lunes, 20 de julio de 2020

Sun Ra Arkestra "Swirling"

Novo álbum da Sun Ra Arkestra anunciado para outubro.
Tralo pasamento do mítico Sun Ra no ano 93 o colectivo seguiu en activo baixo a dirección de Marshall Allen. Continuaron cos shows en directo, e sobre todo cunha coidada selección dos lanzamentos, con material inédito, directos e reedición dos seus incontables traballos discográficos e audiovisuais. Os lanzamentos de novas gravacións foron moi limitados, o último de hai 20 anos.
Agora anuncian este "Swirling" con saída para outubro. Trátase da reinterpretación de 13 temas escollidos por Allen da súa extensa discografía. Polo momento tedes dous temas de adianto no bandcamp, 'Seductive Fantasy' do 79, e 'Angels and demons at play' orixinal dos anos 50s. No álbum tamén se inclúen pezas coma 'Rocket nº 9', 'Unmask the Batman' ou 'Astro Black'.
Coma detalle, cabe destacar que foron as últimas gravacións de Danny Ray Thompson ao saxo, falecido no mes de marzo, e membro da banda dende finais dos anos 60s. 

>> "Swirling" na web de Strut Records.

SUN RA ARKESTRA "Swirling"
(Strut Records, 2020)



No hay comentarios: