Angustia, desesperación, suicidio… toda unha premonición gravada antes do fatal desenlace de Ian Curtis. Bipolaridade mental, paranoia. 'Atrocity Exhibition' (pasen e vexan), 'Heart and Soul', 'Twenty Four Hours', 'Isolation'… toda unha serie de respostas en clave para comprender o sorprendente paso cara a inmortalidade definitiva. Este álbum editouse semanas despois do suicidio de Curtis, non houbo cambios, nin oportunismos, editouse tal e como estaba previsto. Concebido coma unha homenaxe a J.G.Ballard e a súa colección de relatos (editada en 1970, co mesmo título: Closer), resultou todo un exercicio estremecedor no ano 80. Cando o álbum saíu á rúa, quen cantaba era xa un poeta maldito. Unha vez morto seguía aí, gravado por sempre nun vinilo coa portada dunha lápida... non podía ser doutro xeito. CLOSER. Toda unha renovación do kraut-rock, os inventores do slowcore, e o adianto do novo orden que logo rebentaría as pistas de baile... 'Colony' esnaquiza as ilusións de quen pretende prosperar na gran cidade industrial; 'A Means to an End' dende logo un tema pouco reivindicado na súa discografía, e que en realidade é o tema clave para comprende-la evolución dende os escuros Joy División á luminosidade de New Order, mesturando nun mesmo tema aspectos rítmicos de 'Disorder', 'Digital', 'She’s Lost Control'... rumbo ao que en 1981 reventará o mercado mundial, pero esa xa é outra historia e outra banda...
No hay comentarios:
Publicar un comentario