miércoles, 3 de noviembre de 2010

The All Night Workers

The AllNight Workers xa están de volta de Berlín, donde grabaron o que será o seu debut discográfico. The AllNight Workers comezou coma un proxecto paralelo de Jorge Lopez e Roi Fontoira (membros de Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e The Phantom Keys, respectivamente) que nun comezo contaban con Alex Penido á bateria (naquel momento en The Blows) e que pronto sería sustituído por Martín (a quen todos coñecemos coma Howlin' O'Lorre en Los Hijos Bastardos de Peter Lorre), e tras varias idas e saidas, rematan por icorporarse Nestor Pardo (dos Loveless Cousins) e Santi ó saxofón, para conformar a súa actual formación. Xa teñen case todo listo para presentar o próximo 6 de decembro no Purple Weekend de León, o seu traballo que sairá da man de Grabaciones de Impacto. Mentres tanto podemos escoitalas no seu myspace, donde tamén podedes atopar moita máis info da banda, e para fotos e demáis tamén tedes o seu facebook.




Pero sobre todo, dende a web de Grabaciones de Impacto, nos ofrecen eses catro temas dispoñibles para descarga directa e gratuíta no seu bandcamp
Facédevos con elas mentres agardamos polo vinilo!!!


No hay comentarios: