martes, 29 de noviembre de 2011

Docteur Legume et Les Surfwerks

Docteur Legume é o novo alias do italiano Massimiliano Bocchio, logo de deixar atrás a electrónica de Klange, Modified Ambience ou os Urbanatribu, lanzouse cun proxecto de surf espacial con este alter-ego afrancesado, nos seus comezos como solista, dende aquel "3D Robot Monster" do 2009, e agora xa acompañado (aínda que pouco) por Les Surfwerks. Neste final de 2011 regálanos dous álbumes na súa web. Son "La Planète Sauvage" e "Outer-Space Spaghetti Surf", o primeiro deles máis experimental e o segundo con reminiscencias máis clásicas, pero sen apartarse nunca dos instrumentais inspirados no cinema de ciencia ficción da primeira metade de século XX, das series de espías e dos westerns... así que xa vos podedes imaxinar: surf, trash, exótica, guitarras twang co reverb a tope, e moitos efectos cinematográficos... tamén podedes seguilo no seu blog.

DOCTEUR LEGUME ET LES SURFWERKS "La Planète Sauvage. 
(10 songs about sex and psychopathy)". (Massimiliano Bocchio/Dr.Legume, 2011)
descarga La Planète Sauvage aquí.


DOCTEUR LEGUME ET LES SURFWERKS "Outer-Space Spaghetti Surf with...". 
(Massimiliano Bocchio/Dr.Legume, 2011)


e aquí tedes un par de videos tamén montados por Bocchio, 
sempre empregando o corta e pega das súas películas favoritas:

lunes, 28 de noviembre de 2011

Rif-RockSeries Vol.150

Por unha vez e sen que sirva de precedente, ahí vai outro novo volume das nosas series recopilatorias de cada par de semanas, vamos, o que soa a diario no Rif-Rock. Sodes moitos os que nos pedides que as subamos á web dos rifrockerz para compartilas, pero non daríamos feito tóda-las semanas. Desta vez deixámonos ir por ser un número tan significativo como é o volume 150... coma sempre moita actualidade e algunha rareza polo medio, así que ahí vos queda, a desfrutalo. Descarga Rif-RockSeriesVol.150 - enlace RR150 en MFire.


David Falcón no Dado Dadá

Esta noite no Jazz Club Dado Dadá de Compostela, David Falcón en directo, dentro do ciclo Novos Valores que o clube programa ata finais de xaneiro, será ás 21:00h. E a ver si pronto o temos polo Rif-Rock dando a brasa...

sábado, 26 de noviembre de 2011

Neil Young & Crazy Horse "Zuma"

O clásico desta semana tamén é un deses que non precisa de ningunha presentación... pero foi o primeiro álbum de Neil Young que tiven nas miñas máns, e daquela fascinoume a súa guitarra, pero sobre todo pareceume o disco máis triste que escoitara na miña vida por moito q empezara do 'Don't Cry no tears' (poñedelle que tiña 13 ou 14 anos), logo co tempo souben que era o disco máis alegre de Neil Young en moitos anos, ou o máis rabioso, e por moito tempo tiven 'Danger Bird' e 'Drive Back' como temas de cabeceira... É o seu séptimo álbum en solitario, e o terceiro deles nos que o acompaña a Crazy Horsee e o asunto é que esta semana conseguin unha copia en vinilo de auténtica ganga! e por eso, e por imprescindible lle toca sé-lo clásico desta semana.


NEIL YOUNG & CRAZY HORSE "Zuma"
(Reprise Recs, 1975)



viernes, 25 de noviembre de 2011

The Frowning Clouds "All Nigh Long"

Pouco traballamos esta semana no blog, e hoxe non o imos a arranxar, pero ahí vai un dos temas que non me saiu da cabeza en toda a semana... The Frowning Clouds son unha banda australiana de r'n'b e garage que comezaron sendo uns imberbes adolescentes, e agora (aínda que non pasou moito tempo) xa son toda unha referencia e a gran esperanza do xénero. Tras varios 7'' o ano pasado publicaron o ep "Diamonds and Clubs" e o seu debut en formato longo "Listen Closelier" (Off the Hip, 2010). Neste 2011 o seu novo 7'' chega da man do selo sevillano Saturno Records, con dous temas, o impresionante 'All Night Long' e 'Dame a Dozen' na cara b, para ir facéndonos máis ganas do seu próximo álbum...


THE FROWNING CLOUDS "All Night Long"
(Saturno Records, 2011)


faite con el no blog Nosotros Somos Los Muertos:
*tamén tedes no mesmo blog outra entrada con outro 7'', un ep e o seu primeiro álbum.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Jazz Standards Workshop!

Nas anteriores entradas tedes tódo-los vídeos do concerto do pasado venres (18 de nov) dos JAZZ STANDARDS WORKSHOP! que inauguraba a serie Jazzerz... como non podía ser doutro xeito ahí estaba o mestre Paco Charlín, que non se podía perder o evento, pero desta vez camuflado como Nilrahc Satrop detrás da batería, e seguro que foi o que mellor o pasou de todos!! e moi ben acompañado por Alberto Rial e a Valentín Caamaño. Moitas gracias ós tres cracks!!! Só temos nove videos dos dous pases que nos ofreceron, e algún non está completo, pero esperamos que vos sirvan para os que non estivéchedes alí para velo en directo [pt.1 - pt.2 - pt.3].

Tamén podedes velos todos seguidos en lista de reproducción: 
Jazz Standards Workshop! (Jazzerz Live Series).


E o próximo mes máis con Trio Phil Jazz Group, será o 17 de decembro. 
Non vo-lo perdades!!!



Jazz Standards Workshop! (live pt.1)


Jazz Standards Workshop! (live pt.2)


Jazz Standards Workshop! (live pt.3)


martes, 22 de noviembre de 2011

presentación de "Fotogramática"

Fotogramática é a nova colección de poemas de Xosé María Vila Ribadomar, e tra-la súa presentación na Illa de Arousa a comezos de mes, agora chégalle o turno a Cambados. 
Ademáis Fotogramática conta coas ilustracións e a portada de Saúl Otero, e  a recadación das súas ventas será doada a unha ONG.

A presentación será o Venres 25 de novembro, en Exposalnés, as 20:30h. (Paseo da Calzada, Cambados) organizada polas librarías Ramón Cabanillas e Contos.






viernes, 18 de noviembre de 2011

JSW na prensa

Hoxe en La Voz de Galicia (ed.Arousa) tamén nos presentan o concerto de JAZZ STANDARDS WORKSHOP! desta noite que inaugura a serie Jazzerz... o fallo que ten é que o anuncian para mañan, cando é esta noite, pero a estas alturas xa non fai falta avisar máis non?



esta noite JAZZ STANDARDS WORKSHOP en directo!

Esta noite comezamos coa serie Jazzerz, e para inaugurar esta programación intermitente nada mellor que unha banda de jazz recomendada e apadriñada polo mestre Paco Charlín: JAZZ STANDARDS WORKSHOP!. Un trío formado por Valentín Caamaño á guitarra, Alberto Rial ó baixo e o espectacular e insuperable Nilrahc Satrop á batería. 

Non vos perdades a estrea de 'Jazzerz'!!!

JAZZ STANDARDS WORKSHOP
en directo Venres 18 novembro 2011. dende as 23:30h.


miércoles, 16 de noviembre de 2011

17 DEC, seguinte entrega de Jazzerz con Trio Phil Jazz Group

Mentres agardamos impacientes polo concerto deste venres (18 de novembro, lembrade, ás 23:30h.) da JAZZ STANDARDS WORKSHOP! para inaugurar a serie de concertos Jazzerz, xa podemos confirmarvos a seguinte entrega, será xusto dentro de un mes, o sábado 17 de decembro, co directo de 
TRIO PHIL JAZZ GROUP.


martes, 15 de noviembre de 2011

J.D. McPherson "Signs & Signifiers"

O debut en solitario de J.D. McPherson tras abandonar os Starkweather Boys é un dos mellores álbumes de rhythm'n'blues dos últimos anos, ou directamente o mellor. Por suposto en este estilo non aporta nada novo, pero ten unha factura impecable, con producción 100% anos 50, e 12 temazos que alternan por susposto o rnb co swing, o rockabilly e o swing. Neste días de xira por España, e esta noite na Sala Capitol de Santiago, ahí vamos...


JD McPherson "Signs & Signifiers"
(Hi-Style Recs, 2010)


faite con el no blog Melomanía 21:

Este fin de semana: concerto + sesión

Este próximo fin de semana ven bastante completo no Rif-Rock:


- O Venres 18. comezamos coa programación intermitente das Jazzerz Live Series, inaugurando co directo de 
JAZZ STANDARDS WORKSHOP!.

JSW chegan da man do mestre Paco Charlín e son un trío de jazz formado polo compostelano Valentín Caamaño á guitarra, o arousan Alberto Rial ó baixo (que coñeceredes por se-lo baixista da última formación de Airas) e o espectacular e insuperable Nilrahc Satrop á batería. 

Non vo-lo deberiades perder!!!


- e o Sábado 19 a sesión de Marinocha über alles 'Gigantic Woman Strikes again' (por fin! engado eu... e se non ahi máis novidades de aquí a sábado...) que estaba aprazada dende o mes pasado...










lunes, 14 de noviembre de 2011

Los Ultraman "Saicoreberverante"

Los Ultraman son un trio de surf de Uruguay que apenas levan un ano xuntos, e hai un mes publicaron o seu primeiro lp "El Sonido Saicoreverberante de Los Ultraman" na súa web (http://losultraman.com/) e para descarga gratuíta. Son 11 temas de surf escuro inspirados en moitos casos no cinema de serie b dos 50 e 60 ('Diabolik') e por suposto acompañados por un theremin case omnipresente. Inclúen 5 versións de The VenturesLos Mirlos, Bobby Fuller, Round Robbin e Sticks Mcghee, e outros 6 propios que non lles quedan nada atrás... 

Los Ultraman "El Sonido Saicoreverberante de..."
(Los Ultraman, 2011)


faite co álbum na súa web Los Ultraman.


Mark Sultan "Whatever I Want / Whenever I Want"

E si onte vos presentábamos o novo traballo de King Khan, aquí vai o novo do seu eterno socio Mark Sultan (Spaceshits, BBQ...). Durante as súas últimas xiras cos seus múltiples proxectos, adicouse a compoñer, xuntanto moitos temas, que á hora de seleccionalos para o seu novo lp, dende o seu selo In the Red decidiron suprimi-lo proceso e publicalo todo, ou case todo... así que o que ía selo seu novo álbum, convertíuse en 2: "Whatever I Want" e "Whenever I Want". Xunto con Sultan atoparedes a ilustres membros dos Gories ou dos Black Lips... con tanto material atoparedes de todo ahí dentro, pero sempre con filtro lo-fi chatarrero... e desta vez moi ambicioso...

Mark Sultan "Whatever I Want / Whenever I Want"
(In the Red Recs, 2011)


faite con eles no blog ICE-10:
*(tedes os enlaces no primeiro comentario da entrada)

domingo, 13 de noviembre de 2011

The King Khan Experience

O anunciábamos esta fin de semana por outras vías: o novo álbum de King Khan estaba de camiño a miña casa, e por fin chegou onte... despois de presentarnos á súa superbanda dos Sensational Shrines tra-la disolución dos Spaceshits, e irlle mudando o nome con cada traballo, agora chegan convertidos en The King Khan Experience! e ó marxe dos seus irregulares últimos traballo paralelos, volve a ofrecernos un auténtico discazo cunha rítmica espectacular e unha auténtica guerra entre o funk (desta vez case soul, con 'Fa Fa Fa Love Song' ou 'Dr. Ruin-Yer-Life') e o garage máis abrasivo ('Bob Log Stomp' ou 'I Got Love'), todo cheo de metais, pero tamén con algún respiro, un bombazo lo-fi chatarrero e a carallada do 'Hammer Ich Vermisse Dich' final. Só 9 temas que dan para moito...

THE KING KHAN EXPERIENCE "The King Khan Experience"
(Scion A/V Recs, 2011)


faite con el no blog Nosotros Somos los Muertos:


viernes, 11 de noviembre de 2011

"Tempora Tempore Tempera" Homenaxe a Luis Silvoso en Borron 4.

Esta fin de semana inaugurase en Borrón 4 a exposición de homenaxe a Luis Silvoso. Nova de Cambados TK:


Este sábado 12 de Novembro terá lugar a inauguración da exposición Tempora tempore tempera, coa que diversos artistas homenaxearán ao dono de Borrón 4, finado recentemente.


O día da inauguración, ademais das obras que se expoñerán na galería, terá lugar a lectura de poemas de Miguel Anxo Fernán Vello, Baldo Ramos e Saúl Otero nun acto que servirá para ilustrar a homenaxe que leva preparándose estas semanas. O fillo de Luís Silvoso, quen está levando o peso da organización da mostra, agradece máis unha vez a decisión coa que os artistas apoiaron a idea. A inauguración comezará arredor das 20 horas o sábado. A exposición poderá verse até o 3 de Nadal os xoves, venres e sábados en horario de tarde.



*Participantes: pintores Lino Silva, Baldo Ramos, Xaquín Chaves, Manolo Busto, Mila Vázquez, Xavier Magalhaes, Mª Isabel Pintado, Francisco Escalera, Antonio Mateos, Rafael Masiá, Antón Sobral, Rosa Úbeda, Manolo Dimas, Pedrosa, Xurxo Alonso, Xurxo Durán, Fernando Arenaz, Rosa Elvira Caamaño, Caino, Alberto Gulías, Vicente Prego, Uxío López e Saúl Otero. Canto a escultores: Francisco Pazos, Marcos Juncal, Manolo Paz, Xosé Manuel Castro, Curiá e Adonis Escudero.



jueves, 10 de noviembre de 2011

Venres 18: Jazz Standards Workshop en concerto

Como vos anunciábamos onte, o próximo Venres 18 de novembro comezamos coas Jazzerz Live Series do Rif-Rock que se prolongarán durante todo este inverno. 
E para inaugurar esta programación intermitente nada mellor que unha banda de jazz recomendada e apadriñada polo mestre Paco Charlín: JAZZ STANDARDS WORKSHOP!. Un trío formado por Valentín Caamaño á guitarra, Alberto Rial ó baixo e o espectacular e insuperable Nilrahc Satrop á batería. 
Non vos perdades a estrea de 'Jazzerz'!!!

JAZZ STANDARDS WORKSHOP
en directo Venres 18 novembro 2011. dende as 23:30h.


miércoles, 9 de noviembre de 2011

JAZZERZ Live Series

Xa hai case un mes que no Rif-Rock levamos rompendo a cabeza para dar forma a unha nova historia, trátase de ofrecer máis música en directo, que nos dous últimos anos case sempre concentrábamos no verán, e que sexa dun xeito máis cómodo, tanto para nós, como para os veciños (a nivel ruídos, etc), e se nun principio pensábamos en concentralo todo nunha programación antes de Nadal, finalmente pensamos que co duro e longo que vai ser este inverno era moito mellor dispersalos ó longo de varios meses con maior facilidade para os músicos e máis marxe de planificación para nós... Así nace JAZZERZ, que serán unha serie de concertos (prometemos que con maior frecuencia que agora) básicamente de jazz e blues, e con formatos máis acústicos que o habitual destes últimos tempos, o que non quita que de vez en cando fagamos algunha das nosas... 


Así que estade atentos á programación no noso blog ou en facebook, pero xa vos anuncio que comezamos a próxima semana (será o Venres 18 de Novembro, ás 23:30h.) con JAZZ STANDARDS WORKSHOP! en directo, apadriñados por suposto polo mestre Paco Charlín...


Disco Las Palmeras! "Nihil Obstat"

Aproveitando que agora mesmo acabo de ver que a finais deste mes actuarán Disco Las Palmeras! en Santiago (na Sala Moon, o xoves 24, xunto con Fantasmage) aproveito para deixarvos aquí o seu álbum "Nihil Obstat" (Matapadre, 2011). Como vos recomendarei o enlace do blog de Marinocha, aquí vos deixo a súa presentación en Aves Cantamañanas:

A pesar de su nombre poco apetecible, este trío de Sarria no tiene nada que ver ni con música disco ni con tropicalismos varios. Desposeídos de bajo (sólo cuentan con una guitarra tuneada con una cuerda de bajo), pero con montones de amplificadores y pedales de efectos, estos tipos logran realizar un sonido envolvente inspirado en el noise, spacerock y el shoegaze, todo conjugado y provistos de mucha energía que transmite especialmente una batería sobresaliente. Así nos presentan su álbum debut después de pasar por varios concursos maqueteros donde demostraron su valía.

Carallada: La expresión latina abreviada que da nombre al disco proviene de la expresión nihil obstat quominus imprimatur mediante la cual la Iglesia Católica daba su aprobación para la publiciación de una obra.


Disco Las Palmeras "Nihil Obstat"
(Matapadre, 2011)


faite con el en Aves Cantamañanas:


martes, 8 de noviembre de 2011

descarga "Traédeme a cabeza de Blacky Santórum"

Aquí tedes un pouco da sesión de Blacky Santórum desta fin de semana, fíxose esperar, pero ó final saiu coa cabeza no sitio...


Kurco SoundSystem "Traédeme a cabeza de Blacky Santórum"
(sesión Rif-Rock 5 Nov.2011)




lunes, 7 de noviembre de 2011

Programación Soul&Sombra nov.2011

Aquí tedes a programación do Soul&Sombra para este mes de novembro, coa celebración do seu 2º Aniversario incluído. Seguide informados no seu facebook.


domingo, 6 de noviembre de 2011

The Black Keys "Lonely Boy"


Xa queda menos para que teñamos o novo traballo dos Black Keys "El Camino" (Nonesuch Recs, 2011). O álbum sairá o próximo 6 de decembro (seguide a info e presentación de novos temas na súa web), e polo momento nos deixaron o seu single de presentación 'Lonely Boy', que ten moi boa pinta coma sempre, e o video na súa liña...

Liga de Bocazas X6.

Quedou sen actualizar a info no blog sobre a Liga de Bocazas dos Venres no Rif do SuperManager nas primeiras cinco xornadas como tiñamos prometido, pero á sexta vai a vencida... Récord de puntuación nesta xornada cos 227,40 de Como Baila Carminha (Xongolo), e Muñequita Linda que segue lider...

Top 10 Xornada 6:
1º como baila carmiña 27,40
2º Muñequita Linda 206,80
3º La Serna 90 197,00
4º Smashing Patakas II 195,20
5º O que Hay e Moito Vividor 191,20
6º O Maximo 190,20
7º The world´s greatest 187,00
8º Ruletita Ruletita...13rojo 185,40
9º Atutichurrasco (and again, and again...) 181,80
10º Asec 172,00


Clasific.Xeral tras X6:

1º Muñequita Linda 823,40
2º Ruletita Ruletita...13rojo 775,00
3º O que Hay e Moito Vividor 768,00
4º moules team 2.0 762,20
5º O Maximo 740,20
6º Covirán Tragove II 737,20
7º Asec 735,20
8º Bocadillo de champu 723,00
9º Atutichurrasco (and again, and again...) 722,00
10º Smashing Patakas II 709,40
11º CHEJAR E ENCHER 678,20
12º como baila carmiña 666,40
13º La Serna 90 655,00
14º carcamans 645,00
15º Katiuskas 637,00
16º The world´s greatest 634,60
17º munstaphas 634,40
18º SijoSinConoserANadie 620,40
19º cachas locas 610,40
20º Dr.No 603,20
21º San Fransisco 603,00
22º este ano SI 602,60
23º Winterfel Direwolves 595,20
24º Escabechina 572,60
25º Obra1 570,60
26º JuanRi Team 532,20
27º Zona Centro 522,80
28º are nastim 511,60
29º Atomicok47 500,60
30º FALCONGANS-DUE 409,20
31º airjordan 386,00

sábado, 5 de noviembre de 2011

entrevista a Manolo Paz en CTK (Despregable)

