martes, 30 de octubre de 2012

Soul & Sombra [OFF]

Malas novas co fin de mes. Esta crise de merda lévase por diante moitas cousas que nos gustan, e unha delas (unha máis) é un dos nosos locales favoritos de Santiago. O Soul & Sombra pecha as súas portas esta mesma semana, e convídannos a todos para este mércores pola noite (31 de outubro) para a súa festa de despedida.
Moitas tardes, moitas sesións compartindo música, algúns concertos e sobre todo moitas noites con bos amigos. Unha gran perda... Grazas por todo e ánimo!!!


No hay comentarios: