No mes de abril debía celebrarse o Record Store Day. Debido ao confinamento adiouse para este 20 de xuño, pero ante as medidas de distanciamento social e limitación de aforos, tomáronse novas solucións.
A proposta será moi diferente este ano. Finalmente non haberá RSD tal e coma o coñecíamos, agora reconvertido no RSD Drops 2020, con tres datas no horizonte: 29 de agosto, 26 de setembro e 24 de outubro. As datas correspóndense cos novos prazos de lanzamento das edicións especiais realizadas para a ocasión, e tamén para dar un pouco de aire ao sector tras meses de parón, aínda que moitos selos manteñen a data deste sábado para lanzar moitas das edicións que xa estaban listas.
Podedes ver o comunicado oficial na web do Record Store Day Spain aquí.
E xa que temos máis tempo que outros anos, mellor que lle metades un bo repaso á lista de lanzamentos especiais para cada unha das datas previstas.
Salvemos as tendas de discos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario