Imos con algo de revival...
Sabedes que no mes de xullo sempre preparabamos unha pequena programación especial para celebrar o aniversario do local, así que esta tempada temos moitos concertos para lembrar.
Desta vez imos ao 6 de xullo do 2013, no programa do 14º Aniversario do Rif-Rock ahí se plantaron os Muddy Beers no seu único concerto. Un breve proxecto que serviu de ponte entre Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e o que logo se foi configurando na formación de Dead Wood entre os múltiples proxectos dos irmáns Lorre e compañía.
Sete anos atrás, foi unha das noites máis calorosas que lembramos das nosas vidas, e ben que sudaron estes catro fenómenos.
>> resumo do concerto aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario