viernes, 4 de noviembre de 2011

"Bring me the head of David Geffen" de Mojo Nixon

Outro gran momento dos Bring me the head... foi o tema de Mojo Nixon adicado ó todo poderoso David Geffen. Nos últimos anos da súa carreira cos Toadliquors, Mojo Nixon publicou unha colección de caras b que doutro xeito serían moi difíciles de atopar... era o "Gadzooks!!! The Homemade Bootleg". (Mojo Nixon Music, 1997) que incluía este estupendo 'Bring me the head of David Geffen'. Ó magnate non lle fixo moita gracia, e Mojo Nixon tivo uns cantos problemas para a distribución e dereitos editoriais dos seus traballos por que tóda-las compañías lle seguiron o rollo a Geffen... pero a Nixon sempre lle deu todo bastante igual, ademáis cantou o que medio mundo estaba a pensar... (ata non sei se incluso por algo diso hoxe en dia, non atopamos no youtube o tema orixinal de estudio e hai que recurrir a este directo regular...)


No hay comentarios: