martes, 9 de octubre de 2012

The Soundtrack of Our Lives "Throw it to the Universe"

Unha auténtica avalancha de novidades nos está a traer esta nova tempada  dicográfica. Así que imos pouco a pouco. Comezamos cun novo álbum dos suecos The Soundtrack of Our Lives, "Throw it to the Universe", co que ademáis nos anuncian para despois da xira unha pausa indefinida. É o seu sexto álbum de estudio, e dende logo supera con creces ó anterior "Communion" de hai catro anos. Este novo traballo nos devolve ós seus inicios, máis ó seu segundo álbum "Extended Revelation..." do 1998, que supoñia unha ruptura total co proxecto anterior Union Carbide Productions, no que que a psicodelia segue a se-lo canle principal, pero coma no 96 con máis querencia polo folk e os formatos acústicos que polo rock de UCP que logo retomaron. Non é o glorioso "Behind the Music", pero a vida sigue. Non vos fará descargar adrenalina en cada tema, pero é delicioso para os tempos que corren...

THE SOUNDTRACK OF OUR LIVES "Throw it to the Universe"
(Yep Roc recs., 2012)


faite con Trow it to the Universe en Somdefora.


No hay comentarios: