Munstapha "Blow-Up! Mod&SwingingLondon"
(sesión Rif-Rock 19 outubro 2012)


lunes, 22 de octubre de 2012

Herbie Hancock "Blow Up. The Original Soundtrack"

Tra-la sesión do pasado venres non podiamos deixar pasa-la ocasión de recomendarvos tamén a fantástica banda sonora de Blow Up, que tamén é unha das razóns polas que o filme de Antonioni se convirteu nun icono da súa época, composta polo grandísimo Herbie Hancock, un dos mellores pianistas de jazz de tódo-los tempos, e un dos maiores renovadores do xénero no último medio século. Aquí se inclúen algúns dos seus temas máis coñecidos coma o propio 'Main title Blow Up' ou o 'Bring down the birds'. Ademáis o álbum se completa co 'Stroll On' dos Yardbirds en directo que se inclúe na famosa escena na que Jeff Beck destroza a súa guitarra, e dous descartes da Tomorrow, unha das bandas favoritas do actor protagonista David Hemmings. Imprescindible!!

HERBIE HANCOCK "Blow Up (The Original Soundtrack Album)"
(Warner, 1966)



viernes, 19 de octubre de 2012

esta noite Blow Up!


The Yardbirds en Blow Up

E para ilustrar a sesión desta noite nada mellor que unha das grandes escenas da obra mestra de Michelangelo Antonioni, "Blow Up" de 1966, un reflexo dos estereotipos da cultura mod e do swinging london no seu momento de maior apoxeo, e coa que seguramente sexa a mellor escena pop do cine: con The Yardbirds facendo o 'Stroll On' en directo, xa coa súa formación final coa incorporación de Jimmy Page acompañando nas guitarras ó xenio Jeff Beck, que remata por destroza-la súa guitarra ante o delirio do público...


2ª xornada do Outono Capitol Rock Fest.

Este sábado, segunda entrega do Outono Capitol do 2012...
con Dr.Gringo, Los Mambo Jambo e Bill Kirchen.


jueves, 18 de octubre de 2012

La 4 Pared - concerto acústico


Xa tiñamos gañas de que a música en directo fose a protagonista das noites do Rif-Rock despois do verán, e o pásado sábado tivéchedes a oportunidade de ver a Gus Fernandez facendo en formato solista os temas do seu proxecto La4Pared. Coa súa guitarra, os loops e o seu infinito kit de pedais, ofreceunos un bo repaso polos temas do seu último traballo e das anteriores maquetas.
Son un total de 13 temas (en 12 videos) que desta vez quedaron un pouco saturados no audio e algo escasos de luz pero o que se queixe, pois xa sabe, que estivera alí.
Para os demáis ahí o tedes, todo en lista de reproducción e nas anteriores entradas (pt.1 - pt.2 - pt.3) ou aquí todo seguido: La 4 Pared (acústico Rif-Rock 13 out.2012).


La 4 Pared (fotos concerto)

Estas son unhas cantas fotos do concerto de La4Pared que nos envía Jo.Juice, moitas gracias!!










La 4 Pared (concerto pt.1)



La 4 Pared (concerto pt.2)


La 4 Pared (concerto pt.3)


miércoles, 17 de octubre de 2012

Telephones Rouges "Disenso"

Xa só falta un mes para a saída do primeiro lp dos Telephones Rouges, logo do "Radiocontrol EP", e do split compartido con Piñata, os do Grove sacarán o seu largo o 6 de novembro da man dos selos Mama Vynila e Matapadre, leva por título "Disenso" e xa está todo no seu bandcamp, para ir escoitando os seus novos temas e reserva-lo teu exemplar.

TELEPHONES ROUGES "Disenso"
(Mama Vynila / Matapadre, 2012)




descarga Monkey Session (11 out.2012)

Aquí tédes unha selección do que sonou na última Monkey Sessión do xoves, desta vez non tiramos por rarezas temáticas nen sacarlle o pó a discos esquecidos, desta volta sinxelamente collimos os últimos álbumes que chegaron ás nosas mans no último mes (The Soundtrack of Our Lives, Lovely Eggs, Bob Dylan, Jack White, Ty Segall, Redd Kross, Los Fleshtones, Frowning Clouds, Giant Sand, Nick Waterhouse, Chain and the Gang, Rocket from the Tombs e uns cantos máis...), e así recén saídos todo adiante...

Munstaphà "Monkey Session Vol.9"
[sesión Rif-Rock 11 out.2012]



martes, 16 de octubre de 2012

Bill Kirchen e Los Mambo Jambo no Outono Capitol

Este sábado, se estades por Santiago, non vos perdades a segunda entrega desta edición do Outono Capitol Rock Festival na Sala Capitol, os protagonistas serán Bill Kirchen (exmembro dos Commander Cody & His Lost Planet Airmen, e logo aínda máis famoso guitarrista de rockabilly) e os cataláns Mambo Jambo e asúa máquinaria de rhythm'n'blues, ademáis dos locales Dr.Gringo. Veña que aínda quedan entradas.


viernes, 12 de octubre de 2012

Sáb 13: LA 4 PARED en concerto

Mañán (Sábado 13 outubro), retomámo-lo turno da música en directo no Rif-Rock despois do verán. O protagonista será LA 4 PARED, que nos ofrecerán un concerto acústico para presentarnos o seu novo traballo "L4p2012 Cuatro" ademáis de repasar tódo-los seus anteriores traballos. Non vo-lo perdades. Mañan sábado dende as 23:30h.


La 4 Pared "L4P2012 Cuatro"

E aquí tedes de novo o último traballo de La 4 Pared: "L4p2012 Cuatro".


La 4 Pared "Supervivencia"

Terceiro traballo de La 4 Pared "Supervivencia".


La 4 Pared "LP42011: Inventario de clichés a seguir para llegar a ser un auténtico bohemio"

Segundo traballo de La 4 Pared "LP42011: Inventario de clichés a seguir para llegar a ser un auténtico bohemio". descárgao aquí.


La 4 Pared "Las Canciones de las que te hablé"

Este é o primeiro traballo de La4Pared "Las Canciones de las que te hablé", autoeditado no 2010. Descargádeo aquí.


jueves, 11 de octubre de 2012

esta noite Monkey Session!!

Os habituais xa sabedes que coa chegada do outono se multiplican as Monkey Sessions, esas noites de véspera de festivo nas que preparamos coidadas improvisacións dende a cabina con material pouco habitual, así que esta noite chega a primeira: nin 50 anos de James Bond nin hostias...


miércoles, 10 de octubre de 2012

Black Grooves [etiqueta]

Hai unhas semanas uns fanáticos do funk me comentabas que daba moito traballo atopa-las sesións que cada mes adicamos no Rif-Rock ás música negra. Dende o principio xa lles aplicamos a etiqueta de Black Grooves, máis que nada para organizarnos nós mesmos, pero para facela máis visible, insertamos o logo destas Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!! na columna da esquerda, xusto enriba do arquivo de entradas do blog para maior comodidade, e cun só click xa vos levará á tóda-las entradas etiquetadas nesta categoria. Non vos queixedes...

Chain & The Gang "In Cool Blood"

E aquí vai outro discazo que vos recomendamos das novidades que veñen recén saídas, xa o último desta semana. 
Trátase da volta Ian Svenonius e do seu último proxecto Chain & The Gang, que publica o seu terceiro álbum "In Cool Blood", unha nova entrega dos seus manuais de destrucción do sistema, con máis valor ca nunca neste tempo que vivimos. Pero ó marxe de mensaxes, discursos e proclamas, musicalmente é o máis completo dos tres que van de Chain & The Gang, cunha rítmica primitiva impecable, rock de baixa fidelidade e a incorporación da voz de Katie Alice Greer, para esta recreación do In Cold Blood de Capote, pero con moito máis estilo.

CHAIN AND THE GANG "In Cool Blood"
(K Records, 2012)

faite con InCoolBlood en NewAlbumReleases.


martes, 9 de octubre de 2012

The Lovely Eggs "Wildlife"

De todas esas novidades que nos están a chegar, este é o mellor de todos cantos teño escoitado en moito tempo. 

The Lovely Eggs son un dúo británico que nunca deixan de sorprenderme, para min son o mellor do que vai de década, os máis frescos e menos acomplexados que toda esa porquería que se empeñan en meternos polos ollos e ouvidos. Lembranme os primeiros Pavement pero máis lo-fi, ou os Sebadoh máis cacharreiros, dende o seu primeiro ep alá polo 2007 ("Fried Egg EP") ata este seu terceiro lp, "Wildlife" con cambios de ritmo imposibles, berros, melodías, aceleróns, e todo dun xeito o máis sinxelo posible, letras absurdas e ademáis de toda a divertida parafernalia   que se marcan coas portadas dos seus singles e álbumes, fotos promocionales e demáis. Imprescindible amigos!!!

THE LOVELY EGGS "Wildlife"
(Cherryade Records, 2012)


facédevos con Wildlife en Música Cuántica.


The Soundtrack of Our Lives "Throw it to the Universe"

Unha auténtica avalancha de novidades nos está a traer esta nova tempada  dicográfica. Así que imos pouco a pouco. Comezamos cun novo álbum dos suecos The Soundtrack of Our Lives, "Throw it to the Universe", co que ademáis nos anuncian para despois da xira unha pausa indefinida. É o seu sexto álbum de estudio, e dende logo supera con creces ó anterior "Communion" de hai catro anos. Este novo traballo nos devolve ós seus inicios, máis ó seu segundo álbum "Extended Revelation..." do 1998, que supoñia unha ruptura total co proxecto anterior Union Carbide Productions, no que que a psicodelia segue a se-lo canle principal, pero coma no 96 con máis querencia polo folk e os formatos acústicos que polo rock de UCP que logo retomaron. Non é o glorioso "Behind the Music", pero a vida sigue. Non vos fará descargar adrenalina en cada tema, pero é delicioso para os tempos que corren...

THE SOUNDTRACK OF OUR LIVES "Throw it to the Universe"
(Yep Roc recs., 2012)


faite con Trow it to the Universe en Somdefora.


jueves, 4 de octubre de 2012

Sáb.6: 'Punk Origins' x Comomepos


Radio Birdman 'Descent into the Maelstrom'


Ramones in CBGB 1974


The New York Dolls 'Chatterbox'


Dead Boys 'Sonic Reducer'


Iggy Pop 'I got a right'

Isto é punk amigos, pasando de todo...

Sex Pistols 'I Wanna be me'


Keith Jarrett "Sleeper"

Non é nada habitual presentar unha novidade de jazz, pero é que en un par de meses este álbum foi aclamado por tódo-los medios como a última obra mestra do xénero. Trátase do último traballo publicado polo pianista Keith Jarrett, aínda que de novo non ten nada, senón que é a publicación dun concerto en Tokyo de 1979, baixo o acertado título de "Sleeper" posto que ademáis nada se di das razóns polas que estas grabacións históricas estiveron ocultas durante máis de 30 anos, nin da súa conservación, nin nada, pero o certo é que este álbum dobre está a recibir máis alagos que calqueira outro dos seus 50 anos de carreira. No escenario o propio Keith Jarrett ó piano (aínda que se di deste concerto que foi a última vez que Jarrett se aplicou tamén coa percusión e o saxo), acompañado por Jan Garbarek nos ventos, Palle Danielssonno contrabaixo e Jon Christensen na batería. Son sete pezas das que normalmente se destaca o freejazz latino de 'Prism' ou das melodías de 'So Tender' e 'New Dance', pero eu me quedo descaradamente coa rítmica de 'Personal Mountains' e a psicodelia ácida dos 28 minutos de 'Oasis'. 
Unha obra mestra do jazz recuperada...

KEITH JARRETT "Sleeper (Tokyo April 16th 1979)"
(ECM/Distrijazz, 2012)


faite con Sleeper en NewAlbumReleases.


miércoles, 3 de octubre de 2012

The Allnight Workers "Do it Again, please" xa á venda

Xa está aquí o novo traballo dos Allnight Workers!!!
"Do it again, please" (Grabaciones de Impacto, 2012)
Así o presentan directamente dende a GdI: 


Después de un breve período de descanso, nuestros crápulas favoritos vuelven a la carga!!!! 
Su 1º Lp: “This Only Happens Once”, fué todo un bombazo, alavado por público y crítica, y en solo 2 MESES se agotó, y hoy es UNA PIEZA DE COLECCIONISTA por la que ya se pagan unos cuantos eurillos mas de su precio inicial!! Muchos de vosotros nos habeis enviado y reenviado correos pidiendonos alguna copia del 1º LP, pero por suerte para unos y desgracia para otros no hemos podido conseguirla... por ello aquí teneis la ocasión de subsanar vuestro error y que no volváis a quedaros sin su 2º LP también.

"Do it Again, please" es su 2º trabajo, y considerado por aquellos que han tenido el honor de escucharlo, sus mejores grabaciones hasta el momento. 
Un disco mucho mas maduro que el anterior, lleno de matices, cambios, arreglos ... pinceladas Crooner, el Jazz mas cool, Jump Blues... pero por supuesto manteniendo la esencia del R&B mas crudo! Estos chavales han crecido musicalmente, se nota su evolución y si su primer LP fué calificado como unos de los mejores discos del 2011... espera a escuchar esta nueva carga sonora!!!

De nuevo se han ido a Berlin. Grabado en tan solo 2 sesiones, con 2-3 tomas de cada canción, sin mezclas/overdubs posteriores, tocando todos al mismo tiempo (voces e instrumentos) y bajo la etiqueta TRUE ANALOGIC (es decir grabado con equipos analógicos, a válvulas, en reel to reel y pasados directamente a Lacquer Vinyl, sin pasar por ningún sistema digital, garantizando la esencia del producto: ANALOGICO 100%. 
Será descatalogado en pocos meses, convirtiendose en una nueva pieza de coleccionismo.

Para recompensar vuestro apoyo hemos decidido ampliar en 100 copias la tirada y sacar un PACK ESPECIAL. Así teneis 2 opciones de compra:
- DELUXE LIMITED EDITION LP (solo 600 copias) con portada pegada a mano (como en las primeras ediciones de los clásicos de Motown o ediciones inglesas de los 60), vinilo 180 gram, tarjeta descarga mp3 y poster en color.
- DELUXE LIMITED SPECIAL PACK (solo 250 copias) con el LP, 7" especial, Camiseta, Bolsa para llevar tus vinilos, y foto promo del Grupo firmada por todos los miembros.

Solo te pedimos una cosa .... encierrate en tu habitación, apaga la luz, sube el volumen ... y preparate para una de las experiencias SONORAS mas placenteras .... siente el sudor de THE ALLNIGHT WORKERS!!!






martes, 2 de octubre de 2012

descarga Black Grooves... Soul Train

Esta é unha selección do pasado venres, da entrega das sesión Black Grooves!!, nesta ocasión inspirado no programa Soul Train, e ahí atoparedes clásicos coma Curtis Mayfield, James Brown, Otis Redding, Quincy Jones, Archie Shepp, Isley Brothers ou Gladys Knight, xunto con outros menos habituais como Gi-Gi, Spanky Wilson, Sarah Simpson, Robert Moore ou os Black Haze Express... 
Fuck'U Whiteys!!

Psych.M "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Soul Train"
(sesión Rif-Rock 22 xuño 2012)



lunes, 1 de octubre de 2012

Los Fleshtones "Quatro por Quatro" ep


Volven The Fleshtones, e desta vez cun ep de catro temas cantados en castelán, ou alomenos fan o que poden... pero sen ningún tipo de vergoña. "Quatro x Quatro" foi grabado nos estudios Circo Perroti de Xixón por Jorge Explosion, e ademáis de poñerse Los Fleshtones, xa vedes a portada cañi rollo Tio Pepe. Inclúe dous temas orixinais 'Llevo un tigre en mi guitar' e 'Acero e imán', ademáis de dúas versións de dúas adaptación ó castelán dos mexicanos Johnny Jets 'No tengo dinero' e 'Todos queremos a Lupe'.
O propio Peter Zaremba comentou o motivo deste ep: "A historia deste disco comeza co noso baixista orixinal, Marek Pakulski, que encontrou un puñado de discos, incluíndo ‘Los Johnny Jets A Go Go’ na basura, frente á vivenda de Joey Ramone no Lower Eastside unha noite de 1977. Los Johnny Jets era un grupo típico mexicano de rock and roll dos anos 60 que facían versións en español pero en lugar dos temas excesivamente familiares como “Hang On Sloopy”, o que realmente captou a nosa atención foron dous temas, máis ou menos orixinais, de ‘No Tengo Dinero’ e ‘Todos Queremos A Lupe’. Decidimos que grabaríamos estas dúass cancións tan cedo como nos fora posible. Dito e feito!" aínda que pasaran 35 anos, claro...


LOS FLESHTONES "Quatro x Quatro"
(Yep Roc, 2012)


facédevos con QuatroXQuatro no blog NosotrosSomosLosMuertos3.


programación outubro2012

Comeza outubro, así que vos resumo o que polo momento temos programado para este mes:

- Este mesmo sábado, 6 de outubro, sesión Punk Origins por Comomepos.

- O sábado 13, en medio da ponte de outubro, teremos o concerto acústico de LA4PARED, presentando o seu novo traballo "L4P2012Cuatro".

- e o venres 19 de outubro, inspirados pola peli Blow-Up de Antonioni, unha sesión adicada á era Mod e ó Swinging London.

·