Moitas novas que nos chegan dos vigueses Kings of The Beach.
A comezos de xuño presentabannos 'Satellite', o primeiro single do seu esperado segundo álbum que sairá da man de Ciudad Oasis, e a semana pasada lanzaron o clip do mesmo tema.
Por outra banda, outro dos proxectos nos que están metidos é Youcanthide, no que unen forzas co vocalista Kaixo dos Banana Bahia. A comezos de semana lanzaron tamén o clip do tema 'Alone', un novo adianto do seu primeiro álbum que lanzarán en setembro. Que boa pinta ten todo isto.
Novo videoclip dos Kings of the Beach. O venres pasado estreouse na web de Mondosonoro o clip de 'Slacker', do seu álbum "Super Awkward, Fucking Awesome" (Ciudad Oasis, 2018). Realizado por Hector Ramos e KOTB.
O venres pasado, na web El Patín estreaban o clip de 'Wasted/Young', un clásico das súas maquetas que incluiron no seu lp "Super Awkward, Fucking Awesome".
Segue a música na rúa en Cambados. Esta tarde, última entrega desta edición do Serán de Troula, cos tremendos directos dos Kings of the Beach e Foxy Freire na praza do Castriño, ás 21:00h. Tralla asegurada, recomendado!
Hai un par de semanas que nos fixemos co fantástico "Super Awkward, Fucking Awesome", o flamante lp de debut dos Kings of the Beach!, tardou en sair a edicion en vinilo, pero ben que pagou a pena esperar.
Son 10 pepinazos marca da casa, con todo o habitual do seu repertorio en directo do último ano. Garage punk surfeiro e todo moi lo-fi, cambios de ritmo imposibles e xogos de voces de auténtico escándalo, pero todo iso xa o sabedes... Para comezar 'Eat Snot' e 'Blisters on my teeth' case sen pausa, e seguidas de 'Goats', que xa nos adiantaran en 7'' o ano pasado. Para rematar a cara A, tedes a tremenda 'Why Hawaii', para min o pelotazo do álbum. Na cara B a inquedante 'Slacker', 'Empty Bodies' 'Young Angus Young' e 'Creisi or What'. Ademáis recuperan 'Wasted/Young' e 'Surfin' da súa primeira maqueta do 2015.
Todo gravado e producido en Gamma Studio, e cos deseños de Roberta Vázquez (insert incluído), nunha edición curradísima a cargo de Ciudad Oasis, en tirada moi limitada, 200 vinilos negros, e 50 azuis, e tamén en cassette, pero para iso a estas alturas igual xa chegades tarde.
Mañán mesmo estrean o seu novo álbum a través de plataformas dixitais, aínda que para telo en formato físico teremos que agardar un pouco máis.
Hoxe mesmo adiantan a portada, o tracklist e estrean o video clip de 'Blisters on my teeth' na webMad Girls Magazine.
O seu primeiro lp leva por título "Super Awkward, Fucking Awesome", e son 10 temas, entre os que inclúen os dous que xa nos adiantaran no single "Goats". Ademáis a edición conta cos deseños de Roberta Váquez.
Lembrade, venres 23 en liña, e próximamente en vinilo.
Tardou moito en saír, pero por fin nos fixemos co novo 7'' dos Kings of the Beach. "Goats" é o seu último lanzamento, dous temas gravados con xente de The Parrots e Los Nastys, e editado por Triunvirato. Inclúe 'Goats' e 'Blisters on my Teeth' na cara b. Dous trallazos marca da casa que sirven de adianto do seu lp de debut que lanzará Ciudad Oasis nunhas semanas. Atentos...
As edicións de Ulomanía Coop soando de novo no noso programa de radio favorito. O xoves da semana pasada (23 de novembro) estrearon a última referencia en El Sótano de Radio 3.
Entre moito revival mexicano e música surf, se colaban os reis da praiapara pechar a sección de novidades. Ahí soaba 'Nasty Beach' a todo trapo, o tema que abre o "SAFA" dos Kings of the Beach (ULO-003).
Por suposto, vos recomendamos o programa completo, pero se non tedes tempo, están no min. 39:35.
Logo de varios retrasos, xa temos a nova referencia de Ulomanía Coop. Aquí están os vigueses KINGS OF THE BEACH por primeira vez en vinilo!! "SAFA" é un 7'' con catro trallazos a 33rpm: Nasty Beach / Estella / Sunset / Jumanji Dispoñible dende xa para recoller reservas, comezar a distribución e por suposto en tódo-los seus concertos!! 250 copias numeradas, apurade que voan...
Os míticos THE GORIES de Mick Collins (con Danny Kroha e Peggy O’Neill) estarán toda a semana de xira por España. Nen unha soa data en Galicia, pero imos a recomendarvos o seu show en Barcelona deste mesmo xoves (21 set.), no que estarán acompañados polos vigueses KINGS OF THE BEACH.
Pantera e Iribarne Producións e Ulomanía Coop. organizan unha festaza conxunta para a presentación dos seus novos lanzamentos.
Os LAMPREA EXPLOSIVA presentando o seu "Brulio" da man de Pantera e Iribarne (PEI 0004) con dúas edicións diferentes que non teñen pérdida, os KINGS OF THE BEACH presentando "Safa", o novo 7'' lanzado por Ulomanía Coop (ULO-003), aínda que teremos que agardar ata finais polos vinilos.
Ademáis estarán acompañados polos vigueses VIVEN (hc/punk), e os lexendarios SUDOR, que chegan co seu hardcore ruidista dende Toledo.
Será este sábado 16 de setembro no Distrito 09 de Coia, Vigo. Catro bandas en directo dende 21:00h por unha entrada de risa. Iso sí, aforo limitado.
Un tema dos Kings of the Beach o sábado pasado en directo en Cambados, no festival da Cidade Europea do viña. Un video da xente de RockSoulThings. 'Sunset' que estará incluído no 7'' que lanzarán con Ulomanía Coop.
Xa falta menos, a principal proposta musical da programación do concello de Cambados como Cidade Europea do Viño é o festival que se celebrará a próxima semana. Con bandas coma os locales Ghesgha, Disco Las Palmeras, Cápsula (farán unha homenaxe a David Bowie), Niña Coyote eta Chico Tornado ou Belako, e os enormes Kings of the Beach!!
O 9 de setembro no Parque de Torrado. Falta unha semana.
Pantera e Iribarne Producións e Ulomanía Coop. organizan unha festaza conxunta para a presentación dos seus novos lanzamentos.
Os LAMPREA EXPLOSIVA presentando o seu "Brulio" da man de Pantera e Iribarne (PEI 0004) con dúas edicións diferentes que non teñen pérdida, os KINGS OF THE BEACH presentando "Safa", o novo 7'' lanzado por Ulomanía Coop (ULO-003). Ademáis estarán acompañados polos vigueses VIVEN (hc/punk), e os lexendarios SUDOR, que chegan co seu hardcore ruidista dende Toledo.
Será o sábado 16 de setembro no Distrito 09 de Coia, Vigo. Catro bandas en directo dende 21:00h por unha entrada de risa. Iso sí aforo limitado.
Xa vos avisamos de que os de Ulomanía Coop non collerían vacacións neste verán. Levan meses coas máquinas a pleno rendimento para lanzar a súa terceira referencia, e esta semana ao fin desvelaron o segredo.
A banda viguesa KINGS OF THE BEACH serán os protagonistas de ULO-003, un 7'' en riguroso vinilo, con catro trallazos que vos voarán a cabeza a 33rpm.
En breve máis detalles e datas de presentación en directo.