Aquí tedes outra entrevista recuperada do arquivo do último número do Fanzine Despregable que estivo a piques de sair publicado no seu momento, pero que por diversos motivos tivemos que deixar aparcado unha tempada, pero xa vos dixen que igual un destes días levades unha sorpresa da Embaixada Prusiana... En calqueira caso, era xusto ir sacando á luz todo o material que estaba listo para aquel número (nov-dec, 2010), sobre todo as entrevistas e reportaxes que levaban máis traballo, e se o mes pasado publicamos neste blog a entrevista que fixera Michi Calambres ós AllNight Workers (Esto sólo pasa unha vez) xusto á volta da súa viaxe a Berlín para grabar o que foi o seu primeiro álbum, ó dia seguinte do seu último concerto en Santiago xusto antes dunha nova aventura xermana para a grabación do seu seguinte traballo, agora chega o turno de publicar máis material. Desta vez foi o propio autor da entrevista, Óscar Pardo Planas, que onte publicou na súa páxina (CambadosTK) a entrevista que daquela fixera a Manolo Paz, Xacobe San Martín e Manu Paz jr. co gaio da presentación do documental Un Mar de Pedra, e agora aproveitando o recente nomeamento de Manolo Paz como membro da Real Academia Galega das Belas Artes e o galardón do Premio Nacional da Cultura Galega, era un momento perfecto para publicala ó fin. Aquí tedes o enlace da entrevista, e aquí vo-la deixo insertada dende o orixinal:



Entrevista a Manuel Paz, Xacobo Sanmartín e Manolo Paz 
sobre o documental “Un mar de pedra” (Novembro 2010).


Esta entrevista realizouse hai case un ano, cando se presentou en Cambados o documental de Xacobo Sanmartín e Manu Paz “Un mar de pedra” sobre o escultor e veciño Manolo Paz. Fíxose para o fancine Despregable, da Embaixada Prusiana, pero por diferentes motivos o proxecto atópase en standby e a entrevista nunca veu a luz. Agora, co recoñecemento a Manolo Paz como académico de Belas Artes e Premio Nacional da Cultura Galega, parece ser un bo momento para publicar aquela interesante conversa a catro.-


