viernes, 19 de noviembre de 2010

Joy Division "Unknown Pleasures"

Toda unha declaración xeracional de medos e frustracións. Ou como alguén dixo ...o máximo horror elevado a beleza... 'Disorder', 'Insight', 'Shadowplay'... Toda a violencia do punk, letras angustiantes e unha voz profunda, xunto co son sintético da vangarda pop europea. Unha xoia producida por Martin Hannett. Comezando con 'Disorder', non sabes moi ben que pode transmitir, se estados de ánimo depresivos ou a agradable sorpresa de estar ante un novo ritmo e un novo son que nunca antes coñeceras (...teño espírito, pero perdín o sentimento...). Continuas contradiccións. Múltiples reminiscencias literarias ('The Day of the Lords'), as miserias dunha xuventude sen futuro nunha noxenta cidade industrial, e a esquizofrenia, e a paranoia: 'She’s Lost Control', melodía hipnótica, percusión en falso, son baleiro... repetición continua (...she’s lost control again) e sobre todo esa sensación de estar ante unha obra irrepetible... Algunha vez tiveches a estraña sensación de estar escoitando o espacio baleiro? A batería en este tema pode levarte a onde ti queiras, ou mellor... a lugares que nin sabías que existisen... Imaxínaste correr e moverte sen ningún tipo de control nun espacio descoñecido? Sen saber o que hai diante de ti, nin detrás... a desesperación en estado puro... ademais, está esa voz, esa maldita voz... she’s lost control... i lost control again... ¿quen é o que perde o control agora?...
Ninguén pode transmitir esa sensación... imposible, ata que eles o fixeron.

JOY DIVISION
"Unknown Pleasures"
(1979, Factory)
Descargádeo no blog [WR]:


No hay comentarios: