Durante uns cantos anos, cando era moi novo, sempre que alguén me preguntaba polos meus grupos favoritos sempre incluía ós Oblivians. Os de Memphis foron a primeira banda de garage-punk-blues troglodita que me deixou alucinado. Non sei nin como chegou aquel seminal "Soul Food" de 1995 ás miñas máns, pero si lembro que o seguinte "Popular Favorites" de 1996 foi dos discos que máis escoitei na miña vida, e o suxo 'She's a hole' un dos meus temas de cabeceira. Separáronse en 1998 e inmediatamente se convertíron nun mito. Logo por separado seguiron as súas carreiras con The Detroit Cobras ou The Reigning Sound, e finalmente tras varias xiras de reunión, chegou o momento de que o trio volvera meterse no estudio.
"Desperation" saíu esta mesma semana, e tal e coma se non pasaran máis de 15 anos, semella coma se continuaran donde o deixaron. Son 14 temas de puro lo-fi coma sempre nos teñen acostumado, dende o rhythm'n'blues de 'Back Street Hangout', a melodia de 'I`ll be Gone' ou a cañonazos de puro trash coma 'Em' ou 'Run for cover'. Uns clásicos!!!
OBLIVIANS "Desperation"
(In the Red Records, 2013)
podedes escoitalo en NewAlbumReleases.