Manolo Paz (Castrelo-Cambados, 1957) é un escultor galego de renome internacional. Desde a Sociedade Cultural de Cambados expuxo en Vigo, Madrid, Bilbao, Chicago ou Bruxelas. Agora ten unha longametraxe que repasa a súa vida e obra. Chámase Un mar de pedra e é un proxecto dirixido por Manuel Paz (fillo do artista) e por Xacobo Sanmartín.
Eles narran a través da pantalla o proceso escultórico desde que Manolo vai á canteira até que leva as súas pezas a unha galería. Ademais, a testemuña de amigos e artistas lévanos de paseo pola vida de Manolo dun xeito orixinal e directo. Un traballo ben feito e que, dun xeito sinxelo, nos mete de cheo na pel do escultor. Falamos arredor duns viños (emulando algunhas conversas da película) cos directores e co propio Manolo Paz.
Durante a película aparecen diferentes persoas falando, amigos e artistas que describen a Manolo. Por que só no final é cando se dá nome a estas persoas e non mentres van aparecendo?
Xacobo: Por dous motivos, o importante é o que din, non quen o di. Coa palabra descúbrese tamén quen son: no Bar Silva pódese saber que son os amigos de Manolo, na casa familiar que son os pais, cando falan críticos e galeristas falan da experiencia de Manolo na galería…
Por outro lado a linguaxe cinematográfica non convida a poñer grafismos, entón puxémolos ao final para que así o público tamén quede a ver os créditos e se manteña o interese.
Manuel: Evitamos o estilo televisivo.
E esas charlas entre amigos, levaron guión ou é algo espontáneo?
Manuel: Queriamos conseguir algo cotiá pero que non fora guionizado. Si sabíamos os obxectivos que queriamos de cada conversa, porque cada unha fala dunha etapa vital de Manolo ou dunha época artística. Si que enfocábamos as preguntas que lles formulábamos a ese período concreto, pero a partir de aí o micro estaba aberto, permitindo que uns se apoiaran noutros, co que a espontaneidade era máis fácil.
Manolo: Poñíades a un con outro para que falasen entre eles.
Manuel: Claro, e ás veces até coa cámara, que significa que falan connosco, co espectador. Estamos dentro da conversa.
“Manolo consegue unha simbiose entre pedra e entorno”
A cámara entra no taller onde Manolo traballa, pero faino a base de planos moi fixos. En cambio, facedes unha montaxe cunha peza que se vai movendo pola finca. Que buscabades con ese contraste?
Manuel: Intentamos acercarnos ao estilo de Manolo. Manolo concibe as obras en relación co espazo no que van expoñerse, chegando a ter unha simbiose entre a pedra e o entorno. Deste xeito, deixando os planos estáticos, o obxecto que estamos a retratar chega a ter unha teatralidade co entorno.
O tema da animación divide as dúas etapas vitais e é en parte para amenizar, un xogo que se nos ocorreu cunha peza que nos gustou do taller. Evocamos tamén o feito de que alí as pezas cobran vida dependendo do lugar no que estean, atendendo ao que dixo Manolo cando soubo que esa peza chegara ao taller: “Déixaa aí, xa buscará ela o sitio”. Dese xeito, dando un paseo coa peza, amosamos tamén o taller de Castrelo onde traballa Manolo Paz.
Do documental Manolo apenas pronuncia unha palabra…dixestes que era en parte porque Manolo non quería.
Manolo: Aquí hai unha cousa simpática: é un documental case dunha persoa morta, porque realmente fala a xente de ti, eu non falo. A sorpresa é que aínda estás vivo, que é o bonito da película. Pero bueno, si que falo no Simposio de Portugal cando representei a España tendo eu 26 anos. É curioso, falo en Portugal pero non en Galicia (risas).
Xacobo: Manolo fala coa pedra, e ese é o diálogo máis interesante que poidamos sacar desta película. Entón para descubrir quen é Manolo que mellor que os seus amigos, familiares, compañeiros de traballo ou xente que coñece a obra de hai anos. Que expliquen eles quen é Manolo en cada etapa, como se formou…
Canto á relación pai-fillo…
Manolo: Como cambia aí meu pai, menudos cristos. Comecei a esculpir cando era  a siesta, porque iso non era traballo, non se podía perder o tempo facendo trapalladas.  No entorno do vecindario, da aldea, non había ningunha referencia: o meu era un caso raro.“Non te compliques moito, ti fai outra cousa que esa non a entendemos ben”. Aí eu deime conta de que o que quere un debe partir de un, non podes consultar cos demais, tes que facelo ti e tirar para adiante.
 Pero a relación entre un dos directores (Manuel) e ti, como condiciona o proxecto do documental?
Tivemos a hostia de cristos! (risas) Aí parece moi bonito todo, pero estas cousas son moi tensas porque tal e como expliquen eles a historia vaina ver a xente.
Pero que sexa teu fillo faino máis doado?
Que va! Máis complicado. Está demasiado cerca e ás veces é máis difícil dicir cando para min algo non está ben contado. Fixeron moi ben en gravar tal cantidade de tomas, e logo de seleccionar non as mellores, senón as que en conxunto describen mellor ao personaxe. O que teñen gravado debía dar para 7 ou 8 películas! (risas)
Xacobo: En canto á relación pai-fillo dicir que a estrea do documental foi o día do pai…
Manolo: Eu non o sabía, e a min non me deixaron ver o documental antes da estrea, por se non me gustaba.
“É un documental que ten corazón”
Pero gustouche…
É que é un documental que ten corazón. Parece que aburre ao principio porque é sinxelo, pero logo hai tantas personaxes que vai collendo peso. É toda unha vida, ben transmitida. Dá boa temperatura, boa harmonía.
Ás veces dicimos que o de Galiza apréciase máis fóra que aquí, credes que con Manolo Paz tamén sucede isto?
Xacobe: Manolo sempre é unha referencia do panorama cultural e artístico de Galicia. Non hai moito nomeárono membro da Academia Galega das Artes. Por onde vaias podes ver unha escultura de Manolo.
Manolo: Tamén se valora moito desde fóra de Galicia, porque onde non tes a pedra é onde se aprecia. Moitas veces estas cousas hai que cambialas de sitio para darse conta que existen.
Manuel: Galicia é Kripton. Saes de Galicia e es Superman. E aquí es un kriptoniano máis.
Manolo: Fóra teño bastante, en feiras internacionais.
Xacobo: Pero aquí tamén tes moitas obras en rúa, en Galicia.
Manolo: Non tantas, eh. Tiña que haber máis.